T. Musical: concepto e orixes

A acepción por antonomasia de Teatro Musical ven sendo a dun xénero que ten a súa orixe a principios do século XX nos EEUU, aínda que podemos ampliar o seu ámbito tamén ao Reino Unido.

Musicais de Broadway: esa emulsión estadounidense de ópera folclorica e sensibleria, pero ben que se enchían os teatros! (David Mamet: Himno de retirada pp148)

O T. M. Americano: trazos distintivos respecto da Ópera


Partimos como sempre destes principios:

Dito isto, imos aló:

Minstrels

Os minstrels son un tipo de espectáculo que se popularizou nos Estados Unidos durante o século XIX. Neste tipo de shows mesturábanse números cómicos, danza e música, pero a principal característica dos minstrels era o “blackface”: os actores, case sempre brancos, pintaban a cara de cor negra para representar a personaxes afroamericanos.

O termo minstrel quere dicir xograr, e ten relación cos termos mester (oficio) e misterio (un tipo de espectáculo medieval europeo).

Thomas D. Rice (“Daddy Rice”) está considerado o pai do minstrel, a través do seu personaxe “Jim Crow”. Este personaxe estaba inspirado nas cancións e danzas afroamericanas, e na xiria típica dos escravos que Rice observara e aprendera. Rice terá a súa máxima popularidade na década do 1830, e o espectáculo acadou tal sona que as leis que regulan a segregación racial pasanse a chamar “Leis de Jim Crow” (Jim Crow Laws). Estas leis non foi derogadas ata o ano 1965 (a data é correcta: mil novecentos sesenta e cinco).

Na década do 1850 so na cidade de Nova Iork (600.000 habitantes) existían dez teatros dedicados exclusivamente á representación de espectáculos de minstrel. Nese momento aparece a ópera etíope, que establece o esquema en tres actos que os shows de minstrel seguirán durante as seguintes décadas. Este esquema era o seguinte:

Os espectáculos de minstrels traballaban nos mesmos circuítos que as compañías de circo ou de opera, aínda que tamén podían actuar en escenarios máis humildes. Algunhas compañías facían xiras por Europa.

O humor racial era o punto central do show, pero se lle xuntaron outros motivos de burla, como a aristocracia ou os dereitos da muller. Tamén aparecían trazas de humor slapstick.

A Guerra Civil, entre os anos 1860 e 1865, abre unha crise nos minstrels, entre outras cousas porque estaba en xogo o abolicionismo. A isto sumábase que nesta época comezaban a popularizarse outros tipos de espectáculos como o vaudeville ou os shows de P.T. Barnum.

As compañías de minstrel realizan algúns cambios: cada vez máis afroamericanos e mulleres aparecían coma intérpretes nos espectáculos, e algunhas compañías aumentan o número de artistas, chegando a acadar niveis coma o da compañía de J. H. Haverly, os United Mastodon Minstrels que chegaron a ter máis de 100 membros. 

Para o ano 1919, os espectáculos de minstrel quedaran en mans de tres grandes compañías. A partir de aí, só pequenas troupes continuan a facer xiras por algúns Estados do sur. O Minstrel Show continúa sendo popular a nivel aficionado arredor de 1950, e nos institutos, universidades e grupos de teatro locais representábanse espectáculos de Minstrel. A finais da década de 1960 os minstrels desaparecen.

A comedia musical xurde en parte grazas ao vaudeville, do que damos noticia noutra páxina desta web, en parte pola influencia das operetas ao xeito europeo e das extravaganzas, e en parte impulsada polos minstrels.  Na década de 1890 comezan a aparecer obras teatrais que, aínda coa atmosfera dos minstrels, dan a coñecer a música creada por negros libres, máis ou menos integrados na sociedade. Deste sustrato nacerá como un novo e exitoso xénero a comedia musical.

As innovacións afroamericanas foron convertíndose en elementos propios da cultura popular estadounidense cando os artistas brancos aprenderon a imitar ós negros. O Minstrel estimulou o desenvolvemento da música popular na América do século XIX ata o punto de que a maior parte das cancións populares do século XIX proceden do Minstrel.

