Sainete en Arxentina por un grupo aficionado. min 42:17: personaxes castizos, tipos populares, decorados por escenografía, diálogos picados, intento de escobazo, "o parvo" que aprende a ligar, palabras de argot popular. No min 50 música popular en vivo mentres bailan os personaxes
Ganas de reñir, dos irmáns Álvarez Quintero nun programa de variedades da Antena3. Brevidade (16 min). Tipismo andaluz. Un valenciano (Pepe Sancho) e unha vallisoletana ambos coa fala de Sevilla. O mesmo sainete podemos velo aqui con Isabel Pantoja e Máximo Valverde
Sainete galego contemporáneo. Min 10:40. Brevidade (16 min). tipos populares, decorados.
Sainete político. Le ultime scene del teatro di Dario Fo "morte accidentale di un anarchico"
A farsa medieval é o antecedente do paso.
Según Espin Templado o paso, o entremés e o sainete son tres formas diferentes de denominar o mesmo fenómeno. A diferenza está no período histórico no que se enmarcan: “El género dramático menor llamado paso, entremés o saínete, según la época histórica y el autor desempeñaba un papel de complementariedad dentro del conjunto que constituía la representación teatral completa”.
Os pasos son o antecedente dos entremeses. Un entremés é un interludio cómico. Como afirma Agustín de Rojas, en su obra El viaje entretenido (1603): “porque iban entre medias / de la farsa, los llamaron / entremeses de comedias”. Cervantes (1547-1616) chámalle entremeses ao que Lope de Rueda (1510-1566) denominaba pasos. Eran pezas breves de comicidade burlesca e influencia italiana, protagonizadas por personaxes ben coñecidos polo público, como o soldado fanfarrón, o estudante, a xitana, o sacristán, etc. Entre os pasos máis coñecidos e representados de Lope de Rueda figuran La carátula, ou Las aceitunas, e entre os de Cervantes están El retablo de las maravillas. Houbo actores que se especializaron neste xénero, como o famoso Juan Rana (o seu nome verdadeiro era Cosme Pérez). Un personaxe que siempre debía aparecer era o bobo, o gracioso ou simple.
Un sainete é unha peza teatral breve, evolucionada do entremés que, coma este, consta dun só acto dividido en escenas, é breve con intencionalidade cómica, e as personaxes están escasamente caracterizadas. Sustituiu ao entremés a partir do século XVIII, XIX y XX.
O entremés nace en España no século XVI. O seu nome está en relación coa gastronomía, como sucede con outros xéneros dramáticos breves: farsa significa «masa para recheo», e sainete, «bocadito gustoso al paladar».
Vemos por tanto que hai unha xenealoxía que enfia a farsa medieval e o paso renacentista cos entremeses barrocos e o sainete. Pero non so iso: o modo sainetesco podemolo atopar tanto no teatro romano de hai 2000 anos coma no Kyogen xaponés. Na revista musical tamén atopamos o sainete lírico e a zarzuela tamén é en ocasións un sainete con engadidos musicais, concretamente o xénero chico. Temos sainetes no cine (Berlanga consideraba que todas as súas películas eran sainetes e recoñecía a influencia de Arniches, e Román Gubern tamén considera sainetes algunhas peliculas de Almodóvar) e na televisión (series españolas como por exemplo “Aqui no hay quien viva”) Tamén nos Minstrels americanos que serán o xermolo da Comedia Musical Americana. Alex Navarro considera que "dramatúrgicamente, a entrada (do clown) es pariente directa del sainete y el entremés". Morte accidental dun anarquista é un sainete político que, segundo o crítico Javier Vallejo participa da "farsa grotesca, el sainete, el astracán, la comedia napolitana y la commedia dell'arte. Es contemporánea, pero respeta las tres unidades aristotélicas con precisión". Nos engadiriamos a súa relación co clown de cine mudo dos Keystone Cops, xa que os personaxes son un tolo, os policías e unha xornalista (a voitre). Por último, a orixe da ópera bufa debemos situala no momento en que os intermezzi (cómicos, intercalares e populares e costumistas) se fixeron autónomos e exentos.
En España o sainete tamén está emparentado coa comedia de maxia, coa comedia de figurón e coa parodia. O “fin de festa” é unha especie de sainete que vai ao final da comedia..
A palabra sainete é española, pero mantense no francés saynète coa mesma condición de brevidade, segundo recolle Patrice Pavis (2002), en pezas sen pretensións, de cabaret, music-hall ou teatro aficionado.
Esta é a clasificación dos tipos de lazzi que encontramos nos pasos según César Oliva no seu artigo "Tipología de los lazzi en Lope de Rueda":
1. Dar paus. Moitas obras terminaban co amo pegando ao criado. As pelexas, as persecucións e os xuramentos con ameazas eran moi frecuentes. Isto vémolo tamén nos títeres de cachaporra (un arquetipo universal) e no Kyogen.
