T. Musical británico

Antecedentes do Teatro Musical británico

No xurdimento do Teatro Musical Británico podemos citar tres momentos salientables: The Beggar´s opera (1728), que se convertirá na primeira Ballad Opera nun momento de expansión do Imperio Británico, o que suporá que teña grande relevancia en todo o mundo; as disparatadas operetas inglesas, representada por Gilbert e Sullivan, cuxa vixencia e influencia chega ata os nosos días e as revistas que escribe e dirixe o actor, cantante e compositor Noël Coward (1899 - 1973), prototipo de inglés sofisticado, enxeñoso e gai, que debutou no teatro profesional con so 11 anos.

The Beggar´s Opera

No video vemos The Beggar´s Opera (1728), unha ballad opera en versión cinematográfica protagonizada por Roger Daltrey.

Gilbert and Sullivan

No video temos Topsy-Turvy, película baseada nas 14 operetas compostas pola parella Gilbert and Sullivan entre 1871 e 1896.

Ballad Opera

A Ballad Opera xurde en Londres no século XVIII como unha reacción contra a invasión da ópera italiana. Neste sentido recibiu o mesmo impulso nacionalista que a zarzuela española, que se verá espoleada en primeiro lugar pola inclinación cara as artes italianas que introducirán os Borbóns, e posteriormente pola invasión francesa. Comparte coa Zarzuela e coa Opera Comique a presenza de partes faladas, e que os personaxes pertencen ás clases populares, e influiu no xurdimento do Singspiel.

A súa característica distintiva é o uso de melodías preexistentes, ao xeito do juke-box musical. o recién compuesto) con diálogo hablado.

The Beggar´s Opera (1728) é a primeira e máis coñecida Ballad Opera. Xa no século XX, Kurt Weill y Bertolt Brecht reelaborarán esta peza en 1928, nunha historia similar cos mesmos personaxes, pero compoñendo de novo toda a música.

Opereta británica

A opereta designa un xénero moi diverso en función da nacionalidade á que se adscriba: inglesa, francesa ou austriaca. ou para ser máis precisos, londinense, parisina ou vienesa.

Podemos definila como unha parodia da ópera que xurde na década de 1850 e chega ata 1900. Aquí ímonos referir exclusivamente ao estilo Topsy-Turvy (patas arriba) das británicas, caracterizadas polos seus xogos de palabras, teatralidade, absurdo e exotismo tintinesco. Gilbert (1836-1911) era un dramaturgo que con catro anos xa asistía ao teatro coa súa familia burguesa. Tiña una talento extraordinario para a farsa e a sátira e coñecía ben os mecanismos internos do teatro. Foi un dos primeiros directores de escena que existiron, con ideas sólidas sobre esta disciplina.

Non se pode concebir aos Monty Pithon sen Gilbert and Sullivan, pero a súa influencia tamén foi decisiva no Musical Americano.

En España podemos referirnos a operetas como El Asombro de Damasco (1916) ou La Corte del Faraón (1910).

Joan Littlewood no Royal Teatre Stratford East

Anos ´50 e ´60: Joan Littlewood

No Reino Unido está considerada "a nai do teatro moderno". En 1945 Littlewood e o seu home, o cantante comunista Ewan MacColl, formaron Theatre Workshop. Pasou os seguintes oito anos de xira. En 1953 Littlewood e a súa compañía viviron y durmiron no Theatre Royal mentres axudaban a reconstruilo, e nesa sé permanecerá como directora do Theatre Workshop ata 1974 acadando sona internacional. Estaban organizados a xeito de comuna, e para financiarse producían Musicais que acababan no West End e tamén colaboraban en filmes, xa que a axuda institucional era escasa, malia os seus éxitos.

Littlewood traballaba a base de improvisacións, e escribía a pe de escena. Os temas que trataba eran polémicos, pero eludía a censura polo carácter improvisado dos seus shows. Nos anos ´60 hai moita protesta social no Reino Unido, e dirixe unha sátira sobre a Primeira Guerra Mundial: Oh, What a Lovely War!

Os ensaios de Oh What a Lovely War!