O claqué, tan característico do musical americano, tamén procede dos minstrels. Por orde cronolóxica, proceden do sustrato cultural afroamericano o gospel, o blues, o jazz, o rythm & blues (así se chamaban os "Race records", ou discos feitos polos afroamericanos) que evoluirá no Rock and Roll, o soul nos anos ´50, que evolúe a partir do gospel; e xa nos anos ´60 o funk, e nos ´70 o Hip hop.

Máis noticias sobre os minstrels en https://www.black-face.com/minstrel-shows.htm

A primeira Comedia Musical entre The Black Crook (1866) e Show Boat (1927)

The Black Crook (O Malandro Negro), de 1866 é considerada ás veces o primeiro Musical Americano. O certo é que é un precedente, pero non poderemos falar de Comedia Musical propiamente dita ata Show Boat (O Barco-Espectáculo), de 1927, que integra na súa dramaturxia libreto e música, contando a historia a través da música e do diálogo, da escenografía e do movemento, todo entretecido dun xeito complexo.

The Black Crook (1866) é unha comedia melodramática e feérica ambientada en 1600 na Alemania. Hai nela nela maxia negra (a do Malandro Negro), un Pauto do Demo (con Zamiel, "O Arquidemoño"), un tesouro enterrado e a Raíña das Fadas. Como é un melodrama, hai tamén un nobre malvado, unha rapaciña inocente e un artista empobrecido, que é o heroe.

O seu xénero sería máis ben a extravaganza, curmán do burlesque.

Nacemento de Broadway coa Revue.

Convencionalmente entendese como o nacemento de Broadway os principios do século XX.

Non obstante, é necesario matizar que, desde 1900 ata 1927 o que teremos en Broadway é a revue (a revista), que ten un tema xeral que relaciona vagamente partes dramáticas e números de danza, cunha forte carga erótica, pero que non forma un todo trabado nunha dramaturxia sólida. Como dixemos antes, as Comedias Musicais conforme as entendemos actualmente non chegarán ata Show Boat  (1927).

Por outro lado, ainda que estamos a referirnos a principios do século XX para o nacemento de Broadway, o certo é que P.T. Barnum xa establecera en Broadway o seu complexo teatral e de variedades en 1842 cun enorme éxito, que en 1866 estrearase, tamén en Broadway, The Black Crook, que está considerado por algúns como o primeiro musical, e que en 1868 preséntarase en New York Lydia Thompson and the British Blondes. Todos estes fenómenos non son feitos aillados, senón que representarán os alicerces do que será a industria do entretemento de Broadway.

As Toliñas de Ziegfeld e Escándalos de George White

Ziegfeld Follies

Xa o seu pai se dedicaba ao negocio da música, pero o verdadeiro impulso do productor Florenz Ziegfeld para crear unha industria do Teatro Musical chegará á volta dunha viaxe a Europa. Alí contratou á cantante Anna Held, á que promocionou en América a base a trucos publicitarios e rumores coa complicidade da prensa estadounidense. A imitación do parisino Follies Bergère creará as Ziegfeld Follies (as toliñas de Ziegfeld) en 1907, que continuarán ata 1931.

Tamén nun xénero como a Comedia Musical veremos que a concepción de nación será determinante, tentando aglutinar a todas as etnias que compoñian a poboación de New York e construindo a imaxe ideal da muller americana. Máis que de nacionalismo, habería que falar neste caso dun patriotismo que ensalza o espírito americano.

Ziegfeld contará con compositores como George Gershwin, Jerome Kern e Irving Berlin. Tamén contará con moitos artistas que, ainda que estaban recoñecidos por traballos anteriores noutros xéneros teatrais, acadaron unha proxección extraordinaria con Ziegfeld, como por exemplo a actriz e cantante Fanny Brice que se convertirá nun icono xudío, o cómico e malabarista W.C. Fields ou o artista de vaudeville Bert Williams, o primeiro afroamericano que tivo un papel principal nunha película.

George White Scandals

George White foi productor, actor, compositor e letrista. Apareceu nas Ziegfeld Follies en 1915, pero entre 1919 y 1939 producirá unha larga serie de revistas exitosas seguindo o modelo das Ziegfeld Follies que se chamarán George White Scandals

...

