Antropoloxía da Danza e a Música é unha asignatura cuadrimestral optativa de 5 ECTs do Grao en Antropoloxía Social e Cultural (Facultad de Filosofía) da UNED. Nesta serie de videos que achegamos, a profesora Livia Jiménez Sedano aborda os conceptos básicos desta disciplina.
A antropoloxía entende a danza como unha actividade simbólica fundamental para a vida social. Grazas ás achegas de figuras como Franz Boas, Ruth Benedict e Margaret Mead, superáronse prexuízos etnocéntricos, situando a calquera forma de baile (desde o ballet ata o reggaetón) como obxecto de estudo lexítimo.
A disciplina consolidouse entre os anos 70 e 90, integrando marcos teóricos da lingüística, a semiótica e as ciencias cognitivas. Unha característica distintiva é o seu perfil maioritariamente feminino e profesionalizado, onde moitas investigadoras son tamén bailarinas.
Antecedentes Teóricos
Influenciadas polo psicanálise, Ruth Benedict e Margaret Mead analizaron como aspectos da cultura, como por exemplo a danza, modelan a personalidade.
Figuras Fundadoras
Gertrude Kurath (1960): Considerada a nai da disciplina polo seu artigo Panorama of Ethnology, onde argumenta a relevancia política e económica da danza.
Joann Kealiinohomoku (1970): Revolucionou o campo ao analizar o ballet como unha forma de danza étnica, situándoo ao mesmo nivel que calquera outra tradición cultural.
Allegra Fuller Snyder: Cineasta e antropóloga que definiu a danza como unha forma de coñecemento para sociedades sen escritura.
John Blacking: Pai da antropoloxía da danza británica; defendeu a "comuñón sensoriomotriz" como base do pensamento conceptual humano..
Drid Williams: Critica o termo "danza" por ser etnocéntrico. Prefire falar de Antropoloxía do Movemento Humano e de "sistemas de acción signo", onde mente e corpo están integrados.
--------------------------------------------------------------------------------
A antropoloxía da danza segue en expansión con focos activos en Londres (Universidade de Roehampton) e París, e organizacións internacionais como CORD que promoven o intercambio científico global.
Máis videos de Antropoloxía da Danza en https://canal.uned.es/video/662a1a7fa35b6203d9108934
A coreoloxía é a etnoloxía da danza. É dicir, analiza e compara as danzas de distintas culturas do mundo buscando patróns comúns.
Gertrude Kurath está considerada a pioneira da coreoloxía. Kurath propuxo unha guía de campo para esta disciplina cos seguintes pontos esenciais:
O lugar, o vestiario e atrezzo dos participantes e dos espectadores. Os obxectos cerimoniais
Os participantes. Se son homes, mulleres, nenos, xefes, etc. E cantos son.
A disposición dos participantes, a xeometría, a progresión.
Os movementos do corpo, pasos, posturas e xestos
A estrutura da danza na súa totalidade
De igual importancia para a clasificación das danzas é o estudo das relacións humanas na danza: se os sexos danzan sós ou por xunto, se forman grupos ou parellas, se se miran, se se apertan. Nas cerimonias e ritos adoita haber coreografías organizadas, por exemplo nas danzas gremiais como a danza de espadas do Corpus de Redondela.
Estes son os pricipios clasificadores do que Mauss denomina "técnicas do corpo", é dicir, o conxunto das técnicas que utilizan o corpo como instrumento do ser humano, e que está condicionada polos modelos culturais e tamén pola propia bioloxía:
O criterio da diferenza sexual
Diferenza de idade
Criterio do rendemento, da eficacia. Hai culturas africanas que concluiron que é máis eficaz a zancada curta para grandes distancias
Do xeito de transmitir a formas das técnicas corporais. Por exemplo, hai sociedades que dan preferencia ao lado esquerdo ou ao dereito