4 Métodos cualitativos

Métodos cualitativos: introdución

Carles-Enric Riba Campos (en Generalidades sobre los métodos cualitativos, Universitat Oberta de Catalunya) afirma que "os métodos cualitativos abordan a subxectividade, a comunicación e a linguaxe desde un punto de vista émico (EMIC: ou sexa, o punto de vista do informante ou nativo, en oposición a ETIC, que é o punto de vista do analista)". Parece obvio que son este tipo de métodos os máis relevantes para a investigación en artes, e máis concretamente no teatro, xa que no noso caso é imprescindible empatizar co obxecto de estudo/traballo.

Carles Riba recoñece asemade que a noción de técnica non encaixa demasiado ben no molde dos métodos cualitativos. Máis que de técnica deberiamos falar de oficio de investigador (non é casualidade que sexan técnicas que se orixinaron no ámbito xornalístico): "A arte, criatividade e oficio do investigador móstrase na súa competencia ao desenvolverse por este labirinto e progresar cara á saída, seguramente para cair noutro labirinto"

Outro trazo característico é que os métodos cualitativos renuncian case sempre á procura de relacións causais. De feito, o investigador cualitativo é habitualmente crítico e relativista a respecto dos valores oficiais da ciencia.

Gubrium e Holstein diferencian tres actitudes no investigador que emprega metodoloxías cualitativas:

Como vemos, todas tres teñen vantaxes e desvantaxes. 

EMIC vs. ETIC

O exemplo das vacas exposto por Marvin Harris: Desde a perspectiva emic as vacas na India son animais sagrados (débense coidar e respectar). No entanto, desde a perspectiva etic dun antropólogo, interpreta que matar ás vacas significa quedar sen unha fonte diaria de alimento (leite) e combustible (bosta).

O exemplo dos porcos de Marvin Harris: Desde a perspectiva emic de culturas como a árabe ou a xudía os porcos non se poden comer debido ao tabú relixioso que hai sobre eles. Con todo, desde a perspectiva etic, establécese que non se come porco porque no seu momento transmitía moitas enfermidades 

M. cualitativos en AA.EE.: influencia do xornalismo

As metodoloxías cualitativas foron desenvolvidas pola escola de Chicago. O seu representante máis salientable foi Robert Park, que de xornalista evoluiu en sociólogo. Park fora reporteiro en varias cidades dos EE.UU., e o seu interese principal era xustamente a cidade. Dicía  que a cidade era "un laboratorio social", o lugar ideal para observar en profundidade o comporamento humano en relación aos problemas sociais. Posteriormente formouse en Europa, onde se doutorou, e ao regreso a EE.UU. incorporouse ao Departamento de Socioloxía da Universidade de Chicago, onde permaneceu ata o seu retiro.

Consideraba que o sociólogo era un tipo especial de reporteiro, xa que non só tiña a capacidade de cuestionar o comportamento da sociedade, senón que ademais era quen de narrar e sistematizar o coñecemento.

No mundo da banda deseñada é moi obvia esta relación entre a socioloxía e o comic a traves do xornalismo: son os casos de Joe Sacco, de Didier Lefèvre ou de El abismo del olvido, de Paco Roca e Rodrigo Terrasa. Hai moitos exemplos de obra de arte baseada nunha rigorosa investigación xornalística cualitativa.

Os profesionais do cine non conciben que exista unha liña clara que separe o documental da ficción, xa que un documental necesariamente ten que ter unha dramaturxia, e por tanto hai unha ficcionalización. En ambos casos, no documental e na ficción, o proceso de documentación exhaustivo é necesario, e resulta habitual contar na rodaxe non só con xornalistas, senón tamén con expertos procedentes do mundo académico. Neste sentido, o cine, que é o xénero onde trunfou o naturalismo, é herdeiro da meticulosidade do naturalismo dos Meinengen.

M. cualitativos en teatro

No ámbito teatral hai xéneros de CREACIÓN PROPIA, que non parten dun texto previo e que demandan investigacións rigorosas asimilables ao xornalismo de investigación. 

Son, entre outros:

Na montaxe de TEXTOS PREEXISTENTES son frecuentes:

Buenaventura Durruti, anarquista

Investigación teatral de Boadella sobre Durruti. É un bo exemplo da combinación de varios métodos cualitativos cun fin artístico. Trátase dun documental gravado en 1999 no espazo de ensaios de Els Joglars

O método de Els Joglars:

Investigar un tema, desmenuzarlo en mil trozos, registrándolos uno por uno y buscando pistas con las cuales encuentra pruebas que daran sentido a su discurso (...) dice que su método se basa precisamente en no tener método. Prueba, jugando. Se da cuenta de los errores. Duda. Busca. Excluye y renueva, hasta que surge el hallazgo. Al descubrir la síntesis, emerge la poética.

Nos sentimos más próximos al proceso musical o pictórico que al procedimiento literario tradicional.

