Liminalidade

A liminalidade do personaxe

https://faculty.unlv.edu/jmstitt/Eng477/papers1/thresholds.html

Os umbrais ou limens a cruzar polos personaxes poden ser decisions internas, como que Frodo acepte ou non a tarefa do Anel, ou cruzar un umbral físico e material como por exemplo a porta de entrada ao Inferno en Beowulf. 

TRES CLASES DE LIMINALIDADE

According to Victor Turner there are three kinds of liminality. 

PRIMEIRA: The first kind is "ritual liminality." (puramente ritual: voda, funeral, comuñón, graduación, etc.) Son os ritos de paso dun estatus a outro. , often times concerning a maturity ritual. In this kind of liminality, the person will always be expected to reenter the society, as their transition is just temporary. A young boy in a tribe who is involved in a maturity ritual may not have to subject to the rules of his tribe while being involved in this ritual. After his manhood is obtained however, he is expected to return to his tribe, now as a responsible man. 

SEGUNDA: The second kind of liminality is "outsiderhood." Son as comunidades que non se integran na sociedade porque teñen as súas propias regras. Non siguen as regras e normas do mundo de fora, aínda que son permitidas, porque non se opoñen a ela. Son aqueles que viven nunha communitas ati-estrutural, dun xeito voluntario ou involuntario: as monxas, os ionquis, os presos, os freaks do circo. A súa vida desenvólvese fora das fronteiras da vida normal ou covencional. 

TERCEIRA: The third and final kind of liminality is the "marginal." Entre dúas augas: como os policías tipo Harry el sucio, que participan do mundo das regras e das anti-regras. Non poderían vivir en armonía nunha anti-estrutura, como si o fan as monxas ou os que se automarxinan. Ou certos presos ou certos tolos que xa non poderían vivir fora dos internados. Pero tampouco están cómodos na estrutura. Son como Corto Maltés ou os protagonistas de novela negra. Coñecen ambos mundos pero nunca pertenceran totalmente a ningún deles. Viven na fronteira de ambos e móvense fácilmente entre un e outro. Este é o personaxe máis popular nunha ficción.

Os tres tipos de liminalidade cuestionan as normas dentro da súa cultura. Os tres tipos son os que moven a trama e cuestionan aos outros personaxes da ficción.

Liminalidade: tres etapas

Con exemplos dunha cerimonia de graduación da universidade:

Liminalidade en rituais

No exemplo dunha cerimonia de graduación da universidade, a fase liminal pódese prolongar para incluír o período do tempo que existe entre a entrega da última papeleta das notas (na que a graduación xa está asegurada) e a recepción do diploma. Esa terra de ningures representa o limbo asociado á liminalidade. Comeza xa a tensión de lograr as tarefas para acadar a universidade. O individuo non ten aínda completada a transición a unha nova etapa da vida (psicolóxica ou fisicamente). O resultado é unha perspectiva única sobre o que veu antes, e sobre o que pode vir despois. O periodo que vai dende que remata a ESAD ata que lle dan o título. Os alumnos que teñen pendente o TFE. Os interinos e sustitutos.

Pode incluír o período que vai desde que unha parella se compromete ata o seu matrimonio, ou entre a morte e o enterro, para os cales as culturas poden ou non fixar observancias rituais. Mesmo para as culturas sexualmente liberadas sería tabú que un esposo comprometido tivera relacións sexuais con outra persoa durante este tempo, en oposición ao tabú máis suave do engano nun amante.

Cando as culturas anglosaxonas utilizan o visgo (mistletoe en inglés, muérdago en castellano: É unha planta hemiparásita que medra no tronco de árbores e arbustos, e é a planta que corta o druida dos tebeos de Asterix coa súa fouce de ouro), a planta colócase no umbral (o "limen"), á hora do solsticio do inverno. O acto que ocorre debaixo do visgo (darse un bico) rompe as fronteiras entre dúas persoas, porque o que sucede debaixo do visgo está ocorrendo no tempo/espazo ritual, o bicarse da xente non está rompendo os tabús impostos baixo circunstancias normais polos seus casamentos (ou relacións con) outra xente.

