O modelo da "Farsa a 3" é o modelo que empregaremos. É o que emprega Carlo Boso e Fernando Llera nas farsas de Comedia dell arte.
Espazo expandido. Cando escribimos teatro tendemos a cinguirnos ao espazo do escenario. Exemplo: se se trata dunha taberna, describimos dous tallos, unha mesa e unha barra que imaxinamos en escena. A proposta de espazo expandido é que imaxinemos tamén a rúa cun poio para sentar e uns árbores que dean sombra, e o almacén onde se gardan os pipos de viño, o piso de enriba onde viven os taberneiros, un patio traseiro onde andan ceibes as galiñas, o retrete coa súa xanela...
Espazo liminal. A liminalidade crea desequilibrio. O dormitorio da parella (erro)/ a cociña da sogra (si!)
FORMULACIÓN: A cada alumno se lle da unha foto diferente dun espazo liminal.
DINÁMICA: Prescindiremos de acotacions. Obxectivo: unha vez que rematemos de escribir, o autor lerá o texto, e os compañeiros deberán adiviñar o espazo no que se desenvolve a acción. Finalmente mostraremos a fotografía que inspirou a impro.
TEMPO: para a escrita menos de 1 hora
IMPORTANTE: non esquecer que os personaxes deben ser tipos
Espazo en acción implica que á hora de escribir ou improvisar unha escena prescindiremos de acotacions. De maneira que serán os diálogos os que nos dean pistas sobre o espazo que habitan os personaxes. Exemplo: "Non está nese andel, está no de arriba de todo", ou ben "pon o intermitente", ou ben "os sons do bosque pola noite aterrorizanme. E máis, se hai lua chea".
....
ESTAFA NIXERIANA: consiste en ilusionar á potencial vítima cunha fortuna inexistente e persuadila para que pague ou transfira unha suma de diñeiro por adiantado, como condición para acceder á fortuna prometida.
A herdanza do tío de America que non coñecias: para poder cobrala solicítase que envíe diñeiro para facer fronte a gastos inesperados ou subornos.
Animais regalados: Contan que teñen que mudarse e necesitan regalar os seus cachorros. Cando alguen interesado contesta que acepta, din que hai que enviarlles o diñeiro para que poidan enviar por avión desde alí o animal.
O ESTAFADOR BURLADO: O burlador pretende que ten interese nunha estafa que lle están a propoñer, para logo facerlle perder tempo e diñeiro ao estafador cumprindo condicións ridículas, viaxando dun lugar a outro coa esperanza de percibir o diñeiro, pedíndolle fotografías termando dun cartel cun sinal acordado, ou en posicións ridículas, etc. O nome do burlador é falso e ás veces ten un aquel comico para burlarse aínda máis do estafador
Tocomocho: billete de lotería premiado que o estafador non pode cobrar por algun motivo (por exemplo, porque reside ilegalmente no pais)
Timo do enterro: hai unha cantidade de diñeiro agochada en calquera parte e precísase de diñeiro para desenterrala
A estampita: o parvo leva un sobre cheo de billetes aos cales non da importancia algunha porque cre que son meras estampitas. O parvo establece conversa con algún viandante, o primo, e nese momento entra en escena outro dos estafadores, o listo.
Estafa da muller ou home que se namorou de ti,
O billete de lotaria que che tocou (ainda que ti non xogaches),
Propoñer un detonante de prol (un movemento, unha palabra) ao compañeiro que improvisará
O que improvisará desenvolve nun monólogo: personaxe, relación, obxectivo e lugar
Mais menos cambio
Os comicos dell arte actúan, polo xeral, nos mercados e o seu principal interese é gañarse a vida cos seus espectáculos, co que a súa preocupación fundamental é conseguir atraer o maior número de público posible. É por iso que incorporan á muller nas súas representacións, do mesmo xeito que pasaría cos mercadores, que ao verse representados na farsa, acoden atraídos polas novas historias O triunvirato ideal estará formado polo criado, o amo e a cortesá, e representa historias sinxelas que cada vez se van complicando máis.
