Danza: concepto e historia

Concepto de danza

Existen moitos espectáculos nos que hai danza, pero non todos eses espectáculos poderían ser calificados como espectáculos de danza: concertos, espectáculos teatrais, etc. Seguindo o criterio que levamos desenvolvendo nesta web, empregamos dous criterios para designar ao espectaculo de danza: que a danza sexa necesaria, e que estea executada por especialistas. Polo demais, é certo que existen espectáculos nos que danza, teatro e música son igualmente necesarios e non podemos prescindir de ningún deles: boa parte do teatro oriental, por exemplo, ou a comedia musical en occidente.

Danza: Expresión de sentimentos, emocións, sensacións e ideas mediante o movemento e o ritmo.

A danza está vinculada á música, pero con Mary Wigman (Danza Moderna) a danza comezou a independizarse da música: Wigman traballaba a danza so con percusión. Posteriormente Merce Cunningham (Danza Contemporánea) traballará a danza de xeito independente á música. É cando ambas están compostas (a coreografía e a composición musical) cando se xuntan para coexistir. É o concepto de "Danza Absoluta".

O que sempre hai na danza é ritmo: movementos que se reiteran en ciclos de intervalos temporais, marcados pola sucesión de elementos débiles e fortes, ou de condicions opostas ou diferentes (largo/curto, etc). 

Probablemente a danza sexa a arte do espectáculo máis antiga.

Está asociada a ritos relixiosos, ou non: celebracións civís, por exemplo. Tamén á diversión e ao entretemento.

Tipoloxía: existe por unha banda a danza pura e a danza narrativa pola outra. A primeira é danza abstracta, e a segunda conta unha historia. Esta diferenciación non aparece no século XXI en Occidente no seo da danza moderna, como parece desprenderse dalgúns estudos: dase xa históricamente na danza en India, por exemplo; ou na danza folclórica en xeral.

Ao contrario que o teatro, a danza non precisa de público: pode darse a expresión dancística en solitario. Por tanto, igual que sucede coa música, non necesariamente a danza é un espectáculo.

O principal obxecto de estudo en HAE é a danza moderna e a danza contemporánea. Existen tamén outras categorías:

Ritmo

O concepto de pe como medida do ritmo (pe métrico) é intuitivo: O pe móvese el so co ritmo da música, da mesma maneira que camiñamos ao ritmo da música que escoitamos. Pero non so iso. Conforme experimentos levados a cabo na Universidade de Oslo (pedironlle aos suxeitos que escoitaran sons que duraban tres segundose que despois debuxaran eses sons nos aire), a resposta rítmica e motriz é case universal:  malia non verse os uns aos outros, os xestos e as posicións das mans cadraban.

O concepto de pe rítmico remóntase á fase na que música, poesía e danza forman un todo unitario: é o paso que marca o compás na marcha ou no baile.

Ritmo nos seres vivos

A expresión mediante o movemento e o ritmo está presente nos seres vivos: paxaros, abellas, mamiferos, etc. Ten unha funcionalidade para o apareamento, indicacións de posición, defensa contra depredadores (o caso do video), etc. É abundante a expresión en parellas e tamen a nivel social. 

O ritmo está estreitamente vinculado á natureza: O día e a noite, as fases da lúa, as mareas, as estacións, os latexos do corazón, …

Danza sen movemento. Definicións poéticas

As definicións máis recentes de danza so a relacionan co corpo e o ritmo, pero NON co movemento nin coa música. Verdadeiramente, cando un bailarín contemporáneo crea unha peza na que permanece inmóvil, teremos que falar de movemento por ausencia do mesmo, de igual xeito que unha peza musical na que non soa música (como o célebre 4'33'' de Cage) segue a ser música, tamén por ausencia da mesma. 

Por outro lado, é preciso admitir que a danza está ligada a, e desenvólvese habitualmente con música. Na nosa opinión, dicir que a danza é so corpo e ritmo determinado non é unha definición moi funcional. É como dicir que o espectáculo é aquilo que se ofrece para ser observado (a definición de Pavis). Ademáis corpo máis ritmo tamén o son mimo, a ximnasia, determinados traballos, etc. De feito, a pantomima que xurde en Roma no tempo do emperador Augusto ( 63 a.c. 14 d.c. ) estaba considerada un xeito de danza, neste caso representativa, porque constituía unha especie de linguaxe non verbal.

