O personaxe non existe, porque tampouco existe o eu auténtico das persoas. As persoas somos contraditorias, e os personaxes, tamén.
Dereitos do personaxe (esta declaración non é de Eva Redondo. Non recordo o nome do autor/a):
á inconsciencia: que non vaian dereitiños cara un obxectivo
á incoherencia: poden dicir unha cousa e facer outra. En calquera caso, o importante é o que fan
ao cambio: teñen que adaptarse, igual que o facemos as persoas
á mentira:teñen dereito a ser pouco fiables
ao fracaso: incluso cando trunfa
ao libre albedrío: se cadra os personaxes non queren chegar aonde nos os queremos levar
á rebelión: id. que arriba
á desmesura: romper cousas, matar, etc. Cando sucede isto é porque se tocan feridas arcaicas
ao silenzo
á parquedade
a un xuízo xusto: non xulgar aos personaxes
a teren a súa propia ideoloxía: que non ten que coincidir coa nosa
á ignorancia. á teren pouca cultura.
á conduta inapropiada
a seguiren coa súa vida: non hai porque matalos
a morrer na páxina 3
FORMULACIÓN: baseado en "Flechas del ángel del olvido", de Sinisterra. Fixemos impro, non escrita. En escena unha mesa e 2 cadeiras a cada lado da mesa.
Son 6 monólogos sobre un 7º personaxe desmemoriado. Os actores dos monólogos traen consigo un obxecto cada un (para estimular o recordo do amnésico), un accidente (o que ocorreu para que perdera a memoria) e unha relación concreta co desmemoriado (pai, amiga, etc.) fundamentada en anécdotas de vida. O desmemoriado debe procurar manterse neutro, non pode falar, nin facer mímica. O desmemoriado ten os seguintes códigos: un golpe quere dicir que hai que repetir a última frase. Dous golpes queren dicir "cambio". O personaxe tamén se pode levantar para asimilar o que está a escoitar. Nese momento debemos calar, e cando senta podemos seguir. Os personaxes rematan os seus monólogos cando eles queren. Marchan e, espontáneamente levántase outro e diríxes a escena para o seu monólogo.
FINAL: O 7º personaxe levántase, colle un obxecto e marcha coa persoa que puxo o obxecto.
VARIANTE1: Se alguén do público tose, hai que cambiar.
VARIANTE2: Se alguén do público ri, o personaxe monologuista deberá calar durante 1 minuto.
OBXECTIVO: que o personaxe non se constrúa, senón que outros falen do personaxe. Aquí tamén está o obxectivo de habitar o espazo (un xardín ou o que queiramos)
ANTECEDENTE, OCORRENTE, FUTURO. Cando escribimos teatro tendemos a contar o que está pasando nese momento en escena. Pero en realidade, co texto ou imaxe de partida podemos xogalo como un antecedente, como ocorrente (presente) ou como futuro. Exemplos: Se tomamos o caso do bebé que quedou esquecido pola súa nai nun parking no Porriño, podemos xogalo no presente, pero tamén podemos tomalo como inspiración para contar o que sucedeu antes do incidente (incluso anos antes de que nacera o bebé) ou o que sucedeu despois, no futuro (como se desenvolveu a vida desa nai anos despois do incidente).
RELEVANCIA: Podemos deternos nunha parte concreta do sucedido (por exemplo, cando a nai mete a chave e arranca o motor, ou cando queda durmido o bebé), como se fora a cámara lenta. Podemos facer planos detalle.
PUNTO DE VISTA: quen o conta. Pode contalo o coche (que pitaría, pero necesita alguén que accione o claxon), ou o parking. Tamén que poño en primeiro plano e que poño en segundo plano.
TEMPOS XUSTAPOSTOS: Sería o mesmo espazo pero tempos diferentes. Exemplo: unha casa en diferentes épocas, con personaxes de diferentes épocas. Describir os diferentes espazos.
MESMO TEMPO E DIFERENTES ESPAZOS: Cando facemos este exercicio de escrita ou de impro chega un momento no que parece que os personaxes está a dialogar. Exemplo: a nai está na oficina e ao mesmo tempo contamos o que está a suceder no coche.
BIFURCAR CAMIÑOS (CONSTELACIONES): Coma os libros que teñen diferentes finais.
TEMPO CIRCULAR (un exemplo é "Morir" de Sergi Belbel): É coma as cereixas que se enganchan por parellas. Supoñamos que narramos un asasinato que ocorre na última escena do 1º acto: Escena 1 (cos personaxes A+B). Escena 2 (B+C). Escena 3 (C+D)... última escena do 1º acto que contén o asasinato. O 2º acto comezaría negando a morte ocorrida na última escena do 1º acto. Habería que deconstruir todo ata chegar ao principio: Escena 1 (cos personaxes X+Y). Escena 2 (W+X). Escena 3 (U+W)... última escena do 2º acto.
FLASHBACK: comezar polo final
CAOS TOTAL: todas as escenas desordeadas.
NARRATURGIA: Os narradores non teñen porque ser imparciais. Pode haber contradicións entre o narrador e o diálogo.
Este foi un exercicio de escrita, non de impro.
FORMULACIÓN: Cada escena comeza co último da anterior. Deunos un suceso de inicio: un personaxe vomita no baño. As escenas non teñen porque ter relación entre si. Tivemos que escribir 4 escenas ligadas.
FINAL:
VARIANTE1:
VARIANTE2:
OBXECTIVO