Podemos definir o teatro documento como aquel teatro que segue o mesmo proceso do cinema documental, pero neste caso sobre a escena.
O resultado, obviamente, ten moita semellanza co cinema documental.
Parafraseando a coñecida sentenza que Joan Fontcuberta enunciou sobre a fotografía: "O teatro documental é unha ficción que se presenta como verdadeira. Contra o que nos inculcaron, contra o que adoitamos pensar, o teatro documental mente sempre, mente por instinto, mente porque a súa natureza non lle permite facer outra cousa. Pero o importante non é esa mentira inevitable, o importante é como a usa a compañia de teatro e a qué intencións serve. O importante, en suma, é o control exercido pola compañia de teatro para impor unha dirección ética á súa mentira."
O teatro documental é moi realista, moi naturalista, ás veces é performativo: non representa a un personaxe, senón que presenta a un individuo real. Entronca coa contemporánea tendencia dos realities e do cine documental, dos true stories, da autoficción novelada
Outro trazo característico é que é épico (coma o xograr, conta sucedidos), recupera a narración oral, é xornalistico (desvela e interpreta feitos poco coñecidos), traballa sobre a identidade e a memoria, entende o persoal e o intimo como un fenomeno politico (biodrama).
En definitiva, obedece á definición de teatro que dixera Isaac Díaz Pardo: "o teatro son berros nunha praza"
O teatro documental xenera empatía, catarse, reflexión, conmoción e cuestionamentos.
No cinema de ficción, o guión precede ao proceso de rodaxe ou gravación. No cinema documental, polo contrario, o guión final escríbese na montaxe, na edición. O mesmo podemos dicir do proceso do teatro documental.
O material que investigamos e rexistramos é imprevisible, porque está vivo e se modifica. Por exemplo, nunca sabemos moi ben que vai pasar nunha entrevista, ou o que imos atopar nunha visita aos lugares que documentamos, ou que obxectos e documentos imos atopar.
O proceso por tanto aseméllase moito ao proceso de investigación académico-científico. Partimos dun posible título, dunha proposta no papel, necesaria para para ordenar as nosas ideas, e para ter unha liña de investigación, aínda que só sirva de forma transitoria. Pero non podemos negar a realidade que constantemente actúa sobre nós e a nosa peza.
Tamén se asemella á investigación académica no sentido de que hai dúas condicións necesarias: que a idea que nos guía sexa moi motivadora, e que sexa posible investigar sobre ela, ou sexa, que teñamos a man bos informantes e recursos dcumentais. Pero un trazo diferencial a respecto do académico é que unha boa idea debe suxerirnos personaxes, lugares, palabras, imaxes. Ou sexa, un relato. Outra concomitancia coa academico é que esa idea ou relato debe ser unha pregunta, un enigma por resolver. E que probablemente non demos resolto coa obra
Será necesario que o equipo coñeza os lugares onde se desenvolveu o relato. Visitar o sitio dos acontecementos, respirar, observar, pasear por dentro da historia que se desexa narrar. é nese momento cando a realidade confirma o traballo previamente escrito ou o supera, ou se cadra négao, ou transformao.
Ao falarmos e interactuar cos personaxes reais de carne e óso empeza un proceso no que hai que reacomodar as ideas previas que tiñamos anotadas. Probablemente a obra previamente concibida se transforme en algo distinto do que pensabamos e haberá que ir construíndo a peza sobre a marcha.
O personaxe ou personaxes principais constituirán a ferramenta fundamental para vehicular á idea central e defendela. É o fío condutor do relato e a materia prima do documental.
Os escenarios que suxiren as localizacións tamén son elementos narrativos no relato, e até poden transformarse en personaxes. Unha escola, unha praia, unha sala de estar poden ter moita forza emotiva. Non só crean unha atmosfera interesante, senón que por sí mesmas tamén poden contar cousas.
Drama é acción. Sen acción, sen o facer dos personaxes, non hai documental, nin teatro.
Os informantes narran a súa historia sen abandonar a súa cadeira, permanecendo estáticos. Pero nos temos que tomar nota das accións implícitas que nos están contando. Posteriormente poderemos intercalalr esas accións, e tamén xuntar recursos como as fotos, as ilustracións, ou as imaxes de arquivo.
Cando se realizan as entrevistas previas, é importante preguntar se a persoa ten fotos ou outros documentos que nos podan axudar. Poden ser fotos persoais ou imaxes que remitan a un feito. Unha foto, un vídeo, un diario, unha carta, un debuxo, axuda a comprender a nosa historia, e dalle profundidade: non só servirán para ilustrar. Tamén poden servir como disparadores de anécdotas ou relatos cando se estea gravando a entrevista.
O proceso tamén inclúe a documentación que atoparemos na biblioteca, no arquivo da cidade, na internet...
“Nós non temos a verdade, hai miles de versións” di o grupo teatral mexicano Lagartijas Tiradas ao Sol, ao responder sobre por que fan teatro documental. Modernidade vs. Posmodernidade
O teatro documental explora a historia contemporánea
Relativismo, multiples identidades, negación do progreso e do crecemento, negación da productividade desmedida
Pode utilizar actores ou personaxes reais
O texto pode partir de testemuñas de primeira man
Bertolt Brecht di: “A verdade é un absoluto, e deberíase ensinar desde o escenario” (Wright, 1982, p. 147). Modernidade vs. Posmodernidade
A obra dramática de Bertotl Brecht indaga nos temas históricos
Brecht procura un teatro científico, productivo, de progreso, de verdades absolutas (as do marxismo)
Sempre é unha ficción con actores que re-presentan
Hai un texto previo
Teatro documental de obxectos: Se seguimos o modelo de Shaday Larios, a función que predomina nesta variante de teatro documental é a estética (mostrar un resultado cun valor artístico) e a performativa (mostrar un proceso cun valor artístico). Dentro da nosa clasificación diriamos que é Teatro artístico. A súa función principal non é a utilidade nin o propósito moral, político ou educativo. A variante Detectives de obxectos, tamén conceptualizada por Shaday Larios xa incide máis no personal que se converte en político a través dos obxectos.
Non obstante hai outros tipos de teatro documental de obxectos que inciden dun xeito máis explícito no político, como Tres Tigres na súa obra Desde el altillo, historia de un exilio
Funcións da arte: estética, persoal, etc. mirar na miña tese
En 2025 puidemos asistir a unha función da compañía chilena de teatro sonoro La Gaviota Podcast, que representaban a súa obra 'Yo duelo', unha peza que combina tecnoloxía sonora e dramaturxia para abordar temas de memoria e dereitos humanos.
O espectáculo que nos presenciamos na sala Ártika era teatro: non teatro lido, nin lectura dramatizada. Pero eludía a mantenta o concepto de posta en escena, para facer fincapé nos recursos performativos dos actores na produción dixital do son.
A obra relata a conexión entre unha muller e o seu avó, unha das vítimas do masacre da industria papeleira Laja durante a ditadura chilena. É unha autoficción, xa que a actriz fala do seu verdadeiro avó, na que se utilizan dispositivos como loops, samplers e micrófonos. Loita sindical, dictadura política, ecoloxismo (Chile está inzado de piñeiros e eucaliptos para fornecer á industria papeleira) se mesturan e documentan nesta peza.
A compañia informounos de que xurdiran varias compañias de teatro sonoro durante a pandemia do coronavirus, e que algunhas decidiron continuar combinando a creación sonora coa escena.
Proceso de investigación