Show Boat (1927) conta a historia dos artistas dun teatro flotante ao longo de corenta anos. Será o primeiro show de Ziegfeld con argumento, xa que os anteriores eran shows de variedades. O libretista é Oscar Hammerstein II, e a música de Jerome Kern.

Cake Walk, baile das plantacións similar ao ragtime

Bambloozed (2000), película de Spike Lee: sátira cruel sobre blackface contemporáneo 

Ethiopian Serenaders. Al Jolson facendo de E. P. Christie, fundador dos Christie Minstrels 

Mr. Bones nun número de slapstick

Bert Williams, xograr de minstrel reconvertido en cantante de comedia musical

Fanny Brice cantando a súa canción máis representativa: My Man

Ol´ Man River, de Show Boat. A Ziegfeld este tema parecíalle dramático de máis

As Ziegfeld Follies nunha película de 1946

A época dourada  (ata1959): compositores e libretistas

Con Oklahoma! (1943) de Rodgers y Hammerstein completase a revolución iniciada por Show Boat, integrando todos os aspectos do teatro musical, nunha trama coherente, con cancions e bailes que fan avanzar a acción da historia e contribúen a desenvolver os personaxes. A danza xa non será unha excusa para facer desfilar a mulleres con pouca roupa polo escenario. A coreógrafa de ballet Agnes de Mille, utilizóu xestos e movementos cotiáns para axudar aos personaxes a expresar as suas ideas. O telón do primeiro acto non se levanta sobre un grupo de coristas, senón sobre unha muller batendo manteiga, que canta desde fora do escenario as primeras liñas de Oh, qué fermosa mañan

A idade de ouro do Musical Americano cadrou coa Segunda Guerra Mundial, do mesmo xeito que o seu xurdimento cadrou coa Primeira Grande Guerra. Os argumentos son moitas veces explícitamente patrióticos, e os compositores e libretistas son fillos de inmigrantes xudíos expostos ás distintas culturas de Nova Iorque que tentan integralas (e integrarse eles mesmos) no denominado Melting Pot, ou crisol de cullturas. A fórmula dos musicais destes tempos reflectía o "soño americano" a xeito de autoafirmación identitaria: a estabilidade dunha relación amorosa conforme os ideais protestantes; a vivenda familiar nunha pequena vila ou nas aforas da cidade; a función da muller como ama de casa e nai e o espírito emprendedor estadounidense que conduce ao éxito.

Irving Berlin

O compositor xudeu Israel Baline naceu en Rusia en 1888. Escribía tanto a letra como a música das súas cancions. Compuxo arredor de 3000 cancions, algunhas delas son "Cheek to Cheek", "Let's face the music and dance", "There's No Business Like Show Business" ou "White Christmas" e himnos patrióticos como "God Bless America". Nunca chegou a aprender a ler música. Produciu 21 espectáculos de Broadway, e moitas películas. 

No video, o propio Berlin cantando nun filme. Un técnico que estaba na rodaxe comentou: "se o tipo que escribiu esta canción puidera ouvir a este home cantando, revolveríase no cadaleito".

George Gershwin

Jacob Gershowitz naceu en Nova Iorque en 1898, de familia xudía de orixe ucraniano. Escrebiu para catro scandals e varios musicais de Broadway, así como para Hollywood. Algúns dos seus traballos coñecidos son Rhapsody in Blue (1924),  An American in Paris (1928),  Fascinating Rhythm (1924), I Got Rhythm (1930) e a ópera Porgy y Bess (1935), que incluia o tema Summertime.

Jerome Kern

Naceu en Nova Iorque de pais xudíos. Show Boat (1927) incluía "Ol' Man River" y "Can't Help Lovin' Dat Man". O musical Roberta (1935) incluía"Smoke Gets in Your Eyes". Escribiu máis de 700 cancions que se utilizaron en máis de 100 revistas e comedias musicais, ademais de no cinema.

Oscar Hammerstein II 

Foi un dos libretistas máis importantes de Broadway, xa que conseguiu que o argumento, non as cancions ou as estrelas, fosen centrais no Teatro Musical. Segundo Stephen Sondheim, "o que pouca xente entende é que a grande contribución de Oscar ao teatro foi como teórico, coma Peter Brook, como innovador. A xente non se decata do experimentales que foron Show Boat e Oklahoma! no seu día.  Sondheim atribúe o seu propio éxito no teatro, especialmente como letrista, directamente á influencia e orientación de Hammerstein, amigo da familia desde a infancia.

