T.M. España

Breve historia da Revista e a Comedia Musical en España

O nacemento da comedia musical española podemos situalo en 1864, data na que Juan María Gutiérrez del Alba estrea “1864-1865”. Esta peza mostraba os sucesos máis relevantes na sociedade madrileña dese ano a través de personaxes como a Lotería, o Luxo ou a Danza. Ese mesmo ano estreábase tamén “El joven Telémaco”, con libreto de Eduardo Blasco e partitura de Jose Rogel, que parodiaba os mitos clásicos. A esta peza pertence unha canción que interpretaban as coristas a modo de coro grego, e na que, en grego inventado, cantaban “Suripanta-la-suripanta, Maqui-trunqui-de-somatén". A primeira peza tivo tal éxito que un ano máis tarde estrearía a segunda parte desta obra, “1866-1867”, co mesmo formato pero diferentes personaxes. Para avaliar o éxito da segunda, baste dicir que suripanta pasou a ser unha palabra común que acabou no diccionario, designando ás coristas do teatro e tamén ás mulleres "moralmente desprezables".

Podemos situar estes espectáculos dentro da enorme variedade de xéneros que se dan no século XIX, e que xurden a imitación do teatro francés. “1864-1865” é asimilable a outros xéneros como os Apropósitos ou as Alcaldadas, aos que aínda se podía asistir na Coruña durante o antroido ata 2012 e que daban conta dos sucesos dese ano. O primeiro Apropósito coruñés está datado en 1863. E “El joven Telémaco” pode asimilarse a un dos xéneros máis exitosos do século XIX: A Parodia Teatral, á que o Instituto Cervantes dedica un completo portal web. Un dos subxéneros máis populares de parodia foia a astracanada. O reparto destas obras estaba case totalmente conformado por mulleres atractivas, potenciando o ton erótico do espectáculos.

As súas influencias pasaban polo burlesque francés, a extravanza italiana, o music hall inglés ou o vodevil estadounidense. Pero tamén contaba con elementos castizos, como o sainete e a zarzuela.

Vinte anos máis tarde estréase La Gran Vía (1886) que dará o impulso definitivo á revista española. É interesante suliñar que, aínda que os seus autores a califican como "revista madrileña cómico-lírica-fantástico-callejera", habitualmente está considerada como unha zarzuela do xénero chico. Isto mostra claramente o carácter mestizo e castizo do xénero.

A revista clasifícase en dous periodos: ata o ano 1910 sería a "revista branca", con referencias críticas e irónicas a acontecementos sociais, políticos e culturais do momento. A partir de 1910 con La Corte del Faraón e ata hoxe en día, daráse a Revista frívola, e o elemento sicalíptico estará sempre presente en todas as Revistas. O sicalíptico (do grego «σῦκον», figo, e «ἄλειψις», frotamento) era toda manifestación pícara e con intención maliciosamente sexual. Igual que suripanta e astracanada, o sicalíptico foi un termo que se inventou nesta época no ámbito teatral das variedades, do sainete, o 'género chico', o cuplé erótico e a revista musical española.    

Do carnaval ao Musical: o caso de Fisterra

Queremos mencionar aqui o traballo da alumna Mariña Lestón. Sorprende deste traballo o seu resumo, no que a alumna marca como obxectivo “entender a transcendencia do teatro musical” a partir dun “percorrido pola historia do entroido en Fisterra”. Aparentemente a alumna pretende forzar como palabra clave do traballo o termo “teatro musical”, sabedora de que é unha premisa nos traballos de primeiro cuadrimestre. Pero non é así, e, de feito cumpre o seu obxectivo.

Neste traballo a alumna móstranos que a historia recente do antroido fisterrán (a partir de 1920) e a súa evolución cara ao teatro musical arrevistado (desde 1986 ata 2022), sería asimilable a un nivel micro ao xurdimento do teatro en Europa na Idade Media (a partir tamén do antroido), ou na Grecia clásica (a partir das festas dionisíacas). Duas constatacións tiramos disto: a primeira é que todo teatro é teatro musical (por exemplo, o teatro grego), e a segunda é que as orixes do teatro afunden as súas raices na festa, na transgresión, na inversión.

