Teatro Aplicado

Esquema de Tomás Motos, en https://www.postgradoteatroeducacion.com/master-en-teatro-aplicado/ 

Introdución ao Teatro Aplicado por Tomás Motos neste enlace

[Completar este tema co ppt Boal, que está na carpeta teorias teatrais/plani/2º cuad]

Trazos do TA: Hibridación, intencionalidade e alteridade no TA

(En Tomás Motos, Domingo Ferrandis: Teatro aplicado. Teatro del oprimido, teatro playback, dramaterapia. Ed. Octaedro, 2015)

Hibridación e interdisciplinariedade

O teatro na educación, teatro popular, teatro do oprimido, teatro na educación para a saude, teatro para o desenvolvemento, teatro en prisions, teatro comunitario, teatro museo, etc. Todas estas formas e algunhas máis tiran proveito da investigación en filosofía, en ciencias sociais, en xeografía humana, en educación, en psicoloxía, en socioloxía e antropoloxía. 

Intencionalidade

A súa intención é influir na actividade humana para formular asuntos e problemas que a comunidade precisa resolver. En todas as épocas houbo xente interesada no poder do teatro para influir no comportamento humano. Algunhas destas preocupacións na actualidade serían: a identidade, a nación, interculturalidade, sexualidade, corpo, ciudade, globalización, dereitos humanos, ética, política, inmigración, ecoloxía...

Alteridade

Alteridade no sentido de vocación de iren máis alá da corrente dominante do teatro, cara un universo teatral receptivo e sensible á xente común, aos entornos locais e aos asuntos que lles preocupan.

[CONTROVERSIA

A práctica teatral do grupo Animalario (Javier Gutiérrez e outros), ou de Teatro Ensalle, tamén sería Teatro Aplicado, xa que eles suscriben totalmente estes presupostos: Hibridación, intencionalidade e alteridade]

Outros trazos caracteristicos

Outros trazos distintivos que marcan máis a diferenza son, ao noso modo de ver:

TEATRO COMO ARTE vs. TEATRO APLICADO

ENFOQUE: Resultado (experiencia estética) vs. Proceso (experiencia artística)

AXENTES: Profesionais (do teatro) vs. Non-profesionais do teatro (son profesionais do ensino, psicólogos, etc.)

PRODUCCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Comercial (hai billeteira) vs. Social (non hai billeteira)

INTERESE, INTENCIÓN: Interese desinteresado do teatro como arte vs. interese explícito do TA

CUESTIÓN ARTÍSTICA (derivado do punto anterior): artístico vs. non-artístico

ALMA MATER: Aristóteles (xogo, catarse) vs. Platón (concepción moral e utilitaria)

ANTECEDENTES do TA: teatro nos colexios xesuítas, en Galicia desde 1558 cunha triple finalidade: didáctica (ensino do latín e da doctrina), moralizante e propagandística (dos políticos locais e máis da orden xesuítica); teatro medieval; ópera chinesa a partir de 1964; teatro escolar en todas as épocas; teatro político (Brecht, Piscator, o teatro na Guerra Civil española...)

En todos estes antecedentes a navalla de Ockham para reducir drásticamente a un os trazos diferenciais entre o Teatro como arte e o TA, aplícase coa cuestión da procedencia do diñeiro para producir e distribuir os espectáculos: se hai billeteira, os artistas non poderán aburrir ao seu público, e por tanto terán que acadar a excelencia, e os temas serán do seu máximo interese. Polo contrario, se non hai billeteira ou esta non é relevante, os cartos procederán íntegramente das institucións públicas, así como as propostas temáticas.

Teatro documental: Verbatim

NOTA: BUSCAR OS VIDEOS DE REFERENCIA.

Noción: verbatim significa a reproducción literal dun texto.

