En todo o T.O. existe o principio masculino e o principio feminino como dous estilos ben diferenciados. Na India son o estilo lasya (delicado) e tandava (vigoroso), que abranguen tamén o resto de elementos de cada un deses estilos: os distintos movementos, ritmos, vestiario, música, posicions das diferentes partes do corpo. En Bali as mesmas distincions reciben os nomes de keras e manis, e en China e Xapón o yin e o yang.
Os principios masculino e femenino teñen aplicación nas bases teóricas da medicina, da música, da química, etc. Considérase que son as principais forzas cósmicas do movemento, as causas primeiras da ininterrumpida mutabilidade na Natureza.
Da dualidade destes principios xurde unha dialéctica entre o luminoso e o escuro, o duro e o mol, o masculino e o femenino. Simbolizan a interacción de contraposicions extremas: o día e a noiote, o sol e a lua, ceo e terra, calor e frío, positivo e negativo.
A nivel científico é obvia en Occidente a diferenciación entre o principio masculino e o principio feminino, ainda que a corrente dominante é a do Modelo Estándar das Ciencias Sociais (feminismo de xénero, postmodernismo, gran parte da socioloxía, etc) que afirma que todos os humanos teñen o mesmo potencial e que o único que os separa é a cultura, non a bioloxía. Por exemplo, nesta entrevista a un dos maiores especialistas en autismo, este afirma que os autistas responden a un perfil de masculinidade psicolóxica extrema, nun continuo estatístico entre os cerebros hipermasculinos e os cerebros hiperfemininos, sendo as características fundamentais dos cerebros masculino e feminino a sistematización e a empatía, respectivamente. En todo caso, os polos masculino e feminino non se refiren ao sexo, senón ás diferenzas individuais, xa que algúns nenos son atípicos polo seu sexo.
No coro da ESADg evidénciase unha das diferenzas entre o principio masculino e feminino: a voz. Efectivamente nun coro sitúanse á dereita as mulleres (sopranos e as contraltos) e á esquerda os homes (tenores e baixos).
Durante a puberdade, as hormonas, neste caso os niveis de testosterona, aumentan significativamente nos homes, o que induce o crecemento da larinxe e o engrosamiento das cordas vocais.
Os cambios hormonais que se producen durante o proceso da menopausa adoitan ser os principais causantes da baixada tonal no caso das voces femininas. En cambio, no caso dos homes a voz vai baixando paulatinamente até os 50 anos aproximadamente, momento no cal comeza de novo a subir lentamente.
Cordas vocais máis longas e grosas en homes: A voz prodúcese cando o aire pasa a través das cordas vocais, facéndoas vibrar. Nos homes, estas cordas vocais adoitan ser entre un 50 e 60% máis longas que nas mulleres. Isto dá lugar a vibracións máis lentas, o que produce unha voz máis grave. A voz feminina, con cordas vocais máis curtas e delgadas, xera vibracións máis rápidas, o que resulta en tons máis agudos.
Nos homes, a larinxe tamén é máis grande, o que se nota externamente como a "mazá (ou noz) de Adán". Este crecemento adicional reduce a frecuencia de vibración das cordas vocais, facendo que a voz masculina sexa máis profunda.
A resonancia é a amplificación natural do son dentro do corpo.
As cavidades de resonancia son máis grandes nos homes: Os homes tenden a ter cavidades máis grandes na garganta, no peito e nos seos nasais, o que lles dá unha voz máis profunda e resonante. Pensemos no son dun bombo, por exemplo.
As mulleres, con cavidades máis pequenas, xeran un son menos resonante e máis agudo. Pensemos no son dun tamboril, por exemplo.
Habitualmente os homes teñen bocas máis grandes, o que xera unha resonancia vocal diferente e contribue ao ton grave.
OUTROS PRIMATES
A táctica de diminuír o ton de voz durante altercados é algo que se repite tamén na natureza e é empregada por moitos outros primates incluídos os chimpancés, os nosos parentes máis próximos. "É unha maneira de mostrarlle aos demais que estás listo para loitar e protexer o teu, e reafirmar o teu status". E as mesmas connotacións eran evidentes para os humanos que tamén baixaran a voz.
HUMANOS
As diferenzas de ton entre voces masculina e feminina tamén están influidas pola contorna social. As mulleres ás veces tenden a elevar lixeiramente o ton (non o volume) da súa voz en situacións sociais, mentres que os homes poden baixalo para salientar autoridade.
As voces graves adoitan estar asociadas á autoridade, poder e seriedade, mentres que as voces agudas percíbense como suaves, afectuosas ou xuvenís. Estas percepcións están fortemente influenciadas por normas sociais e estereotipos.
En certos contextos profesionais as voces máis graves tenden a asociarse con liderado e confianza. Isto levou a algúns estudos a explorar como estas percepcións afectan as oportunidades laborais e a imaxe pública das persoas segundo o seu ton de voz.
