polo prof. Modesto Cretino, aka Quico Cadaval (texto completo picando na ligazón)
Non sairam (jamais!) da minha caneta argumentos da caste de “no teatro actual som mais importantes os complementos que a qualidade do tecido”. Nom. Ao contrário, falar de géneros é reivindicar que o que mais importa é a qualidade do tecido. Nom é casual que o tecnicismo teatral “género” seja um empréstito de xíria profisional das costureiras. Elas sabem de que falam quando dim tergal, lá, veludo, viscosa, seda, tafetán, linho, franela, tweed, rayon, lycra... e também sabem para que fins é correcto utilizar cada um destes géneros.
Talvez o que melhor pode definir o drama é que é o género teatral menos “comentado”, menos “intencionado”, onde menos se ve (ainda que existe) a intençom dos autores. É o menos ornamentado, onde o espelho do teatro se esforça em reflectir a vida, as situaçons humanas, com a mínima distorssom posível.
O binómio “sério” (tragédia-melodrama) pretende emocionar e comover, e apela á nossa área irracional.
O binómio “divertido” (comédia-farça) pretende fazer rir e retar á inteligéncia, e, apela á área mais política do nosso cerebro.
O erro mais temível de todos e enganar-se de género. Na actualidade o perigo de incorrer em enganos genéricos aumentou, porque a nómina de géneros extendeuse até o infinito, chegando a géneros recén batizados polos directores como comitragédia, road-movie clownesca, bagatela existencialista, humorada conceptual costumista, e chegando a identificar con género certos riscos estilísticos de algúm artista em particular. Assim, ouvimos falar de felliniano, buñueliano, almodoraviano, kafkiano...
Esta indefinida empanada conceptual procede de mixturar cumha legítima sub-divissom de géneros com estilos, assuntos, motivos, tramas, fábulas, tradiçons dramáticas, e experiências individuais. De qualquer modo compre distinguir em este caixom de xastre, com paciencia, porqué moitas das sutis diferencias som importantes, conhecé- las pode-nos ajudar a dar com o tom adequado.
Vou pôr um exemplo extraido dumha peça moderna, onde um excelente texto se vê estragado por umha miopia do director ao identificar a sua textura, quer dizer o seu género. Busquei o exemplo no cinema, em primeiro lugar porque é legitimamente dramático; e em segundo lugar, por eficácia didáctica: os alunos de teatro nom tenhem costume de lêr peças dramáticas, mas compensam essa caréncia indo muito ao cinema.
UM EXEMPLO
“True Romance” (um filme de Tony Scott com guiom de Tarantino) como o seu título indica, é um melodrama amoroso sustentado em motivos pop e em recursos narrativos naif e contrapuntado com elementos de violência farcesca que tam popular fixo a Quentim Tarantino. O título é tirado de colecçons de folhetins amorosos populares, literatura de Quiosque norteamericana. Despreçando estas inestimáveis pistas, o director organiza as secuéncias como se de dum drama negro se trata-se, com elementos de road-movie e de comédia romántica (intolerável!) renunciando as dosses de humor e exceso que o guiom sugire. Suspeita razoavel: Scott conversou pouco com Tarantino. Aquí vam dous conselhos: Ler atentamente e de vagar e conversar com o autor, ainda que ja morrera.
Dous criterios de categorización das AAEE son as Técnicas Extracotiás empregadas, por un lado, e os Xéneros ou clasificación modal polo outro.
As técnicas e elementos de significación extracotiás que requiren por parte do performer poden ser: danza, habilidades circenses, títeres, obxectos, digital performance, canto, vestiario, atrezzo... Tamén os elementos de significación teatrais que demandan do resto do equipo técnico-artístico: música, iluminación (canón de seguimento, luz lateral...), lugar da representación (teatro, a rúa, hemiciclo...), setting (moitas portas, ou ben espazo baleiro, ou ben un pe de micro e un muro de tixolo bermello...), a pragmática da palabra (cadenciosa e expresiva na narración oral, picada e rítmica no sainete...), etc.
A categorización modal quere dicir, dun xeito intuitivo, "á maneira de". Se falamos de modos en lugar de xéneros é porque os xéneros trasládannos a unha concepción estreitamente vinculada ás formas teatrais e artísticas (fundamentalmente da literatura dramática), e a nosa intención é abrirnos a unha interpretación que poda abranguer todos os fenómenos performativos.