Esta pequena achega antropolóxica explica tamén xéneros do teatro musical como a Ballad opera inglesa ou a Opera comique francesa, que nas súas orixes tomaban melodías preexistentes ás que lles apoñian letras satíricas ou burlescas

Tamén ilustra a xénese do cabaret, desde os seus inicios en números soltos e fragmentarios ata que acaba callando nunha narrativa única. A alumna refírese a como nas súas orixes o antroido fisterrán contaba so con parodia e retranca, e como se lle foron incorporando todos os elementos de significación teatral: vestiario, decorados, maquillaxe, música, canto, etc.

Apropósito

En relación a 1864-1865 e ás astracanadas

Suripanta

En relación e El joven Telémaco e as parodias.

Sicalíptico

En relación aos xéneros pícaros e erótico festivos

El Molino

Abre en 1898. En 1939 cambia o nome de Petit Moulin Rouge polo de El Molino.

Era un cabaret moi popular. Pechou en 1997. Abreu de novo en 2010 con espectáculos de música, teatro, flamenco, revista, cabaret burlesque e music hall.  

Lina Morgan

Lina Morgan no ano 1978 alugou o teatro da Latina de Madrid. Comezou con ¡Vaya par de gemelas!, que durou 3 anos en cartel, e coa que recaudou 162.000 €

A última obra, en 1993, foi gravada para TVE e vista por 10 millóns de persoas

La Corte del Faraón

É unha opereta, zarzuela, revista e cuplé. Xénero sicalíptico: connnotacións sexuais nos diálogos, cancions picantes e enredos vodevilescos, humor.

Ambientada en Exipto. Parodia de Aida de Verdi. Versión da francesa Putiphar.

Teatros portátiles

O Teatro Chino de Manolita Chen cerrou en 1986. Era revista e variedades, nel se iniciaron Arévalo, Pajares, etc. Actuaban nas feiras e festas. Facían ata 5 funcións diarias. Había máis teatros portátiles.

Actualizacion do xénero. Estética pop e un discurso irónico sobre a revista dirixido ao público novo dos anos ´80 e ´90.

No video vemos Cómeme el coco negro, (1989), con Santi Millán e José Corbacho

El Mikado, Antaviana, Mar i Cel, Scaramouche...


Making off de Scaramouche, de Dagoll Dagom

Billy Elliot en España 

Teatro Musical en Cataluña

Unha web moi completa sobre Teatro Musical en Cataluña desde 1920 ata hoxe

Coa chegada da democracia, o fenómeno do destape e a relaxación da censura chegou a decadencia do xénero. Nos anos ´80 veremos musicais de producción propia como os de Dagoll Dagom, e na década de 2000 hai unha eclosión del musical jukebox español (Hoy no me puedo levantar, 2005, con temas de Mecano; Marta tiene un marcapasos, 2013, de Hombres G e outros).

Actualmente no panorama do Teatro Musical español hai unha grande presenza de franquicias norteamericanas.

Máis sobre teatros portátiles

Viaje a ninguna parte [novela, cine e obra de teatro]: de Fernando Fernán Gómez

Las salvajes en Puente de San Gil  https://www.youtube.com/watch?v=EsR3K79jDcY 

Nunca pasa nada (Juan Antonio Bardem) https://www.youtube.com/watch?v=yQos2w7p3p8&feature=emb_logo Una empresa de variedades francesa viaja por España y regresa a Francia. Su autobús se detiene cuando sufre una avería en un pequeño pueblo de Castilla, llamado Medina del Zarzal. La estrella vedette Jacqueline (Corinne Marchand) está enferma y debe permanecer en el hospital donde es operada. El médico (Antonio Casas) se enamora de ella. Ella representa la libertad, lo extranjero, lo prohibido. 

Los farsantes En una destartalada camioneta, la compañía de teatro "Don Sancho" va de pueblo en pueblo huyendo de los acreedores y de las burlas de los lugareños que los reciben a pedradas. Cada uno de los cómicos se defiende como puede. En esa situación, unos ricachones contratan sus servicios para que les diviertan en su finca de recreo. https://www.youtube.com/watch?v=HLQguL22rC8 


GENEALOGÍA DEL T.M. ESPAÑOL, por Javier Huerta Calvo

web santiprego_TME-genealogia.pdf

Bibliografía

ALBA PEINADO, Carlos (2009). La censura del teatro republicano de Pedro Muñoz Seca. Madrid: Ateneo de Madrid. ISBN 978-84-936415-4-2.