Definicións mais poéticas e intuitivas son as seguintes:

Danza como orixe do teatro

Bailar é coma estar posuido por unha forza que nos move e nos transforma. Para Nietsche esa é tamén a esencia do teatro: en oposición a Diderot (O paradoxo do comediante), actuar non consiste en controlar conscientemente o noso corpo, senón en abandonarse ao fluxo da éxtase, da posesión.

Para Friedrich Nietzche, a danza como éxtase é o auténtico berce do teatro: "Y aquí está la cuna del drama. Pues su comienzo no consiste en que alguien se disfrace y quiera producir un engaño en otros; no, antes bien, en que el hombre esté fuera de sí y se crea a sí mismo transformado y hechizado. En el estado del 'hallarse-fuera-de-sÍ", en el éxtasis, ya no es menester dar más que un paso: no retornamos a nosotros mismos. Sino que ingresamos en otro ser, de tal modo que nos comportamos como seres transformados mágicamente". (O Nacemento da Traxedia).

Obviamente este concepto de teatro é moi pertinente para entender o teatro posmoderno (a partir da morte de Nietzsche) e posdramático, que é un teatro que hibrida danza e teatro.

Danza e xénero

A danza é unha das artes nas que hai unha preponderancia feminina. Isto xa se da nas pinturas rupestres, tamén en Exipto, nas culturas orientais (árabe, hindú...) en Grecia ou en Roma. 

Xa Platón establecía uns trazos diferenciais entre a danza masculina e a feminina, algo no que profundizarán as teorías históricas da danza na India, e en todo o Oriente.

Non obstante, a investigadora Margarita Tortajada considera que “la identificación de la danza con las mujeres, propia de la cultura occidental se considera una actividad afín a ellas (...) por ser una manifestación subjetiva, artística, improductiva, y propia para débiles”.

Inés Hellín afirma que "El pensamiento cartesiano que divide cuerpo y mente dentro de la cultura occidental dejará a la danza como un arte marginado. La identificación de la danza con un arte femenino, efímero y únicamente corporal, será la principal motivación de dicha disposición marginal dentro de las artes." Este é un argumento plausible, que ao mesmo tempo explica o auxe da danza en momentos históricos como a Francia de Luis XIV, o Romanticismo do século XIX ou a posmodernidade. Invertindo a argumentación de Hellín, achamos que estes son periodos nos que predomina un pensamento holístico que entende o corpo como movemento físico e psíquico. Tamén desde este punto de vista podemos entender a persistencia da danza-teatro en Oriente, xa que en Oriente non fundamentan o seu coñecemento baixo o principio dualista de non-contradición: A ou non-A/corpo ou mente.

Antigüidade, Idade Media

As primeiras fontes documentais que temos sobre a danza na humanidade son as pinturas rupestres.

No antigo Exipto, as danzas cerimoniais culminaban en cerimonias representando a morte e a reencarnación do deus Osiris fóronse facendose cada vez mais complexas até o punto de que só podían ser executadas por profesionais altamente cualificados

En Grecia a danza xurde pola influencia da danza exipcia. Do mesmo xeito que en Exipto había danzas cerimoniais que representaban a morte e reencarnación de Osiris, que se foron complicando ata o punto de que so podían ser executadas por profesionais cualificados, tamén en Grecia, arredor de Dionisos, grupos de mulleres -ménades- celebraban danzas rituais. Estas danzas incluían música e mitos narrados ou representados por actores e bailarins adestrados. A finales de siglo V antes de Cristo estas danzas comenzaron a formar parte de la escena social y política de la antigua Grecia. 

Coa cristianización do Imperio Romano, a danza, que é un fenómeno íntimamente vinculado ao corpo e á sexualidade convertiuse en obxecto de controversia. 