2. Os personaxes ilustran de forma esaxerada o que van dicindo. Isto é moi italiano e resulta falsamente doado: en efecto, é doado facelo perralleiramente, pero é difícil facelo cun bo nivel.
3. Tropezos e as caídas que adoitan provocar a risa.
4. Información equívoca. Sucede cando un personaxe ten que dar unha información pero transmítea mal de tal maneira que esa información terxivérsase. É o ingrediente principal do xogo do teléfono roto (ou escacharrado).
5. Efecto de bululú. É a representación dun diálogo no que o mesmo actor desdóbrase e fai como que fala con outro personaxe imaxinario cambiando a forma de falar e os xestos. Propio de xograres e jaculatoris.
6. Disfrace. O personaxe disfrázase con intención de ocultarse, pero o espectador conta con que o van cachar. Ese disfrace adoita ser perralleiro, como na commedia dell´árte.
7. Titubeos expresivos. Consiste en cambiar palabras con intención hilarante (cona por sona, ou por tona). Tamén pode deixar a frase a medias por un ataque de risa do propio actor, ou por medo a metela pata.
8. Esaxeración mímica. Resulta moi humorístico que un personaxe esaxere con xestos o que lle pasa como, por exemplo, tremer exaxeradamente de medo ou de frío.
9. Soliloquios xestuais, que frecuentemente son apartes xestuais, "sólo entendibles por las didascalias implícitas. Hallamos soliloquios gestuales en el paso Io (dos veces) , 4o, 5o y 6o, además de en el de Polo, Vallejo y Grimaldo (Eufemia) y en el de La Gitana y Gargüilo (Medora)"
Semellanzas:
Os personaxes son populares e cun rexistro de fala coloquial. Máis basta no paso/entremés e máis castiza no sainete
Escasa trascendencia e complexidade dramáticas
Brevidade. Aínda que o sainete foise alongando co paso do tempo ata chegar a ser autónomo
Época: Séculos XVI e XVII
Oficio: Os pasos e entremeses podían ser escritos polos propios actores, como no caso de Lope de Rueda.
Técnica actoral: Un 50% de humor está baseado nos dialogos e o outro 50% na fisicidade, sen ser tan teatro físico e técnico como a commedia dell ´arte da que son debedores. Isto está relacionado coa autoría: é o propio performer o que crea os gags (coma no cine mudo).
Xocoso, burlesco. Sátira: o seu antecesor inmediato son as farsas medievais, que á súa vez están baseadas no antroido.
En prosa.
Pode darse en entradas de clown. Nunca é cantado, aínda que pode conter cancións e bailes grotescos.
Espazo de representación: nunha praza, sobre unhas táboas.
O espazo escénico non precisa de ningún aparato escenográfico. Teatro de pista. Teatro de batalla. O realismo escenográfico non xoga ao seu favor.
O cronotopo do paso e o entremés pode ser un bosque, un camiño de aldea, a vila, rara vez a cidade.
Funciona como teatro escolar, porque os nenos entenden ese humor.
Máis que de personaxes, debemos falar de tipos: o bobo ou simple, víctima dos engaños, e que no entremés é moitas veces o alcalde da vila ou o criado. O soldado fanfarrón, o médico avaricioso e sabido, o escribano que acompaña e asesora ao alcalde, o estudante alegre e burlón, pousadeiros cobardes e revirados, fidalgos ridiculizados. Portugueses namoradizos e cantaríns, negros e xitanos bailadores, e que acaban na cadea, etc. Entre as mulleres hai fregonas, busconas e feiticeiras.
Poucos personaxes nos pasos: 2-5. Nos entremeses pode chegar a 10 personaxes.
É propio dunha sociedade estamental: escravos, mulleres, xitanos, criados, pícaros, fidalgos, cregos...
É característico que haxa personaxes lindando coa delincuencia: ladróns, pícaros, rufians...
Os obxectivos principais son levar algo de comida (o que sexa) á boca, e que non batan nun.
Os nomes dos personaxes son cómicos: nomes de lugares (Sigüenza), alcumes (Mendrugo) ou diminutivos (Luquillas). É moi frecuente que a relación que une aos personaxes sexa xerárquica
A trama dos pasos adoita ser sinxela porque se trata dunha única situación: Ás veces é tan simple como gastar unha broma ao bobo ou contar o engano que un pícaro fai a un inxenuo.
A trama ás veces implicaba unha ensinanza final como, por exemplo, non fiarse dos rufians ou non enganar ao amo.
Terminar a escena cunha persecución entre personaxes ou con golpes era en grao sumo común e cómico.
