Cabaret e Variedades

"Otro Mundo" (1987) co artista de cabaret Norberto di Giorno 

Orixes das Variedades

Vaudeville: aclaración terminolóxica

Este termo designa dúas artes do espectáculo ben diferentes, o cal pode dar lugar a confusión.

Por un lado, o vaudeville ou vodevil (castelanización de vaudeville) designa un xénero americano do século XIX equivalente ao music hall inglés ou o cabaret francés, que é un contedor de pequenos números de variedades, circo, ventriloquía, danza, ilusionismo, etc.

Por outro lado, designa un xénero teatral francés, tamén do século XIX, que constitúe unha peza teatral en si mesma.  Caracterízase pola existencia de constantes xiros dramáticos de tipo picante. O tema habitual é o adulterio, con tres personaxes esenciais que son o marido, a muller e o amante, que acabará entrando nun armario cando chegue o marido. Son moi características deste xénero as portas que se abren e pechan rápida e sucesivamente, nun ritmo frenético, e a famosa frase "Ceo santo, o meu home!" 

Como este tema trata das variedades non tocaremos esta segunda acepción do termo.

Atopamos este mesmo problema de polisemia noutros xéneros das artes do espectáculo: Verémolo máis adiante co termo Burlesque, por exemplo.

O Vaudeville ten a súa orixe no Medicine show. "A tropa do doutor MIlagre" parodia aquel tipo de shows científicos de feira. Tamén a commedia dell'arte ten a súa orixe na feira.

A espectacularización da venda na rúa segue existindo hoxe en día. En Istambul fano cos xeados 

Vaudeville was a unique blend of live theatrical acts and performances which served as a major source of American Entertainment from the early 1880s to the early 1930s.

Neste video podemos ver como Buster Keaton, que procedía do circuito do vaudeville (como Chaplin, os Irmáns Marx, etc.) utiliza os mesmos recursos nun e noutro medio

Music-Hall inglés. Unha das súas características son as peciñas cómicas ou dramáticas. Encántame o número do min 3:56 

Un dos trazos distintivos do cabaret francés son os chansonniers, que interpretan cancións e monólogos satíricos sobre a actualidade política. Neste video temos a Georges Brassens, pero hai moitos máis, todos moi interesantes

A revista española (como a portuguesa) procede da revue francesa. Aqui temos a Apoteose final con configuración plena, a escaleira, a supervedette, etc. Sobre Revista arxentina ten unha web Roberto Leal (que traballa en Matarile e noutras produccións)

O Café-teatro (café concert, café chantant) é similar ao music-hall inglés, cos seus sketchs cómicos ou dramáticos. Tivo un revival en España nos '70 en forma de café literario- político. 

Diferenzas entre Music-hall, Cabaret e Revista

- Music-hall (variedades en Inglaterra. No hall dos bares. Baile, canto, comedia e drama)

- Cabaret (variedades en Francia. Can-can, chansoniers, travestis…) temática sexual, cabaret quer dizer taberna. Hai un cabaret máis erótico (Moulin Rouge, Follies Bergere) e outro máis crítico e social (Le chat Noir)

- Revue musical (revista): pouco argumento. Os diálogos serven para dar pe a unha canción. Carga erótica y simplicidade dramática. Como na opereta e o musical, fusiona música, baile e textos sen fío argumental. Dos tres é o xénero que trunfará en España, Portugal, Italia e hispanoamérica. Xurde cos irmáns Cogniard (1841)  e coa súa obra 1841 et 1941: Aujourd'hui et dans cent ans. En España, dentro deste xénero, temos 1864-1865 de José María Gutierrez de Alba, con personaxes alegóricos como A Lotería, O Crime, O ano 1864 ou O ano 1865. A revista era nas súas orixes unha especie de Apropósito político-social encol do acontecido no ano, a través de diálogos e números musicais lixeiros e picarescos. Posteriormente tomará elementos do vodevil, do music-hall e do cabaret, derivando cara o carácter picaresco, sensual e satírico. Da opereta, tomará o aspecto musical, os decorados e a aparición da figura dunha diva, encarnada nas vedettes.