El aislamiento en el campo y la proximidad cotidiana de todos los que participan favorece la concentración, la eficacia y la continuidad sin interferencias en el proceso de creación teatral.

La cúpula permite un espacio redondo, totalmente limpio, sin ninguna orientación privilegiada. El método de trabajo tampoco empieza con direcciones marcadas. La cúpula es un vacío preñado de posibilidades que irán surgiendo de la improvisación de los actores.

minutaxe

2:20: a cúpula, os obxectos

4:23 album docu gráfica, libros, recordos autobiográficos

5:50 impros

9:20 peliculas de época

11:40 p.v.  histórico, p.v. mitico

12:50 pelicula de época, contexto

16:28 testimonios 

23:18 impro

28:43 é teatro físico, pero ten que ser verdade

35:50-40:20 oco

40:20 impro e dúbidas sobre a encarnación

48:36 impro

51: docu sobre a comuna e a represion

57 impro mitin

1:13:00 contexto

1:15: 44 adestramento físico. Despois oco ata

1:43:30 fin

Nevermore

 Extractos de críticas:

Dossier da compañia:

Desde a perspectiva da narración documental, a credibilidade dáse por suposta desde o principio: o que nos conta é verdade. Pero o documental tamén é unha narrativa que reconstrúe interesadamente a verdade (como o goberno), sobre todo co obxectivo de que pareza verdade.

Chévere documenta escénicamente (o pasado recente) cunha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Exemplos deste modus operandi foron traballos como Curva España (2019), Eroski Paraíso (2016), As Fillas Bravas (2015), Ultranoite no País dos Ananos (2014), Eurozone (2013), a triloxía Citizen (2010-2011) ou Testosterona (2009).

Chévere converte o seu teatro nunha ferramenta de divulgación, sensibilización e comunicación transversal a moitos sectores da sociedade: divulgación científica, promoción do comercio retallista, sensibilización sobre temas de igualdade, violencia machista ou inclusión social. Tamén a través do traballo de creación de ficcións sonoras (...) para realizar visitas e paseos ficcionados por barrios, vilas, centros históricos, edificios singulares e espazos naturais, adaptadas tamén a usos turísticos (audioguías ficcionadas)

EXERCICIO: aplicación destas metodoloxías nun espectáculo sobre unha vella actriz ou sobre o problema da vivenda na xuventude actual

4 pezas de teatro biografico ou autobiográfico:

As tres primeiras foron creadas ao abeiro de a Berberecheira. Esta é unha iniciativa de Chévere para que outra xente allea ao núcleo da compañía puidese desenvolver os seus proxectos persoais, usando como soporte a estrutura, os medios, o coñecemento e a experiencia de Chévere.

Anatomía dunha serea 

Iria Pinheiro considérase vítima da violencia obstétrica. Que significa iso? Unha vez que ingresas no materno-infantil, trato inhumano e prácticas invasivas.

Entre outras técnicas de investigación xuntou un grupo de discusión de 11 mulleres para falar das súas experiencias no parto, fixo obradoiros e aulas con matronas, e realizou unha documentación bibliográfica exhaustiva.

Salvador

SALVADOR céntrase na misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, avó de Borja Fernández.

Indagou na vida do seu avó durante a posguerra a través de testimonios e imaxes. Borja fixo dúas viaxes a Brasil na procura de documentación do rastro do seu avó. Elixiu renunciar a visitar os Arquivos da Emigración, e preferíu buscar outras canles, porque non procuraba facer unha obra de teatro de datos, senón unha obra máis emocional. 

Goldi Libre

Min: 5:40, 

Un proxecto de teatro documento de César Goldi, actor, que en 1993 foi condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar o servizo militar e cumpriu a súa condena no cárcere da Coruña.

Menciona máis de 22 informantes. O proceso de investigación e creacion durou máis dun ano. 

Resumo de documentación

Balor na acción dunha cadeira

"Balor na acción dunha cadeira" é o resultado dun intenso traballo de investigación sobre a relación do feito migratorio coa creación de cultura e educación (4 anos de entrevistas, estancias de investigación en New York, documentación histórica), así como unha exploración nos campos da performance, o documental, live cinema e escenografías dixitais. 

Inv. narrativa: tres formas básicas

O deseño narrativo céntrase nos "relatos de vida".

Tres formas diferentes de abordar a investigación:

Inv narrativa autobiográfica: intervención social

Como exemplo de unha forma de intervención social temos o caso do «Taller da Memoria da Escena Española» trátase dunha iniciativa de AISGE cun fin de carácter asistencial e promocional. Neste caso a técnica empregada non é a entrevista, senón o taller de creación.

O «Taller de Creación» é unha actividade enfocada aos socios de AISGE xubilados, onde o obxectivo é contar a súa traxectoria vital e artística. Juan Jesús Valverde e Frank Capdet, coordinados por Amparo Climent son os responsables do taller que axudan aos actores e actrices a clasificar, ordenar e contar as súas memorias a través da recopilación do material de que dispoñen: fotografías, recortes de prensa, críticas, programas, etc. Algúns dos temas son os seus comezos profesionais, as xiras, as compañías de teatro, o teatro de carpa, o teatro de repertorio, en que viaxaban, onde se aloxaban, os compañeiros cos que compartiron cartel...

