1. T.O. Trazos Comúns

Teatro Oriental

Paralelismo do T.O. con fenómenos europeos

O teatro oriental ten certas características en común que o distinguen claramente do teatro occidental posrenacentista. Ou  sexa do teatro convencional europeo. 

As novas tendencias en teatro do século XX -Stanislawski, Meyerhold, Artaud, Grotowski, Brecht, Barba- non poderían existir de non ter sido pola influencia do teatro oriental.

O xiro performativo do teatro na posmodernidade igualmente é debedor do teatro oriental. O teatro oriental é presentacional, non é re-presentacional. O artista non pretende realizar unha a copia mimética do mundo físico, senón presentar un acontecemento.

Agamenón, de Esquilo, ao xeito Kathakali, por Arianne Mnouchkine (ensaios)

Danza contemporánea e influencia do teatro oriental

Ruth St. Denis

Mary Wigman, Witch Dance

Ruth St. Denis and Edna Malone in Siamese Ballet. (1918)

Martha Graham

Vangarda teatral e influencia do T.O.

1931: Antonin Artaud Sees Balinese Theatre at the Paris Colonial Exposition

Sergei Eisenstein, Mei Lanfang, Tretjakov, Pengchun and Meyerhold à Moscou en 1935

Eisenstein e Mei Lanfang (caracterizado)

Gordon Craig e Mei Lanfang

p. v. colonial vs. p.v. poscolonial

Como afirma Fabio Mangolini: "é un erro buscar no Teatro Oriental algo exótico e inamovible" (videoconferencia con alumnado de 3ºDD da ESADg o 04/02/2025). 

Desde un punto de vista colonial vemos ó resto de civilizacións como sistemas atemporais, exóticos e inamovibles. Así foi tamén como as interpretaron Artaud e outros teóricos do teatro. E tamén o interpretou así Xapón, que enviaron expedicións a Occidente na procura do que para eles era o exótico desde finais do século XIX.

Pero si que podemos establecer trazos distintivos entre o Xapón e Occidente, por exemplo na percepción xaponesa de que unha nova tradición enlaza coa anterior sen rachar con ela pero estando en constante evolución.

Desde o punto de vista postcolonial, Fabio afirma que cando sacamos un elemento doutra tradición debería ter unha función (“servir para algo”) e estar ben encaixado. De outra maneira podemos cair fácilmente no atrevimento do pastiche (unha pretendida obra de arte influenciada por outras tradicións sen comprendelas) ou no puritanismo do discurso que rexeita todo elemento alleo por consideralo irrespectuoso (apropiación cultural).

Sobre a diferenza entre apropiacionismo e apropiacionismo

Sobre as diferenzas entre Apropiación, transculturación, interculturalismo, aculturación, multiculturalidade e relativismo cultural

Sobre a diferenza entre comodificación e apropiación cultural

Sobre a apropiación artística no situacionismo, punk e na extrema dereita

Sobre a danza moderna como caso de apropiación cultural

Trazos característicos do T.O.

O universo común do T.O.

Do mesmo xeito que existe o universo común do teatro occidental, que se reflicte no tópico que di que "o teatro é unha linguaxe universal", existe tamén o universo común do teatro oriental. Aínda que o devandito tópico é mentira, porque o público so acepta o teatro que pode entender (e por tanto non acepta o teatro noutro idioma que non sexa o seu, a excepción do público dos Festivais Internacionais, e mesmo así, non sempre), si que é certo que existe un universo occidental común conformado por Shakespeare e Moliere, Stanilaswki e Brecht, A commedia dell´arte e o teatro grego. Da mesma maneira imos ver que tamén existen trazos comúns no teatro oriental:

Budismo e performance no T.O. 


O teatro Kabuki e o Noh, o teatro chinés, o vietnamita, o balinés, o Indio, etc. so se poden entender desde eses presupostos culturais.

Cristianismo e performance no T.Occidental

O equivalente ao budismo oriental sería o cristianismo occidental. Ou para ser máis preciso: as dúas familias de relixións máis numerosas son as relixións do libro ou relixións abrahámicas (xudaísmo, cristianismo, islam...) e as relixións dharmicas (hinduismo, budismo, taoísmo...) Para entender a cultura occidental, por exemplo, para ler a Capela Sixtina ou a catedral de Santiago é preciso coñecer o cristianismo. Sucede o mesmo cos espectáculos, que fan parte da superestructura. Por outro lado, os fenómenos performativos orientais non son radicalmente diferentes dos occidentais.

En Galicia danse fenómenos performativos similares aos que estudaremos no T.O.

O teatro en España xurde cos ciclos do Corpus, da Pascua e do Nadal. Dos ciclos da Pascua temos o “Teatro de Pasión”, que aínda existe en moitas vilas galegas.

O Corpus será a grande festa, rito e celebración da Igrexa católica. En Redondela podemos ver danzas como a danza de espadas ou a penla, ritos como a procesión, as rocas ou a propia misa, festa coa moxiganga dos xigantes e cabezudos e a Coca, aparte da festa con orquestas propiamente dita. O Corpus foi unha celebración que impulsou o teatro en toda a área xeográfica católica. Máis información sobre o Corpus na páxina Ritos e eventos desta mesma web.

En Galicia podemos ver posesión e trance vinculado ás crenzas relixiosas e aos ritos exorcistas, en O Corpiño ou no San Campio. Sen sair de Pontevedra hai tres exorcistas autorizados polos obispos.

En definitiva, en Oriente non existe a dicotomía Rito / Espectáculo; (serio, transcendente) / (entretemento, un fin en si mesmo). Ou polo menos, non existe dun xeito tan marcado. En Occidente, nas culturas tradicionais coma a galega, tampouco existe unha liña que separe o serio do entretemento. 

Vemos ata o min 1:30:

Danza de espadas e Penlas:

Elementos da cultura pagana resignificados na Festa do Corpus. E voltos a resignificar no século XX.

Xigantes e Cabezudos:

Mascarada grotesca e alegórica. Festa popular que toma a forma de desfile.

min. 12:12 Danza de los enanos de La Palma. É unha dos actos da Festa da Virxe (Canarias). Outros son: Danza de Mascarones (comparsa de gigantes y cabezudos) La Pandorga (desfile de luminarias chinescas), Danza de Acróbatas (al ritmo de pasodoble), música, poesía, Danza de los Enanos, Carro Alegórico y Triunfal, bandas de música y grupos de cornetas y tambores, Diálogo entre el Castillo y la Nave, representado al paso de la procesión, Loa de Recibimiento , Procesión Nocturna, etc

Principios masculino e femenino

Contrariamente ao que sucede habitualmente en Occidente, en Oriente as mulleres interpretan personaxes de homes e viceversa, xa que interpretar un home ou unha muller, un deus, un animal ou un fungo é unha cuestión de dominio da técnica e dos códigos (ademais do coñecemento de todo o contexto cultural que o envolve: mitos, iconografía, etc.)

ENLACES: