Máscara, mimo, impro

A foto é de Tres Notas (2002), espectáculo de Jose Prieto que dirixin e no que tamén actuaba, xunto con Bonome e Pedro Picos

Este tema está a continuación do bloque de títeres por considerar que a linguaxe de máscara é asimilable á linguaxe dos títeres.

Trata sobre teatro de máscaras, mimo e teatro físico. Todas elas participan da técnica de mimo, así coma o clown, que se trata noutro tema desta web. Tamén trata sobre impro. Por impro entendemos a técnica de improvisación derivada do Match de Improvisación, que transcende dito Match e permite crear espectáculos convencionais.

A Commedia dell´arte é transversal a todo este tema, así como ao bloque anterior, o dos títeres.

Pantomima: 3 acepcións

O termo pantomima pode significar cousas diferentes:

  • No Reino Unido, a Panto (pantomime) non ten nada que ver co mimo: é ruidosa, divertida e agradable. Designa un xénero moi concreto de espectáculo infantil propio da época do Nadal. Nin é mudo, nin precisa unha especialización en teatro físico. Pero chámase así porque é unha evolución que se deu no século XIX das pantomimas de commedia dellàrte británicas. É un xénero grotesco e sentimental.

  • A segunda acepción de pantomima son xustamente aquelas commedias ou arlequinadas. Podían ser mudas, pero non o eran necesariamente. Había nelas unha estilización de movementos que as emparenta coa danza clásica. É un xénero prácticamente inexistente a día de hoxe. O seu carácter estilizado e sentimental, non casa coa mentalidade posmoderna, qué é máis ben cínica e tende á crueza. Pero é importante por varios motivos:

      • Deste xénero procede o clown moderno creado por Grimaldi.

      • Representou a liña principal da evolución da commedia dell`arte. Durante os séculos XVIII e XIX foi un xénero enormemente popular en Europa.

      • Foi tamén un dos momentos da evolución do mimo desde as suas orixes ata hoxe.

  • A terceira acepción de pantomima é a dunha historia contada coa linguaxe técnica do mimo. O representante máis senlleiro neste caso é Marcel Marceau. Son historias mudas e contadas cunha técnica extracotiá, especializada e codificada. É un xénero de actualidade con representantes coma Mr. Bean, Avner the Eccentric, El Tricicle ou Els Joglars. Tamén neste ámbito deberiamos incluir o traballo de máscara de compañías como Familie Floz ou Kulunka.

      • Ten moitas facetas diferentes: Politico, grotesco, sentimental, melodramático, bufonesco, clown, costumista, pueril, estilizado, sátira... Non todas as facetas se dan simultáneamente, por exemplo, en Els Joglars podemos ver o político, a sátira, o bufonesco, o grotesco, o estilizado, pero non veremos o sentimental, o melodramático e o pueril. E en El Tricicle podemos ver o costumista, a sátira, o clown, e tamén o sentimental.

MImo

O mimo é a arte de crear a ilusión de realidade con obxectos imaxinarios. A súa arte consiste na habilidade de crear peso, textura, liñas, ritmo e forza no ar. Exemplos: andando cun can, atrapado nunha caixa, a corda, a parede, loitando contra o vento, etc.

O propósito da pantomima é contar unha historia, mentres que o mimo é máis unha acción específica, soa. Unha pantomima é unha serie de mimos. A historia ten que ter comezo, medio e fin.

Panto

Represéntanse no Nadal por toda a Gran Bretaña, e están baseadas en contos ben coñecidos como Peter Pan, Aladdin, Cincenta, etc.

O slapstick é unha parte importante, con lanzamento de tartas e coas irmás feas (interpretadas por homes) que caen. Hai tamén moitos disfraces grotescos, coma o cabalo de pantomima que é interpretado por dúas persoas.

Ao final da pantomima, o vilán foi derrotado, o amor verdadeiro venceu, e todos viven felices para sempre.

Arlequinada

Grimaldi (1778–1837) e Deburau (1796-1846)

Tanto o Clown coma o Pierrot existían previamente, pero terán un momento de esplendor a principios do s. XIX.

Pierrot triunfa con Deburau en París moi pouco despois do éxito do clown de Grimaldi en Londres. O arquetipo é diferente, pero ambos son carabrancas e representaban pantomimas e arlequinadas.

O personaxe de Grimaldi era enérxico e acrobático, mentres que Deburau crea un pallaso patético, namorado e melancólico, que segue a ser parte da tradición do pallaso.

O clown moderno débelle a súa existencia a ambos.

