Video de Rafael Curci no que vemos como unha coroa en escea funciona como unha icona (da monarquia, do rei...). Despois entra un actor cunha capa e barba branca e coloca a coroa na cabeza, e esta pasa a ser un índice: sinala que ese personaxe é un Rei. Se ese Rei sae de escena e ouvimos en caixas ruidos de revolta e Revolución, e posteriormente entra rodando a coroa en escena, estaremos a falar dun simbolo, porque o publico terá que interpretar o que sucedeu.
O teatro non é a realidade: representa a realidade. A icona cumpre no teatro a función de representar. Esta representación ou materialización pode ser tanto visual como lingüística o verbal. As iconas de PC e os debuxos animados son exemplos claros de como iconizamos personaxes ou obxectos a través de moi poucos índices.
1 Índices e indicios.
FORMULACIÓN: Pasarela na que propoñemos 1 variable que proporcione pistas sobre o personaxe: idade, fem/masc, nacionalidade, rico/pobre, etnia, intelixencia, tipo de traballo...
DINÁMICA: Vai pasando un participante de cada vez, entrando pola dereita do escenario e saíndo pola esquerda. O público ten que adiviñar o índice/característica que está a propor o participante (exemplo: barba indica vellez, masculino)
CAMBIO1: Pecados capitais: luxuria/castidade, ira/paciencia, fachenda/humildade, avaricia/xenerosidade, gula, envexa...
CAMBIO2: En vez de propoñer personaxes, propoñeremos peiteados. Peiteados suxos/limpos, pijos, glamurosos, chuletas, de Trump, etc.
CAMBIO3: mobles, vehículos, vestiarios..
CAMBIO4: Traballamos a mesma proposta con obxectos que traemos de casa: unha lámpada, un estropallo...