Performance Theory

Noción de Performance Theory: Modelo explicativo que abrangue o conxunto dos fenómenos performativos : as Performing Arts, o terrorismo, a vida cotiá, os ritos, o deporte, etc.

O termo Performance

Nos ritos, que son a unidade básica de estudo da antropoloxía, os participantes non so fan cousas, tamén tentan mostrar aos outros o que están a facer ou o que fixeron: as accións teñen unha orientacion que poderiamos definir como performadas-para-unha-audiencia. Isto atinxe a procesos políticos, legais e rituais. Tamén a aspectos das nosas actuacións na vida cotiá. E tamén aos espectáculos nun marco formal (framed).

Non existe unha traducción ao español ou a galego do termo performance, o cal ocasiona moitos problemas. 

A palabra procede do francés e daí pasa ao inglés. Performar viría sendo facer, realizar, o que ten moito sentido se pensamos que a performance está asociada á arte de acción. Pero ten un matiz no sentido de que é algo que se fai para ser mostrado. Por exemplo existe a expresión performing sex, que en galego tamén ten difícil traducción. Refírese a facer ou realizar sexo, pero sería máis ben como actuar sexo. As máquinas tamén performan, ou sexa, rinden, ofrecen un rendemento (unha utilidade, un resultado).

Na vida cotiá performamos constantemente. Un pai non so é un pai, senón que tamén fai de pai e mostra diante dos seus fillos que é un pai. Un médico non so debería curar, tamén debería facer unha realización dramática de maneira que pareza que está curando. O mesmo podemos dicir dun vendedor, dun profesor, dun político, e de calquera rol en xeneral.

Se atendemos ao significado da palabra performance en inglés, vemos que ten un significado amplo, pero non contraditorio. En español ou galego a performance defínese en oposición á representación escénica. Pero en inglés non se percibe esa oposición: 

(Oxford Dictionary.  Oxford University Press)

O xiro performativo en artes escénicas (1990)

O xiro performativo é un cambio paradigmático nas humanidades e as ciencias sociais que afecta a disciplinas como a antropoloxía, a arqueoloxía, a lingüística, a etnografía, a historia e aos estudos da performance. 

Pártese do principio de que toda actividade social humana se "performa": todas elas poden verse como presentacións públicas.

O xiro performativo entrou nas ciencias sociais na década de 1990, aínda que xa fora formulada por Victor Turner en 1987 no seu libro The Anthropology of Performance, e tiña as súas raíces nas décadas de 1940 e 1950. Foi o etnólogo Milton Singer quen a finais dos anos 50 creou o concepto de cultural performance, concepto este que abranguía non só representacións teatrais, senón tamén danzas, festas relixiosas, vodas, iniciacións, funerais, recitaciones, recitais etc., determinándoas como as "unidades máis concretas observables dunha estrutura cultural", cuxas características principais definiu da seguinte maneira: "un período de tempo claramente limitado, un principio e un fin, un programa organizado de actividades, un grupo de intérpretes, un público, un lugar determinado e un motivo para a performance". SINGER Milton, Structure and Change, (ed.): Traditional India, Philadelphia. 1959, pp: 12. 

Para Austin (1955), falar sempre é actuar. No seu caso, o concepto “performatividade”  refírese á capacidade de algunhas expresions de se convertir en accions e transformar a realidade. Un exemplo é cando o xuiz di: “Declarovos marido e muller”. Ao pronunciar a frase, o matrimonio constituese e, obviamente, isto cambia a realidade que existía ata enton. As teorías de Austin conducen, conforme algúns teóricos do teatro, á conclusión de que a palabra teatral é ou implica acción, o cal ás veces resulta algo confuso. Desde o punto de vista estritamente antropolóxico o que podemos concluir (baseándonos en Keith Johnston) é que o texto teatral implica un constante movemento de estatus entre os participantes. E eses desprazamentos de estatus dan dinamismo ás escenas. Lembremos que o estatus é un dos elementos básicos en antropoloxía.