Tipos de vedettes: Nunha revista pode haber varias vedettes: a principal é a Supervedette ou Primeira vedette, que pode ir acompañada dunha segunda e terceira vedette. Tamén pode haber unha vedette cómica ou “antivedette” como Lina Morgan. Tiples, vicetiples e soubrettes compoñen máis subtipos de actrices/cantantes. A tiple cómica é unha figura que procede do xénero chico, e que se caracteriza pola súa voz moi aguda. As “segundas tiples”, “vicetiples” ou "chicas de conjunto", tamén chamadas coristas, bataclanas ou suripantas, constitúen o corpo de baile femenino que acompaña á vedette. As soubrettes son una especie de “vedette” pero cun timbre e tesitura máis grave. De homes, temos os Cómicos, galanes e boys. Os cómicos (Emilio Laguna, por exemplo) deben ser capaces de improvisar para entreter ao espectador mentres os tremoias preparan o seguinte cadro. Os galáns, altos, fortes e intelixentes, contrastan cos tipos cómicos e bufos. Os boys -o mesmo que as vicetiples- deben ser altos, guapos, sen barba, elegantes e bos bailaríns e non importa que non sexan bos cantantes. Ademais dos anteriores, podía haber un primeiro actor, unha primeira actriz, actor e actriz cómicos, actores característicos (secundarios), unha parella de baile, un galán chansonnier, un galán cómico...

Algunhas vedettes faránse empresarias, como Celia Gámez. A plantilla mínima dunha compañía de revista era de oito actrices e nove actores, máis dous meritorios (home e muller).

Estas distincións son moi matizables, xa que, como sempre, as fronteiras son borrosas. En calquera caso todos estes xéneros, o mesmo que o Vaudeville americano teñen a súa orixe en Francia. E podemos dicir que o can-can e os chansoniers son característicos do cabaret francés.

Café-teatro, por Patrice Pavis

Por imperativos espaciales, se basa en la interpretación, con frecuencia de perfil cómico.

Las piezas suelen ser breves (una hora como máximo), satíricas, y a veces poéticas.

Los efectos, tramoya y atrezzo son sustituidos por las habilidades de los actores.

Se han visto favorecidos por la crisis del teatro comercial y el paro de sus profesionales.

Recuperación y desarrollo del monólogo (cómico o absurdo).

Su ámbito no oficialista ha servido en ocasiones para la proyección artística o social de grupos marginados y la afirmación de discursos de contexto reivindicativo (homosexualidad, feminismo, racismo, etc.)

Burlesque, extravaganza, pantomima inglesa, neo-burlesque

O Burlesque designa a día de hoxe a espectáculos maioritariamente de strip tease cun actuante ou pouco máis. Sen escenografía nin grandes medios de produción

Pero en principio era un xénero grotesco e irónico, non específicamente erótico. Había grande aparate escénico e ata 200 actores e actrices en escena. O burlesque victoriano, tamén coñecido como travesty ou extravaganza era unha especie de parodia da ópera. Deriva da pantomima inglesa. 

A pantomima inglesa caracterízabase pola inversión de xénero e os seus personaxes fixos. Podemos ver algunha das sús formas actualizadas nos sketchs dos Monty Pithon.

Como dixemos, evolucionará na extravaganza, un xénero que utilizará moitos recursos espectaculares. Peter Pan era un tipo de espectáculo asimilable á extravaganza.

Contemporáneamente existe o neo-burlesque Neo-burlesque, no que o corpo se presenta como espectaculo subversivo. 

Os trazos característicos a todos estes fenómenos é o crossddressing e a parodia, así como como o seu carácter británico e anglosaxón.

Enlace a Burlesque nesta mesma web

Burlesque, cabaret francés e alemán

ENLACES:

James Planché (1796 – 1880) Autor de 176 pezas de extravaganza, farsa, comedia, burlesque, melodrama e opera.   

Na wikipedia: https://en.wikipedia.org/wiki/James_Planch%C3%A9#Extravaganzas_and_revues 

Web dedicada a él: http://www-personal.umd.umich.edu/~nainjaun/#Contents 

Espectáculos eróticos. Modalidades, terminoloxía e conceptos


Variedades en Galicia

O Teatro de Variedades en Galicia (1770-1919)

Polos documentos que xuntamos máis abaixo, sabemos da existencia dun Teatro de Variedades en 1770 na Coruña, no que hoxe é a Praza do Humor.

Outras noticias deses mesmos documentos:

No Teatro-Circo Pardo Bazán (1903) celebráronse moitas funcións, de cine mudo, teatrais, de cantantes e variedades. Unha das actuacións más sonadas foi a do profesor Rakú, mago del jiu-jitsu, que retaba aos espectadores a que o tumbasen.  (https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2004/10/16/aquellos-teatros-desaparecidos/0003_3118947.htm )

teatros e cabarets en coruña

Unha das fontes documentais máis importantes na HIstoria das Artes dos Espectáculos son os edificios teatrais. Aqui temos unha investigación realizada polo arquitecto J. R. Soraluce Blond que achega noticias sobre o Teatro de Variedades en Galicia

Arquitectura efímera lúdica LUCÍA VILLASUSO.pdf

Esta é unha parte da tese da doutora en Historia da Arte Lucía M. Villasuso. A través da arquitectura recabamos noticias sobre o Teatro de Variedades en Galicia, así como de outro tipo de espectáculos.