Idade Media, Renacemento

En concilios sucesivos de Jaodicea (375) e Agda (505) ata chegar aos de Avignon (1201) e París (1212) insístese en condenar á danza. Non obstante, temos documentación gráfica sobre as danzas da morte,  as dos xograres, sobre a exaltación do corpo no Antroido durante a Idade Media e sobre danza popular vinculada a rituais e a cancións de traballo. Bailes como a tarantela, a sardana ou a giga están documentados xa nesta época.

O Renacemento trae unha nova actitude cara o corpo e as artes. Italia e Francia focalizaron o desenvolvemento da danza e a música a través do mecenado das Cortes e da proliferación de celebracions e festividades. 

ITALIA: Nos Intermezzi, que estudamos na sección de espectáculos musicais, a música e a danza tiñan un papel importante. Unha das danzas destes intermezzi era  a "danza de espadas".Outra era o "brando", onde se intercalaban accions de pantomima.

FRANCIA: Na Corte de Catalina de Medici, 1519-1589),  esposa italiana de Enrique II, naceron as primeIras formas de Ballet (danza representativa) co mestre Baltasar de Beauyeux. En 1581, dirixiu o primeiro ballet de Corte, unha danza que contaba unha lenda mítica combinando textos e danza de grupo. En 1661, Luis XIV de Francia autorizou o a primeira Real Academia de Danza. 

Había danzas sociais coma o Minuet, a Pavana (de ritmo binario y pausado), a Gallarda (que era unha danza de elevación), a Zarabanda (lenta, de posible orixe oriental. Prohibida con Felipe II polo seu carácter lascivo), a Chacona, as Folias, etc.

Ballet de Cour/ trad: cortesano, de Corte

É o espectáculo-ballet que precede á fundación da "Academia Royale de la Danse" (1661) por Luis XIV, a primeira en desenvolver profesionalmente o que a día de hoxe entendemos por ballet. En 1670, Luis XIV deixa de subvencionar o ballet de Cour, pero fomenta outros xéneros novos protagonizados principalmente por Lully: a ópera-ballet e a comedia-ballet.

O ballet de Cour ten a súa orixe en Italia e debe o seu desenvolvemento a Francia. Extendeuse por toda Europa con gran rapidez ao revelarse como un xeito eficaz de embaixada cultural que amosaba o poderío do monarca e difundía os seus valores.

O Ballet de Cour máis coñecido é o "Ballet comique de la reine" (1581), organizado pola raíña Catalina de Médicis para celebrar a voda de Marguerite de Lorraine Vaudemont e o duque Joyeuse.

Os elementos máis importantes do "Ballet de Cour" son:

Pavana

Actualmente utilizase como recurso nas aulas de educación física.

Sarabanda

Titorial

Ballet de Cour

Video pertencente ao canal "Danza Histórica en la Europa cortesana"

Ballet

Danza clásica: designa aos bailes cortesanos do barroco e renacemento (minué, gallarda, pavana…) inspirados en danzas populares e previos ao ballet. Tamén designa por extensión ao ballet.

A danza clásica ou ballet é unha forma de contar unha historia utilizando o movemento do corpo. O ballet require adestramento desde moi noviño, para poder executar un tour en l'airtriple, un entrechat-six, ou unha serie de fouettés en tournant (ver videos). O ballet é util como preparación para calquera outro estilo de danza. 

Hai sete movementos básicos en ballet: Saltar (Sauter), Estirar (Etendre), Doblar (Plier), Elevar (Relevé), Xirar (Tourner), Deslizar (Glisser) e Lanzar (Elancé). 

Existen diferenes estilos (ballet romántico, clásico...) e escolas: italiana (método creado por Enrico Checchetti); francesa (a máis antiga, creada por Beauchamp); inglesa (Royal Academy of Dance); rusa (sisitema Vaganova, do Bolshoi); cubana (de grande axilidade e forza)...

É especialmente salientable o ballet de Diághilev (1872-1929). Este estilo foi creado polo coreógrafo Mikhail Fokine que colaborou con Sergei Diághilev (promotor). Coordinaban a músicos, coreógrafos, compositores e deseñadores. Son coreografías dun so acto e utilizan homes e mulleres por igual. Anna Pavlova, famosa por "The Dying Swan",  e Nijinsky foron os representantes deste estilo. 