Na performatividade da vida cotiá encontramos moitos exemplos de modos: Dicimos dun xuízo/dunhas eleccións/dun referendum nun país sen garantias democráticas que é unha farsa. “Non te poñas melodramática”, dille unha nai á súa filla adolescente (ou viceversa). Tamén as expresións da traxedia son múltiples nos sucesos de magnicidios ou parricidios, nas catástrofes naturais (terremotos, volcáns, etc.) e medioambientais (Prestige). E dependendo da perspectiva esa traxedia pode ser tratada como drama. E, se lle engadimos distancia e tempo poderá ser tratada como comedia. É doado recoñecer o sainete na vida pública de personaxes mediáticos e tamén nunha comunidade de veciños e así poderiamos seguir exemplificando modos na vida cotiá. Son fenómenos antropolóxicos que responden ao instinto de xogo e á interacción social.
Na categorización modal temos por un lado os xéneros e por outro os estilos, cuxa diferenza establecemos máis abaixo.
O ESTILO é un carácter propio que imprime ás súas obras un artista, un grupo de artistas ou unha época. Por exemplo, o estilo ou xeito de Almodóvar.
O XÉNERO é unha categoría de distintas obras que comparten criterios de afinidade por razón de convencións estéticas principalmente, pero tamén por motivos xeográficos, históricos ou culturais. Por exemplo o xénero melodramático ao que pertencen as películas de Almodóvar.
O PASO DE ESTILO A XÉNERO
Cando un estilo ten uns elementos de significación moi específicos e se materializa en distintas obras e artistas o estilo pasa a ser un xénero, de maneira que as fronteiras son borrosas. Por exemplo, hai quen afirma que Almodóvar é un xénero en si mesmo, o que se reflicte en toda a súa filmografía e tamén noutros directores como Dunia Ayaso e Félix Sabroso.
Hai quen sostén (Xavier Castiñeira) que só existen dous xéneros: o serio e o cómico. E todo o que se deriva a partir destes son estilos.
En teatro é preciso diferenciar en primer lugar entre xénero dramático e xénero teatral. O primeiro pertence á esfera da literatura e o segundo á esfera espectacular. De maneira que a Commedia dell’arte é un xénero teatral, pero non dramático (non hai textos de commedia dell’arte, xa que o texto era improvisado. Pero si hai textos inspirados na commedia dell’arte, como Los intereses creados, por exemplo). Un caso aínda máis claro sería a pantomima. Ao xénero dramático pertencen todos aqueles textos que se presentan aos concursos de textos dramáticos. Para poñer un exemplo, a traxicomedia (La Celestina) ou o drama romántico (Don Juan Tenorio) son xéneros dramáticos.
Pero novamente os límites son borrosos, e é difícil decidir se a comedia de maxia, por exemplo, é un xénero dramático ou teatral, e incluso é borrosa tamén a diferenciación na commedia dell’arte ou no drama romántico. O que si está claro é que os xéneros dramáticos se estudan nas materias relacionadas co teatro escrito (literatura dramática, dramaturxia, etc.) e os xéneros teatrais fan referencia aos elementos de significación teatrais (espazo escénico, técnicas empregadas, etc.) e deben ser estudados como parte das teorías e a historia dos espectáculos.
En cine por exemplo temos o xénero do western e, dentro do western, o estilo de Sam Pekimpah. Pero temos tamén o dogma, que é un estilo –ou xeito de facer- que pode ser desenvolvido en calquera xénero cinematográfico.
En música temos a música clásica, a música popular e a música tradicional, e dentro destas temos subxéneros como a cantata, o punk ou o flamenco. Pero tamén podemos falar por exemplo do estilo do punk neoiorquino (Ramones, Violent Femmes..) fronte ao estilo do punk inglés (Sex Pistols).
En pintura, fálase de xéneros como o bodegón, o retrato ou a paisaxe (entre outros) sempre en función dos temas abordados. E de estilos como o impresionismo ou o neoclásico. Con todo adóitase falar preferentemente de movementos artísticos, en lugar de estilos.