No verbatim como técnica teatral as palabras da persoas reais son gravadas nun proceso de investigación, ou proceden de gravacións xa existentes como as transcricións dun xuízo, como por exemplo, Ruz-Barcenas (2014), dramaturxia baseada no 2º interrogatorio do Xuiz Ruz a Luis Bárcenas, ex tesoureiro do Partido Popular, ou La Jauría (2019), Ficción documental a partir da transcripción do xuizo á Manada, ambas de Jordi Casanovas. Se cadra nestes casos haberia que falar dunha subespecie do Verbatim que é o "Teatro Tribunal".

A actriz e directora de teatro estadounidense Anna Deavere Smith montou dúas pezas verbatim a principios dos anos 90: Fires in the Mirror, sobre a crise de relacións raciais entre as comunidades negras e xudías de Brooklyn en 1991, e Twilight: Los Angeles 1992, sobre o caso de Rodney King e a violencia policial do Departamento de Policía de L.A.

Outro dramaturgo de referencia é o británico Nicholas Kent como director do Tricycle Theatre: Half the Picture (1994) examinou a investigación sobre as armas cara a Iraq, Tactical Questioning examinou a investigación sobre a morte dun home iraquí mentres estaba baixo custodia do exército británico en Iraq, e The Color of Justice examinou a investigación sobre o asasinato racista de Stephen Lawrence. Kent tamén fixo teatro sobre as detencións na baía de Guantánamo, ou sobre a participación de Gran Bretaña en Afganistán.

A metodoloxía de traballo consiste en obter os rexistros cunha gravadora de audio, para despois seleccionar os fragmentos, e transcribilos respectando as pausas, risas, toses, etc. Ou sexa, aprendendo o texto como quen aprende unha canción: escoitando unha e outra vez o audio cos auriculares, respirando a unha persoa que se convirte en personaxe. Non se trata de imitar nin de crear, senón de encarnar á persoa real. Neste sentido, a metodoloxía de Ermel Morales sobre o proceso de memorización de textos pode ser moi útil.

O proceso do verbatim non comeza desde o textual, senón desde a voz das persoas entrevistadas: ouvindo as súas voces, os seus tons, as súas estruturas gramaticais, as melodías, onde acentúan, etc. Coma se escoitaramos música, dun xeito moi técnico. O corpo do personaxe vai aparecendo a partir da voz. 

...

VIDEO https://www.ted.com/talks/anna_deavere_smith_s_american_character#t-118216 

VIDEOS: https://thecrossborderproject.com/fiesta-fiesta-fiesta/ 


Apontamentos

Casos prácticos que coñecemos da nosa experiencia en Galicia:


Algúns enlaces

VIDEO 40 min “El Teatro Aplicado” https://www.youtube.com/watch?

https://link.springer.com/chapter/10.1057/9781137367884_5

VIDEO 30 min UNED El teatro aplicado https://canal.uned.es/video/5a6f4938b1111f4b1c8b4573, https://www.youtube.com/watch?v=Kp2AZVHDT7M 4:30 e https://www.youtube.com/watch?v=OtAKmtkO1kA), https://www.youtube.com/watch?v=6LnQR5wgdPI

BLOG E WEB DO POSGRAO https://www.postgradoteatroeducacion.com/blog/

OUTRO BLOG https://otrosescenariosparaelteatro.wordpress.com/

YESES:http://www.rtve.es/alacarta/videos/otros-documentales/otros-documentales-yeses/5052659/?

fbclid=IwAR03CDgINALC1tS8-8PGBNcUZBnhMIrSXMRoT_Zdb2-35Nf5FMzmgrgmrUQ


VIDEO 40 min “El Teatro Aplicado” https://www.youtube.com/watch?

VIDEO 30 min UNED El teatro aplicado https://canal.uned.es/video/5a6f4938b1111f4b1c8b4573

BLOG E WEB DO POSGRAO https://www.postgradoteatroeducacion.com/blog/

OUTRO BLOG https://otrosescenariosparaelteatro.wordpress.com/

YESES:http://www.rtve.es/alacarta/videos/otros-documentales/otros-documentales-yeses/5052659/?

fbclid=IwAR03CDgINALC1tS8-8PGBNcUZBnhMIrSXMRoT_Zdb2-35Nf5FMzmgrgmrUQ