Liminalidade e o tempo

O crepúsculo serve como intre liminal, entre o día e a noite. O nome da serie de ficción da televisión The twilight zone (a zona crepuscular, traducida ao español como Dimensión Desconocida) fai referencia a isto, describíndoo como "a terra que media entre a luz e a sombra, entre a ciencia e a superstición" nunha das presentacións do comezo da serie. O mediodía e, máis a miúdo, a medianoite ("entre lusco e fusco") pódense considerar liminais, o primeiro como transición entre a mañá e a tarde, o último entre os días.

Dentro dun ano, os tempos liminais inclúen o equinoccio, cando o día e a noite duran o mesmo, e os solsticios, cando o aumento do día ou da noite chega á súa cota máxima. Os días sinalados nos que cambian as estacións, tamén son épocas liminais. As catro témporas tamén son a principio das estacións e axudan a predecir o tempo (http://www.meteored.com/ram/numero17/temporas.asp).

O día do Ano Novo, teña relación ou non co ano astronómico, é un intre liminal. Costumes como adiviñar a fortuna para o ano entrante aprovéitanse deste estado liminal. En certas culturas, as accións e os acontecementos no primeiro día do ano poden determinar o ano, denominándose esas crenzas Primeiro-Pé. Moitas culturas mírano como unha época especialmente propensa aos encantamentos polas pantasmas -seres liminais, nin vivos nin mortos.

A liminalidade pode referirse ao tempo que media entre a concepción e o nacemento, xa que hai crenzas relixiosas para as que o principio da existencia é o momento da concepción.

Liminalidade e estados de conciencia

Outro exemplo do liminalidade pode darse cando alguén acaba de espertar dun soño e nun estado hipnótico da mente non pode distinguir se ocorreu ou non o seu soño realmente.

A embriaguez é un estado no cal a persoa non está ben, pero tampouco está enferma.

Liminalidade de seres

Os inmigrantes ilegais (existentes pero non "oficiais"), os apátridas, os transexuais ou a xente transgresora no relativo ao xénero, os bisexuais na maioría das sociedades contemporáneas, aqueles cuxa adscrición étnica é mesturada ou os que foron acusados pero non foron aínda xulgados como culpables ou inocentes, son liminais.

Os adolescentes son xente liminal.

O arquetipo do tramposo ("trickster") e outros relacionados con él son arquetipos contradictorios. Este arquetipo correspóndese co raposo en Galicia, con Bugs Bunny nos debuxos animados ou con arlequino na Commedia dell'arte. É un arquetipo jungiano e ao mesmo tempo un dos arquetipos que manexa contemporáneamente en teatro John Wright, derivado dos arquetipos que traballara Michael Chejov.

A categoría podía tamén incluir personaxes de ficción como os cyborgs, híbridos entre dúas especies.

Poderianse considerar tamén ás focas, os cangrexos, os paxaros de costa, as ras, os morcegos, os golfiños e baleas e outros "animais da fronteira" como liminais. Non debera sorprendernos que estas criaturas liminais teñan un lugar preeminente na mitoloxía como guías do espírito.

As feridas son liminais xa que unha ferida está en fluxo constante, mellorando ou empeorando. É un lugar de sanación ou infección (ou ambas, simultaneamente). A menstruación é unha condición na que (como nunha ferida) o límite entre o interior do corpo e o exterior do corpo está crebado. O sexo é un acto liminal.

Nun nivel aínda máis cósmico, temos eses seres que son vivintes e non-vivintes, como o feto humano na discusión sobre o aborto, aqueles que viven nun estado vexetativo permanente, as personaxes non mortas e gato do paradoxo de Schrödinger.

As plantas como as algas mariñas (entre o mar e a terra) e o visgo (entre a terra e o ceo) non son soamente liminais elas mesmas, senón que se utilizan en rituais liminais como a sanación.

Liminalidade e lugares

Estes poden ser tanto as fronteiras como as terras de ninguén e os territorios disputados, as encrucilladas, e, se cadra, os aeroportos ou os hoteis, polos que a xente pasa pero non vive.

• Na mitoloxía e relixión, ou no saber esotérico, isto pode incluír dominios como o purgatorio dos que algúns teólogos negaron a súa existencia, facéndoos dobremente liminais. A "interinidade" define estes espazos.

