O romance de dona Eusenda interpretado cun títere de luva

Introducción a títeres e obxectos

Noción e fronteiras dos títeres

Como isto é unha páxina sobre as artes do espectáculo, hai unha serie de tópicos que sempre se repiten: Noción (desa arte en concreto), trazos distintivos, trazos característicos, técnicas, tipoloxía e fronteiras con outras artes do espectáculo.

No caso do teatro de títeres e obxectos, a noción é doada de entender se atendemos ao seu trazo distintivo fundamental: Sería "a arte de dar vida ao inanimado”, como a definen na Enciclopedia Mundial del Arte de la Marioneta.

Os títeres e obxectos son fronteira con todas as artes do espectáculo, e contaminan e déixanse contaminar por todas elas como veremos a continuación.

Respecto do teatro, o títere é, paradoxalmente, máis teatral que o teatro porque apela máis á nosa imaxinación. O teatro de títeres e obxectos é unha disciplina básica para o actor: conceptos como a Supermarioneta de Gordon Craig son difíciles de entender se non se coñece o mundo dos títeres (concretamente dos orientais). E o traballo de máscara, a comedia física, e a técnica de mimo son asimilables á técnica de títeres. Por último, os obxectos que aparecen en calquera escena de teatro teñen unha carga simbólica moito máis poderosa que na vida cotiá, e por tanto merecen ter un peso e unha presenza extracotiá.

Ópera e títeres

A ópera con títeres xurde ao pouco de nacer a ópera. Se a primeira ópera é en1607 o Orfeo de Monteverdi, en 1647 xa teremos un Orfeo para títeres de Luigi Rossi. A ópera para títeres sigue existindo hoxendía, materializada en diferentes técnicas: sombras, teatro de papel, fíos, etc. Neste video, temos Madam Butterfly con ténica de bunraku.

Variedades e títeres

A particularidade das variedades é que son números breves que necesariamente deben asombrar e amosar a habilidade do executante. Por iso trunfaron sempre neste xénero as marionetas de truco, que por medio de mecanismos poden cambiar de sexo de súpeto ou cuspir lume (pensemos nos xoguetes Transformers). Pero hai todo tipo de marionetas no cabaret. Un tipo moi específico do cabaret son os bonecos de ventrilocuo.

Danza e títeres

Unha cousa que fan moi ben os títeres é bailar, ata o punto de que hai títeres que están especializados niso como os títeres de plancha, os de vara e moitos dos títeres da India. Bailan tradicional (por exemplo, os títeres de Santo Aleixo), rock, ballet e todo tipo de xéneros con todo tipo de técnicas.

Teatro de rúa e títeres

Hai centos de videos en internet sobre actuacións de títeres na rua. Un tipo de títere moi específico da rúa son os títeres xigantes como os de Bread and Puppet ou os de Royal de Luxe, porque so se poden manipular en espazos moi grandes.

Ritos e celebracións

A palabra marionette ten a súa orixe nas bonecas articuladas que servían para vestir santos nas Igrexas. Hai infinidade de titeres asociados a ritos e celebracións en todos os continentes e en todo tipo de relixións ou ritos sagrados ou profanos. Sen ir máis lonxe os xigantes e cabezudos. Neste video vemos aos títeres de Myanmar facendo as ofrendas rituais antes de que comece o espectáculo.

Circo

Un clásico dos títeres é o tema do circo, xa que con títeres se poden facer as acrobacias e exercicios máis inverosímiles. En Galicia o espectáculo máis vello aínda en repertorio é o Titiricircus de Tanxarina. No video temos un circo que non maltrata aos animais

Multimedia

Espetáculo de Marcelo Lafontana em co-produção com o Teatro Nacional São João. Relata as “muitas e muito estranhas coisas que viu & ouviu” em “muitos reinos & senhorios das partes Orientais”, num livro a que deu o nome de Peregrinação,

Num palco transformado em estúdio de cinema, as imagens são recolhidas por um sistema informático que promove o seu tratamento, mistura e inserção de efeitos especiais, tudo em tempo real. O resultado final é projetado numa tela.

Teatro Musical

Ademais de Avenue Q, do que achegamos video, hai moitos éxitos do Teatro Musical en títeres, como o dramático e multipremiado War Horse, o clásico A Pequena Tenda dos Horrores, O Rei León, etc.

