5. T.O. China

Noción

A ópera chinesa ou xìqǔ é, no século XX, sinónimo de teatro chinés, e xurde no século XII. Inclúe narración, circo, actuación codificada e canto. Actualmente hai máis de 300 xéneros de ópera chinesa.

Podemos dicir que a ópera xurdiu no s. XII, cando se pasou da terceira á primeira persoa, ou sexa, cando se pasou da narración ao teatro, conservando a música e a canción que xa se viñan empregando na narración oral e incorporando os movementos e outros recursos que os narradores levaban utilizando nas sombras e marionetas para ilustrar as súas historias. Asemade incorprouse tamén toda a tradición das artes circenses.

O quyi, a arte dos narradores, cantantes e malabaristas xurde como actividade profesional no século X, e foi fonte de inspiración para a ópera chinesa. Tamén as diferentes formas circenses (o baixi ou os cen xogos) que xurdiron no século I a.C., e que ainda existen, intégraronse na ópera chinesa. Os intérpretes deben dominar o canto (nuns rexistros moi concretos), a recitación (cos tons e xeitos do quyi), o mimo e a acrobacia.

Ao teatro de inspiración occidental introducido no s. XX chámaselle Huaju. Neste enlace tedes un video sobre a súa historia. Son obras con diálogos realistas en lugar do texto poético cantado das formas dramáticas tradicionais chinesas. Xurdiu a principios do século XX da man de intelectuais. A primeira obra de longa duración deste tipo foi O escravo negro clama ao ceo (1901), que, de feito, era unha versión de A cabana do tío Tom.

Gran Teatro Nacional (O Ovo Xigante)

Harbin Opera House

Breve historia da Ópera Chinesa

Influencia da India

Numerosos elementos do teatro chinés están presentes na India, e crese que o budismo foi o vehículo desta influencia. As posicións precisas dos dedos da man (os mudra da danza india), a maquillaxe, o papel do tambor na música, etc. son algúns deses elementos. O punto común máis importante é o da distribución dos personaxes en categorías, con voces, movementos e maquillaxes específicos para cada un deles. O nome chinés destas categorías é, nalgúns casos, unha transcrición do sánscrito.

A horta das pereiras

Dous emperadores da dinastía Ming están considerados os "pais honoríficos da ópera chinesa" por desenvolveren a Academia da Horta das Pereiras no século VIII, unha compañía de música e danza establecida na Corte. Aínda non existía o xénero da Ópera como tal, que quedará establecido no século XIII. Co tempo, pasouse a denominar a ópera como o "oficio da Horta das Pereiras" e aos seus actores como os "irmáns da Horta das Pereiras".

O zaju (variedades)

O zaju, que podemos traducir como espectáculos de variedades, foi o primeiro xénero de teatro chinés. Xurde coa dinastía Yuan (s. XIII) de orixe mogol, que rexeitou o sistema anterior de oposicións do mandarinato, por un lado, e por outro permitiu a vida nocturna (coa dinastía anterior os barrios pechábanse pola noite). O primeiro empuxou aos funcionarios (xente letrada) a funcións de dramaturgos e o segundo impulsou unha intensa vida nocturna con contacontos, musicos, malabaristas, cantantes e pequenas pezas satíricas.

Época maoista

No "Discurso sobre as artes e a literatura" pronunciado por Mao Zedong en 1942 asignábase a estas unha función puramente ideolóxica de educación das masas, e os criterios políticos primaban sobre os criterios estéticos.

A partir de 1964, a esposa de Mao ocupouse da reforma da ópera de Pequín (jingju). As pezas tradicionais foron retiradas da escena, e oito obras modelo, chamadas óperas revolucionarias substituíron ao conxunto do repertorio.

Actualidade

Na actualidade o goberno chino ten unha tendencia nacionalista e soberanista e iso incúe o apoio ás artes escénicas de expresión propia. Baste salientar que o Gran Teatro Nacional de Pequin (O Ovo Xigante), deseñado en 2007 polo arquitecto francés Paul Andreu, é o complexo teatral máis grande de Asia. O Guangzhou Opera House foi deseñado por Zaha Hadid no ano 2010, e o Harbin Opera House en 2015, entre outros.