Na fotografía, o Pabellón Lino

Espectáculo homenaxe ao Pavillón Lino, de Caramuxo Teatro 

A Xeneración das Ultranoites

O contexto das Ultranoites  e da NASA

(Material tirado do traballo O cabaret en Galicia. As Ultranoites, da ex-alumna Carmela González García) 

Para comprender por que nacen as Ultranoites e toda a actividade derivada e  relacionada con elas primeiro hai que analizar o contexto social e cultural no que xorden. 

Na década dos 90 prodúcese unha renovación cultural en Galicia que ten orixe na cidade de Compostela, a única cidade galega con universidade, e que aglutinaba a todo o estudantado de Galicia.

Por outra banda, cabe analizar a influencia política de Xerardo Estévez, alcalde de Santiago entre o 83 e o 98. Tanto el coma membros do seu equipo asistían ao teatro e concertos con regularidade, e logrou que no ano 2000 Santiago fose nomeada Capital  Europea da Cultura. Noutra escala, xa a nivel estatal, a década dos 90 é o momento das Olimpiadas de Barcelona e a Expo de Sevilla (ambas en 1992) e do ano Xacobeo (1993). 

Nestas condicións consolídanse compañías teatrais que xurdiran a finais dos '80, e dúas delas, Matarile e Chévere, van abrir as súas propias salas de teatro, a Sala Galán e a Sala Nasa respectivamente. 

O Grupo Chévere estaba formado por xente de teatro, da música, das artes plásticas, do activismo cultural... era un grupo moi heteroxéneo, que acaban abrindo a Sala Nasa pola necesidade de teren un espazo propio. Estivo aberta dende o 1992 ata que no 2013 tiveron que deixala debido ao acoso do alcalde da cidade nese momento, Conde Roa, que durará so uns meses no cargo, inhabilitado por delito fiscal. Conde Roa denunciara á NASA por por terrorismo ante a Audiencia Nacional, que desestimou a denuncia conforme a recibiu.

A programación da Nasa era tan heteroxénea coma Chévere, sobre todo de teatro e música de  estilos moi diversos: foi a primeira sala galega na que houbo flamenco de maneira habitual, gravábannse discos de rock, celebrábase o Festival Ópera de Peto, etc. Pero tamén de performance, teatro familiar, títeres, circo (instalouse un trapecio na Sala e programábase circo con regularidade) ou de danza, en colaboración coa Sala Galán de Matarile. Xesús Ron afirma que Chévere abriu a NASA con vontade de activismo cultural, e non para crear arte. 

Qué eran as Ultranoites?

Foron unha maneira de reinventar o cabaret á galega, substituíndo as plumas por unha estética perralleira, cunha grande crítica política e social e cun estilo propio "bufonesco e irreverente, dunha época que marcou o paso do século XX ao XXI" (Máis alá da Ultranoite, páxina 2). 

Mesturaban xéneros indistintamente, xa que como afirma XRon "na Ultranoite había de todo menos pureza". As mesas estaban dispostas ao estilo cabaret, e o público podía beber e fumar mentres vía o espectáculo. Nas Ultranoites participaba un grupo de xente máis ou menos fixo, que estruturaban o show, asignando un presentador e decidindo a orde dos espectáculos. As Ultranoites podían durar dende unha hora, ata toda a noite,  pero o habitual era que non se pasase de tres horas. Facíase unha Ultranoite cada mes, e non era doado conseguir entrada. Houbo Ultranoites temática como as Ultranoites as tres B (Borroughs, Brecht e Brossa), e moitas outras.

Na Ultranoite podía actuar calquera que quixese e tivese unha proposta. Serviu en gran medida como laboratorio de probas. Non había unha selección das pezas, e a maioría das veces os espectáculos se ensaiaban na propia Ultranoite. Aí reside o espírito da Ultranoite, era un espectáculo perralleiro, de usar e tirar, feito por e para o público. 

Musicalmente, houbo diferentes bandas ao servizo da Ultranoite. A primeira foi a Banda da Nasa, e máis adiante chegou a Ultra Banda. O seu labor era acompañar musicalmente os números nos que llo pedisen. As Bandas chegaron a ter os seus propios espectáculos dentro da Ultranoite. 

