6. Opereta

Noción

"Operetta" é o diminutivo italiano de ópera e utilizouse orixinalmente para describir unha obra máis curta e menos ambiciosa que unha ópera. É máis lixeira que a ópera en canto á súa música, tamaño da orquestra e duración da obra. O carácter é as veces divertido, ás veces tamén satírico, e no caso da opereta vienesa é sentimental e romántico. 

Supuxo unha alternativa accesible á ópera, non tanto para un publico popular como para un publico variado. Nace a mediados do século XIX en París, e desenvolveranse moitos estilos nacionais de opereta, dos que os máis significativos son a de Viena e a de Londres. A composición de operetas desaparece na década de 1930, dando paso ao teatro musical moderno.

Jacques Offenbach foi quen acuñou o termo “opereta” en 1856 e foi imitado por Johann Strauss fillo, Arthur Sullivan e Franz Lehár, entre outros. Offenbach dicía que pretendía “remediar a estupidez da vida, darlle respiro á razón y estimular a actividade mental”. 

Ten trazos comúns coa ópera buffa francesa (a orixe da opereta reside en que Offenbach non foi admitido como compositor de opera buffa, e creou o seu propio estilo estreando as suas pezas no seu propio teatro), e coas obras de teatro musical de Jerome Kern, Richard Rodgers e Stephen Sondheim. 

Tamén ten trazos comúns coa ballad opera, coa zarzuela (Doña Francisquita, La Corte del Faraón...), co singspiel, coa commedia dellàrte e co vodevil. En relación á opera comique, o adxectivo "comique" resultaba enganoso, xa que, por exemplo o dramón Carmen de Bizet (1875) é a opera comique por excelencia. O que sucedeu na época é que o termo comique estaba a designar un tipo de pezas cuxo ámbito era a vida cotiá, e no que se combinaba o cómico e o tráxico, coma en Shakespeare. De maneira que a operetta veu encher unha necesidade de óperas curtas e lixeiras.

Costa de diálogos falados, cancións e bailes como o rigodón, o cancan ou o vals.

Os franceses entenden opereta por extensión, sendo un termo que inclúe prácticamente todo o teatro musical que se crea a partir de finais do século XIX: desde a zarzuela ou as follies de Ziegfield ata musicais como Hair ou Xesucristo Superstar.

Orfeo no Inferno

Parodia irreverente do Orfeo de Gluck. Foi a primeira opereta.

Tamén satiriza as interpretaciones rebuscadas da Comédie Française e os escándalos da sociedade e a política do momento.

CRONO (Opéra de Lyon ‐Minkowski (direccon), Pelly (mise en scène)

• 3,00 comezo. Presentación da opinión pública.

• 4.30 presentación Euridice

• 7.00 presentación Orfeo

• 9.30 venganza violinista

• 15.00 separémonos... Pero a miña reputación diante da opinión publica

Cancan

O cancán é un baile rápido e escandaloso, con movementos provocativos, patadas altas e alzamento das saias. Foi inmortalizado na ópera de Offenbach Orfeo nos Infiernos (1858).

Xurdira nos salons de baile dos traballadores de París, cara 1830, e orixinalmente era unha danza para parellas, ainda que igualmente escandalosa.

Foise espectacularizando a medida que @s bailarín@s adquirían máis habilidades. E as mulleres bailarinas fixéronse máis populares ca os homes. Na súa maioría eran prostitutas. Entre 1810 e 1946 houbo uns 180 burdeis so en París, e 1500 en toda Francia.

Na actualidade adóitase bailar nun escenario, formando unha fileira. Pero no século XIX era unha danza para bailarins individuais, que se exhibían na pista de baile. 

A Viuva Alegre

Do compositor austro‐húngaro Franz Lehár. Trata sobre unha rica viuva, e como os seus paisanos queren manter o seu diñeiro no principado encontrándolle un bo marido. Estrenada en Viena en 1905. 

É unha das obras más importantes do xénero. Supuxo un éxito internacional extraordinario desde a súa estrea, e sigue representándose con frecuencia. Nas estatísticas de Operabase é a n.º 22 das cen óperas máis representadas no mundo, e a 1.ª en Hungría.

O Barón Zeta é o embaixador do país ficticio de Pontevedre en París; Hanna Glawari é unha nova viúva incriblemente rica, tamén de Pontevedre. Para evitar que esta case cun estranxeiro e perda así a fortuna que herdou do seu defunto marido, o barón fai de celestina entre Hanna e o seu antigo amante, o Conde Danilo; así, a fortuna quedaría en Pontevedre e salvaría ao país da ruína. A trama complícase rapidamente. 

A viúva alegre non é unha obra para ser tomada en serio: Irreverente e con glamour, esta opereta é como unha festa tras outra, chea de música, baile e diversión; mesmo hai un baile de cancán! A pesar de que o destino político dunha nación enteira está en xogo, é a diversión a que nos ofrece a historia que importa.

Gilbert & Sullivan

Cando neno, Gilbert asistía adoito coa súa familia ao teatro. O seu primeiro recordo como espectador é no Teatro Haymarket, con catro anos.

En 1863 estrea a sua primeira peza breve, e a partir dese momento escribirá decenas de obras curtas, pantomimas, pequenos cadros musicais e "comedias de fadas": comedias de maxia con números de baile. 

Adquiriu moita experiencia coa maquinaria teatral, e estudou dirección con Tom Robertson, convertíndose nunha referencia entre os directores ingleses, moi esixente cos detalles da producción e a representación.

Topsy turvy

É característico do teatro musical de Gilbert & Sullivan, o desenfado con que se burla das tradicions ancestrais. O seu primeiro grande éxito, "HMS Pinafore", era unha sátira dos costumes da mariña real, cunha serie de disparatados equívocos encol de bebes cambiados no berce, idilios a piques de frustrarse y gran alegría xeral cando todo ese mundo "patas arriba", sea arranxa.

Gilbert era colérico, puritano,  ordenado. Sullivan era irónico, derrochador, libertino. O único punto en común era que ambos procuraban a excelencia.

Tras do fracaso, en 1891, da ópera "Ivanhoe", Sullivan foise a vivir a Montecarlo, entregado á libertinaxe, o xogo e a morfina. De volta a Londres, morreu en 1900. Desde 1890, Gilbert retirárase para vivir na aldea.