Xa falamos do melodrama noutras partes desta web. Traemos aqui unha especie de playback realizado por unha intérprete de linguaxe de signos e actriz no marco do LIMF 2021 (London International Mime Festival). É un exercicio de interpretación similar ao que propón nos seus cursos o actor galego-brasileiro Marcos Orsi. Nestes exercicios non sobreactuamos o texto, e abandonámonos á emoción e aos sentimentos.

LIMF

O LIMF é un festival de referencia no que podemos atopar toda a variedade da que vimos falando no ámbito da linguaxe do mimo: marionetas, máscaras, pantomima, bufón, clown, melodrama, etc.

Aparentemente o criterio de selección do LIMF é que se trate de espectáculos mudos. Nos tres videos da liña de abaixo temos diversas propostas da edición 2021 que inclúen danza, cámara ao vivo e títeres de fío. Isto ven reforzar a nosa tese de que mimo, máscara e títeres son a mesma linguaxe.

Peeping Tom

Entre a danza e o teatro físico no London International Mime Festival (LIMF)

Kiss & Cry

Man espida e cinema ao vivo no London International Mime Festival (LIMF)

String Theatre

Títere de fíos no London International Mime Festival (LIMF)

Impro

A impro non é un espectáculo mudo nin emprega técnica de mimo dun xeito específico, pero nos seus números é preciso recrear constantemente o espazo e os obxectos. Non por acaso un dos pioneiros da impro en España é o mimo Carles Castillo.

"La impro tiene una vinculación directa con el teatro cómico popular. Podemos establecer como referenciales históricos de esta práctica la Commedia dell´arte, el Teatro de Feria y las tradiciones teatrales populares presentes en diversos países. La comedia física presente en estas tradiciones también es una característica del tipo de humor en la impro actual. Así como en el clown, la impro se hace por y para el público". (Mariana Muniz)

A terminoloxía específica que se relaciona coa Impro ten que ver con feitos lúdicos (os exercicios son “xogos”) e deportivos (non se ensaia, “adéstrase”). Isto reforza unha ética teatral moi valiosa asentada en traballar sempre para a compañeira/o.

Hai formatos de competición, coma o Match, a Liga, ou Catch. No Catch parellas de improvisadoras saen a escena e compiten a través de diferentes retos ou condicionantes impostos externamente que lles obligan a amosar destrezas e capacidades.

Tamén hai formatos de retos e xogos. Nesta categoría podemos atopar espectáculos de formatos largos (Longform) ou medios (Shortform). Os Longform adoitan desenvolver unha soa historia con tramas complexas e cunha duración entre 40 minutos e 1 hora, mentres que o formato son historias entre 5 e 15 minutos. (do traballo Si, e ademais, de Carlota Mosquera).

Jamming (Madrid)

Traballan tamén para eventos en empresas e teñen unha escola de impro. Algunhas dos seus espectáculos son:

Jamming Show, La Golfa (con invitados), Chiquijamming (show infantil e familiar), Desmontando los clásicos e Jaming Live (impro a través de zoom).

Impro en Galicia

Festivais e campeonatos: Imperdible. Festival de Impro de Galicia e Campeonato Galego de Impro

Locais: na Coruña o Baba bar, en Mos a sala Rebullón, en Santiago Mercado Boanerges, Camalea, Sala Artika, A casa de arriba...

Compañías: Themomento Impro, 8mmm teatro, Triatreros, Los Duguis Impro, Factoría Galaica de Improvisaciones.

Imprebís

A compañia valenciana L'Om Imprebís foi pioneira da improvisación en España. Chegou a Galicia na tempada 95/96. Son dous actores máis un músico, e a diferenza dos espectáculos de impro actuais, teñen un director en escena. No ano 2018 levaban realizadas 1500 representacións do seu espectáculo.

  • É un espectáculo de comedia para nenos que contén tamén chistes para adultos. Pero non é didáctico, nin ten valores.

  • A participación do público é fundamental. As frases clásicas son: "Éstá detrás tua!" ou "Ouh, sí que o é!" Tamén poden sacar algún pai a escena.

  • Procede da Commedia dell Arte.

  • O protagonista masculino é interpretado por unha muller

  • A "Panto Dame" é un home vestido de drag, malvada e fea.

  • Sempre hai un axudante ou asistente do heroe. A sua función é animar á audiencia a participar berrando ou aplaudindo.

  • Hai un animal cómico, como a vaca en Jack das fabas. O animal adoita ser dous actores nun único disfraz.

  • As historias puoden ser clásicas, pero os chistes son sempre contemporáneos para que sexan entendidos. Tamén hai insinuacions que fan rír aos adultos.

  • Estrutura: o xénero acabou de definirse na época victoriana, dividindose o espectáculo en duas metades: ocuento de fadas e a arlequinada onde os personaxes “transformanse” cunha variña máxica. Empréganse trapelas e interruptores secretos.