Os Magical Brothers (Goldi e Luis Tosar) facían números de maxia cómicos en inglés gramelot, o circo incorporouse cunha nova xeración que seis anos despois montarían Pistacatro, houbo danza, poesía, cine, banda deseñada e performance. 

As Ultranoites tamén reflectían a preocupación social e política do momento, e houbo Ultranoites en reacción á catástrofe do Prestige, como protesta á lei antitabaco, ou sobre o cambio climático. 

Para Miguel de Lira, a Ultranoite foi un pouco escola porque aglutinaba dende xente que nunca fixera nada  e un día probaba ata xente xa profesional que chegaba de fóra, e serviu para que se coñecesen entre eles, pois o camerín da Nasa era coma o patio do recreo desa escola, o lugar onde se atopaban, falaban e comezaban novos proxectos (Xesús Ron). 

Documentación sobre as Ultranoites

No seu traballo conclúe Carmela González que lle parece "entre curioso e triste que non exista documentación en internet sobre a historia do teatro galego". 

No seu caso, Carmela tirou do canal redenasa.tv e dos libros recopilatorios editados polo propio grupo Chévere, así como de entrevistas persoais a XRon, Miguel de Lira e Santi Prego.

Oración ao Apóstolo na Ultranoite Peregrina, por Roberto Vidal Bolaño 

O Apóstolo Santiago adoitaba asistir ás Ultranoites. 

En 2018 O Apóstolo leu o Pregón do Antroido e Carlos Santiago foi denunciado ante o xuiz

 

Mofa e Befa, que xurdiron da Ultranoite. Neste video os ciganos indepes galegos cantam a Rosalia

A Xeneración da ESAD

A ESAD de Galicia abriu as súas portas o ano 2005, sendo a única escola oficial de teatro de Galicia. Algunhas das ex-alumnas dedícanse ao cabaret e burlesque. Outros traballan en Teatro Musical.

Miss Lacé (estudou na ESAD-Galicia) nun streap tease no Cristian Music-Hall de Samil

Niko Elsker (estudou na ESAD-Galicia)  na Mostra Internacional dragkingqueer 

Cabaret comercial

Nelson Quinteiro Producciones

Productora artística especializada en servizos de comunicación corporativa, street marketing e animación, danza e teatro na rúa. 

Cristian de Samil

Un espectáculo de tranformismo y humor. 

Obradoiro de Cabaret

Clown: Todo é novo. Sabe facer todo. A participación, a inmediatez, o xogo. Todo vai cara o público.

Bufón: Traballar a actitude ambigua (os homes camiñan como mulleres, e viceversa). Imitar os andares. Parodiar os andares.


Números:

- De inicio e final: atraer a atención, arenga, descarga, facer sala, charivari, parada.

- Parodia de xéneros: de posdrama, do ballet, etc.

- Chanson coa letra cambiada que conta unha historia (tamén fado, cuplé, etc.)

- Coreografías sobre playbacks: Pode ser en plan musical con baile, pode ser en solitario, tipo melodrama de Camilo Sesto ou de Mina, etc

- O mundo da marxinalidade, das putas e ionquis, etc.

- Parodia de ilustres: do Presidente dos EEUU, do alcalde de Vigo, etc.

- El Jueves: Befa dos guapos, dos ricos, do Rei, do Papa, do Juez, do coronel, etc.

- Variedades: Titeres, obxectos, sombras, sketch, poesía, pantomima, monólogos, performance, mentalismo, adivinacion, ilusionismo, etc.

- Crossdressing: O choqueiro. Homes vestidos choqueiramente de muller e viceversa. Ou ben ambiguos; ou ben metade home e metade muller; moi sexualizados.

- Striptease: Dixéronme que che gusta exhibirte. Encandilar, espera e verás.

- Xogos co público, facer sala, provocación, insultos

- Música ao vivo para comezar, para acompañar, para salientar, para os enganches entre numeros.

- Enganches e ligazóns entre números.

Norberto di Giorno

Norberto di Giorno e Ángel Burgos impartiron cursos de cabaret en Galicia a finais dos '80 e principios dos '90. Baixo a súa influencia crearon espectáculos de cabaret Susana Dans, a Compañia Marías (María Pujalte e María Bouzas), Marta Pazos (que sería despois directora de Voadora), e outras.

Ese é o motivo de que Norberto e eu aparezamos na fotografía do principio desta páxina. Ese, e que é meu amigo e mestre.