0 Intro ás Teorías teatrais

Qué é a teoria teatral?

Patrice Pavis

Manuel Vieites (en O teatro) distingue tres correntes:

O concepto dunha Teoría Teatral como un edificio sólido e científico é confusa, polo menos para nos, xa que non existe un sistema cun conxunto de regras que se constitúa en patrón universal. O único patrón universal dase no ámbito da teoría dramática coa Poética de Aristóteles. 

As teorías da interpretación actoral non atinxen exclusivamente ao teatro, senón á interpretación de personaxes de ficción en mundos ficcionais, e por tanto deberiamos incluir tamén ao cine tamén. Pero é que tamén atinxen ao trance e á dramatización da vida cotiá, que non son exactamente ficcións. Actualmente existen unha grande cantidade de espectáculos tipificados como teatro nos que non se crean mundos ficcionais nin se interpretan personaxes ficcionais. 

Ademais existen diversas teorías teatrais (as de Stanislawski, de Grotowski, de Brecht, etc.) que moitas veces son contraditorias entre si. Non parece por tanto que o concepto de Teoría Teatral se acolla ben ao concepto de sistema. O sistema é un modelo moi acaído para a bioloxía, e tamén para as ciencias duras, predictibles, cuantificables e exactas, pero non para as ciencias sociais e moito menos para o teatro.

Existe outro modelo teórico, outro paradigma, que é a Teoría da Performance. 

A experiencia e a teoría

William Fear, nun artigo en The Critic, explica que tanto Camus coma Orwell compartían unha mesma ansiedade pola fraxilidade da verdade: "They were both much more concerned with the facts that could be taken from experience than those that could be thought up through ideology". A verdade non está relacionada coas crenzas, ten que ver cos feitos e os feitos proceden do mundo real.

"Ambos entenderon que a mentalidade totalitaria require que aceptes que a verdade provén da ideoloxía", di Fear. Isto vale para todos os totalitarios que entenden "a ideoloxía non simplemente como un conxunto de valores ou crenzas, senón como unha explicación cohesionada do pasado, presente e futuro da humanidade".

A Teoría da Performance que trataremos a continuación propón unha antropoloxía da experiencia. Esta teoría xurde en oposición ao estruturalismo e outras teorías preocupadas porque a realidade encaixara nos seus presupostos.

Esta teória parte dos seguintes principios:

La ficción nos ha permitido no solo imaginar cosas, sino hacerlo colectivamente. Podemos urdir mitos comunes tales como la historia bíblica de la creación, los mitos del tiempo del sueño de los aborígenes australianos, y los mitos nacionalistas de los estados modernos. Dichos mitos confirieron a los sapiens la capacidad sin precedentes de cooperar flexiblemente en gran número. Las hormigas y las abejas también pueden trabajar juntas en gran número, pero lo hacen de una manera muy rígida y solo con parientes muy cercanos. Los sapiens pueden cooperar de maneras extremadamente flexibles con un número incontable de extraños. Esta es la razón por la que los sapiens dominan el mundo. (Harari)

O Sistema teatral: Vieites (2004, 47)

Vieites (2004, 47) establece dous ámbitos no sistema teatral, o endóxeno e o esóxeno. É unha clasificación que non é privativa do teatro, e resulta aplicable, con lixeiras modificacións, a calquera arte do espectáculo.  Distingue os seguintes elementos:

O sistema teatral: ámbito endóxeno

O sistema teatral: ámbito exóxeno

Elementos de significación teatral (Hormigón)

1. Do actor:

2. Espaciais e visuais:

3. Rítmico–dinámicos

4. Acústicos non verbais:

5. Olfativos