Os exercicios deste apartado están tirados do curso de DRAMATURXIA ACTORAL con Eva Redondo (Teatro del Barrio) celebrado en Ribadavia. O curso constou de 3 sesións en 2 días seguidos: o primeiro día foi de 10 a 14h e de 16 a 20h, e o segundo día foi de 10 a 14h. Non foi aburrido en ningún momento. A profesora comezou preguntandonos que expectativa tiñamos do curso, para adaptarse a ela. Nomeadamente, se preferiamos actuar ou escribir. Finalmente fixemos as dúas cousas.
Estes cursos se poden acrecentar cos exercicios de Sanchis Sinisterra propostos en "Prohibido escribir obras maestras".
Tamén se poden acrecentar cos exercicios de melodrama de Philippe Gaulier.
En relación a escribir teatro, Eva Redondo defende que ela nunca sabe de que vai escribir. Ela parte de unha imaxe, o azar, unha frase, etc.
CONTEXTO TEATRAL é unha base de datos creada por Eva Redondo na que hai 2000 obras publicadas (algunhas en galego) con mención expresa do número de personaxes, etc. https://www.contextoteatral.es/info.html
Porque xa Lecoq incluia o melodrama no teatro físico.
Porque os melodramas teñen partes de clown, e inversamente, o clown clásico contén elementos de melodrama.
Porque hai formas de abordar o drama dun xeito diferente ao conflicto-motivación-superobxectivo. Ese xeito diferente pode ser desde o xogo, ou desde os arquetipos. No curso de Eva Redondo ela falou de como os personaxes xa non son necesarios nin coherentes, nin tampouco o é a dramaturxia. Por tanto, os personaxes non teñen que ter obxectivos nin superobxectivos. Nin tampouco temos porque basearnos no conflito. No lugar de conflito, Eva fala de Tensión Dramática. A Tensión Dramática é máis complexo ca o conflito. O conflito consiste en que A quere algo que ten B, e que B non llo quere dar. O conflito esgótase pronto. Ainda que é moi útil para dirixir actores, resulta demasiado simple para unha dramaturxia, e tamén para a interpretación. A Tensión Dramática baséase no seguinte: "A causa de algo é todo o demais (vs. a oposición entre causa e efecto)". Apunta tamen a que a diferenza entre ficción e realidade é a seguinte: se ten sentido é ficción. Polo tanto avoga máis por unha dramaturxia caótica, azarosa, contraditoria.
Philippe Gaulier: Un alumno preguntalle a relación entre o pallaso e a actuación, por exemplo, como pode ser útil o pallaso para ofrecer Shakespeare (que forma parte do curso de dous anos). Philippe responde que non é o mesmo, pero usamos o pallaso para atopar o pracer de xogar tolo (ou tolo), o amor, a desesperación etc.