Murray Melvin foi actor nesa producción e comenta que Littlewood encargouse do guión. "O primeiro día de ensaios", di Melvin, "limos o guión e Joan dixo: "Isto é un monte de merda", e xa non o miramos máis. So conservamos o título e máis as cancións. Pero Joan deulle aos actores una lista de lecturas e encargounos que fixeramos a nosa propia investigación. A cada miembro do Workshop Theatre asignouselle a tarefa de aprender sobre un tema en particular, como a batalla de Ypres ou o gas mostaza. Impactoume unha historia sobre unha división que marchaba cara ao frente e viron na distancia unha tropa de soldados que camiñaban cara eles, abaneándose coma se estivesen bébedos. A medida que se achegaban, decatáronse de que os soldados foran cegados polo gas mostaza. Joan fíxonos recrear isto dando voltas e voltas polo escenario durante tres días. Cando pensabamos que xa o tiñamos, dixo: "Teremos que cortar isto". Cando lle preguntamos por qué, dixo: 'É demasiado horrible' ". Era unha directora cun sentido estético tan desenvolvido como o seu instinto político.

Na producción orixinal o elenco ía vestido con traxes de Pierrot e cascos de folla de lata. Littlewood dixo disgustada en 1995, que ninguén morrera no seu escenario, pero que si morrían soldados na película que se rodou posteriormente. Odiaba a cor caqui, e odiaba a guerra. Detrás deles, proxectábanse diapositivas con imaxes da guerra e uns subtítulos que Littlewood chamaba o seu "xornal electrónico" ao longo de todo o ancho do escenario con estatísticas, como "25 de setembro ... Loos ... perda británica de 8.236 homes en 3 horas ... perda alemana nula" ou "Vida media dun ametrallador no frente occidental: 4 minutos". Era necesario separar aos artistas dos eventos reais para evitar que o público se desfixera en lágrimas.

Oh What a lovely war!

Filme de Richard Attenborough (1969) baseado no mesmo musical de 1963.

The Boy Friend

Filme de Ken Russell (1971) baseado no mesmo musical de 1953.

É unha curiosa mestura entre o Teatro Musical lixeiro e simple dos anos ´50 no Reino Unido (con Julie Andrews) e un filme característico da psicodelia dos anos ´70.

(E ambientada nos anos ´20)

Influencia do Musical Británico en Hair

O Musical británico fala máis ben da comunidade, mentres que o Americano fala do éxito individual. Hair estrease en Broadway en 1967, e no West End en 1968, e tivo unha clara influencia das ideas de Littlewood relativas a enfrontarse ao poder establecido: os actores non eran nomes coñecidos, saían espidos, facíase referencia ás drogas e á cuestión racial.

A Opera Rock

Unha ópera rock non é unha ópera con música rock.

É algo asimilable a un album conceptual, no que existe unha temática que unifica as cancións e o estilo de música é o rock. Tommy de The Who está considerada comúnmente a primeira ópera rock. Outras óperas rock famosas son, The Wall de Pink Floyd, The Rise and Fall of Ziggy Stardust de David Bowie, Thick As A Brick de Jethro Tull, ou Jesus Christ Superstar de Tim Rice y Andrew Lloyd Webber. Como podemos ver dalgunhas delas fíxose Musical Rock e doutras, non. De feito, as operas rock non son compostas para seren representadas (isto é algo que pode ocorrer posteriormente), de maneira que, musicalmente falando, asemellarianse máis a unha cantata que a unha ópera.

O caso de Hair é diferente: por iso non está considerado unha ópera rock, pero si un Musical Rock.

O caso de Jesus Christ Superstar é curioso: os británicos Tim Rice y Andrew Lloyd Webber eran letrista e compositor de Musicais respectivamente, pero como ninguén lles quixo producir este Musical, decidiron publicalo como album conceptual. Pero nada máis publicalo, comezaron a proliferar concertos e mesmo postas en escena, provocando demandas por parte dos autores que acabaron co peche de todos estes montaxes ilegales e convertiron a Jesus Christ Superstar nun referente en dereitos de autor. O ano seguinte da súa publicación xa se estreaba a versión oficial en Broadway. Posteriormente a parella Rice-Webber crearán Evita do mesmo xeito: primeiro sacan o album conceptual e despois faráse o Musical.

Cats (1981)

Cats marca un antes e un despois por varios motivos:

  • A música é de Webber, pero xa non está Tim Rice no argumento.

  • Non podemos falar propiamente de argumento: son presentacións duns personaxes na súa cita anual.

  • Hai predominio da danza, creando novas esixencias nos actores.