  • David Hasselhoff ou Pamela Anderson teñen protagonizado as pantomimas británicas. Isto obedece a unha tradición de que nas grandes produccións haxa recoñecidas estrelas das variedades da televisión e do cine.

Máscara completa

É un tipo de traballo que se desenvolve a partir das máscaras larvarias. Pódese entrever unha forma humana pero non está completamente definida. Jacques Lecoq introduciunas na pedagoxía teatral.

Ao cubriren completamente a cara, obrigan a unha interpretación non verbal onde toda a importancia reside no corpo, nos xestos e nas emocións. A visión limitase a dous pequenos buratos, e por tanto esixe desenvolver unha maior conciencia espacial. Respirar faise difícil e entre a máscara e a perruca pásase bastante calor.

A continuación temos dous videos de máscara completa:

"Teatro Delusio recrea lo que sucede entre cajas en un gran teatro público, durante una representación de El lago de los cisnes. Hajo Schüler, Paco González y Björn Leese se transforman sucesivamente en 29 personajes, definidos con precisión suiza. Hay que restregarse los ojos cuando, tras ver aquel desfile, salen a saludar sólo tres actores." (Javier Vallejo en El País, 19 de set. de 2009)

Familie Flöz e Paco González

Paco González (1949-2017), cómico de Valdeorras, foi cofundador da compañía berlinesa Familie Flöz. Llegó a tener una casa de turismo rural en Vilardesilva (Rubiá), la misma que durante varios veranos utilizó para dar sus cursos de clown.

"El hábito no hace al monje, la máscara sí. Cálcese usted una y verá: se conducirá como si fuera otro y como a otro le mirarán". (Javier Vallejo en El País, escribiendo sobre Paco González)

"La máscara te obliga a ser exacto en todo. Depura tu trabajo", afirma Paco González

"La máscara proyecta la emoción del clown, mucho más limpia, porque no admite vicios ni indefiniciones", prosigue González.

Creative Process and the Role of the Mask: video no que falan do seu proceso de creación

Vamos Theatre

Tematicas: Abordan asuntos diversos e espiñentos coma a demencia (Finding Joy), a adopción forzada (The Best Thing), o stress post-traumático (A Brave Face) ou o remate da vida (Dead Good) con enxeño e humanidade.

Proceso de traballo: Lévalles aredor de dous anos crear cada espectáculo, xa que implican un amplo proceso de investigación e asesoramento procura e consulta que varían anchas, consultando con todo tipo de xente que estea próxima á temática en cuestión.

Teatro e terapia: Teñen unha liña de Arte e Saúde na que desenvolven obradoiros e actuacións para cambiar o xeito de pensar das persoas en relación aos coidados, a saúde e o benestar.

Na súa web teñen tamén uns divertidos cuestionarios Que sabes sobre teatro?

Video no que falan do seu proceso de creación

Tableaux

Un tableau é unha imaxe vivinte que se presenta en posición estática. É un recurso moi empregado en pantomima, pero tamén existe como xénero autónomo. Como recurso xenérico do teatro emprégase para que, mentres está tendo lugar unha escena, os personaxes no fondo da escena fiquen conxelados nun tableau. Cando estes son iluminados arranca de novo a escena do fondo.

No burlesque erotico empregouse moito desde principios do século XIX: expoñiase o corpo feminino, mostrándoo ás veces nun espido integral, pero nun estado mudo e inmóbil, que en certo xeito permitía controlar a sexualidade feminina.

Xuntamos unha escena mímica da ópera de Pekin (1984) na que se dibuxa sobre o video a barca imaxinaria para axudarnos a entendela.

Mimo en Oriente

En Asia o mimo desenvolveuse moito antes de que se definira no mundo occidental. Na India o bharata natyam, un dos bailes clásicos, descrito minuciosamente no Natya-sastra (século III) contaban con escenas miméticas da mitoloxía de Vishnu que aínda son representadas.

No teatro de China e Xapón, o mimo adquiriu un papel descoñecido en Occidente, convertindose en parte integral dos principais xéneros dramáticos. Na ópera chinesa e no teatro Noh xaponés as convencions e o simbolismo do xesto e o movemento resultan desconcertantes para quen non está familiarizado coas formas tradicionais.

O Teatro Físico de LeCoq

A propia Escola de Lecoq e os seus métodos constitúen a columna de O corpo poético (Lecoq, Jacques, 2003. O corpo poético. Barcelona: Alba editorial)

A formación na súa escola, na época en que a dirixía Lecoq, constaba de dous anos. No primeiro ano traballábase a improvisación e as técnicas do movemento. No segundo ano traballábanse os grandes xéneros teatrais de traballo co corpo. En moitos lugares o teatro implicaba unha preparación psicolóxica, unha introspección que a el non remataba de gustarlle. Lecoq tiña simpatía polo teatro italiano, onde, segundo el, os actores saían e actuaban, sen máis.