Como imos vendo, o termo xénero adoita ser máis concreto, e o estilo é máis ambiguo e implica o sintagma “ao xeito de” (ao xeito do impresionismo, do cubismo...). En aqueles teatros onde as convencións e a codificación son moi fortes resulta moi doado distinguir entre xénero (teatro Noh, Baratanatyam, etc.) e estilo (ao xeito dunha rexión, dun artista, etc.)
Pode ser útil a diferencia que formula Saussure entre langue (lingua) e parole (fala). A fala é a realización particular que un falante fai da súa lingua. Cada realización individual chámase fala. Pero tamén se lle chama fala á realización particular dun grupo humano reducido desa mesma lingua. Temos a fala das mulleres e dos homes, ou por exemplo dun grupo social ou profesional (xírias). Na outra man, a lingua é un produto histórico, derivado da tradición, e implica unha serie de normas estruturantes. Chomsky prefire falar –en lugar da dualidade lingua/fala- da dualidade competencia/execución, pero neste caso a lingua pertence a un mundo ideal, non existe no mundo empírico.
En definitiva, son as diferenzas estruturais as que deciden os xéneros da commedia dell’arte, do cabaret ou da pantomima. E o estilo é o que determina as diferencias entre a commedia dell’arte do XVI e a do XVIII, ou entre un Hamlet naturalista e un Hamlet expresionista. Ou sexa, que o estilo é o xeito en que se executa esa estrutura.
A traxedia grega por exemplo, é un xénero, xa que contén unha serie de elementos estruturantes xa definidos por Aristóteles, e dentro dela poderiamos falar do estilo de Eurípides. E este xénero, ademais de ser un xénero dramático, é un xénero teatral, xa que comporta unha serie de características espectaculares. O simbolismo, o costumismo ou a abstracción serían estilos, xa que son o xeito de manifestarse (ou fala) de diferentes xéneros (ou linguas) como poden ser o mimo, os títeres ou a narración oral.
A nivel xeral podemos diferenciar entre dous grandes estilos en teatro, en función do tipo de mímese: abstracto e realista. O primeiro na súa expresión máxima sería un teatro dancístico, difícil de expresar con palabras, e o segundo sería unha imitación da realidade. O teatro grego brinda exemplos destes dous estilos dentro dunha mesma obra.
O simbolismo sería outro estilo, do que participan xéneros como o drama naturalista ou o auto sacramental. O mesmo podemos dicir do teatro codificado –un estilo- no que se encadran xéneros do teatro oriental ou da comedia de máscaras occidental.
A sistematización modal da literatura dramática en función dos xéneros divídea en xéneros maiores e xéneros menores. Xéneros dramáticos maiores son a traxedia, a comedia e a traxicomedia. Xéneros dramáticos menores son o entremés, el paso, el sainete ou a farsa (hai máis).
Os xéneros menores son obras máis breves e menos intensas ca os xéneros maiores, con argumentos menos complexos, conflictos máis concretos e un número más limitado de personaxes e de tramas. Adoitan ser xéneros intercalares e cómicos.
Ata hai pouco tempo había escasos traballos teóricos dedicados aos xéneros menores como consecuencia de prexuizos estéticos, como afirma Peláez na sua tese sobre a parodia dirixida por Rios Carratalá. Actualmente os investigadores asumen a necesidade de valorar as manifestacións dramáticas non so polas suas virtudes literarias, senón como reflexo dunha realidade histórica e cultural. No caso dos xéneros menores falamos dun corpus cun nivel de recepción dunha enorme repercusión.
No Rock e na música popular tamén vemos os modos:
O melodrama do, bolero, tangos e rancheras. Latinoamérica ten unha grande inclinación cara o romanticismo. E o xénero-rei da época romántica foi o melodrama, aínda que tamén o foron o sainete e a farsa. E tamén estes xéneros abondan en Latinoamérica. O victimismo, os personaxes e tramas populares e populistas, o fascinio polo truculento, polo sufrimento dos protagonistas para que, en última instancia, terminen felices coma nun conto de fadas.
A farsa de grupos como Kiss
O simbolismo [12:35, 7/2/2024] Santi Prego: Canción rusa de maríon e simbolista, Pink Floyd, flower power, etc
[12:36, 7/2/2024] Santi Prego: formas de falar, un bajo profundo, unha persoa mística, unha persona q susurra. Unha persoa moi sensible a los animales, al naturaleza, vegetariana