Fixémolo como exercicio de escrita, pero tamén pode ser exercicio de impro.
Espacio en acción implica que a la hora de escribir o improvisar una escena prescindiremos de acotaciones. De manera que serán los diálogos los que nos den pistas sobre el espacio que habitan los personajes. Ejemplo: "No está en ese estante, está en el de arriba de todo", o bien "pon el intermitente", o bien "los sonidos del bosque por la noche me aterrorizan. Y más, si hay luna llena".
Espacio expandido. Cando escribimos teatro tendemos a cinguirnos ao espazo do escenario. Exemplo: se se trata dunha oficina, describimos as dúas cadeiras, a mesa e o arquivador que imaxinamos en escena. A proposta de espazo expandido é que imaxinemos a oficina de 400 metros cadrados, con pisos máis arriba e abaixo, ascensores, a rúa, a azotea onde se fuma...
Espazo liminal. A liminalidade crea desequilibrio. Unha praia paradisiaca (error)/ un bosque de noite (si!)
FORMULACIÓN: A cada alumno se lle da unha foto diferente dun espazo liminal. https://www.boredpanda.es/espacios-liminales/?utm_source=google&utm_medium=organic&utm_campaign=organic, https://www.todocuadros.es/pintores-famosos/hopper/, etc.
DINÁMICA: los diálogos nos dan pistas sobre el espacio que habitan los personajes. Prescindiremos de acotaciones. Objetivo: unha vez que rematemos de escribir, o autor lerá o texto, e os compañeiros deberán adiviñar o espazo no que se desenvolve a acción. Finalmente mostraremos a fotografía que inspirou a impro.
TEMPO: para a escrita menos de 1 hora
Fixémolo como exercicio de impro, pero tamén pode ser exercicio de escrita.
Non temos porque basearnos no conflito. A Tensión Dramática é máis complexa ca o conflito. O conflito consiste en que A quere algo que ten B, e que B non llo quere dar. O conflito esgótase pronto. A Tensión Dramática baséase no seguinte: "A causa de algo é todo o demais". A TD xenera unha dramaturxia caótica, azarosa, contraditoria. O conflito, baseado na oposición causa/efecto, xenera drama aristotélico do tipo serie noir, no que hai un sentido cerrado e único. A TD contén a posibilidade de que estale un conflito, que pode ser interno ou externo (un terremoto). É conveniente eludir, rodear o conflito. Exemplo: temos a situación dunha cea familiar. No pasado unha filla afogou por neglixencia da nai. Evidentemente a tensión dramática estará no ambiente, pero será mellor evitar mencionar o accidente.
Eva Redondo le como exemplo "Far Away", de Caryl Churchill, concretamente O acto 1, a escena 1, que comeza na cociña de Harper (unha muller). É de noite. Entra a sobriña de Harper e afirma que non da durmido. Despois duns intentos da súa tía para devolvela á cama, dille a Harper que acaba de entrar na casa despois de saír pola fiestra para investigar un son que escoitou. A sobriña di que acaba de presenciar ao seu tío, o marido de Harper, cargando nenos ensanguentados e outras persoas na parte traseira dun camión. Despois de repetidos intentos de convencer á sobriña de que o que viu non foi exactamente iso, Harper dille que o tío está a salvar aos nenos e levalos a un lugar máis seguro. Pidelle que nunca lle conte a ninguén o que viu porque poría en perigo a súa vida. Harper afirma que están no lado bo e que están facendo do mundo un lugar mellor. (Eva Redondo leu a escena, non este resumo).
FORMULACIÓN: 2 sentados mirando á fronte. Neutros. O profesor móstralles unha foto, por exemplo dunha fábrica de algo en serie (móstralles unha foto a eles, non ao público). O profesor deixa que cheguen a algún acordo se queren. Un dos dous ven aprender. O que ven aprender coñece ao outro do pasado e realmente ven por este motivo (relación amorosa, crime, etc.) No noso cursiño os dous alumnos participantes fixérono sobre unha fábrica de conservas de rabos de lagartos. Construiron ben o espazo, pero quedaron pillados na anécdota da fábrica de conservas de rabos de lagartos, descoidando o motivo real de que o aprendiz se citara co mestre.
VARIANTE1: sen imaxe de fotografía. O único acordo previo ao que poden chegar é sobre quén dos dous é o aprendiz. Este fíxeno eu con Arantxa. Acordamos que eu sería o aprendiz, para fuxir do tópico de que a muller nova fora a aprendiz e o home vello fora o mestre. O espazo que ela foi propoñendo resultou ser un ximnasio, e ela propuñame para incorporarme como monitor de zumba. Eu propuxen un son oco no chan da sala de zumba (co obxectivo de crear tensión a partir dun espazo que eu coñecía previamente. Tamén deixara claro que coñecia ao espazo e aos anteriores propietarios -os abós de Arantxa). Miramos na tarima e había unha fenda na tarima, viase unha luz e tamén unha escaleira, retiramos as táboas e metímonos, cheiraba raro, Arantxa propuxo que había un morto, eu propuxen que en realidade era un boneco, Arantxa saiu fora a chamar á policía, etc. Faltou o obxectivo do PROL. O motor concreto da tensión dramática.
OBXECTIVO: crear dramaturxia a partir do espazo + tensión dramática. Crear texto: por iso miran á fronte neutros. Ao estaren sentado mirando á fronte, están obrigados a imaxinar, a visualizar enfronte deles o espazo que habitan. É un exercicio similar á descrición que facemos en Narracións Imprevistas.