Richard Rodgers

Foi o primeiro en gañar todos os principais premios de entretemento estadounidenses en teatro, cine, gravación e televisión: o Tony, o Oscar, o Grammy e o Emmy. Como os anteriores, era xudío. O seu nome vai asociado ao do libretista Oscar Hammerstein II, se ben anteriormente colaborara durante máis de duas décadas co non menos ilustre libretista Lorenz Hart.

Cole Porter

O New York Herald Tribune definíao como “un rico americano que en ocasions encontra tempo para sentar no seu château na Riviera e escribir unha canción”. Certamente, naceu multimillonario pola súa familia, e viviu moitos anos en palacios de París e Venecia cun nivel de luxo extraordinario. Escribiu máis de mil cancións, entre elas  Begin The Beguine,  Let’s Missbehave e I’ve Got You Under My Skin.

West Side Story: a xeneralización do dream ballet e o triple threat

West Side Story (1957)

Con música de Leonard Bernstein, foi o debut de Stephen Sondheim en Broadway como libretista. Estaba inspirado en Romeo e Xulieta, de  William Shakespeare. Na idea orixinal, concebida en 1947, a  trama centrabase no antisemitismo dunha familia católica irlandesa hacia unha familia xudía.

Dream Ballet

O coreógrafo de West Side Story, Jerome Robbins, quixo tomar o concepto do dream ballet e trasladalo a toda a obra. O dream ballet é un momento no musical, onde o diálogo detense e a trama continúa (ou non) a través do movemento. No video, o dream ballet de Oklahoma! que coreografou Agnes De Mille e duraba no Musical orixinal 18 minutos.

Triple Threat

Con West Side Story xeneralízase a figura do triple threat, un performer excelente  como actor, cantante e bailarín, que ata ese momento era personificado por Gene Kelly ou Judy Garland.

Anos ´60: Cabaret e Hair

Cabaret (1967)

Cabaret conta a historia do Kit Kat Club de Berlín e o ascenso do nazismo. O escenógrafo foi Boris Aronson, xudío ucraniano  que coñeceu a Meyerhold e a Tairov, que influiron nel á hora de adoptar un estilo constructivista oposto ao realismo de Stanislavski. Aos 23 anos mudouse a E.E.U.U., e alí traballou tanto para Broadway como para o teatro yiddish, gañando o Tony ao deseño escénico en seis ocasións. O video trata sobre unha exposición da súa obra en Tel Aviv.

Hair (1967)

Hair foi o primeiro Musical Rock. A idea foi unha proposta de dous actores, e trata sobre o estilo de vida hippie. Neses momentos o rock´n roll estaba desprazando a Broadway do seu lugar central na cultura americana. Aínda que Hair non cambiou o rumbo dos musicais, si que supuxo a semente do que no sucesivo sería o Off-Broadway. No video, a película sobre Hair do checo Milos Forman.

Anos ´70: A Chorus Line e Bob Fosse

 A Chorus Line (1975)

Os anos ´70 son un momento de crise no Musical Americano. A renovación virá da man da influencia do T.M. Británico que xa se fai notar en Hair, e dun ensemble de gypsies (bailaríns). A Chorus Line xurde dun workshop con bailaríns (The dancers project), no que estes contaban as súas historias a Michael Bennet e este gravábaas 

Bob Fosse

Ten un estilo moi recoñecible, caracterizado polo emprego de luvas e sombreiros, as inclinacións, os movementos mínimos pero precisos, etc. Foi bailarín, coreógrafo e director de cine. Dirixiu películas como Cabaret (baseada no Musical), All That Jazz, Sweet Charity...

Anos ´80: T.M. Británico e Disney

Nos anos ´80 continúa o ascenso do T.M. Británico en Broadway (Cats, O Fantasma da ópera, Miss Saigon, Os MIserables...). Por outro lado supón a irrupción dos Musicais Disney (A Bela e a Besta, O Rei Léon...) enfocados aos turistas.

