Duas referencias de volatineros en Galicia

Secundino Feijoó (1870-1936)

Nun xornal palentino de 1909 denominan ao circo de Secundino co nome de "Compañía Internacional, Ecuestre, Gimnástica, Acrobática, Excéntrica, Cómica y Taurina". Estaba integrada por corenta artistas, doce cabalos, dous bravos novillos e o popular burro cantor Rigoletto.

Secundino Feijoó nace en Vilanova dos Infantes (Celanova). Moi noviño, comezou como músico no circo "Fasy", e posteriormente montou un número de vacas amaestradas que bailaban ao son dunha gaita, co que acompañado pola súa muller Francisca Salas (ecuestre) percorreu Europa. Aos vinte anos decide montar o seu propio circo, e percorre todo o país; moitos dos traballadores do seu circo eran de Ourense.

No Circo Feijoo traballaban artistas procedentes dos mellores circos: do Circo Ringling dos EEUU, do Circo Price, do Circo D’Hiver de París, do Carre de Holanda ou do Olympia de Londres. Trapecistas como Pinito del Oro, domadores de leóns, de elefantes, os pallasos máis famosos como Pere e Tonetti, los Hermanos Cape, Pompoff e Teddy.

Secundino Feijoo sufrió un duro percance en mayo de 1933. Durante una visita a Segovia, el circo fue destruido por un incendio ocasionado por un cohete de fiesta, que prendió en la lona del circo. Las pérdidas fueron valoradas en 250.000 pesetas. Una terrible pérdida para una empresa familiar.

Dicía Vicente Risco: “El circo viene y se va. No se para con nadie, es como el tiempo y el viento”.

Bibliografía: "Historia dun circo" (1997) e "Os homes do circo (aqueles ourensáns)" (1992) de Manuel Rego Nieto

Manuel Feijoo (1897-1969)

Manuel Feijoo, fillo de Secundino Feijoo, continuou dirixindo o Circo Feijoo ata 1946. Entón fundou o Circo Americano co seu cuñado Arturo Castilla, posteriormente, tamén con Castilla fundarán o Circo Nacional Español en 1960. Ese mesmo ano reforman o popular Circo Price, creando o Price Madrid-Hall e o Price en ruta por España.

Na época dirixían conxuntamente o Price, o Americano e o Nacional Español. 

En 1964 a Federación Internacional do Espectáculo  concedeulles en Viena o Oscar ao mellor circo de Europa.


Docu de Berlanga sobre o Circo Americano de Feijoo

PRICE Madrid-Hall

Circo Americano

Padre Silva (1933-2011) no Circo Americano

Manuel Feijoo, era tío-abo do Padre Silva. 

"El joven capellán gallego, sobrino de un conocido empresario de circo, viajaba continuamente con las caravanas del espectáculo del Circo Americano, e, instalado en una población, mientras la compañía daba sus funciones, la asistencia espiritual de los circenses no faltaba en ninguna ocasión. 

Todos los domingos, incluso, el Circo Americano al que el reverendo Silva está activamente vinculado, tenia su misa propia, celebrada bajo la misma lona de la tienda del espectáculo." JORGE ELIAS.6-11-1960 EL MUNDO DEPORTIVO

Circo de los Muchachos - Documental

Documental de unha hora dirixido por Javi Camino e coproducido pola TVG. Creación da segunda escola de circo do mundo, o obxectivo de convertirse nunha autarquía coas súas propias industrias, o seu propio banco, centros educativos e incluso una gasolineira. Todo rexentado por eles mesmos mediante un sistema asambleario. Aquilo foiun mundo dentro de outro mundo. Un circo moderno con música rock en directo y especial fincapé nos números ximnásticos. Expandirornse, creando novas Benpostas en Colombia, Venezuela, Puerto Rico, Bélgica, Mozambique, Nicaragua, Xapón... 

Churry Silva (Ourense, 1961)

Sobriño do Padre Silva. 