  • Con Cats tomará forza o concepto de franquicia nun mundo globalizado. A venda do merchandising axudará a promocionar e financiar o proxecto.

  • O escenario é circular (foto de arriba á esquerda)

Starlight Express: locomotoras a patíns

En 1984 Webber estrea Starlight Express. Se en Cats os actores facían de gatos, agora fan de locomotoras masculinas que compiten pola atención das locomotoras femininas. O musical conta a historia dunha máquina de vapor, que compite nun campeonato contra locomotoras modernas coa esperanza de impresionar a un vagón de primeira clase. Os actores móvense todo o espectáculo a patins. En 1988 Starlight Express comezou a representarse en Alemania nun teatro especialmente deseñado para este Musical. En 2020 aínda segue a representarse, e xa foi vista por máis de 17 millóns de persoas. En 1997 fíxose unha versión sobre xeo.

Les Miserables e a Royal Shakespeare Company

Nos anos ´80 Broadway estaba en crise e dependía das importacións británicas. Les Miserables foi primeiro un album conceptual de dous autores franceses, Claude-Michel Schönberg e Alain Boublil, que en 1980 é adaptado en París ao teatro convertíndose nun Musical completamente cantado . En 1985 foi producido en colaboración coa Royal Shakespeare Company, algo que será notorio na escenografía, na interpretación e no propio elenco. A crítica foi adversa, e afirmaba que sen claqué e con trinta cadáveres en escena non se podía considerar propiamente un Musical. Non obstante, non so foi un éxito de billetería, senón que contribuiu a reflotar económicamente á Royal Shakespeare Company. Na actualidade é o segundo espectáculo do mundo con maior permanencia en cartel.

Miss Saigon e o casting racista

Jonathan Pryce, actor branco que protagonizaba este Musical interpretando un personaxe euroasiático, usaba próteses nos ollos e maquillaxe para parecer máis asiático. Cando o espectáculo chegou a Broadway, en 1991, a Actors 'Equity Association comparou Miss Saigon cun espectáculo de Minstrel, e rexeitaron a Pryce. Houbo unha controversia importante nese momento xa que estaba collendo forza o Movemento que pretende saldar a débeda histórica que o teatro ten cos intérpretes racializados, permitíndolles interpretar personaxes brancos, pero non á viceversa. Este movemento exténdese actualmente aos actores e actrices transexuais. Finalmente Pryce puido actuar, e MIss Saigón, malia a polémica que aínda o persegue, é o decimoterceiro espectáculo máis antiguo de Broadway.

Está baseado na ópera Madame Butterfly de Giacomo Puccini (1904), e conta a tráxica historia dun romance entre unha muller asiática e o seu amante estadounidense que a abandonará. O escenario da trama trasladase á década de 1970 durante a guerra de Vietnam.

Unha conclusión que Viet Thanh Nguyen tira deste caso é a de que o racismo e o sexismo non son incompatibles coa arte: que gocemos coa obra de arte non significa que a obra non sexa racista ou sexista. Non obstante, no ano 2020 resulta extraño e cada vez máis polémico que se siga a exhibir este Musical en Broadway, ainda que, se é representado é porque o público o demanda.

Mamma Mia: un jukebox feito por mulleres

A idea partíu en 1983, da productora británica Judy Craymer, pero non deu certo ata 1997, ano no que Craymer encargou a Catherine Johnson a escritura do libreto. Un ano máis tarde Phyllida Lloyd foi contratada como directora, de maneira que finalmente tres mulleres formaron o equipo creativo. A estrea foi en 1999 no West End, e o ano seguinte pasou a Broadway. En 2008 foi adaptado ao cine. Igualmente que no Musical orixinal, foi producida por Judy Craymer, con guion de Catherine Johnson e dirección de Phyllida Lloyd.

Como sucede en tantos Musicais, todo aqui era improbable: Craymer e Johnson non tiñan experiencia en Musicais, a escrita do jukebox non era a habitual (non se trataba de contar a historia de Abba) e estreouse en Nova Iorque o 18 de outubro de 2001, un mes despois do atentado das Torres Xemelgas.

Billy Elliot: paradigma de Musical británico

Paradigma de Musical británico porque é característico deste a presenza e protagonismo dos nenos e o sentimento de comunidade, fronte ao individualismo nas tramas americanas. Ten un compoñente social e político de fondo - a loita dos mineiros - e o xeito de traballo inspirouse no método de Joan Littlewood.