0 Intro ás Teorías teatrais
Qué é a teoria teatral?
Patrice Pavis
Refírese ao sistema de leis que rixen a representación.
É o labor de tres disciplinas (Pavis):
Dramaturxia, para a composicion da obra e da posta en escena
Estética: no relativo a estilos e á beleza
Semioloxia: sistemas sígnicos e sentido
Manuel Vieites (en O teatro) distingue tres correntes:
1 A literaria: o texto está por riba da representación. A representación está virtualmente contida no texto, tanto se hai acoutacións coma se non. No ano 2015 o doutoramento en Estudos Teatrais da Universidade de Vigo faciase baixo o paraugas do Grao en Filoloxía.
2 Os estudos teatrais: teoría do texto dramático, pedagoxía, historia, antropoloxía (do teatro), etc. baixo o modelo dos Cultural Studies, que estudan un determinado fenómeno en relación á ideoloxía, nacionalidade, etnia, xénero ou clase social.
3 A Teoría Xeral do Teatro, baixo o modelo da Teoría Xeral de Sistemas e o pensamento de Bourdieu sobre a teoría do campo literario.
O concepto dunha Teoría Teatral como un edificio sólido e científico é confusa, polo menos para nos, xa que non existe un sistema cun conxunto de regras que se constitúa en patrón universal. O único patrón universal dase no ámbito da teoría dramática coa Poética de Aristóteles.
As teorías da interpretación actoral non atinxen exclusivamente ao teatro, senón á interpretación de personaxes de ficción en mundos ficcionais, e por tanto deberiamos incluir tamén ao cine tamén. Pero é que tamén atinxen ao trance e á dramatización da vida cotiá, que non son exactamente ficcións. Actualmente existen unha grande cantidade de espectáculos tipificados como teatro nos que non se crean mundos ficcionais nin se interpretan personaxes ficcionais.
Ademais existen diversas teorías teatrais (as de Stanislawski, de Grotowski, de Brecht, etc.) que moitas veces son contraditorias entre si. Non parece por tanto que o concepto de Teoría Teatral se acolla ben ao concepto de sistema. O sistema é un modelo moi acaído para a bioloxía, e tamén para as ciencias duras, predictibles, cuantificables e exactas, pero non para as ciencias sociais e moito menos para o teatro.
Existe outro modelo teórico, outro paradigma, que é a Teoría da Performance.
A experiencia e a teoría
William Fear, nun artigo en The Critic, explica que tanto Camus coma Orwell compartían unha mesma ansiedade pola fraxilidade da verdade: "They were both much more concerned with the facts that could be taken from experience than those that could be thought up through ideology". A verdade non está relacionada coas crenzas, ten que ver cos feitos e os feitos proceden do mundo real.
"Ambos entenderon que a mentalidade totalitaria require que aceptes que a verdade provén da ideoloxía", di Fear. Isto vale para todos os totalitarios que entenden "a ideoloxía non simplemente como un conxunto de valores ou crenzas, senón como unha explicación cohesionada do pasado, presente e futuro da humanidade".
A Teoría da Performance que trataremos a continuación propón unha antropoloxía da experiencia. Esta teoría xurde en oposición ao estruturalismo e outras teorías preocupadas porque a realidade encaixara nos seus presupostos.
Esta teória parte dos seguintes principios:
Toda actividade social humana se "performa": todas elas poden verse como presentacións públicas. Realízase unha acción para ser mostrada.
O humano é “o animal que conta historias”. A ficción é por tanto o trazo diferencial dos Sapiens. A ficción posibilita a existencia da superestrutura, ou sexa, de ficcións comúns a enormes grupos de humanos (o nacionalismo, a relixión, etc.) que son quen de colaborar entre si mesmo sen chegar nunca a coñecerse.
La ficción nos ha permitido no solo imaginar cosas, sino hacerlo colectivamente. Podemos urdir mitos comunes tales como la historia bíblica de la creación, los mitos del tiempo del sueño de los aborígenes australianos, y los mitos nacionalistas de los estados modernos. Dichos mitos confirieron a los sapiens la capacidad sin precedentes de cooperar flexiblemente en gran número. Las hormigas y las abejas también pueden trabajar juntas en gran número, pero lo hacen de una manera muy rígida y solo con parientes muy cercanos. Los sapiens pueden cooperar de maneras extremadamente flexibles con un número incontable de extraños. Esta es la razón por la que los sapiens dominan el mundo. (Harari)
Que o humano sexa un animal narrativo explica que a Poética de Aristoteles sexa un patrón universal: porque explica cómo se contan as historias (non como se deben contar): no cine, na narración oral, en teatro, en India, en Europa, na Idade Media, etc.