Tour en l'airtriple

Entrechat-six

Serie de fouettés en tournant

Da diversión ao ritual, e do ritual ao espectáculo

A continuación veremos a través do exemplo da FOLIADA como a danza evolúe de fenómeno social gratuito ("por pura diversión") a ritual social formalizado e posteriormente a espectáculo partiturizado.

A este respecto, afirma Sara Fraga no traballo da alumna Anxela Fernández "Tradición e espectáculo": 

“Nós facemos “espectáculo” de algo que nunca o foi, eles bailaban por divertirse, eran as súas discotecas, eles non tiñan o concepto de que lles aplaudisen nin sequera, eles aplaudíanlles aos que tocaban se destacaban nalgunha peza, pero non aos que bailaban. É como si cando acaba unha canción nós lle aplaudimos ao DJ na Iris (discoteca betanceira), ou nos aplauden a nós por bailar, é algo que nace para divertirse e non hai o concepto de espectáculo que nós lle metemos agora e nin sequera é real o que nós agora subimos a un escenario, (non) é algo representativo.

De feito nas foliadas non lles aplaudimos aos músicos, só queremos que sigan tocando, cando cremos que o fan especialmente ben aturuxamos, porque é a nosa forma de transmitir forza. Pero non aplaudimos, simplemente esperamos pola seguinte canción para seguir bailando. Que é realmente o que facemos na discoteca, seguir bailando.“

A danza convirtese en performatividade na que tentamos "mostrar" (showing). Ese "mostrar" dase no ámbito dunha Corte medieval ou renacentista, e posteriormente dase no ámbito do espectáculo, e implica "unha posta en escena na que hai unha fila de mulleres e otra de homes, cada quen uniformado co mesmo traxe que “lle corresponde” segundo o seu sexo. Aspírase a filas perfectas, con brazos á mesma altura.

Diferenzas Danza moderna / contemporánea

A danza contemporánea é unha evolución da danza moderna. Hai autores que datan a súa orixe a finais da 2º Guerra Mundial, outros autores nos anos 60’ coa contracultura (danza postmoderna) e outros nos anos ´80. Por último, hai autores que non distinguen entre danza contemporánea e danza moderna. 

Unha vez máis hai que repetir que os conceptos de danza moderna e de danza contemporánea son convencionais. Nos imos establecer diferenzas entre unha e outra, xa que o obxectivo desta web é a categorización. E cantas máis clases e subclases establezamos maior claridade haberá para o alumn@ nesa categorización, sempre e cando entenda que isto responde a unhas convencións e que finalmente todas as artes do espectáculo flúen entre si, e se hibridan e entremezclan tanto a nivel diacrónico como a nivel sincrónico.

Na fotografía, Martha Graham. En 1926 sinálase a data de nacemento da danza moderna coa actuación do trío Martha Graham nun teatro en Nova Iorque.

Danza Moderna

CANDO

Xurde a principios do século XX como unha ruptura dos valores do XIX.

ONDE

Ainda que o pulo que tomará en Norteamérica posicionaa a nivel mundial, naceu en Alemania. Berlín era un centro artístico en Europa, alí bailou Isadora Duncan, Loie Fuller e traballou Laban. Co nazismo condenouse a arte de vanguardia, e perseguiuse aos artistas.

BASES TEÓRICAS

As creadoras da danza moderna rebelaronse contra as regras e criterios do ballet. 

TÉCNICAS

Inventaron novas técnicas de danza que enfatizaban o uso expresivo do torso, o traballo do chan, as caídas e a recuperación, o uso da respiración e os movementos naturais. A técnica de tensión-relaxación, contraer-soltar, caída-recuperación de Martha Graham, ou bailar descalzo son características da danza moderna.

