Isadora

Achegas do traballo da alumna Belén Yañez: "Isadora Duncan: Técnica ou estilo"

Técnica

Isadora escribe un manifesto, A bailarina do futuro, onde se recollen as súas ideas sobre a danza. Hai aqui algúns dos conceptos que poderían levarnos a idea dunha técnica de danza nas coreografías de Isadora:

- As súas coreografías baséanse en movementos que xorden de maneira natural, fluída e libre na súa forma más pura, orgánica e espontánea. Non executa pasos estruturados.

- Danza instintiva pero non improvisada, danzas coidadosamente preparadas fixando os detalles.

- No centro da súa teoría estaba o corpo, indisoluble da mente. O corpo esta o servizo da intención e da intelixencia, un corpo libre, facendo énfase na fluidez dos movementos libres o final dun movemento leva sempre o principio do próximo. No seus bailes non hai interrupción do fluxo de movemento.

- O ritmo obedece ás leis da harmonía de ondulación e da continuidade porque no universo todo se atrae, todo se confunde, todo se enlaza nunha cadencia sen fin.

- Localiza a orixe do movemento no plexo solar ou chakra do corazón, nel coinciden a experiencia física do corpo, a emoción e a espiritualidade. Localizar e activar o centro é a pedra angular da súa danza, o plexo solar é o centro de intención e a fonte de motivación do movemento.

- Pon en relevo a respiración como forma de definir e dirixir a danza. Dende o plexo solar de forma orgánica e natural crease unmovemento ou xesto en harmonía ca respiración e ca música que expresan os sentimentos da creadora.

- O tronco movese en todas as súas posibilidades, a intención e que as mans sexan as que dirixen os xestos e as extremidades, facendo fincapé nos brazos, bailen o ritmo da música. Os pes están en conexión co chan, como moito en media punta e descalzos.

- Na preparación física traballaba exercicios que comezan cunha táboa de ximnasia a fin de quentar, flexibilizar e tonificar os músculos, despois as alumnas estudian os primeiros pasos de danza para aprender a executar unha sinxela marcha rítmica, e fanse exercicios nos que se exploran os movementos humanos naturais na súa forma mais pura e orgánica como camiñar, saltar, axeonllarse, correr, lanzar, recostarse, saltar por riba de algo, dar pequenos saltos, saltar por encima de algo, etc, variando o ritmo e a forma e tamén se traballa o uso da liña da mirada como ferramenta para estender os movementos.

- Os movementos tamén proveñen da observación da natureza e do seu ritmo. Non quere imitala se non na busca da súa esencia da natureza.

- As súas danzas compóñense por movementos simples, puros e harmónicos cunha liñas puras e na que se se alterna a resistencia e o abandono a lei da gravidade. Nos seus bailes movese frecuentemente en belas liñas sensuais a todo o ancho e largo da profundidade do escenario.

- A beleza é a forma: o movemento procede da forma. O movemento non se deriva dunha imaxe mental que nos leve a executalo, non é un pensamento sobre el mesmo. A espacialidade corporal non é considerada como un espazo representado, e a experiencia mesma do movemento, e a que fai que exista como unha intencionalidade orixinaria.


Música e danza

A música era fundamental, está interiorizada, interesáballe o tempo, o ritmo e a estrutura musical, comezou a involucrarse de maneira abstracta na estrutura musical para crear a súa propia historia, utilízaa como medio para poñer en movemento as súas emocións. Utilizaba músicas que estivesen en íntima conexión cos seus movementos. Na súas danzas era importante non pisar o tempo. Aínda A música de Bach, Mendelssohn, Gluck, Beethoven, Chopin, e Wagner era ca que mellor podía integrarse e ser un todo. Os seu coñecementos de música facía posible que as súas danzas se fundan con cada unha das notas musicais que nacen da peza, transformándoa nunha danza pasional. Cara o final da súa carreira as danzas teñen a súa propia autonomía independentemente da musica, consideraba a danza perfecta como unha danza sen acompañamento, unha expresión autosuficiente baseada nos ritmos corporais e unha conversa con unha voz interior, quere bailar sen música pero cree que o público non esta preparado para iso.


Temáticas

As temáticas das danzas tiñan que ver ca súa propia vida, temas sobre estados psicolóxicos abstractos: a dor, a éxtase, a morte, etc. no contexto da narración. Ela tomou o mito grego bailando Las Furias, e fala da evolución, do darwinismo, do poder feminino, da liberación da muller.

