É preciso distinguir en primeiro lugar entre a comedia como xénero dramático global que contén numerosos subxéneros e o significado de comedia nun sentido estreito: como un deses subxéneros.
A nivel global, a comedia caracterízase por ter un final feliz.
Así como o protagonista do drama é o heroe, o protagonista da comedia é un tipo vulgar. Mesmo personaxes de deuses como o Dioniso de As Rás de Aristófanes é un necio impresentable
Cando dicimos comedia nun sentido estreito referimonos a unha acepción de comedia en oposición á farsa, ao clown, á parodia e a tantos subxéneros existentes.
Neste sentido estreito, a comedia é irmá do drama. Referímonos a que a interpretación nun e noutro son parecidas, xa que os seus personaxes son fundamentalmente personaxes psicolóxicos nos que hai unha forte encarnación. Polo contrario, os outros subxéneros como o sainete, o clown, etc. ou o melodrama, a traxedia, etc. son encadrables no teatro físico. Nunca hai na comedia nin no drama metateatralidade. Son ilusionistas. O resto dos subxéneros poden romper 4º parede e poden ser metateatrais.
Isto, que se entende perfectamente no drama (que hai que tomalo en serio) ás veces non se entende na comedia, e é unha fonte de error. Dicíame Fernando León de Aranoa nunha conversa que, ás veces, na comedia audiovisual, o equipo que está no plató rise das escenas, é isto é mal sinal: despois, cando se emite o material resulta que as escenas non son tan graciosas. Inversamente, cando o equipo non reacciona con risas ás escenas mentres se está gravando, adoita ocorrer que cando se emite si que resulta gracioso o material. Todo isto é moi matizable, pero o que nos interesa aqui é a cuestión de que as desgrazas e alegrias que suceden na comedia teñen que ser naturalistas para que despois funcionen como comedia. Hai que coñecer ben ese punto de contención, porque de outra maneira deslizarémonos cara o sainete ou outro tipo de subxéneros. Ou sexa, sobreactuaremos.
Inversamente, dicíanos Paco PIno nas súas aulas de interpretación para a cámara que a tristura non funciona ben no drama. Que, aínda que o personaxe estea triste, abatido, con problemas, etc. o actor debe actualo con certa lixeireza. Por iso dicimos que a interpretación no drama e na comedia son parecidas: porque en ambas debe haber un compromiso coa encarnación do personaxe, e, ao mesmo tempo tamén ambas deben ser lixeiras. A razón de que o drama deba actuarse con levidade supoñemos que é porque xa hai suliñados abondo coa música, o encadre, etc., de maneira que ao darlle peso o que faremos será sobreactuar. E a razón de que a comedia deba actuarse con compromiso psicolóxico é parecida: é o guión, o que se está a contar, o que debe brillar e non o actor. Algo que non se da noutros subxéneros de comedia que están máis en función do brillo do actor.
(materiais: bolsas de papel, narices, gomas, cartolinas, pinturas)
Saen 4 de cada vez, e analizamos.
Logo eliximos a un deles para que xogue. Suxerimoslle estados de ánimo, emocións, animaís (raposo) e personaxes (a bruxa)
VER Cuttlas (que non leva ollos nin boca) para entender que hai que comunicar co corpo. Exercicio de comunicar animais, emocións, cunha bolsa de papel na cabeza.
Orixes: no Carnaval. Exercicio de crear máscaras coa mesma bosa de papel, pintándoa e engadindo elementos de cartolina. Personaxes tipificados (caracterizanse polo seu papel social: o pai, o extranxeiro, o empresario, etc.) Tamén o demo...
Os komoi na traxedia grega e o carnaval na comedia del arte.
Referencias nos debuxos animados
Comezamos vendo videos de correcaminos (grimaldi), de bugs bunny, de yosemite sam, de mofeta (sexo), de pantera rosa (pierrot?), gallo claudio, mofeta, de titeres cachiporra… para coller o ton: son caracteres guiados polo sexo e a violencia.
Cales son as características físicas: a forma de rir do paxaro loco, a forma de correr de correcaminos…
Cal é o pulso: moi acelerado (bugs bunny, paxaro loco…), moi lento (yogui?) con swing (pantera rosa). Nunca é cotián
caracter: positivo, gruñon, tristón, acrata…
Algo de teoría e historia: sistema carlo boso.
xogos de ritmo colectivos para crear confianza entre nos e rito de participación (Pierre)
Construindo caracteres coma o avaro, o paranoico, etc.
Construindo a partir dun trazo físico: nunca mira de fronte, leva unha bola na chepa que ten que procurar que non lle caia, camiña sobre as nubes. etc.
Parellas: un é grande moi grande e o outro é pequeno, pequeno/ tenso e frouxo
Traballar a actitude: ambigua (cabaret: os homes camiñan como mulleres, e viceversa)
Parellas: Os dous teñen botón para dar descargas ao compañeiro. Un chora ou pide algo que necesita (en gramlot ou non). Seu obxectivo é facer rir ao outro (que está como espectador, non actua)
EL JUEVES. Befa de los guapos, de los ricos, del Rey, del Papa, del Juez, del coronel, etc.
Clown: Todo é novo. Sabe facer todo.
- O maior experto do mundo en: danza do ventre, striptease, etc.
- Mimar un pxe (un cazador, un policía, etc.) pero o importante é a actitude, o status.
atraer a atención, arenga, descarga, facer sala
Bailar para o público:
Parodia: de posdrama, da danza contemporánea, do ballet, etc.
- chanson coa letra cambiada (pero tamén fado, cuplé, etc.)
- Coreografías sobre playbacks
- O mundo da marxinalidade, das putas e ionquis
- Titeres, obxectos, sombras
- Mentalismo, adivinacion, ilusionismo
- Crossdressing
- Striptease
- Xogos co público, facer sala, provocación, insultos
Contador de chistes
STRIPTEASE. Me dijeron que te gusta exhibirte, que eres un exhibicionista. Encandilar, espera y verás.
PLAYBACK. Pode ser en plan musical con baile, pode ser en plan melodrama de Camilo Sesto ou de Mina, etc
Do ballet (fácil), da danza contemporánea, do posdrama,
O choqueiro. Homes vestidos choqueiramente de muller e viceversa. Ou bem ambiguos; ou ben metade home e metade muller; moi sexualizados; moitas picardías.
Quecemento: comezar co quecemento das mans (que son as que ven). Despois é como ducharse: ir quecendo os antebrazos, os cóbados, etc. Explorar as posibilidades de movemento que teñen os cóbados, etc.
TRABALLO CO QUE LEVAMOS NA NOSA MOCHILA
Valeiramos a nosa mochila persoal e distribuimos os obxectos no chan. Despois imos vendo os obxectos dos compañeiros: cada un explicará que leva na mochila e por que. Tamén nos fixaremos en como os distribuiron no espazo.
Despois eliximos un obxecto da mochila e exploramos as posibilidades que ten.
Nun segundo momento, intercambiamos o noso obxecto persoal con outro obxecto dun compañeiro. E aínda faremos un intercambio máis.
Logo creamos unha partitura de movementos co noso obxecto.
Por último, creamos unha partitura coa historia do noso obxecto.
TRABALLO CON SILLA
Primeiro: exploración das posibilidades da silla. A silla e o noso corpo, a silla no espazo, etc.
Segundo: Crear unha partitura coa silla. Encontrar cinco momentos coa silla e enfialos nunha partitura en bucle, na que despois do movemento quinto, regresamos ao movemento primeiro.
TRABALLO CUN OBXECTO NOSO
2º DIA
Quecemento/estiramentos/equilibrios
TRABALLO CUN FOLIO1
Posibilidades expresivas que ten o folio, sen alterar o folio (regra), ou sexa, sen crear enrugas, rompelo, etc. Facer primeiro obradoiro: xogar coa luz, co espazo, co corpo, etc. Despois crear unha partitura con 5 fix points.
TRABALLO CON FOLIO2
A proposta agora é a contraria do anterior: alteramos o papel, doblamos, enrugamos, rompemos, etc. Non hai partitura.
TRABALLO CUN FOLIO3
Proposta: “O meu refuxio cando eu era un neno”. Contar isto cun folio. É necesario partir dun folio en branco para empezar a crear a historia. Ou sexa, non reciclar o folio anterior.
DRAMATURXIA COS OBXECTOS QUE SELECCIONAMOS NA NOSA CASA
A partir de aquí o traballo consistiu en crear unha dramaturxia cos obxectos privados que cada un trouxera da casa. Desbotando algúns (menos é máis), mostrando aos compañeiros, limpando a proposta.
...
• establecer 5 fix points, y después enhebrarlos en bucle. Después, de la misma manera que hicimos con los objetos que trajimos de casa, crear una dramaturgia. Al tiempo que él hablaba tuve la imagen de las hojas de una lechuga que desprendemos y con las que creamos un mar de olas.
• El silencio. Bobes insistía en que primero era el objeto y secundariamente la palabra. Después del curso, durante el foro de la MIT posterior a su espectáculo me enteré de que él nunca habla en sus espectáculos. Nunca. Aunque el espectáculo de la MIT era una excepción en este sentido (tampoco era realmente un espectáculo de objetos).
• El misterio, el enigma. Observar en silencio. Disociar paisaje y texto.
• Xenerar marcos (frames). Facer zoom e crear novos marcos.
• O primeiro é construir un mundo cos obxectos. E ir engadindo capas. Despois chega a historia, as accións.
• Non ocultar a tremoia que utilizamos. Iso forma parte do infraordinario. Pode fallar, e por iso mesmo resulta interesante.
• Podemos ordenar ou clasificar os obxectos de que disponemos por cores, por formas, por afinidades… Especies de espacios, libro que descargué de Perec.
• “Con los objetos se trata de establecer reglas, como G Perec”