Tamén: o espido como búsqueda da total libertade; a eliminación de escenografías exuberantes; a experimentación co silenzo e cos sons; estar enfocados no corpo, e non no vestiario; desbotar a zapatilla de punta; primar o contacto coa terra; expresión vs. virtuosismo técnico; a danza como un fenómeno interior no que non hai nada fixo ou establecido; exprésanse en movementos, non en pasos de baile; o movemento xurde de motivacions verdadeiras para cada artista.

CODIFICACIÓN

Codificase técnicamente en Estados Unidos, onde se creou un método que facilitou a súa difusión. A Técnica Graham, a Técnica Duncan o a Técnica Horton son danza moderna, e utilizan exclusivamente técnicas de danza moderna. En Alemania xurde unha base teórica que consolida a danza moderna como arte independente. 

ESPAZO

O lugar da danza é o teatro, ou un espazo escénico (auditorio, sala, etc.). Podemos recoñecer o que alí presenciamos como danza.

POR QUE? (CONTEXTO HCO.)

Despois da Primeira Guerra Mundial o artista enfrontase a unha realidad aniquilada e destruida. Busca unha linguaxe que lle permita expresar o caos, la desolación, a traxedia, o pesimismo, etc.

A danza moderna nace expresionista, según Márquez Romero, como unha vía ideal para expresar a realidade do mundo.

Unha nova estética: a beleza do feo. Unha arte menos perfecta técnicamente, pero máis intensa e convincente conceptualmente.

Na fotografía, Judson Dance Theater: Museo. Parece teatro, non parece danza. Os historiadores da danza marcan o inicio da danza postmoderna en 1962 coa presentación en Nova Iorque do Judson Dance Theater.

Danza Contemporánea

CANDO. Xurde nos anos 60', en relación ao movemento contracultural e a performance. 

ONDE: Norteamérica nos anos 50 e 60’.  Actualmente é un fenómeno global.

BASES TEÓRICAS: A danza postmoderna dos años sesenta rebelábase contra as técnicas da danza moderna e as do ballet. 

A danza contemporánea actual non necesariamente adopta esta postura. Alguns utilizan estas técnicas, outros transformanas e uns terceiros ignoranas por completo. Utilizan tamén elementos de danzas non occidentais e doutras disciplinas.

TÉCNICAS: Procurase un espectáculo totalizador, teatral, no que se mestura, se é necesario, acrobacia, ballet, danza moderna, jazz, karate, contact, etc. Non ten un estilo definido nin uniforme. É un xénero fluido que está en constante transformación.

Tamén: Non dependen dunha narración; as frases de movemento non teñen que chegar a un punto culminante; usan movementos da vida cotia; non hai estrutura básica, so o contraste, a contraposición, coexistencia de estímulos heteroxéneos; poden romper o marco escénico e usar o espazo de maneiras non tradicionais; a improvisación é máis importante que a técnica no proceso creativo; poden usar a voz; non hai regras de calzado (descalzo, con zapatillas...); intérpretes polivalentes; temas actuais e cotiás;  incorporan ao público e poden ter público casual; libre interpretación da obra por parte do publico; negan o escenario tradicional, utilizan espazos abertos: muros, escaleiras, ruas, xardins, escenarios flotantes, etc.; alguns utilizan bailarins non adestrados.

CODIFICACIÓN: A danza contemporánea enfatiza o proceso da composición sobre a técnica. De feito, non se precisa un adestramento técnico para expresar a danza como arte. Na práctica vemos isto na profusión de espectáculos de danza na que participan discapacitados.

A danza contemporánea actual é moi diversa. Pode ser abstracta ou narrativa. Pode expresar emocions ou non. Pódese bailar con música ou sen música. Pode utilizar calquera tipo de música. A música pode ser un elemento ritmicamente independente do baile.

Pode ser tamén un espectáculo híbrido (video, son, textual, etc.). E tamén pode ser so danza.

ESPAZO: Podemos ver danza nun museo como unha peza de arte (e non como unha presentación escénica). Tamén se verifica na rúa, ou nunha fábrica. Ou nun sitio específico, de maneira que esa danza so pode existir alí. 

POR QUE? (CONTEXTO HCO.)

Crise política e social do capitalismo. Necesidade de representar artísticamente a loita de clases e a oposición á burguesía.