Esta expansión do campo de estudo da ciencia teatral vese concretada finalmente a finais dos anos sesenta cando o norteamericano Richard Schechner en colaboración co etnólogo Victor Turner, se céntra na relación entre teatro e ritual e desenvolven os Performance Studies. Os métodos sociolóxicos e antropolóxicos tradicionais centrábanse únicamente en estructuras e textos simbólicos (sólidos), e Turner defendía un cambio de enfoque (un xiro) para centrarse na experiencia (líquida): unha antropoloxía da experiencia.

Poderiamos definir a performance como a presentación da persoa - nun contexto social -, que necesariamente produce significado.

is-performance e as-performance

O termo Performance é equívoco mesmo en inglés. Distinguiremos dous sentidos de performance, seguindo a Richard Schechner: is-performance e as-performance. Poderiamos traducir a primeira como é-unha-representación, e a segunda é-coma-unha representación.

Habitualmente o xiro performativo se asocia con este último sentido, aínda que é necesario ter en conta ambos sentidos como polos dun continuum máis ca como categorías pechadas.

Modelo dramatúrxico en antropoloxía

Victor Turner en  “The Anthropology of Performance” (1987) avoga por:

<<Durante anos, soñei cunha antropoloxía liberada de certos prexuízos: aqueles que atinxen a unha sistemática deshumanización do obxecto de estudo, que non son outros senón seres humanos. A vella antropoloxía refírese a eles coma se fosen portadores impersonais da súa cultura, coma se fosen fichas ás que asignamos uns "patróns culturais," coma se estivesen determinados por “forzas”, “variables” ou “presións” sociais, culturais ou psicolóxico-sociais. Unhas variables que reflicten o pensamento de Occidente desde hai cinco séculos, desde que comezou a "era moderna.”>>

Nos ritos, que son a unidade básica de estudo da antropoloxía, os participantes non so fan cousas: tamén tentan mostrar aos outros o que están a facer ou o que fixeron: as accións teñen unha orientacion que poderiamos definir como performadas-para-unha-audiencia. Isto atinxe a procesos políticos, legais e rituais. Tamén a aspectos das nosas actuacións na vida cotiá. E tamén aos espectáculos nun marco formal (framed).

Aplicando a teoría do drama social turneriano a fenómenos como por exemplo o terrorismo (palestino/israelí, do IRA), temos como se dan simultáneamente procesos políticos (da lexislación ata a guerra), legais (desde negociadores individuais ata os tribunais de xustiza) e rituais.

Dentro dos procesos rituais temos as tres fases da liminalidade (separación-rito_liminal-reagregación) en casos como o de Guantánamo, o desterro a Siberia ou a “reeducación” chinesa.

Se a vida cotiá é unha vida dramatizada (de outra maneira sería imposible a vida social), o drama social é unha especie de metateatro. É o que Turner denomina reflexividade:  Se na vida cotiá aceptamos as convencións como algo “natural” (de feito nin nos decatamos de que ese vendedor, aquel médico ou esoutro alumno está facendo teatro); no drama social evidenciamos as convencións, de maneira que amosamos, presentamos aos outros o que estamos a facer (por exemplo nun Xuízo, nun tratado de paz, no Parlamento, nos actos terroristas. De feito dise que “escenificamos un tratado de paz”). 

En Antropoloxía da Performance (1987) Turner asimila o xiro performativo ao xiro posmoderno.

...

Aclaración de conceptos: o concepto do performativo e o concepto de realización escenica están en Estética de lo performativo, de Erika FischerLichte paxs 47 e 70. Hai un fragmento interesante neste enlace. Hai un resumo en Reseña Crítica: Estética de lo performativo de Erika FischerLichte , por Carolina Santiago Martínez. 

Atopamos tamén material interesante en Dramaturgias de lo real en la escena contemporánea argentina: Una escritura con sede en el cuerpo, de Juan Manuel Urraco Crespo

Por que hai tan boas interpretacións en "La isla de las tentaciones"

Un día vin un anaco de "La isla de las tentaciones" e quedei fascinado polo nivel performativo d@s participantes, que non son actores profesionais. A conclusión á que cheguei é que se debe á combinación dos seguintes factores: