Transgresión e política

A transgresión

Transgresión: Quebrantamento de leis, normas ou costumes. Provocación, especialmente en contextos artísticos e literarios. Pecado.

O termo transgresión goza de grande prestixio entre as xentes do teatro, igual que o termo creatividade. Ambos termos son mal entendidos con frecuencia. O transgresor non é necesariamente un revolucionario, tamén pode ser un reaccionario. No nivel de ritos e celebracións, tanto as Fallas de Valencia como o Carnaval de Cádiz son transgresores. As primeiras son reaccionarias e as segundas, non. O bufón pode ser transgresor á maneira como o son as Fallas, ou sexa, obsceno, escatolóxico, basto e so anecdóticamente molesto co poder. E pode ser trangresor dun xeito intelixente e enfrontado frontalmente ao poder. É obvio que isto último so se pode dar nunha sociedade que respeite os dereitos civís (nunha democracia occidental contemporánea), e, polo mesmo motivo, é obvio que o bufón reaccionario foi o que perviviu ao longo da historia. 

A trangresión do bufón non ten que ser necesariamente consciente ou premeditada. Lóxicamente os deficientes mentais non eran transgresores autoconscientes. No caso dos cretinos e oligofrénicos retratados por Velázquez supoñémoslles un carácter sumiso e complaciente, satisfeito. En que podería ser transgresor Lezcano? En facer, dicir, estar ou ser dun xeito non-convencional sen pretendelo. E non poder evitar facer, dicir ou ser dese xeito.


Os límites do humor

Desde o punto de vista dos artistas escénicos (actores, actrices, cómicos...) os limites do humor están claramente definidos polo que é gracioso e o que non é gracioso. E iso é algo contextual. Unha parodia cruel dos fachas pode ser gracioso nun congreso de Podemos, pero non o será nun congreso de Vox. E viceversa, non esquezamos que o humor non entende de dereitas nin de esquerdas. Unha parodia sobre discapaciados pode ser graciosa se o fai un discapacitado. Dun xeito intuitivo todos coñecemos os limites do humor, porque non nos atrevemos a facer un chiste nun enterro (ou si, depende de se estamos diante dunha nai desconsolada, ou nun grupo de parientes lexanos). Ás veces facemos un chiste diante do poderoso (o profesor, o director, o xefe) e non fai ningunha graza. Desde o punto de vista do humor será un acto fallido. Un artista escénico ten un publico concreto diante de si e sabe perfectamente que pode funcionar con ese publico. Cuestión aparte é o mundo da internet, que non ten un público concreto, senón que o publico é literalmente todo-o-mundo. E por tanto, aberá a quen lle faga graza e a quen non.

Podemos burlarnos dos ritos e das crenzas relixiosas? Desde un ponto de vista legal, non. O artigo 525 do Código Penal prohíbe «hacer escarnio de dogmas, creencias, ritos o ceremonias» dunha confesión relixiosa. É interesante ler a Breve historia de la prohibición del humor, de Javier Bilbao, na que se afirma que "hay gente que no encaja bien las bromas. Especialmente cuando ostentan algo de poder, siempre tan necesitado de un aura de pompa y solemnidad". O escarnio ás crenzas relixiosas réstalles dignidade.

Podemos burlarnos dos discapacitados? dos grupos étnicos, das orientacións sexuais? Estes grupos están actualmente defendidos desde o punto de vista legal, xa que o escarnio a estes grupos réstalles dignidade. A medida que estes grupos se empoderan (empoderar: facer poderoso a un grupo social desfavorecido) os límites estréitanse, xa que, como acabamos  de ver, é o poder quen pon eses limites


O políticamente correcto

O políticamente incorrecto, o punkismo e as súas técnicas artístico-políticas, están agora do lado da estrema dereita. Isto explicámolo na parte adicada a Dadá e o punk.

O argumento ahora con la corrección política no se puede decir nada” en realidade agocha a intención de ridiculizar o dereito á queixa, e por tanto ao empoderamento deses grupos, conforme afirma Lucía Lijtmaer en Ofendiditos: Sobre la criminalización de la protesta

O obxectivo sería minimizar a protesta, igual que se fixo no século XIX coas sufraxistas, que pedian algo tan elemental como o dereito a votar. Esta sería a conclusión do ensaio de Litjmaer: Es evidente la contradicción: los que tienen el mayor público, además de las plataformas más visibles, se quejan de ser silenciados y censurados. Se posicionan continuamente como víctimas. Mientras tanto, los ofendiditos, neopuritanos y neocensores, los llamados buenistas, apenas tienen visibilidad; se expresan en las redes sociales porque es el único lugar —o de los pocos lugares— en el que pueden hacerlo. Y, aun así, no tienen derecho a quejarse. Ofendiditos, y con razón.  

É interesante tamen a conclusión de Peio H. Riaño: "No hay discurso más hegemónico que la incorrección política. Por eso no extraña que una revista satírica represente el colmo del conservadurismo."  Entendemos que o da "revista satírica" é unha alusión a El Jueves, que para nos é o paradigma do bufonesco. E si, certamente El Jueves representa a incorrección política, así como todo o comic underground, e ao mesmo tempo sorpréndenos o seu machismo, racismo e o escarnio permanente da discapacidade.

Como diciamos antes, en "unha reflexión sobre a transgresión", o bufón é transgresor, pero non necesariamente de esquerdas.

"O humor é exclusivo da esquerda" (Bajtin)

Bajtin nunca afirmou isto que decimos no epigrafe, pero si que é o grande referente nas teorías sobre o humor, fundamentalmente cando se quere argumentar que o humor é algo privativo da esquerda. Afirma que "os aspectos serios da cultura de clase son oficiais e autoritarios; combínanse coa violencia, as prohibicións e as limitacións (...) a risa, polo contrario supera o medo (...) o seu idioma nunca é empregado pola violencia nin pola autoridade" (Bajtin, 28). En contra disto, Eagleton afirma que esta é unha idealización un tanto inxenua das diversións populares. Que Bajtin ignora a función tradicional do pan e circo, e tamén aos cómicos de dereitas. (Eagleton, 48).

Polo contrario, hai quen considera que o humor reforza aos poderosos. Susan Purdie argumenta que as bromas transgreden a autoridade so para acaber reinstaurándoa, e Noel Carroll tamén sostén que o humor contribúe a reforzar as normas sociais. Eagleton matiza que, non obstante, a verdade é bastante máis tediosa: o humor funciona ás veces dese xeito, e ás veces non. E, en calquera caso, hai normas sociais que necesitan seren reforzadas con urxencia: o dereito á xubilación en condicións dignas, os dereitos das mulleres, etc. 

O bufón reforza as normas sociais

Humor (Taurus, 2021) de Terry Eagleton (Catedrático de Teoría da Cultura de orientación marxista) 

As teorías do antropólogo anarquista James C. Scott son engaiolantes. Scott propòn interpretar os contos populares, as cancions, os chistes e o teatro popular como formas de resistencia.  A idea é que os grupos subordinados producen un discurso oculto que representa unha crítica do poder a espaldas del dominador. Oxalá isto fose certo. Pero a verdade é que os resistentes (as etnias reprimidas, os homosexuais, as mulleres, os bandidos, os terroristas...) ás veces producen un discurso liberador, pero outras veces non.

Humor e ficcionalización da vida cotiá1

Humor (Taurus, 2021) de Terry Eagleton

Humor e ficcionalización da vida cotiá2

Humor (Taurus, 2021) de Terry Eagleton