Na BBC compararon programas de radio da década de 1940 e 1950, e acharon que había grandes diferenzas entre a forma na falaban as mulleres entón e como se expresan hoxe: as mulleres de hoxe falan nun ton máis profundo, máis grave, que como falaban as súas nais ou avoas. Isto relaciónase coa dinámica cambiante de poder entre homes e mulleres. Margaret Thatcher contratou a un adestrador de voz profesional para axudala a soar máis autoritaria, baixando deliberadamente o ton da súa voz en 60 Hz (iso é moito!).
En Holanda as mulleres teñen un ton máis profundo que en Xapón e iso parece estar vinculado aos estereotipos de xénero prevalecente: a independencia fronte á impotencia. Esta é unha desigualdade que tamén se reflicte nunha maior brecha salarial de xénero en Xapón.
[Nuria Polo Profesora, titular en Lingüística General de la Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED)]
As mulleres poden alcanzar posicións vocálicas máis extremas (abrir máis a boca, adiantar máis lingua, etc.), porque o mesmo movemento da lingua na mesma cantidade de tempo pode chegar máis lonxe ao ter unha boca máis pequena que os homes.
Os movementos articulatorios que fan as mulleres para aumentar a perceptibilidade da súa fala asociáronse con trazos feminizados. A fala das mulleres tende a potenciar a perceptibilidade reducida pola frecuencia fundamental aguda.
Sensibilidade Auditiva
Limiar Auditivo: En xeral, as mulleres tenden a ter limiares auditivos máis baixos (mellor audición) en certas frecuencias, especialmente nas frecuencias altas, en comparación cos homes.
Rango de Audición: As mulleres poden ter unha maior sensibilidade a sons de alta frecuencia que os homes.
Procesamiento do Son
Percepción do Ton: As mulleres adoitan ter unha mellor discriminación do ton, o que lles permite diferenciar entre sons de frecuencias lixeiramente distintas con máis precisión.
Procesamiento Temporal: Algúns estudos suxiren que as mulleres poden procesar mellor a información temporal do son, o que se traduce nunha maior capacidade para seguir ritmos e patróns auditivos complexos.
Influencia de Factores Hormonais
Hormonas: As hormonas sexuais, como o estrógeno e a proxesterona, inflúen na audición. Por exemplo, os niveis de estrógeno nas mulleres poden mellorar a sensibilidade auditiva.
Envellecemento Auditivo
Presbiacusia: A perda de audición relacionada coa idade (presbiacusia) adoita afectar os homes de maneira máis significativa e a unha idade máis temperá en comparación coas mulleres. Os homes adoitan experimentar unha perda máis pronunciada nas frecuencias altas.
Os estereotipos vocais que se asociaron á muller concordan co resto da imaxe que se proxecta sobre esta: a voz feminina é bonita (sexy) afectada/emocional/esaxerada, infantilizada, sumisa, insegura, débil (non pode ser líder/autoritaria) e molesta. Todos adxectivos negativos ou ao servizo/relación das voces masculinas.
Pero non existe ningún trazo acústico que demostre a devandita asociación.
Bonita/sexy/feminina: as voces femininas teñen a desvantaxe de que ao ser máis agudas percíbense peor. As mulleres utilizan, sen sabelo, estratexias de compensación: ampliar o espazo das vocais, máis extremas i-a-o. E isto asociouse con trazos de femineidade.
Emocional/esaxerada: por supostas variacións maiores do ton. Non é certo, pois non hai diferenzas no rango tonal (valores máximos e mínimos do ton) entre homes e mulleres.
Afectada: A nasalización afecta de maneira distinta a voces de homes e mulleres por unha cuestión anatómica. Quizais esta sexa a explicación de que á voz das mulleres sexa percibida como nasalizada, afectada.
Infantilizada: como as voces son máis agudas achéganse máis ás dos nenos ou como tradicionalmente as nais coidaban dos fillos usaban só elas o ton de voz típico da fala dirixida aos bebés.
Irritante/molesta: As voces demasiado agudas son molestas, pero iso non é o habitual. Por outra banda, non evidencia nos estudos de que as mulleres falen máis.
Sumisa/conservadora/educada: o ámbito doméstico sen relacións co exterior foi o espazo reservado para as mulleres e valorábase a súa boa educación. Desta forma a súa fala ten que ser tradicional e conservadora. Aos homes permíteselles falar de maneira incorrecta ou vulgar, pero non así ás mulleres, das que se espera que sexan educadas, sumisas e correctas.
En estudos que comparan os cambios nas linguas, as mulleres adoitan adoptar os sons novos antes que os homes. Unha das teorías que se propón para explicar isto é que as mulleres promoven os cambios que mellor se adaptan á súa anatomía, para que se perciban mellor.
Insegura/débil: Díxose que as mulleres utilizan actos de fala indirectos, máis preguntas de confirmación, deixan os tons suspendidos ou realizan máis finais ascendentes. Pero a igualdade de condicións non hai diferenzas de comunicación entre homes e mulleres.