• Un hotel ten unha connotación moi diversa para un traballador do hotel (alguén de dentro) ou para un traseúnte que pasa por diante sen especial interés polo lugar (alguén de fora). Para un viaxeiro que se hospeda alí, o hotel sería unha zona liminal (nin dentro nin fora).

As portas, as fiestras, os resortes, as covas, as ribeiras, os ríos, as caldeiras volcánicas, os vados, os pasos, as encrucilladas, as pontes, e os pantanos son todos liminais, e están presentes en boa parte das lendas galegas como lugares máxicos.

• Edipo (un fillo adoptado e polo tanto liminal) atopou ao seu verdadeiro pai nunha encrucillada e matóuno; en Galicia existen historias nas que o protagonista atopa ao diaño na encrucillada ou nunha ponte. As transformacións importantes ocorren nas encrucilladas e outros lugares liminais, en parte porque a liminalidade – que é tan inestable -- pode abrir o camiño para o acceso ao coñecemento esotérico ou a comprensión dos dous lados.

• A liminalidade é sagrada, fascinante e perigosa.

Liminalidade e folklore

Hai moitos contos no folclore sobre xente aos que so se lles podía matar nun espazo liminal:

• na mitoloxía celta, a Lleu non se lle podía matar durante o día ou a noite, nin nun interior ou no aire libre, nin montando dacabalo nin a pe, nin vestido nin espido: atácaselle na escuridade, mentres que está envolvido nunha rede cun pé nunha caldeira e o outro nunha cabra.

• Así mesmo, no Mahabharata, Indra promete non matar a Namuci e a Vritra con algo mollado nin con algo seco, nin polo día nin pola noite, e sen embargo mátaos na escuridade con espuma.

Tener y no tener

(de Howard Hawks, con Bacall e Bogart)

Todo nela é liminalidade:

O espazo é liminal: Unha illa. Unha illa que non é francesa nin deixa de selo. Un lugar de paso de espías e xentes de todas nacionalidades (como Casablanca).

Os espazos que hai no filme tamén son liminais: o bar do hotel, as habitacións do hotel, o barco de Morgan.

Políticamente: Francia está nese momento nunha situación de interinidade co governo de Vichi.

Bogart é liminal: non está atado a ningunha ideoloxía, nin partido.

Bacall é liminal: ven doutra illa e está en tránsito para unha terceira illa.

Ritos de Paso

Turner afirma que os Ritos de paso, se encontran en calquera sociedade, ainda que acadan a súa máxima expresión nas sociedades de carácter estable, cíclico e de pequeña escala, nas que os cambios se encontran ligados máis aos ritmos e ás recurrencias biolóxicas ou meteorolóxicas que ás innovacions técnicas.

Unha soc. de carácter estable, cíclico e de pequeña escala épor exemplo a soc. tradicional galega. A soc. urbana galega non o é tanto.

Estes ritos establecen transicions entre estados distintos, refirindose a estado como unha situación estable e fixa.

Existen ritos que acompañan ás persoais durante a súa vida (nacemiento, pubertade, matrimonio, morte, serían os máis importantes.

Liminal-liminoide

Liminar-liminoideTurner pensaba que coa industrialización e a división do traballo, moitas das funcións dos rituais pasaran ás artes, o entretemento e a recreación.Unha cerimonia de graduación pódese mirar como liminal mentres que un Festival de Rock pódese entender como liminoide. O liminal é parte da sociedade, un aspecto do ritual social ou relixioso. O liminoide é un tipo de acción simbólica pseudo-liminar. Por similitude con ovoide, pseudo-forma.

Turner indicou que as experiencias liminais (ritos e cerimonias) tenden a desaparecer en sociedades industriais, e son substituídas por experiencias liminoides. 

O liminoide é voluntario, o liminal é obrigatorio. O espazo do liminoide lígase a miúdo ás sensacións de communitas, mentres que o liminal está integrado na sociedade.

As artes da representación son liminoides, xa que se realizan en espazos e momentos privilexiados, e esixen escenarios especiais para o xogo e a experimentación, para a solemnidade e as regras.