Poderiamos seguir enumerando a presenza dos títeres e obxectos en todo tipo de espectáculos como o clown, o ilusionismo (o turco axedrecista), o teatro contemporáneo (Matarile), a danza contemporánea (Blanca Li) ou en fenómenos asociados ao espectáculo, como a televisión (os muppets), o cine, a divulgación científica, o teatro aplicado, etc.

Aos títeres en Oriente dedicámoslles un apartado específico.

Orixes dos títeres

As teorías sobre as orixes das Artes do Espectáculo adoitan converxer nunha serie de tópicos: No caso dos títeres hai quen di que aparecen en primeiro lugar na India e daí viaxaron a Grecia (Richard Pischel mesmo afirma que os xitanos foron os que difundiron esta arte desde a India ao resto do mundo); ou ben a hipótese contraria de que xurden en Grecia e viaxan á India (Hermann Reich e Berthold Laufer); que están vinculados a ritos e cerimonias relixiosas; que teñen a mesma orixe que o teatro de actores, etc.

Na nosa opinión son todas hipóteses sesgadas sen demasiado fundamento.

  • O espectáculo (danza, mímese, música, habilidades físicas realizadas coa intención de ser mostradas aos demais) xa está en esencia en boa parte dos seres vivos, que espectacularizan as súas vidas por unha necesidade funcional de aparearse, de meter medo, de pasaren desapercibidos, de facerse pasar polo que non son, de dominio sobre os seus iguais, de adestrar aos seus cachorros, etc.

  • Ademais dunha necesidade funcional, o espectáculo xurde nos animais por xogo gratuito, por unha necesidade de diversión lúdica.

  • A idea de que o espectáculo xurde dunha civilización superior (India, Grecia) semella baseada nunha xerarquización e supremacismo das culturas. A evidencia é que a espectacularización existe en todas as culturas.

  • A idea de que primeiro xurde no ámbito relixioso e despois no lúdico é simplemente un prexuízo, probablemente porque quen establece esas teorías desexa darlle un aire serio á súa investigación, e o xogo e a diversión non se consideran tan dignos e importantes coma o rito.

  • O mesmo podemos dicir da idea de que os títeres teñen a mesma orixe que o teatro de actores. Persoalmente inclínome a pensar que primeiro xurde a simbolización do obxecto, e posteriormente a encarnación, ou sexa, o xogo consistente na convención de que unha persoa (o actor) é outra (o personaxe). Este último paréceme un proceso máis complexo.

  • A simbolización é o que marca a diferenza entre o ser humano e o resto dos seres vivos na manipulación de obxectos. Nada nos fai pensar que o primeiro títere se crea para reemprazar a deuses. Máis ben ao contrario: cabe pensar que primeiro xurdiu a simbolización, e posteriormente o sentimento relixioso. O emprego de obxectos (unha pedra, un anaco de madeira) para reemprazar a seres humanos podería ser a verdadeira orixe dos títeres.

  • A segregación entre espectáculo relixioso e espectáculo profano (que sería o espectáculo propiamente dito) é binaria e restritiva, debido a que se establece o criterio en base á variable da relixión. En realidade, cando falamos de espectáculo estamos a falar de sociedade (sobre todo), de política, de economía, de poder, de sexo ou de familia.

  • A idea de que no inicio estivo o sentimento relixioso, e que segregándose do mesmo evoluiron ata convertérense nas artes do espectáculo, leva aparellada outra: a de que so podemos chamar teatro, ou danza ou títeres a aqueles espectáculos que non forman parte dun rito relixioso. Excluimos desta maneira a todas as artes do espectáculo orientais, que teñen unha historia e unha riqueza idéntica ás occidentais (e ás africanas, precolombinas, etc.) Aparentemente é unha idea etnocéntrica.

  • Xogo, simbolización, funcionalidade son aspectos máis importantes, ao noso modo de ver, que a clasificación binaria entre o sagrado e o profano na hora de falarmos das orixes das artes do espectáculo.