Este modelo performativo explica tamén fenómenos tan dispares como o terrorismo e os ritos, a vida social e os espectáculos. O modelo é o modelo dramatúrxico: a narración de historias mediante a acción que se mostra aos demais.
O Sistema teatral: Vieites (2004, 47)
Vieites (2004, 47) establece dous ámbitos no sistema teatral, o endóxeno e o esóxeno. É unha clasificación que non é privativa do teatro, e resulta aplicable, con lixeiras modificacións, a calquera arte do espectáculo. Distingue os seguintes elementos:
Os axentes do sistema: creadores, mediadores, xestores, receptores, formadores, técnicos, empresarios, empresas, compañías…
Os produtos do sistema: espectáculos, textos dramáticos, carteis, programas de man, textos diversos, documentos, estudos, fotografías e outros rexistros…
Os procesos do sistema: formación, creación, animación, difusión, recepción, información, mediación, crítica, investigación…
As institucións do sistema: teatros, salas, centros de formación, asociacións, gremios, organismos, departamentos, prensa, crítica, premios…
As estruturas do sistema: redes, circuítos, festivais, teatro profesional, teatro independente,teatro comunitario, teatro escolar, teatro universitario…
As funcións do sistema: participación, promoción do coñecemento, educación, formación, diversión, desenvolvemento comunitario, promoción económica, lecer, control social, diversificación…
Os contornos do sistema: sistema literario, outros sistemas artísticos (danza, música, cine, televisión…), sistema cultural…
O sistema teatral: ámbito endóxeno
O produto: o espectáculo teatral
Tipoloxías
Repertorios e canons
Correntes e tendencias
Axentes que participan na realización do produto
Autores literarios, dramaturgos
Directores
Actores
Escenógrafos e outros artistas plásticos
Músicos
Técnicos escénicos e técnicos de escena
Outros integrantes na nómina teatral como dramaturgos, iluminadores...
Axentes que participan na produción do espectáculo
Produtores
Compañías teatrais, nas súas tipoloxías e características
Produtoras
O sistema teatral: ámbito exóxeno
O mercado e as mediacións: axentes que participan na distribución, exhibición e recepción do produto
Os espectadores e espectadoras
Clubs de espectadores e de amigos de teatros
Xestores, programadores e traballadores de espazos teatrais
Compañías de distribución
Compañías de xestión de dereitos
O mercado e as mediacións: axentes e espazos que participan nos procesos de información, divulgación e valoración do produto
A crítica
A prensa escrita, radio, televisión, internet e os seus recursos
Telefonía móbil
Clubs de espectadores e de amigos de teatros
Os espazos para a difusión e a critica da creación teatral
O mercado e as mediacións: lugares onde se exhibe e distribúe o produto
Teatros, auditorios, casas de cultura e espazos alternativos
Asociacións culturais, recreativas e veciñais, centros da terceira idade
Escolas, centros de ensino medio e superior
Os festivais e mostras de teatro
Espazos singulares de exhibición: casinos, restaurantes, cabarés...
Os espazos para a formación e a investigación
Centros oficiais
Centros públicos non regulados
Centros privados
Outras iniciativas
As institucións teatrais
Organismos oficiais
Organismos semipúblicos e privados
Compañías e teatros institucionais
Asociacións profesionais
Outras entidades e asociacións
Elementos de significación teatral (Hormigón)
1. Do actor:
a) Vocais
articulados
non verbais
b) Físico dinámicos do actor:
expresión biofísica
expresión facial e mirada
escorzo e postura
desprazamento espacial
2. Espaciais e visuais:
espazo arquitectónico
espazo escénico–escenográfico
vestiario
maquillaxe e máscara
mobles e utensilios
iluminación
proxeccións
3. Rítmico–dinámicos
movemento escénico
mutacións e ritmo escenográfico
mutacións e ritmo luminoso
ritmo do espectáculo
4. Acústicos non verbais:
música
efectos sonoros
ruídos
5. Olfativos