LIMINAL

En sociedades premodernas

Actividade obrigatorias

Ritos

Exemplos: Misa, xogo da pelota maia.

Produción e consumo cíclicos (co ritmo das colleitas)

Integrados na soc. / Cultura

Repetitivos

Combinación de traballo e xogo


LIMINOIDE

En sociedades industriais

Actividades voluntarias

Artes, ocio

Exemplos: Teatro, partido de fútbol

Produción e consumo constantes (soc. de consumo)

Marxinais ou pertencen á subculturas

Cambiantes

Separación de traballo e xogo

Ambos son tipos de interacción simbólica con procesos idénticos. 

Encontraremos os fenómenos liminais nos ritos e nas sociedades premodernas, ainda que non exclusivamente. Inversamente, encontraremos os fenómenos liminoides no ocio e nas sociedades postmodernas, pero non exclusivamente.

Exemplos de fenómenos liminoides: (visitar) zonas turísticas, os aeroportos como lugar de paso, de consumo e de entretemento; os parques temáticos, (estar en) festivais de música, (estar en) un teatro...

Comodificación

O proceso de comodificación ou mercantilización é o  proceso polo que algo ou alguén se volve mercancía, ou de pensar en algo o alguén principalmente como unha 'cousa' vendible e comprable.  Este proceso é característico da economía de mercado.

Atinxe ás sociedades preindustriais, por exemplo cando as súas formas de expresión cultural son adoptadas polo corrente da cultura occidental como moda. Inciden na  vulgarización desa cultura e da perda do control experimentados polas comunidades indíxenas

Tamé atinxe ás subculturas das sociedades postmodernas. Un exemplo desta trivialización foi a evolución da subcultura punk (ou dos hippies, ou do grunge, ou do hip hop), que comezou sendo un xeito no vestir impactante e agresiva de comunidades marxinais e acaba sendo asimilada como unha moda máis das grandes cadeas de roupa para masas.

Commodification: Xa aparece en Marx, pero o seu uso no eido das subculturas procede do antropólogo Dick Hebdige (1951-...).

Comodificación da cultura indíxena

A apropiación cultural é sutilmente diferente á comodificación. A teoría da apropiacion é máis ideoloxía que antropoloxía. Remite a un "deber ser", non a unha cuestión de feito. E non se aplica ás subculturas urbanas. Refírese a unha historia mal resolta nos USA no relativo á cultura indíxena (o xenocidio dos indios difundido con orgullo polos westerns) á afroamericana (blues, jazz, soul, rock, hip hop...), e outras.

Comodificación das subculturas urbanas

O caso do Che Guevara e outros.

Communitas, emic/etic, drama social...

Ver os apontamentos do drive

Exercicio

Temos en escena un primeiro alumno sentado, que non falará. Os demais describiráno. Ten amnesia e non recorda a sua vida anterior.

O segundo alumno describe nun monólogo o espazo liminal no que se encontra o primeiro (con ou sen interacción co primeiro)

O terceiro trae consigo un obxecto (para estimular o recordo do amnésico) e recórdalle un ritual que viviron xuntos (para estimular o recordo do amnésico)

O cuarto recórdalle ao primeiro como era el/ela daquela: un ser liminal (adolescente, ou dopado, ou xénero indefinido, ou...)

O quinto recórdalle ao primeiro o tempo liminal no que sucedeu o accidente (no lusco fusco, ou no abrente, ou na noite de San Xoan, ou cando vivía emigrado...)

O desmemoriado debe procurar manterse neutro, non pode falar, nin facer mímica. O desmemoriado ten os seguintes códigos: un golpe quere dicir que hai que repetir a última frase. Dous golpes queren dicir "cambio". O personaxe tamén se pode levantar para asimilar o que está a escoitar. Nese momento debemos calar, e cando senta podemos seguir. Os personaxes rematan os seus monólogos cando eles queren. Marchan e, espontáneamente levántase outro e diríxese a escena para o seu monólogo.

FINAL: O primeiro personaxe levántase, pecha os ollos e nun monólogo conta o que recorda do suceso e del mesmo. Pode cadrar co que dixeron os compañeiros ou ser totalmente diferente.