Na presentación da función de playback theatre que vimos na Casa de Arriba, o presentador comezou dicindo que a énfase deste teatro non está no aspecto estético, senón no aspecto social. "Se hai algo estético é benvido, pero ese non é o obxectivo principal", dixo.
Web de Playback teatro Galicia: Na esquina superior esquerda da web hai un botón que di "dona". Non se refire ao trato respectuoso que se lle da ás mulleres en Galicia, senón á doazón: A web está so én castelán.
A primeira compañia de Playback Theatre foi fundada en 1975 por Jonathan Fox e Jo Salas. Fox tiña experiencia en impro, narración oral tradicional, psicodrama de Jacob Moreno e coñecía a pedagoxía de Paulo Freire. Salas era un músico e activista. Ambos serviran como voluntarios.
Nunha peza de Playback, alguén do público conta unha historia da súa vida, escolle os actores para interpretar os distintos papeis e a continuación a historia "cobra vida". Os actores recorren a estilos non naturalistas para transmitir significado, como a metáfora ou a canción. Os performers de playback adoitan especializarse nos roles de director, actor ou músico.
Relación de escolas de playback theatre no mundo, desde Letonia a Corea do Sur
Fórmulas de Playback Teatro
Narrativa: Forma Curta
Non-Narrativa: Forma Curta
Narrativa: Forma Longa
Técnicas de Playback Teatro
Escultura fluida: video / explicación
Parellas: video / explicación
Tableau
Historia en Tres Frases
Historia en Tres Partes
Narrativa V
Coro
Escena
Monicreques