“En 1778 se suprimieron los entremeses antiguos del primer intermedio (lugar que ocupaban desde principios del siglo xvill): por lo bajo e indecoroso en que habían caído que «aun al pueblo bajo disgustaba»; por otro lado, se daba la circunstancia de que, al desaparecer los bailes, los sainetes ocuparon el puesto de ellos en el segundo intermedio, y resultaba reiterativa esta repetición de dos piezas iguales”
Época: Séculos XVIII e XIX
Oficio: Os autores de sainetes eran dramaturgos recoñecidos que non actuaban neles.
Técnica actoral: Está moi baseado nos diálogos, que son diálogos con chispa, enxeñosos e pintorescos. É necesario saber colocar as réplicas, os apartes e as pullas picantes ou ferintes.
Costumista: de Madrid e Andalucía, principalmente. Pero hai tamén sainete galego, valenciano, etc. Folclorista, castizo, rexionalista.
A versificación aparece nunha maioría de saínetes.
Dase moito no teatro lírico: cantables, zarzuelas de xénero chico. Presenza da música e o baile rexional e folclóricos. Nunca é clown
Espazo de representación: pequenos teatros de asociación de veciños, parroquiais... Non necesitan moito espazo, pero tense que entender o diálogo, o que imposibilita a rúa como espazo de representación.
O espazo escénico son decorados e bastidores realistas. Sen moito aparato escenográfico
Espazo ficcional: Madrid, pero pode ser tamén un lugar pintoresco polos seus costumes e tipos unha aldea ou unha cidade de provincias.
Funciona como teatro aficionado, porque non require técnica física, pero non como teatro escolar, xa que os diálogos adoitan ter dobres sentidos. E hai que saber dicilos.
Os personaxes son populares e cun rexistro de fala coloquial. No sainete son tamén tipos populares (majos, manolas, castañeiras), pero urbanos.
No sainete hai maior número de personaxes.
É propio dunha sociedade ilustrada, na que hai orgullo de clase (mariñeira, ou rexional, ou pequeno burguesa, ou simplemente popular "también la gente de pueblo tiene su corazoncito")
Proceden de ambientes e costumes pobres e pasan necesidades. É pouco probable que haxa personaxes delincuentes.
Os obxectivos principais son manter a dignidade (pobres, pero honrados/as), e o ascenso social sería pasar de comer garabanzos a comer carne.
Ridiculizanse os vicios e as convencions sociais (pero tamén se reforzan)
O sainete foi un xénero rexeitado polos neoclásicos: Tomás de Iriarte enumeraba los defectos del sainete en Los literatos en Cuaresma: “El primero es que los cómicos salgan a hablar como tales cómicos que puede ser gran diversión y de suma importancia para ellos mismos; pero no para el auditorio, que no debe emplear su atención en los intereses personales de los representantes”. [a mesma crítica que se lle fai ás veces ao posdrama]
En termos xerais podemos dicir que os pasos de Rueda son teatro de batalla.
Por outro lado, a commedia demandaba un alto nivel técnico no relativo a acrobacia, canto e demais técnicas extracotiás. Este nivel non se dará tampouco no sainete, a excepción do xénero chico.
Sempre tratan da vida cotiá: son costumistas
Simplificación da trama en Rueda en beneficio dunha menor complexidade da acción, e mellor comprensión para o público.
Número de actores limitado na compañía de Rueda fronte ás italianas.
Pasos, entremeses e sainetes constan dun único acto ou de dous, habitualmente
Simplificación do aparello escenográfico, que segue utilizando o espazo múltiple para, sen cambios de decorado, estar en sitios diferentes ao tempo e no mesmo palco escénico.
En Lope de Rueda encontramos escenas da comedia italiana e adaptadas á española. Nos pasos acharemos "traducións" escénicas, ademais das léxicas.
Maior nivel de produción italiano. É un tipo de teatro que sae de Italia, conquista Francia e chega ata o Reino Unido ou Rusia.
É o primeiro teatro profesional que hai en Occidente.
Hai tramas exóticas, fantásticas, románticas, etc.
Os modelos italianos teñen tramas máis complexas nas que hai sitio para o melodrama ou o exotismo, por exemplo.
En consonancia coas tramas complexas, tamén o número de personaxes é maior.
A división convencional italiana era de cinco xomadas.
Complexidade italiana de decorados.
En relación a esta e as anteriores características hai que dicir que nos comezos da ópera bufa temos, por exemplo La serva padrona (1733), que so tiña 3 personaxes (dous criados e un amo) e so 2 actos.
Aqui no hay quien viva
La Revoltosa. Sainete lírico en 1 acto y 3 cuadros,
4- INTERMEDIO Y ESCENA: “Eso les pasa a las hembras”
Plácido, de Berlanga
"Os militares deben actuar coma nun sainete, coma nunha película de Berlanga"
Las aceitunas 2:30´
Comentarios a El retablo de las maravillas de Els Joglars
La ciudad no es para mi. Comedia de figurón