As fronteiras entre bufón e clown

Non son fáciles de establecer, pero imos tentalo dun xeito intuitivo. En primeiro lugar veremos o video netamente clown de Popov, e en segundo lugar veremos ovideo netamente bufonesco de Ricky Gervais.

Máis adiante veremos que, coma sempre, as diferenzas entre un e outro dilúense.​

Clown: Oleg Popov


Está presente a autoridade, pero non hai nin desafío nin servilismo.

O espazo é un circo. É un tipo de humor que deriva en melodrama.

É unha escena da vida cotiá.

A interpretación é extracotiá: hai técnica de mimo e outras.

Clown, bufón, máis técnicas: Os Hubert

Este video amosa un traballo que se desenvolvía en 1930 no circuito de variedades e cabarets, ainda que tamén podería estar no circo e posteriormente na televisión. Nel vemos un traballo con técnica de clown, e con slapstick, acrobacia, danza e inversión de xénero.

Bufón: Ricky Gervais

A idea orixinal é de Warwick Davis, sobre "the life of a showbiz dwarf" (ou sexa, él mesmo).

O protagonista é egoísta, soberbio e servil. 

É un falso documental. É coma se fora vida real. A interpretación é naturalista.

O tipo de humor que deriva en traxedia.

Trazos diferenciais:

A continuación veremos os trazos diferenciais entre o bufón e o clown e logo comentaremos os que aparecen  nos videos de Popov e Gervais. E algún máis, se se vos ocorre.

Clown

Tebeos.

​Non padece censura 

​Bob Esponxa: estrutura clownesca de carabranca, augusto, trombo, fantesca, empresario, etc.

​Humor inxenuo, amable, melancólico (melodrama) 

​Sempre é un espectáculo extracotiá: en circo, teatro, teatro de rúa, cabaret e variedades...



​A festa, o pracer,  a commedia dell’arte, os saltimbanquis, a diversión, a alegría, etc.

Burla de si mesmo. É un riso inxenuo


Técnica: sobre todo máscara. Tamén mimo e todo tipo de habilidades circenses (ecuestre, acróbata, ilusionismo, domesticar animais, etc.)

Temas: a vida cotiá.


​O continxente.

Clown       O simple 

As súas cores: branco e vermello

Imita porque admira aos adultos: quere ser coma eles

Bufón

El Jueves e revistas satíricas.

Padece a censura con frecuencia.

Shin Chan: cuiño, cuiño; descarado, “mal exemplo”, trompa, etc.​

​Humor ácido, grotesco, incómodo (traxedia)​

Está integrado na vida cotiá: os bufóns dos Reis, os shows de cámara oculta.

Actualmente encaixan moi ben nos late-shows que mesturan a realidade e ficción.


O antroido, irreverente, carnal, a inversión de sexos, de clases, a trangresión, o corpo non normativo.​

Parodia, burla do outro. É un riso cruel.

Máis que de técnica, falariamos dun potencial grotesco. A súa propia existencia é unha provocación grotesca e incómoda.  Ás veces o seu corpo é normativo, pero  o seu inxenio é grotesco.

Temas: a escatoloxía nas súas duas vertentes: a morte e os excrementos (o soez).

​O transcendente.​

Fool         O louco

As súas cores: verde e amarelo

Imita porque se ri dos adultos. 

De todas formas, nunca poderá ser coma eles

O gag no clown, bufón e comedia física 

Slapstick

É un subxénero da comedia que se caracteriza por presentar accións esaxeradas de violencia física que non derivan en consecuencias reais de dor.

Nun sentido estreito, slapstick designa dous paus de madeira unidos, que ao bateren fan un efecto de son característico. É o batoccio da commedia dell´arte ou a cachiporra dos títeres. Tamen nos debuxos animados (Bob Esponxa, Gunball, Looney tunes, Tom y Jerry, etc.), no entretemento (humor amarelo e outros) ou no cine.

Adestramento de slapstick

"Adestramento de slapstick para O Servidor de dous amos" (5 min. Ano 2013). 

Un seminario que imparte Leris, outro da familia Colombaioni. Os Colombaioni son unha saga de pallasos desde hai moitas xeneracións.


Unha lección maxistral...

...sobre comedia física, de Rowan Atkinson (ten subtítulos.Dura 45 minutos). É unha aula de comedia física que levo vendo unha e outra vez desde hai anos. Sempre a teño presente. 

Aqui tedes o índice de contidos: https://en.wikipedia.org/wiki/Funny_Business_(TV_series)

Os Colombaioni no Odin Teatret

"Seminario de slapstick para clown dos Colombaioni" (Duración 4.50'). É un seminario que impartiu un dos Colombaioni no Odin Teatret no ano 1968. Carlo Colombaioni marcou a fin dunha época - a dos pallasos de circo tradicionais - e o comezo de outra -a do clown contemporáneo. Xa moi velliño deu aulas en Galicia, no Festiclown.

Dark Clown: Peta Lily

(duración 27 min) Peta Lily creou unha nova técnica de clown á cal denominou Dark Clown. Os temas do clown xa non son tan brancos (tenrura, estupidez, ira...), e trabállase sobre emocións máis escuras (horror, dor físico extremo, dó...) pero sen chegar ao grotesco do bufón. De feito, a técnica é 100% clown, incorporándolle elementos técnicos novidosos relativos ao ritmo e a respiración. Sobre as diferenzas entre o dark clown e o bufón, picar neste enlace

Debate sobre o slapstick e a violencia gratuita na ficción

O título do debate pódese enunciar así: A violencia como xogo (tamén no deporte) e coma fantasía (tamén no sexo) é boa. Este enunciado tirámolo de Jorge Drexler no video que temos á dereita desta columna. Nel afirma tamén que "una cosa es andar con ametralladoras matando gente y degollando gente, y la otra cosa es ver a dos niños jugando a los cowboys, cuando uno entiende que es un juego, que básicamente es un juego, un juego de roles" (min. 15.56).

Os argumentos contrarios á violencia na ficción son abundantes e podémolos atopar fácilmente. Adoitan estar sostidos por psicólogos e pedagogos.

Irene Vallejo: Parecidas denuncias se esgrimen contra películas, videojuegos, letras de rock o reguetón (...) pero resulta ingenuo creer que, si nadie menciona las malas ideas, no se nos ocurrirán.