No ano 2021 levaban publicadas máis de 116 libros e audiolibros de autobiografias.

Un tema de investigación son os oficios do espectáculo, que se pode abordar desde un deseño narrativo

Un dos campos nos que se desenvolveu a investigación narrativa foi a través do traballo do profesor Romera Castillo na Seliten@t (UNED), concretamente na reconstrucción da vida escénica a través de obras autobiográficas de dramaturgos, directores, actores e actrices, así como de outros integrantes do espectáculo teatral. 

O campo concreto neste caso foi a socioloxía do feito teatral a través das biografías, autobiografías e historias de vida. A un nivel xeral consiste en "interpretar historias para comprender cómo as persoas dan sentido ás súas experiencias e percepcións". Centrada na sucesión de eventos desde o punto de vista cronolóxico.

Inv. etnográfica e fenomenolóxica en Goldi, Salvador e Balor

A etnografía enfócase na descrición e interpretación dun grupo social ou cultural, considerando as súas características en común, baseadas en aspectos como linguaxe, costumes, residencia, relacións sociais, comportamento e crenzas políticas ou sociais. Todos estes elementos son observados e examinados polo investigador que está inmerso na vida cotiá deste grupo, de maneira que pode ir comprendendo a conduta individual e grupal que prevalece. As técnicas empregadas son a observación participante e/ou as entrevistas. Tamén os grupos de discusión. Exemplos: 

A fenomenoloxía investiga  fenómenos sociais a través das experiencias vividas polas personas. Os fenómenos sociais son todos os comportamentos que transcorren dentro dunha sociedade. A inmigración, arte, relixión, a cuestion etnica, a moda, sexo e xénero, etc. son fenómenos humanos e sociais que o método científico non da explicado e comprendido. Os fenómenos sociais son de carácter máis subxectivo e relativo que os naturais.

Exemplos:

Goldi libre

Goldi libre expón a vida persoal dun actor e ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX. Novamente temos un caso de investigación narrativa, que inclúe unha análise do fenómeno da insubmisión e ao mesmo tempo narra a iniciación na subcultura do colectivo "Rompanfilas".

"Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral. Documentar escénicamente un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia."

Salvador

O caso da investigación narrativa-biográfica de Salvador, de Borja Fernández, daba tamén para unha investigación etnografica (sobre as aldeas que desparecían en Galicia e se reproducían na emigracion) e para outra fenomenolóxica (sobre as dinámicas da emigración).

Borja cóntanos que as dinámicas que se dan na emigración “resultan semellantes as que se dan no interior. Quero dicir, ás veces parece que desaparecían aldeas de Galicia e xorden no exterior. Decátaste de que os galegos se movían por comunidades, construían alí comunidades e repetíanse patróns. Aló mantiñan as súas tradicións, que é o que fai calquera comunidade ao emigrar, creábase así unha idiosincrasia galega noutro país. Despois, como curiosidade, chamábame tamén a atención como se podían chegar a explotar os uns a outros. Quero dicir, algúns que facían cartos, despois chamaban a amigos, parentes, veciños da súa aldea para que tamén emigrase e traballasen para eles. É dicir, era unha sorte de explotación que ás veces servía de columna vertebral da comunidade. Despois, tamén como era o funcionamento persoal dos propios emigrantes (...)  o fatal que se poden levar tamén na emigración. Todo isto -as dinámicas, as relacións da emigración, as Casas de Galicia,- dá para moitas obras de teatro, pero en Salvador quería contar unha historia emotiva, contar como influíu en min."

Balor...

A partir das reconstrucións actorais dos baleiros de unha historia real (a de familiares de Roi Fernández no NY de 1920), contrastada coa propia experiencia do artista e a súa parella no NY de 2010, "Balor na acción dunha cadeira" revisa unha outra tradición migratoria, reflexionando sobre a multiplicidad da historia, a educación, a cultura ou a relixión.

Apontamentos sobre o proceso de creación propia

Deixemos aparte aquelas persoas que visualizan o texto ou o espectáculo porque teñen un talento natural para a dramatúrxia. Para o proceso de investigación e creación do resto dos humanos coidamos que son importantes estes puntos:

Por último deixamos un enlace ás prácticas de dramaturxia actoral: 1º sesión, 2º sesión, 3º sesión 

Metodoloxía cualitativa: doctrina

Convencionalmente dividense en (seguimos a R. Hernández Sampieri en METODOLOGIA DE LA INVESTIGACION, ed. McGraw-Hill, 2014): 

Videos e diagramas:

Introdución aos deseños cualitativos. Demasiado conceptual.

MÉTODOS MIXTOS: cualitativos+cuantitativos