Espazo (en Pequin)

Da casa de té aos teatros: A ópera chega a Pequín en 1790, e era representada nos xiyuanzi, ou "patios de té". O público sentaba en bancos mirándo os uns para os outros e os clientes só pagaban polo té e non polo espectáculo. Era un mero entretemento. Isto cambiou coa aparición dos teatros, nos que os espectadores sentaban de cara ao escenario. Até 1931 o auditorio estaba dividido de modo que os homes sentaban nas plateas e as mulleres no paraíso.

Espazo (en Cantón)

En Cantón (a zona de Hong Kong, Macao, etc.) houbo compañías itinerantes que vivían e actuaban ao longo do delta do río Guandong desde o século XIX até principios do século XX (1938). Os grupos vivían en barcos vermellos especialmente deseñados para compañias de ópera durante a tempada de espectáculos, que duraba varios meses.

A mediados do século XIX, no sur de China, a ambulancia era máis conveniente ca construír un teatro. Non había teatros permanentes.

Unha compañía que só requiría un bote vermello chamábase media compañía. O habitual era levar dous botes para o elenco e a tripulación. Algunhas compañías máis grandes, necesitaban un terceiro bote para acomodar a gran cantidade de pertenzas, vestiario, e accesorios para o escenario.

Xénero

Nun principio, só aos homes estáballes permitido participar nas representacións, e non foi até a década de 1870 cando entraron as mulleres, pero estaba proibido que representasen xunto cos homes (había compañías so de mulleres).

Hoxendía unha actriz pode interpretar un personaxe tipicamente masculino. En papeis como o da Dan (un rol feminino) os actores masculinos seguen tendo unha gran popularidade. Pódese representar calquera papel sempre que se domine o estilo de canto particular deste.

Duración

A duración dás óperas chinesas era moi variable, desde obras moi curtas que so inclúen as partes máis vistosas ata obras longas de máis de quince escenas cuxas representacións podían chegar a durar até 12 horas. Actualmente en Pequín pódese asistir a diversas fórmulas de ópera chinesa: desde pezas clásicas, ata pezas modernas, pasando por espectáculos que so conteñen momentos acrobáticos ou salientables. A ópera moderna represéntase sobre un escenario en forma de caixa, e vaise introducindo a figura do director.

Nas súas orixes representábase unicamente sobre un pano de fondo, quedando o tres lados restantes ao descuberto. Un dos seus elementos é unha mesa que pode representar o mesmo a mesa de traballo dun funcionario que un outeiro ou unha ponte.

Convencións de xestos

  • Un actor nunca chora realmente no escenario. O actor sostén as súas mangas longas fronte aos seus ollos a unhas dúas polgadas do seu rostro e inclina levemente a cabeza. Isto simboliza o pranto. Ou leva a manga á cara nun xesto para secarse as presuntas bágoas.

  • O escenario chinés está baleiro, non hai portas nin xanelas no escenario. Por tanto, xuntar as dúas mans co brazo estendido denotará pechar unha porta imaxinaria. Para abrir unha porta, o actor separa as súas mans xa pechadas. Cruza un limiar imaxinario cun lixeiro salto.

  • As mans levántanse á altura do peito, coas palmas cara abaixo, e logo víranse movendo as mangas cara a fóra. Este xesto indica felicidade.

  • Para dar renda solta ao seu enfado, o actor retrocederá como aparvado, botando as mangas cara a adiante por baixo do nivel da cintura.

  • Un actor que camiña en círculo suxiere unha longa viaxe.


Máis sobre convencións de xestos e relacións con India

Obras

Existen moitas pezas no repertorio, algunhas moi famosas como Adeus á miña concubina. Outras, son tomadas de capítulos da novela Peregrinación ao Oeste, unha do catro grandes novelas clásicas da literatura chinesa, xunto con Romance dos Tres Reinos, Bandidos do Pantano, e Soño da Cámara Vermella.

Peregrinación ao Oeste foi escrita cara a finais do século XVI. Esta novela de ficción está baseada no diario de viaxe do monxe budista Xuan Zang (s. VII), quen desconfiando das traducións ao chinés de textos budistas decide facer a longa viaxe até as fontes en India. Na novela aparecen personaxes de ficción como o famoso Rei Mono, o Porco e o axudante Xa Wujing, quen se converten nos protectores do monxe Xuan Zang durante a sua longa e perigosa viaxe.

En "Peregrinación a Oeste" e as súas adaptacións á ópera chinesa o Rei Mono é o personaxe máis destacado e atractivo polas súas calidades, características e poderes. Isto convérteo nun dos personaxes máis complexos de interpretar e require dun adestramento de moi alto nivel en disciplinas como as artes marciais, a acrobacia, e a pantomima, ademais do canto e a declamación.

Tamén se incorporan pezas novas ao repertorio e adaptacións de pezas europeas.

Pelicula completa

Minutaxe Adeus á miña concubina

  • 4 Saltimbanquis (1924)

  • 12 Training

  • 15,30 Training

  • 22 Ópera

  • 28,30 Sinopse ópera

  • 34 Ópera

  • 40 Violación

  • 45 Ópera (1937: invasión xaponesa)

  • 59 Ópera

  • 1.01 Aspecto do teatro

  • 1.14 Ópera

  • 1.55 Ópera

  • 1.59 Ópera

  • 2.39 Ópera

Acrobacia

A Ópera de Pequín desenvolveu o seu propio sistema de adestramento físico que é unha elaboración das antigas habilidades do Wushu. O Wushu ten patróns coreográficos como encollerse, agazaparse, estirarse, xiros, voltas e saltos, tanto no que respecta ao adestramento como ao combate real e á exhibición estética.

As imitacións vocais -que tamén se retrotraen ao chamanismo e á posesión- son outro dos mellores números tradicionais chineses .

Atrezzo

Unha mesa pode servir como cama, como soporte para ver un obxecto distante desde gran altura, pode ser unha ponte, unha alta torre, unha montaña ou mesmo unha nube. Unha cadeira que pode ser tida como unha arma para os personaxes. Do mesmo xeito, un actor collendo un látigo con borlas quere dicir que o actor está a montar dacabalo.

Ademais de obxectos reais e tanxibles, hai tamén unha gran cantidade de atrezo virtual e ferramentas imaxinarias cuxa forma e función son suxeridas pola mímica e movementos dos actores.

En Recollendo o brazalete de xade, por exemplo, unha moza cose a sola dun zapato de tea; pero mentres a sola é real e tanxible, a agulla é imaxinaria.

min. 17:50 adestramento do Wu Chou (clown)

Mei Langfang adestrando ás mulleres

Escola de Ópera de Pequin

Fundada en 1952, só tres anos despois da revolución chinesa, por tres afamados actores da época, Wang Yaoqing, Hao Shouchen e Mei Lanfang. Este último, especializado en papeis femininos espertou nos anos trinta foi admirado por Stanislavski, Meyerhold e Brecht. En Adeus á miña concubina a súa encarnación da favorita inspirou a versión cinematográfica.

As Escolas da Ópera de Pequín eran internados situados en China continental , Hong Kong , Macao e Taiwan. Nunha delas estudou Jackie Chan: apenas tiñamos comida nin roupa, o adestramento era esgotador e o Mestre podía bater en nos en calquera momento! Hung (compañeiro de Jackie Chang): era esgotador en calquera profesión porque a xente en Hong Kong era pobre. Fomos afortunados.

Na biografía de Chan, explica que os estudantes adoptaban posturas de equilibrio durante longos períodos de tempo. Se un estudante caía, era golpeado e todos os estudantes debían reiniciar o exercicio.

Chan tiña o alcume de "neno dobre", porque soportaba o dobre de adestramento: fora "adoptado" polo sifu, a petición dos seus pais. Isto significaba que calquera fracaso sería unha vergoña particular, e cando outros cometían erros, Chan era castigado dúas veces máis ca o perpetrador.

Personaxes

Diferéncias pola súa idade, sexo e personalidade:

  • Sheng (home):

    • Sheng vello: con barba, recita de forma hierática.

    • Sheng novo: cabaleiro educado. Mozo namorado e atrevido.

    • Sheng guerreiro: domina as artes marciais. Inclúe o papel do malvado rei mono Sun Wu-Kung.

  • Tan: papeis femininos.

    • Tan vella: muller de avanzada idade recita de forma hierática.

    • Tan verde: leva un traxe desta cor. muller nova ou de mediana idade caracterizada pola súa bondade, racionalidade e rectitud.

    • Tan flor: pode ser unha rapariga extrovertida e inocente, ou coqueta e descarada.

    • Tan do cabalo e a espada: intermedio entre tan flor e tan guerreira. Ten o cargo de xeneral e é de temperamento ousado e vivo. Domina as letras e a disciplina militar.

    • Tan guerreira: experimentada loitadora que interpreta ás veces un papel de fada nos mitos.

  • Jing - cara pintada. Para estes personaxes existe unha codificación das cores que compoñen a súa maquillaxe, sendo o vermello símbolo de lealdade, o negro é integridade, e o branco é maldade. Tamén se emprega o dourado principalmente para deuses. Existen 16 diferentes patróns de maquillaxe que poden ser combinados nunha gran variedade de estilos. Hai tres tipos de personaxe jing:

    • Dongchui - xeral de rostro negro

    • Jiazi - personaxe de moito virtuosismo

    • Wujing - personaxe experto en acrobacia e artes marciais

  • Chou - clown/bufón e ás veces antagonista. Nalgúns casos é unha especie de bufón que aparece e desaparece en escena improvisando. En certos momentos, abandona a escena para facer comentarios obxectivos sobre o desenvolvemento da acción.

    • Wuchou - combina humor, artes marciais e acrobacia

    • Wenchou - o seu elemento humorístico está principalmente nos textos

    • Laochou - cómico ancián

Rei Mono

Cambio de máscaras propio da rexión de Sichuan

  • Carapintada vs. Sheng novo

  • Ata min. 2:22 explican convencións

  • no min 11:21 virtuosismo

A Fada espallando flores

Baséase na forma de vestir en tempos da dinastía Ming, aínda que non dun xeito realista. Engadíronse elementos como amplas mangas, bandeirolas e plumas de faisán co fin de aumentar o efecto dramático da coreografía. Xunto coas barbas, os abanos, as fitas de raso e as armas dos combates son formas de representar extensións dos membros do actor. Requiren unha grande habilidade para o seu manexo e encerran un rico significado dramático. Máis info neste enlace

  • Os emperadores e a familia imperial visten de amarelo brillante

  • Os oficiais de alto rango ou os oficiais militares intrépidos visten de púrpura

  • As persoas virtuosas ou valentes visten de vermello

  • Os funcionarios de baixo rango ou os homes novos visten de azul, con todo, hai diferentes estilos e unha gama de cores que suxiren a posición.

  • Mozos oficiais guapos ou xerais ou amantes visten de branco

  • Os homes novos vestían de rosa

  • Os personaxes maiores visten de verde (verde herba a verde oliva)

  • Personaxes groseiros e imprudentes visten de negro

  • Os roles leais e valentes eran un traxe verde.

Maquillaxe

Aínda que en inglés refirense ás maquillaxes como masks, non se utilízan máscaras na ópera chinesa. Pero a orixe dás maquillaxes parece ser que está na utilización de máscaras nas danzas e ritos que deron orixe á ópera. A maquillaxe acabou substituindo á máscara.

Todos os personaxes van maquillados, pero as dan e os sheng levan unha maquillaxe que so sirve para realzar, mentres que os ching e os chou levan unha maquillaxe codificada e complexa.

  • O chou leva un círculo ou un triángulo branco na zona central da cara.

  • Os ministros malvados resaltan as cellas en forma angular, incluíndo unha ou dúas raias de perversidade (coñecidas como "patas de mosca") nas fazulas.

  • O actor pode maquillarse como mono, tartaruga ou cervo para interpretar a un animal.