A IMPROVISACIÓN

As primeiras improvisacións da Escola facíanse en silencio. Os exercicios estaban así centrados na acción, no drama. Paradoxalmente o silencio permite aos alumnos comprender mellor o fondo das palabras. O silencio só podía ser roto coa acción. Isto obrigaba aos alumnos a empregar as accións. O problema disto é que os/as alumnos/as tendían inicialmente a encher todo con accións. Para compensar isto Lecoq propoñía exercicios onde se traballaba a espera. Un exemplo é o exercicio onde varios alumnos son invitados a unha festa. Isto obrigábaos a traballar as relacións entre personaxes, as miradas e os intereses nos descoñecidos.

Despois da espera, Lecoq pasaba a traballar o motor das accións. Isto poderiamos denominalo como “Ti es o que...”. Lecoq, antes das improvisacións, dáballe aos/ás alumnos/as premisas tan simples como: “Ti es o que cre que alguén está a esperalo”, “ti es o que cre que alguén o detesta”, “ti es o que cre que é o máis forte”, “ti es o que cre que alguén lle sorrí”... O motor funcionaba como impulsor das actitudes dos/as intérpretes.

Este comezo de Lecoq vai na liña de que os alumn@s pensen o menos posible e traten de gozar dos exercicios coa actitude dun neno que xoga. A liberdade d@ alumn@ é maior, e traballa cun corpo expresivocase sen decatarse. De feito, a palabra funciona moitas veces como un freo para corpo. En canto se introduce a palabra, os/as alumnos/as paran e céntranse case de forma exclusiva no que están dicindo, esquecendo a expresividade do corpo. E esquecendo por tanto a acción, o drama.

OUTRAS TÉCNICAS:

PANTOMIMA: A técnica da pantomima obriga ao/á intérprete a substituír a palabra falada con xestos. Esta limitación leva ao alumn@ a realizar unha sintaxe, economía e limpeza na formación das frases.

O MELODRAMA: Crer e defender os grandes sentimentos (remordemento, rancor, vergoña, vinganza...). Chegar a conmover ao público, para o cal é necesario que os/as alumnos/as defendan as crenzas e sentimentos das súas personaxes coa maior convicción posible. De non facelo, segundo Lecoq, o normal era que o público caera na risa.

A COMMEDIA DELL’ARTE: Lecoq estaba moi interesado na rapidez coa que na Commedia dell’Arte as personaxes pasan dun estado emocional a outro (nun segundo!). Tamén lle interesaba a dualidade de carácter das personaxes clásicas (Arlechinno é inxenuo e malicioso, o capitano é feroz e covarde). Ademais, na Commedia dell’Arte as situacións son desenvoltas ata o límite. Todo isto esixe implicarse cun alto nivel de actuación.

O BUFÓN: Cando defendemos os grandes sentimentos aparece o melodrama. Cando rimos deles, xurden os bufóns. Son personaxes, segundo Lecoq, que non cren en nada e que se burlan de todo. Traballábase a parodia e escarnio dos movementos de outros e incluso das súas conviccións.

O CLOWN: O clown acepta o fracaso, o cal revela, a ollos d@ espectador@, a súa profunda natureza humana. É desta forma como o público pode conmoverse e empatizar con el.

MÁSCARAS: Segundo Lecoq, ao poñer unha máscara, a cabeza pasa a ser so mirada, mentres que o resto do corpo ten o valor do rostro, pois é o que ten que dar a expresión a esa mirada. Así pois, o traballo de máscara é, fundamentalmente, un traballo de corpo completo.

A continuación un breve resumo do traballo de Lecoq con máscaras.

A MÁSCARA NEUTRA

Unha máscara cunha expresión absolutamente inexpresiva. Lecoq buscaba conseguir que @s alumn@s limparan os excesos e malos hábitos adquiridos.

Coa máscara neutra Lecoq traballou tamén a presenza do actor no espazo. A actitude do corpo neutro ha de ser de descubrimento ante o mundo, de apertura, de dispoñibilidade.

MÁSCARAS EXPRESIVAS CONTRA-MÁSCARA

Tratábase de conseguir que @s alumn@s adoptaran personaxes concretos coas súas características particulares. Outra forma de traballar estas máscaras era a contra-máscara, é dicir, crear un personaxe completamente oposto á información que nos dá a máscara. Isto xeneraba unha profundidade máis interesante.

MASCARAS LARVARIAS

O grotesco e excesivo destas máscaras fai que @s alumn@s teñan que inventar corpos irreais, inexistentes, imposibles, explorando así as súas capacidades expresivas máis alá do cotiá.