As mulleres fan depender o seu éxito individual e profesional en asimilar os trazos masculinos. Así líderes políticos, directivos, mesmo na radio, deben ter voces graves, independentemente de que sexan mulleres. Os homes falan máis en contextos formais, ocupan as quendas de palabra durante máis tempo e interrompen máis. Ás mulleres díxoselles que os seus hábitos vocais son inapropiados ou irritantes e elas aceptárono, polo que tratan de normalizalos cara ao estándar masculino.
Outro aspecto que é común ás artes do espectáculo orientais son as cuestións relativas ao patriarcado, ou sexa, ao dominio do home na totalidade das relacións sociais, políticas e culturais. Ainda que este fenómeno dase tamén en Occidente (recordemos todo o que levamos visto nesta web sobre cuestións de xénero no teatro grego, no isabelino, no teatro de variedades, etc.), en Oriente dase dun xeito máis marcado, polo menos no relativo ás Artes do Espectáculo. A día de hoxe existen xéneros como o kathakali e o teatro Noh no que son os homes os que fan de mulleres. Nalgúns xéneros teatrais nos que as performers son mulleres, como o Kabuki ou o Bharatanatyam, tradicionalmente estas eran prostitutas.
É necesario poñer en contexto o fenómeno da prostitución en Oriente, xa que estamos a falar dun ámbito cultural diferente ao noso, que ao mesmo tempo garda certas similitudes con épocas pasadas en Occidente.
A prostitución sagrada é un concepto difícil de delimitar na historiografía, xa que non resulta fácil diferenciala de ritos sexuais non remunerados.
AS PROSTITUTAS SAGRADAS (concretamente as devadasi indias)
ACTUALIDADE: Aínda existen hoxendía (2015) unhas 330.000 devadasis ou prostitutas sagradas na India.
QUE SON: rapazas do sur da India que son consagradas ao templo nunha cerimonia similar ao matrimonio (cásase coa divinidade). Proceden de familias pobres e son reclutadas por proxenetas nos festivais relixiosos.
ARTES DO ESPECTÁCULO: En francés son coñecidas como bayaderas, do portugués balhadeira (danzarina). As bailarinas do Bharatanatyam eran devadasi. En Europa, tamén se asociou tradicionalmente o traballo de actriz ao de prostituta, porque as actrices tiñan comportamentos liberais, porque manexaban diñeiro, e porque se movían libremente polo territorio.
A CUESTIÓN CULTURAL. A sexualidade, que é considerada polo cristianismo como algo impuro e que debe ter como único fin a reprodución, non obstante é considerada como algo espiritual na India e noutras culturas. De feito, a día de hoxe, séguese considerando que a relación con estas prostitutas purifica ao peregrino.
ESTATUS
Entre os séculos XIII e XVI as devadasi procedían de familias nobres. Eran as únicas mulleres que sabían ler e escribir nesa época.
Co tempo pasarán a ser cortesanas para ricos (escorts) baixo a coartada da relixión.
Ao perderen poder os aristócratas indios no XIX deixan de patrocinar os templos e a súa actividade empobrécese.
Actualmente non é máis que unha forma de explotación sexual.
O modelo social patriarcal foi común a todas as sociedades da antigüidade.
Paradóxalmente as prostitutas (sagradas ou non) atentaban contra ese patriarcado, porque cuestionaban os dereitos paternos sobre a descendencia. Ademais permitían que as mulleres foran independentes e manexaran diñeiro.
Son personaxes moi importantes nas obras da Comedia Nova (Grecia), onde teñen sona de ladronas e interesadas, probablemente pola rancor que produce nos homes o feito de que manexen diñeiro.
En Grecia, a maioría das prostitutas non estaban vinculadas ao templo. Pero chegou a haber ata 1000 prostitutas sagradas. Había moitos tipos de prostitutas non sagradas, desde as pornai, que eran propiedade dun proxeneta; ás auletrides, que eran bailarinas e músicos; ata as hetairas, asimilables ás geishas xaponesas, que cobraban moitísimo ou as que se prostituían unha única vez para vender a súa virxinidade.
Na Europa Moderna son ben coñecidos casos coma o de Mme. Pompadour, amante de Luis XV e impulsora da Enciclopedia, ou da Calderona, amante de Felipe IV.
Na época contemporánea (década de 1970 e 1980), alguns cultos relixiosos practicaban a prostitución sagrada como un instrumento para reclutar novos conversos. Entre outros os Niños de Dios, tamén coñecido como La Familia Internacional, que abolieron a práctica debido ao andazo de SIDA.
O sexo ritual tamén é invocado na relixión católica para cometer abusos, baixo o pretexto de sanación, exorcismo, etc. Neste caso non podemos falar de prostitución sagrada porque as mulleres ou homes non perciben diñeiro a cambio.