Espectaculo: noción e tipos

4.1 tipoloxia AAEE TEC.pdf

TIPOLOXÍA DOS ESPECTÁCULOS

4.1 CONCEPTO DE ESPECTÁCULO.pdf

CONCEPTO DE ESPECTÁCULO

Dramatizacións do patrimonio

As dramatizacións do patrimonio son un tipo de performance nas que a sociedade aprópiase á súa maneira do pasado. En Herdeiros pola forza (2012), do arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista Manuel Gago descríbese este fenómeno dun xeito moi gráfico: 

Velaí están as festas de temática prehistórica e histórica en Galicia, con familias enteiras facendo de romano, de castrexo, de neolítico ou do que se preste, ou as páxinas webs e blogs de xente que reinterpreta á súa maneira o Patrimonio arqueolóxico. A día de hoxe, a Arqueoloxía oficial ou se mete de cheo nesta realidade ou queda marxinada. (Ayán e Gago: 2012, 157)

A proposta de Ayán e Gago é unha alegación a prol da participación activa da sociedade no goce do patrimonio cultural, na súa preservación e na construción de identidade, denunciando “á elite de burócratas, técnicos, académicos, e intelectuais que marxina ás comunidades locais e a cidadanía  en xeral na xestión de bens patrimoniais públicos” (Ayán e Gago: 2012):

En Santa Tegra as tendas de souvenirs venden petroglifos celtas con significado (máis caros ca os que non teñen significado, enténdese); nas axencias de viaxes de Compostela un pack turístico é a chamada Fin de Semana Celta, que inclúe visita a San Cibrán de Lás, balneario en Laias, paseo polo Miño e degustación de viño en adegas do Ribeiro; nas termas de Outariz en Ourense, o empresario de turno viu posibilidade de negocio e propón dous circuítos de spa, o circuito zen, para os máis orientalistas, e o circuito celta, con piscinas en forma de cabana castrexa e recreación de dolmens; o país enteiro está inzado de escenografías inspiradas na Idade de Ferro, como restaurantes e bungalow-pallozas, merendeiros, faros e repetidores con forma de choupanas castrexas; proliferan as festas populares de ambientación protohistórica coma o Oenach Atlántico de Narón, o Beltaine de Santa Comba, a Festa de Prehistoria en Mos ou a Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia. (Ayán e Gago: 2012, 205)

Para o arqueólogo Ayán, que traballa no Instituto de Ciencias do Patrimonio do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e para o xornalista Gago, director do portal do Consello da Cultura Galega, é necesario que a cidadanía participe destas actividades, que goce destas festas, que faga este tipo de turismo e que viva del. O importante é que “asociacións, comunidades locais e concellos levan a cabo iniciativas propias á marxe do discurso científico xerando novas formas de patrimonialización” (Ayán e Gago: 2012, 206)

É espectáculo...

Non é espectáculo

É dubidoso como espectáculo: rito e espectacularización

O voo do botafumeiro ou o antroido de Laza. Que sexa un espectáculo ou non dependerá do receptor: para uns é rito/festa, mentres que para outros é espectáculo. O mesmo podemos dicir da Semana Santa de Sevilla.

A visita dun político a un mercado é a espectacularización dunha visita. O mesmo podemos dicir da sinatura dun tratado de paz, e de certos ritos relixiosos. No caso das espectacularizacions os límites entre realidade e ficción son borrosos. Se o auditorio se distancia e entende que ese estreitar as mans das praceiras e ese coller nenos no colo é un finximento, a visita do político perde sentido, porque él pretende que sexa real ese afecto polas praceiras e bebés. Por iso neste tipo de espectacularizacións é necesario que teñan clac (público profesional: neste caso do propio partido) para reforzar a sensación de realidade. Na actualidade as manifestacións sindicais tamén teñen clac, formada polos liberados do propio sindicato, de maneira que os manifestantes máis activos frecuentemente non pertencen ao sector en conflito. Isto conduce á terxiversación: ao seren borrosos os límites entre realidade e ficción e tentar reforzar a verdade mediante a idealización sempre se está en risco de que pareza máis falso. O reverso da clac son os pateadores ou reventadores.

Abel Caballero abandona un acto increpado polos traballadores de Vitrasa. Á súa esquerda a edil responsable da área de Contratación

Abel Caballero mantivo o control expresivo do seu rol en todo momento. Á dereita, manifestación da ESAD-G en Pontevedra. A maioría dos portadores de pancartas son liberados sen ningunha relación coa ESAD. 

Dubidoso como espectáculo: vida cotiá, turismo...

Os obreiros traballando nunha gabia mentres son observados por xente ociosa é vida cotiá. Igualmente o é un barman preparando un cóctel, ou as mozas e os mozos exhibíndose no paseo dun centro comercial. Non é espectáculo, pero hai performatividade.

Unha posta de sol (Natureza) non é un espectáculo, porque non é un artefacto. A visita ás Médulas de León (Natureza intervida polos humanos) ou a visita aos tellados da Catedral de Santiago (artefacto humano) non son un espectáculo: é turismo.

Para que se dea o espectáculo debe haber unha vontade de comunicación nos dous estremos do proceso comunicativo: o receptor e o emisor. 

Un trazo distintivo do espectáculo é que sexa un fenómeno observado por outro, ou sexa, o que o define é o receptor. No rito, polo contrario non hai ninguén observando: todos son participantes.

O espectáculo NON ven definido SO pola vontade dos executantes en atraer a atención do público. Esa vontade dos executantes é común a todolos fenómenos performativos, nos que se fai algo para ser mostrado: por exemplo na interacción da vida cotiá, nos ritos e celebracións nas artes performativas...

Esa vontade é evidente no caso de que o espazo no que se desenvolve o acto público sexa un ámbito espectadular: praza de touros, cancha de baloncesto, auditorio...

Televisión, cine, youtube

A televisión é un medio de comunicación, non é un espectáculo, pero é un contedor de espectáculos.

Os informativos non son un espectáculo, aínda que foron derivando cara á espectacularización.

O cine na televisión ou un programa de variedades na tv son espectáculos? Cando so había canais xeneralistas e as familias extensas sentaban diante do aparato, e todo o país vía o mesmo programa e comentábao ao día seguinte había un sentimento de comunidade. Hoxe en día é difícil considerar que exista un público cun sentimento de pertenza a un grupo, que nos permitiría con toda a propiedade chamarlle espectáculo a esas emisións.

O cine foi un espectáculo, sen dúbida, que congregaba a boa parte da comunidade. É un espectáculo unha película que se emite para un número reducido de persoas espalladas pola sala? Non se parece máis á experiencia estética da literatura na que o autor se comunica cuns lectores individuais que non interacciónan entre si, nin coa película que se está a emitir?

As gravacións e os streaming de Youtube e outros fenómenos de internet son espectáculos? Aqui si que existe unha comunidade, unha interacción dentre desa comunidade e entre a comunidade e o autor.

O paradigma do espectáculo está a cambiar constantemente. Esta é unha caracteristica dos paradigmas tanto en ciencias sociais como en ciencias puras.