A nivel anecdótico recollemos aquí noticia sobre a hipótese do títere máis antigo (26.000 anos): https://prehistorialdia.blogspot.com/2013/02/la-marioneta-de-marfil-de-brno-moravia.html

Distribución xeográfica e fontes documentais

Existen títeres en todo o mundo, e existiron títeres en todas as épocas desde que temos referencias históricas. Isto é unha das cousas que máis sorprende en relación aos títeres, a súa homoxénea distribución global e a súa presenza tamén global ao longo da historia.

Particularmente non penso que nisto os títeres sexan moi diferente a outras artes coma a danza. A cuestión radica en qué danza ou que títeres estamos dispostos a considerar como artes do espectáculo.

Convencionalmente, na Historia das Artes do Espectáculo estúdase a danza clásica (ballet) e a danza moderna e contemporánea. Isto limita o campo de estudo a Occidente, e so desde unha perspectiva neocolonial se estuda a danza oriental, precolombina ou africana, así como a danza tradicional europea. A danza moderna é un caso moi claro de apropiación cultural, xa que, en orixe, consistiu na descuberta e asimilación no século XX das danzas exóticas por parte dos occidentais.

Nas marionetas non se da ese caso. Os títeres vinculados á alta cultura se integran na historia xeral dos títeres, así como se considera que os subtipos occidentais están en igualdade de condicións co resto do mundo. Non hai ningunha xerarquización entre eles, probablemente porque é un tipo de espectáculo á que a academia e o poder non lle concederon demasiada atención. Os que se preocupan pola sua historia e pola investigación son principalmente os propios titiriteiros, como podemos apreciar a pouco que indaguemos.

Como exemplo disto, ofrecemos aquí o enlace a senllas exposicións de títeres africanos e chineses aos que podemos acceder os galegos, pero non a través dunha institución, senón das coleccións privadas da compañia de Títeres de Santiago Cachirulo: http://www.titerescachirulo.com/gl/china-y-su-entorno/ e http://www.titerescachirulo.com/gl/titeres-de-africa/ . Da mesma maneira, a compañía Viravolta de Lalín impulsou a creación do Museo Galego da Marioneta, a partir de fondos propios e cedidos, un museo que pechou en 2019 por falta de apoio institucional.

Outro exemplo de fontes documentais auspiciadas polos propios titiriteiros é a completísima Enciclopedia Mundial da Arte da Marioneta, promovida por UNIMA (Unión Internacional da Marioneta) que é a organización teatral internacional máis antiga do mundo. Nela encontramos a presenza dos títeres tanto nos inuit coma e Azerbaián, tanto no Congo coma no Himalaia. E podemos ver que o grao de complexidade non está en relación a ningunha xerarquía de progreso ou civilización.

Por último, outras fontes documentais en español promovidas polos propios profesionais son a revista Titeresante, o blog Rutas de Polichinela, ou a web educativa Titerenet, ademais da web en galego dedicada ao títere de cachaporra Barriga Verde.

A nivel institucional é importante a web do Museo de Tolosa, tamén promovido por UNIMA. En francés, italiano e inglés atopamos moita máis documentación procedente tanto de institucións como de particulares.

Os títeres africanos son moi interesantes, aínda que, por tratarse dunha rexión de tradición oral segue sendo imposible redactar unha historia do títere en África. Non obstante, nunha búsqueda rápida por internet podemos atopar infinidade de títeres africanos manipulados coas máis diversas técnicas.

Oficio de titiriteiro (Ángel Calvente)

Reportaxe interesante para velo enteiro, da serie Los oficios de la Cultura (RTVE). Dedicado á compañía sevillana El espejo negro

Performance

Creación de Basil Twist, de Nova Iorque e formado en Francia, que forma parte da terceira xeneración dunha dinastía de titiriteiros. Entre outras cousas, dirixiu ópera e musicais para títeres.

Teatro e títeres

War Horse, no National Theatre de Londres.

Story of courage, loyalty and friendship, about a young boy called Albert and his horse Joey, set against the backdrop of the First World War is the most successful play in the National Theatre's history.

A respiración do títere

Este video é dos mesmos creadores dos títeres-cabalos de War Horse, a compañía sudafricana Handspring Puppet Company. Nel vese a importancia da respiración no títere. Pódese apreciar a técnica nos cabalos neste video.