A primeira condición para facer unha dramaturxia eficaz é FACER UN BO REPARTO
No que haxa contraste:
grande/pequeno
muller/home…
Dividimos o grupo entre homes e mulleres: separamos
Montamos grupos de 3: criado (baixiño), amo/rei (alto) e cortesá/princesa (intermediario/obxecto de desexo)
O criado e máis o amo pódense desdoblar (como os difs tipos de pallasos). Pero a princesa ou obxecto de desexo, non se pode desdoblar
FÓRMULA: O AMO É O PROTECTOR DO OBXECTO QUE TEN A PRINCESA. Exemplo: o criado está namorado da princesa. E o rei impide ese amor
Traballar contra a pared. como se a parede fora o publico
A segunda condición é establecer unhas NORMAS FIXAS
1 O que entra, entra sempre preguntando. E o que xa estaba dentro responde coa verdade
2 Cando alguén pregunta hai que responder coa verdade
3 O Amo ten que exercer a autoridade. Non precisa berrar: él mesmo é unha ameaza de morte
4 Todas as interaccions entre pxes son a vida ou morte. Exemplos: se o criado non da casado coa princesa suicidarase; se a princesa casa co criado o amo matará aos dous e logo suicidarase, etc.
5 Hai que poñer un título “o amor imposible”. A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
1.- MONOLOGO DO CRIADO:
Primeiro entra o criado e fai un monólogo cara o publico. Totalmente desesperado, entre a vida e a morte.
Regras (PROL):
di o seu nome
onde está
cal é o problema
di o nome de princesa e de amo
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
2- CRIADO+PRINCESA:
2.1 O CRIADO FICA EN ESCENA E ENTRA A PRINCESA
2.2 A PRINCESA PREGUNTA pq estás triste?
2.3 E O CRIADO DEBE DICIR A VERDADEpq estou namorado de ti
2.4 A PRINCESA AGRANDA O CONFLITO mañan pola mañan vai casar con outro
2.5 PREPARAN O PLANO matar ao seu pai, etc.
2.6 o criado marcha para poñer en marcha o plano
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
3.- MONOLOGO DE PRINCESA
A pazzia de Isabela. Pasar polas 5 emocións básicas: medo, tristura, ira, amor e alegria (a orde e indiferente). Nas pelis de disney é o momento no que a princesa canta a primeira canción
O monologo de Isabela ten que rematar moi forte moi arriba, e ese será o pe para que entre o REI
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
4.- PRINCESA+REI
REI_ pq estás a chorar?
PRINCESA: (DEBE DICIR A VERDADE)
REI DEBE AGRANDAR A DIFICULDADE: VAN CASAR ESTA NOITE E VAI ENCERRAR Á PRINCESA NA TORRE
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
5.- MONOLOGO DE REI
Pode haber pazzia
O REI DEBE AGRANDAR MÁIS O CONFLITO
O REI ACABA DESESPERADO
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
6.- REI+CRIADO
ENTRA O CRIADO E PREGUNTA
O REI RESPONDE A VERDADE:
LOITA VERBAL OU FISICA OU CON ARMAS ENTRE AMBOS. CANDO ESTÁN A PONTO DE MORRER…
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
7.- PRINCESA++++ REI+CRIADO
ENTRA A PRINCESA
PREGUNTA
E OS DOUS DIN A VERDADE
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
8.- XUIZO
SE ACTUAN DIANTE DUN PUBLICO RICO O CULPABLE SERÁ O CRIADO
FINAL Á ITALIANA (TRAXEDIA): SE O CULPABLE É O CRIADO: O REI MATARÁ AOS DOUS, E ACABARÁ TAMÉN MATÁNDOSE A SI MESMO
A frase do título ten que aparecer en todas as escenas
E VICEVERSA
SE ACTUAN DIANTE DUN PUBLICO POPULAR O CULPABLE SERÁ O REI
FINAL Á ESPAÑOLA (comedia): SE O CULPABLE É O REI, ACABARÁN CASANDO
—--------------------
O EXERCICIO DEBE DURAR 2 MINUTOS EN TOTAL
—--------------------