En 2010 Ale Hop creou a campaña de Nadal do Circo Price, a única sala estable de España co espectáculo Navidades en el Price. 

Con 11 anos entrou no Circo de los Muchachos. Era a época dourada da compañía ourensana, con xiras internacionais e miles de espectadores. Empezó adestrando en Bemposta, e aos 16 anos pasou a formar parte da compañía. Despois de dous anos de viaxes e actuacions, marchou a Barcelona con 18 anos a estudar teatro no Institut del Teatre Barcelona, onde acadará a diplomatura en Teatro, mimo e pantomima.

Formou Ale-hop, compañía de circo contemporáneo, no ano 1984.  

Silva define o seu traballo como "teatro imaxinario": unha mestura entre teatro contemporáneo e circo de rúa. 

Alejandra Oviedo, Churry Silva, Nacho Silva

Novo circo en Galicia

[Informacion tirada dun artigo de Alfonso Pato en El Pais, ano 2007]

A Federación Galega de Novo Circo, naceu no ano 2006 da unión de seis colectivos: Pista Catro, compañía compostelana; Circus Fusion de Ferrol; Manicómicos de A Coruña; Malandraxe de Vigo; Manazas de Ourense e Cooperactiva, tamen de Santiago. "En total, sumamos unas 500 personas que nos dedicamos al circo", indica Sabela Amado, presidenta de la Federación Galega de Novo Circo, asociación a la que pertenecen malabaristas, acróbatas, escapistas o clowns como ella misma, que forma parte del colectivo Circus Fusion de Ferrol.

"El Novo Circo supone la renovación de técnicas circenses, mezcladas con disciplinas como la danza o el audiovisual, y muy próximo al cabaré", explica Antón Coucheiro. Pablo Reboleiro, Alfonso Medina y Manu Lago, de la compañía Malabaranda son licenciados da Circus Space de Londres.

"Los grandes circos tenían tradicionalmente tres pistas, pero en Galicia se ha abierto la cuarta, la pista de una nueva generación circense", explica el joven documentalista Pela del Álamo, director del documental La Cuarta Pista, recientemente estrenado.

"A CUARTA PISTA" - Documental

Neste documental o "Colectivo PistaCatro", un grupo autoxestionado de cirqueiros composteláns, xunto con outros artistas do seu entorno fan unha análise  do que supón levar o circo a rúa, convivindo ca legalidade, os comerciantes e outras especies urbanas.

Dende sempre a rúa foi lugar de encontro de mercaderes, viaxantes e artistas. Nos últimos tempos o espazo público está cada vez máis controlado polas administracións.

Grandes mestres como Leo Bassi, Carlo Colombaioni ou Jango Edwards dan a sua opinión sobre os rueiros que o novo circo está a tomar.

No proceso de xestación do Novo Circo galego houbo un lugar e un colectivo fundamental para este desenvolvemento. O lugar foi Santiago de Compostela, que de sempre foi un catalizador da cultura galega, e o colectivo foi PISTACATRO, formado por artistas galeg@s dunha mesma xeración provintes de diferentes disciplinas (o circo, o teatro, o cabaré, as artes plásticas, a música, o audiovisual, etc.), que tomaron o Circo e o Cabaré como elemento multidisciplinar común.

As Festas do Circo na Sala Nasa , a programación de circo nesta mesma sala, o Festival deGorra! nas rúas compostelanas no mes de agosto (tres edicións) e múltiples actuacións e cabarés en vilas galegas son algunhas das propostas que se teñen realizado ata o de agora.

Na actualidade este colectivo de xóvenes artistas reúnese na ASOCIACIÓN DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E T.LIBRE “CIRCO NOVE”, a vertente social do proxecto.

Por outra banda, sete dos seus membros decidiron formar compañía e unha empresa productora de espectáculos, encargada da rama comercial do proxecto: PISTACATRO PRODUTORA DE SOÑOS S.L