Posta en escena

A súa posta en escena e revolucionaria para aquel momento e minimalista con fondos neutros, cortinas ou tecidos de cor azul celeste e unha alfombra verde en lugar de los aparatosos decorados do ballet. Bailaba cunha túnica vaporosa o estilo grego que deixaba entre ver o seu corpo para resaltar as formas e o movemento. Os pes descalzos fronte as puntas das bailarinas e as pernas núas fronte sa medias do ballet. Non levaba maquillaxe e o cabelo solto, mentres que no ballet a maquillaxe era recargada e se recollían o cabelo nun moño.

Pedagoxía

A nivel pedagóxico sabemos que Isadora dende os seus comezos tiña o soño de ter unha escola tentou en varias ocasións levar a cabo o seu proxecto e implantar unha metodoloxía de traballo para formar bailarinas nas súas ensinanzas e transmitir o seu legado. Como dixemos estableceu escolas cerca de Berlín (1904), París (1914) e Moscú (1921), pero non conseguiu manter aberta ningunha delas por diferentes razóns fundamentalmente económicas. No ámbito pedagóxico cabe destacar que Isadora estivo moi influenciada pola obra pedagóxica de Rousseau, que expuña unha crítica a educación tradicional, propoñendo como alternativa unha educación que teña como finalidade a conservación da natureza humana, centrada dende o nacemento cara a liberdade do individuo e a súa expresión espontánea para que este poda expresarse espontaneamente, Isadora tomou as súas ideas e incorporounas nas súa forma de danzar.

Vs. supermarioneta de Craig

 Gordon Craig e Isadora diverxían no concepto que Craig tiña  do actor ideal, que era a supermarioneta. Para Isadora a bailarina é unha artista, o seu corpo e sagrado cando expresa o espiritual e o profano, e debe proxectar a alma e o espírito. Ambos cuestionan o canon imposto no seu tempo, Craig a tradición dramática do teatro e Isadora a do ballet. Ambos son minimalistas na posta en escena e encontran as súas bases no simbolismo, en retornar a natureza, o sagrado para poder atopar a espiritualidade necesaria para chegar a esencia do rito do teatro

Influencia na danza moderna e contemporánea

A danza coma arte sagrada e influencia noutros artistas. Isadora Duncan foi unha revolucionaria e renovadora da danza. Ata que ela aparece a danza era vista como un entretenimiento estético. A partir dese momento, a súa concepción espiritual e profunda da danza interesará e convencerá a moitos artistas contemporáneos, conseguindo tamén o recoñecemento do público. Duncan entende a danza como una forma de vida, como un acontecemento sagrado. Pretende traer de volta a concepción xenuina da traxedia grega, na que a danza non pode estar separada da música e da poesía.

Os seus principais modelos serán a arte grega, por un lado, e a observación da Natureza, polo outro. 

 Isadora non sistematizou unha técnica ou metodoloxía, entendida como un conxunto de procedementos que serven para o adestramento físico do bailarín. A creación dunha técnica como tal sería, en certo modo, incompatible ca súa concepción da danza, que estaba asociada a singularidade de cada bailarina, a emoción e a proximidade do movemento continuo. 

Non obstante, a sua influencia na danza moderna foi decisiva. Marta Grahman, como Isadora, sitúa o centro do corpo no plexo solar e quere mostrar as diferentes paixóns: alegría, tristeza, ira, medo, amor e desexo, a través do movemento e da respiración. Graham desenrola e sistematiza con exercicios e movementos codificados a distintos niveis de aprendizaxe a danza moderna a través de súa técnica baseada no ‘contraction&release. Influirá tamén en Mary Wigman para a cal o movemento xurde como unha expresión emocional dun corpo sensible, vivido, aliñado ca experiencia,  e non como algo intelectual. Isadora tamén inflúe noutros bailaríns dos que podemos destacar a Hawkins e Limón. Non so influirá en artistas de danza, tamén en pintores e escultores como Rodin ou xente de teatro como Stanislawski ou Gordon Craig.

En resumo, o mais importante é a elevación a categoría de arte que consegue Isadora para o mundo da danza. Ese recoñecemento, xunto coa ruptura do paradigma establecido, conseguindo poñer as bases dun novo modelo ten vital importancia na historia da danza. Ademais a súa concepción da danza serviu de referencia a outros importantes bailaríns para crear técnicas e metodoloxías que son fundamentais nos estudos e no desenvolvemento do mundo da danza.