"Boal ha conseguido lo que Brecht soñó: crear un teatro útil que resulte entretenido, divertido e instructivo." (Richard Schechner)
´Hai moitas técnicas de Investigación-acción nas que se aplica o teatro, e non todas son da autoría de Augusto Boal, pero si podemos afirmar que todas están influidas por Boal.
É ao mesmo tempo un xeito de investigación e un proceso de intervención social
As súas principais características son:
INVESTIGACIÓN: ten por finalidade estudar algún aspecto da realidade, cun obxectivo práctico.
ACCIÓN: a forma de realizar o estudo é xa un modo de intervención: o propósito da investigación está orientado á acción e á transformación, sendo ela á súa vez fonte de coñecemento e o seu resultado.
PARTICIPACIÓN: é unha actividade na que os destinatarios dos programas xa non son considerados como simples beneficiarios, senón como suxeitos actuantes
TRANSFORMACIÓN: performers e destinatarios contribúen a coñecer e transformar a realidade na que están implicados.
No video: O caso dos conflitos interétnicos nunha cidade, o caso dos conflitos no sector da saúde...
Fases:
O proxecto
O autodiagnóstico
Programación e posta en marcha do proxecto
Avaliación
Departamento de Sociología II. Universidad de Alicante
(Esquema con cronograma)
0:30 teatro social, investigación-acción, educación popular, teatro comunitario, teatro político, teatro debate, identidad, saberes populares.
As influencias primeiras e duradoiras de Boal son Stanislavski e o Actor´s Studio, onde Boal asistiu a varias sesións durante a súa estancia de xuventude en Nova Iorque.
Neste sentido, é importante recordar que xa o Naturalismo do século XIX tenta facer do teatro unha ferramenta para a transformación da realidade.
Xa de volta en Brasil atopamos en Boal varias etapas:
unha primeira na que monta textos realistas de autores contemporáneos anglosaxóns
unha segunda etapa tamén realista na que monta textos brasileiros
unha terceira etapa na que adapta clásicos (Lope, Moliere...) á realidade social do Brasil e
unha cuarta etapa na que monta musicais reivindicativos, mesturando a épica, o melodrama, a farsa e o docudrama.
Pouco despois terá que exiliarse de Brasil por causas políticas e comezará a xestación do Teatro do Oprimido
As técnicas do TDO reciben influencia do teatro épico de Bertolt Brecht. Teñen por obxecto transformar ao espectador en protagonista da acción dramática e, "a través desta transformación, axudar ao espectador a preparar accións reais que lle conduzan á propia liberación". Son as seguintes:
Xogos iniciais para actores e non actores
Teatro Xornalístico
Arco Iris do Desexo
Teatro Lexislativo
Teatro invisible
Teatro Imaxe
Teatro Forum
Conforme informa Tomás Motos, está moi relacionado co teatro documento. O material do que se parte é a prensa diaria, aínda que tamén se adoitan utilizar revistas, folletos, gravacións de televisión, etc. Recompílase o material e tras unha fase de traballo de mesa que comprende unha análise da noticia e as súas implicacións sociopolíticas, a noticia sacada de contexto adquire outra dimensión. Boal propón diversas técnicas para teatralizar unha noticia, cuxo obxectivo é informar, pero sobre todo criticar e cuestionar a ideoloxía dominante. Estas técnicas son (exemplificalo cunha noticia sobre Trump, sobre Altri, sobre o acceso á vivenda, etc.):
Lectura complementada: trátase de engadir os detalles que voluntariamente se omitiran na súa redacción.
Lectura cruzada: trabállanse dúas noticias que gardan relación entre si, pero que son contraditorias.
Lectura con ritmo: utilizando técnicas de ruptura: cantar a noticia, ler coma se se tratáse da retransmisión dun partido de fútbol...
Lectura con reforzo: arróupase a noticia con diapositivas ou calquera elemento que sirva para facilitar a crítica do seu contido.
Acción paralela: consiste en demostrar, con mímica, accións que achegan como contradición ou complementación da noticia que se está lendo.
Historia: relacionar a noticia con feitos históricos.
Improvisación: dramatizar a noticia.
Concreción da abstracción: consiste en tornar visible, sensible, a través de analoxías, símbolos ou calquera outra equivalencia, determinadas palabras, que polo seu uso excesivo, perderon a capacidade de espertar no espectador ou lector as emocións correspondentes.
Texto fóra de contexto: ler a noticia nun contexto distinto do que un xa se afixo a ler noticias semellantes.
Inserción dentro do verdadeiro contexto: é moi frecuente que os xornais, sobre todo os máis sensacionalistas, ofrezan o detalle como feito principal; nestes casos do que se trata é de inserir a noticia no seu contexto máis amplo.
Ademais do teatro xornalístico outras formas que poden empregarse no chamado teatro popular son:
Collage de textos, poemas, documentos, de testemuños, etc.
Collages ilustrados con marionetas.
Utilización de festas e tradicións populares: charangas, comparsas, chirigotas.
[PRÁCTICAS DE TEATRO PERIODISTICO EN "PRÁCTICAS DE DRAMATIZACIÓN"]
El diari se proponía denunciar la realidad de la España de aquel momento, interpretando las noticias de un periódico. La representación transmitía gráficamente el cinismo caradura de la versión oficial de la vida del país, absolutamente falsa y ridícula.
La forma de expresión empleada para ello no era el mimo clásico; en su lugar, aparecía un expresionismo esperpéntico, subrayado por un maquillaje máscara del mismo estilo.
Como las anteriores también fue creada por Boal (1980) y se entronca igualmente con la creación colectiva. Las obras que se representan parten del análisis de las inquietudes, problemas y aspiraciones de la comunidad a la que la van dirigidas. Para hacer este análisis, un equipo se encarga de entrevistar a los futuros espectadores en su ambiente. Esta metodología tiene muchos puntos de contacto con la del actor y autor italiano Darío Foo. Una vez creado el espectáculo, los espectadores pueden participar convirtiéndose en actores y actrices de la obra. El procedimiento es muy sencillo: uno de los miembros del grupo, que hace de animador de sala, cuando alguien de entre los espectadores alza la mano porque quiere expresar su punto de vista sobre la escena en curso, dice en voz alta "alto", se para la escena y propone al espectador sustituir al actor en el escenario.
Como afirma Chévere no seu dossier sobre NEVERMORE, o documental é unha narrativa que reconstrúe interesadamente a verdade (como o goberno), sobre todo co obxectivo de que pareza verdade.
A metodoloxía de investigación en teatro político parte sempre dunha posición sesgada, explícitamente sesgada.
Non se trata de documentar a verdade, senón de reconstruir interesandamente a verdade.