Os Jukebox Musicals xurden a mediados dos anos ´70, pero será a partir do ano 2000 cando coñezan o seu auxe, desde We Will Rock You ata Hoy No Me Puedo Levantar, pasando por Mamma Mia ou o Musical galego Galicia Canibal.

Avenue Q  un musical con marionetas, do que achegamos video na páxina adicada aos títeres, foi o gañador dos Tonys do ano 2004. 

A partir da crise de 2007-2008: Musicais máis sobrios e inclusivos

Coa crise os musicais derivaron nunha posta en escena máis sobria (europea). Por outro lado as temáticas procuran unha maior inclusión, unha tendencia que podemos apreciar en Fun Home, cunha muller homosexual no papel protagonista, ou en Dear Evan Hansen sobre o bullying e o transtorno de ansiedade.

Fun Home (2015)

Dear Evan Hansen (2015)

Hamilton (2015)

Sobre la vida dun dos fundadores de E.E.U.U. con doce cancions de rap e hip hop.

Stephen Sondheim: historia viva do T.M. Americano

Criouse sen pai e cunha relación hostil coa súa nai. Cando tiña 9 anos presenciou a súa primeira obra de Teatro Musical. Aos 10 anos coñeceu a  Oscar Hammerstein II, xa que era amigo do seu fillo. Mentres estudaba secundaria escribiu un Musical e presentoullo a  Hammerstein (de 52 anos). Este díxolle que era o peor que lera na súa vida, pero se quería saber por qué, él diríallo. O resto do día estiveron os dous a traballar sobre o musical. Sondheim dixo que «nesa tarde, aprendín mais sobre a escrita de cancions e o teatro musical que o que a maioría da xente aprende en toda a sua vida».

Hammerstein deseñou unha especie de curso para que Sondheim aprendera a construir un musical. Este entrenamiento se centró en cuatro asignaturas, en donde Sondheim debía escribir.

Con vintepoucos anos xa está en Broadway escribindo cancións. Anos máis tarde chégalle a súa oportunidade cando o chaman para poñer letra a West Side Story, musical do que Leonard Bernstein estaba escribindo a música. A partir daí  escribirá A Funny Thing Happened on the Way to the Forum (Golfus de Roma), e moitos outros éxitos, entre outros, Sweeney Todd.

Bibliografía


Barrientos Sánchez, M. (2020). El Rey León. El teatro musical en España. MiMeS-TeseoPress: Madrid-Buenos Aires. Artigo académico extenso. URL: https://www.teseopress.com/musicalreyleon/ Contén:


- Cantor, Michael & Maslon, Laurence. BROADWAY: THE AMERICAN MUSICAL. Ed.: Applause.

- Citron, Stephen. SONDHEIM AND LLOYD WEBBER. Ed.: Chatto & Windus.

- Fayolle, Paula: Los grandes musicales. Robinbook, Ediciones. 2008. ISBN: 978-84-96924-61-1. Nº páginas: 144. Edición dixital en https://books.google.es/books?id=u02nrtG9JpUC&pg=PA116&dq=%22revista+musical+espa%C3%B1ola%22&hl=es&sa=X&ei=M8RJVeWuFMXYU_ulgNAK&ved=0CDoQ6AEwAw#v=onepage&q=%22revista%20musical%20espa%C3%B1ola%22&f=false 


- Green, Stanley. THE WORLD OF MUSICAL COMEDY. Ed.: DaCapo Paperback

- Green, Stanley. BROADWAY MUSICALS, SHOW BY SHOW. Ed.: Applause

- Kenrick, John. MUSICAL THEATRE: A HISTORY. Ed.: Menthuen Drama.

- McMillin, Scott. THE MUSICAL AS DRAMA. Ed.: Princeton University Press.

- Mendelbaum, Ken. NOT SINCE CARRIE. Ed.: St. Matin’s Griffin.

- Sánchez, Leo. LUNAS DE PAPEL Y POLVO DE ESTRELLAS (Compositores y letristas en la edad de oro del musical). Ed.: Milenio.

- Wolf, Stacey. CHANGED FOR GOOD. A FEMINIST HISTORY OF THE BROADWAY MUSICAL. Ed.: OUP USA.