Compromisos ideolóxicos contra a “clase dominante” e as “élites”.

Amor e paz. Contracultura e rexeitamento ao establecido.

Historia da Danza Moderna

Estados Unidos están considerados como a patria da danza moderna, pois é nese país onde aparecen as primeiras bailarinas que usan o seu corpo dunha maneira completamente distinta á regulada polo ballet clasicista.  

Europa, onde a tradición do ballet está moito máis arraizada, tarda algo máis en producir as súas propias bailarinas, aínda que dispensa unha excelente acollida ás pioneiras americanas. Partindo da distinción entre estes dous focos, o americano e o europeo, faremos unha proposta de clasificación da danza moderna.

EEUU: As pioneiras da danza moderna son dúas mulleres norteamericanas: Isadora Duncan e Ruth St.Denis. Para elas a danza é un reflexo do que queren expresar intensamente co seu corpo, sen preocuparse de consideracións de orde técnico ou estético, son bailarinas libres xa que se alonxan a mantenta dos principios inmutables da técnica clásica. A estas duas pioneiras podemos unir dous americanos máis: Loie Fuller e Ted Shawn.

EUROPA: Pero antes de estudar ás bailarinas pioneiras é preciso deterse nos teóricos e pedagogos: Delsarte, Dalcroze e Laban, tres teóricos do movemento, que son considerados os verdadeiros inspiradores da danza moderna, que son contemporáneos das pioneiras e das fundadoras da danza moderna.

[isto non é danza moderna] EUROPA: Os Ballets Rusos de Diaghilev. Supoñerán un xiro wagneriano no ballet, xa que o seu promotor, Diaghilev, propón un espectáculo total. Tamén dentro dos ballets rusos, Nijinski  revolucionou o ballet clásico, xa que era un bailarín educado na máis estricta tradición dos Ballets Imperiais, que, non obstante, reducirá á coreografía a camiñar, en sintonía coas tendencias da danza moderna.

EEUU: As fundadoras da danza moderna serán as da xeración procedente da Denishawn á que pertencen Martha Graham, Doris Humphrey e José Limón. Atopan a súa propia linguaxe motivada polos problemas sociais do mundo que lles rodea. As súas danzas pouco e pouco vanse convertendo en auténticos berros de protesta.

EUROPA: Danza expresionista alemana. Mary Wigman, Kurt Loos

EEUU: A danza contemporánea xurde da man de Merce Cunningham, Paul Taylor, Alwin Nikolais ou Murray Louis. Procura dun espectáculo totalizador, teatral no que, de forma cohesionada e equilibrada, se mesturan e relacionan a acrobacia, o ballet, a danza moderna, o jazz,  etc. 

EUROPA: Pina Bausch

...

É preciso recordar que esta é unha clasificación realizada con fins didácticos. Na realidade todos estes creadores foron máis ou menos contemporáneos e estaban relacionados entre si. Por exemplo:

DALCROZE: Promove a Escola e o Festival de Hellerau (Alemania) entre 1911 e 1913. En 1914 rematará coa chegada da Primeira Guerra Mundial. Dalcroze, coa colaboración do escenógrafo Adolphe Appia, aplicou os principios eurítmicos á escenificación. Público asistente: Max Reinhardt, Sergei Diaghilev, Rudolf von Laban, Nijinski, Ana Paulova. Despois de 1914, Dalcroze tivo que trasladar a súa escola a Viena, onde permaneceu ata a súa morte. Entre os estudantes que frecuentaron ese centro educativo figuran Mary Wigman. Nijinski aplicou os métodos dalcrozianos ao seu traballo cos Ballets Rusos a partir de 1913.

Martha Graham (EEUU) coñecía a danza expresionista que desenvolve en Alemania Mary Wigman e hai unha influencia explícita nela do vestiario e a percusión que utilizaba a bailarina alemana.

E o mesmo podemos dicir de Duncan e Fuller, americanas que desenvolven a súa carreira en Europa relacionándose cos teóricos da danza e do teatro do momento, e de tantas outras.

Prácticas de estilos