AMORÓS, Antonio: Muñoz Seca y el Astrakán, en: Cuadernos de Música y Teatro. Sociedad General de Autores de España, Madrid 1987, ISSN 1130-6947, S. 93-107.

Araque Pérez, Juan Andrés: "Incidencia de la censura en los años dorados de la revista musical española". En Tesis doctoral: el teatro musical en España. La revista (1925-1962) https://roderic.uv.es/handle/10550/74394 

CERDÁ, Manuel: "música de comedia y cabaret" [blog]. Inclúe: MÚSICA PARA TEATRO, REVISTA Y MUSIC-HALL, MUSICALES, OPERETA, ZARZUELA, REVISTA MUSICAL ESPAÑOLA, CINE MUSICAL ESTADOUNIDENSE,  CINE MUSICAL EUROPEO, CINE MUSICAL OTROS, CABARET SIGLO XIX, CABARET BELLE ÉPOQUE, CABARET ALEMÁN ENTREGUERRAS, CABARET: ESPECTÁCULOS, CABARET OTROS



CRUZ, José: "La comedia musical entre 1939 y 1975" en Ensayos de teatro musical español. 4 páxinas. https://www2.march.es/publicaciones/ensayos-tme/ensayo.aspx?p0=27 

DAGOLL DAGOM [web]: https://www.google.com/url?q=https%3A%2F%2Fwww.dagolldagom.com%2Fca%2Fteatre&sa=D

FERNÁNDEZ-CID, Antonio: Cien años de teatro musical en España (1875-1975), Madrid, Real Musical, 1975


FEMENÍA SÁNCHEZ, Ramón: La revista. Apuntes sobre la historia del género frívolo, Madrid, Geyser Guadalajara, 2007

Granda Marín, Juan José: El teatro musical en España. Zarzuela y género chico. 39 páxinas. ISBN: 978-84-96447-28-8. Descargable en PDF en https://www.liceus.com/producto/teatro-musical-espana-zarzuela-genero-chico/ 

HUESTA CALVO, Javier: ENSAYOS DE TEATRO MUSICAL ESPAÑOL, na web da Fundación Juan March https://www2.march.es/publicaciones/ensayos-tme/?l=1. Contén: 

INSTITUTO CERVANTES. La parodia teatral en España": https://www.cervantesvirtual.com/portales/la_parodia_teatral_en_espana/ 

LA CUBANA [web]: https://www.google.com/url?q=http%3A%2F%2Fwww.lacubana.es%2Fes%2Fteatro%2F&sa=D 

Love for Musicals: web sobre Musicais en españa: https://www.love4musicals.com/about/


MONTIJANO RUIZ, Juan José

(2009) [tese] HISTORIA DEL TEATRO OLVIDADO: LA REVISTA (1864-2009)  

(2010) Historia del teatro frívolo español (1864-2010), Madrid, Fundamentos / RESAD, 2010, 270 páginas

(2013) Madrid frívolo: Breve historia de la revista musical madrileña y los teatros que la albergaron. La Librería, Ediciones. ISBN: 978-84-9873-202-3. Nº páginas: 254

Blog dedicado a Manolita Chen: https://manolitachen.blogspot.com/ 

Máis publicacións de Montijano Ruiz sobre a revista que aparecen no seu blog: https://larevistamusical.blogspot.com/2015/01/1865-2015-150-anos-de-la-revista_25.html 


PATTERSON, Mia 75 años de historia del musical en España (1930-2005), Madrid, Ediciones y Publicaciones Autor, 2009

"Teatro chino de Manolita Chen. El teatro de los pobres" [documental]: https://www.rtve.es/play/videos/somos-documentales/teatro-chino-manolita-chen-cabaret-pobres/5805423/ y también en https://www.youtube.com/watch?v=5F_jZ1qEk_8 

"Teatros desmontables", en https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_itinerante 

Teatre Musical en Catalunya: [base de datos, entrevistas, etc.] http://teatremusical.cat/

VV.AA.: Luis Escobar y la vanguardia, Madrid, Comunidad de Madrid, 2001Montijano Ruiz, Juan José 


PODCAST