  • Cara vermella; representa a rectitud, a lealdade e a valentía

  • Cara negra; afouteza, atrevido, fanfarrón e a rudeza

  • Cara azul; a intrepidez e calculador

  • Cara branca; a astucia, mentireira

  • Cara ao queixo de soia; o servilismo e a bajeza

  • Cara de cor ouro ou prata aplícase a un inmortal ou deus.

  • Cara de austeridade; a un ministro leal ou fillo piadoso.

  • Cara verde; a un heroe do populacho

  • Ollos como riles e as cellas como mazos= un monxe

  • Os ollos como paxaros e os beizos pequenos= un eunuco

As máscaras adóitanse usar para personaxes que representan a mitos como o deus do trono, deus das letras, etc. Algunhas veces, mesmo, utilízanse a maquillaxe e a mascara a mesmo tempo.

Tocados


Os peiteados son de gran complexidade na muller, sendo variados moños e coletas, adornados de forma recargada con xoias, perlas, diamantes e flores artificiais, e tamén plumas de ave, formando broches, colgantes e diademas. Os alfinetes para os tocados, tamén están decorados formando figuras de insectos, como a bolboreta, ou tendo a forma de certas armas en tamaño minúsculo.

Por ambos os lados do pescozo, colgan dous longos guechos de pelo.

O tocado dos homes vai variar en gran medida segundo o personaxe.

O ching leva fantásticas diademas decoradas con múltiples xoias, pequenos pompones de diversas cores, e plumas de faisán. Ademais, tras a complexa maquillaxe, colócanse unha longa barba.

O resto dos personaxes, pode levar un sinxelo chapeu da dinastía Ming.

O vermello indica devoción, valor, bravura e lealdade. Unha cara chea vermella típica é a de Guan Yu, Xeneral do período dos Tres Reinos (220-280), afamado pola súa fidelidade ao Emperador, Liu Bei.

A cara negra indica un carácter áspero ou tamén imparcial e altruista. Típico do primeiro é o Xeneral Zhang Fei (do Romance dos Tres Reinos), e do último é Bao Gong, o xuíz imparcial da Dinastía Song.

O amarelo é bravura, ambición e sangue frío. Este que vemos no deseño é Tuxing Sun, un Xeneral anano con poderes especiais na ópera O Paso das tres Montañas.

Púrpura para integridade, sofisticacion e sangue frío. Hou Yi é un oficial versado en maxia negra na ópera O Paso do Dragón Verde.

O Azul é teimudo, bravo e raposeiro. Este que vemos é Xiahou Dun, o Xeneral leal de Cao Cao na ópera A Aba do Monte Bowang

O branco é sinistro, frecuentemente é o vilán poderoso. Destaca en todo o malo da natureza humana: Un personaxes típico é o ministro cruel Cao Cao.

Unha cara verde dille ao público que o personaxe é impulsivo e violento. Zheng Wun é un Xeneral na ópera O Paso do Dragón Verde.

Pallasos ruíns e sixilosos, como Jiang Gan dos Tres Reinos que adula a Cao Cao. Ás veces tamén o levan paxes ou paisanos para realzar o seu enxeño e humor.

Actividades

OBXECTIVO

Montar unha peciña breve, que necesariamente ten que ter narración (individual ou en coro), unha mesa cun mínimo de 4 usos diferentes (coma ponte, outeiro, etc.), mimo,

MATERIAIS

O mito da Lagoa da Serpe de Pena Trevinca: Dise que alí vive unha enorme serpe que nas noites de lúa chea se transfigura nunha fermosa moza que pide a canto mozo pase por alí que a desencante.

"Antígona fue condenada a muerte por querer enterrar a su hermano, abandonado al arbitrio de los perros y los cuervos por orden del rey de Tebas... Somos lo que recordamos... Todos los seres queridos que desaparecen, siguen viviendo en los relatos de quienes les sobreviven. Sin embargo, en muchas cunetas aún yacen enterrados sin identificar decenas de hombres y mujeres que fueron asesinados vilmente durante la Guerra Civil"