Teatro da india

O teatro na India é un drama danzado ou unha danza dramatizada. Hoxendía podemos ver «teatro convencional» feito en base aos textos clásicos, pero non é teatro Indio. É unha europeización.

Hai evidencias da danza en India dende hai 5.000 anos (2.300 a.C.), pero a primeira formalización da danza-teatro indio é do s. III a.C. aproximadamente. A temática das obras son as epopeas e mitoloxía da India.

No século VI xa temos autores importantes como Kalidasa (O anel de Sakuntala está considerada como unha das obras mestras da literatura india.) Bhavabhuti (s.VIII) está recoñecido ao mesmo nivel ca Kalidasa. A súa obra máis coñecida é Malatimadhava, un drama romántico ao xeito de Romeo e Xulieta. O teatro posterior tamén gozará dun favor moi particular. Destinado a un público refinado, é un xénero que os propios soberanos cultivan con predilección: o rei Harshavardana de Kanauj (s. VII) escribiu tres pezas teatrais e, logo, o rei Bhoja de Dhara (1010–1055) e o rei Vigraharaja IV de Ajmer (1150-1164), entre outros, imitaron este exemplo.

Existen decenas de xéneros de danza-teatro na India, dos que os estilos principais son nove: Bharatanatyam, Chhau, Kathak, Kathakali, Kuchipudi, Manipuri, Mohiniyattam, Odissi, Sattriya. Todas elas realízanse baixo os mesmos principios e convencións, enunciados nos 38 capítulos do Natyasastra (400 a.C.) Nos ímonos asomar so a dous: Bharatanatyam e Kathakali.

Abhinaya (gramática corporal)

Neste video podemos aprender os abhinaya (expresións, xestualidade) do corpo: cabeza, ollos, pescozo, e os hasta (xestos da man)

GRAMÁTICA DA CABEZA (ABHINAYA DA CABEZA):

  • Cabeza dereita sobre o pescozo: pode ser sorpresa, odio.

  • Cabeza cara arriba: serve para amosar a parte de arriba dunha montaña, ou o luar, o ceo, as estrelas.

  • Cabeza cara abaixo: timidez ou pena.

  • Menear a cabeza: alguén está moi louco.

  • Cabeza de lado a lado (especialmente de esqda a dta): mirar, dicir non, sinalar un lado ou outro.

  • Cabeza de arriba abaixo: afirmando, vem aquí, preguntar, senta aquí.

  • Virar a cara: com timidez, ira, noxo.

  • De abaixo arriba en diagonal: vaite, colle (dun xeito imperativo)

  • Menear a cabeza suavemente: pedir algo, dicir que lle amas.

Despois de amosar no video cada una destas frases, podemos construir un párrafo con todas elas, do mesmo xeito que Arlechino con “eu fun cara á dereita…"min 5.05 abhinaya dos ollos

  • min 8.40 abhinaya do pescozo

  • min 10.30 abhinaya das mans

  • min 12.33 significado das mans: comezo da danza, nubes, bosque, non, peito, noite, río, ceo, gallope do cabalo, cortar, brisa, deitarse, ir cara diante…

Existe tamén abhinaya dos membros (Pernas e brazos), do Canto, Maquillaxe, Vestiario, e a propia expresión individual do artista.

Por último existe unha división fundamental entre o abhinaya poético e codificado e o cotiá, natural e realista.

...

GRAMATICA DO CORPO/DIVISIÓN DO CORPO

  • ANGA: cabeza, pes, mans, peito, cadeira e cintura.

  • PRATYANGA: ombros, coxas, xionllos, papo da perna, brazos, costas, ventre, colo e pulsos.

  • UPANGA: faciana e as súas partes, dedos, nocellos

Navarasa (emocións básicas)

Hai nove navarasas que sirven para amosar o estado emocional.

É moi importante amosalos cos ollos, pero tamén se amosan coa posición do corpo.

Amor (shringaara), asombro (adbhuta), alegría (haasya), valor (veera), ira (roudra), medo (bhayanak), noxo (bibhatsa), compaixon (karuna), paz (shaanta)

Abhinaya moi expresiva, sen explicación de cada xesto.

Hastas (xestos das mans) técnicamente explicados

Hasta mudra é un termo específico da danza clásica india. Designa aos xestos das mans que reproducen os mudras. Os mudras son poses simbólicas ou rituais comúns ao hinduismo e ao budismo. Algúns mudras involucran a todo o corpo, pero a maioría realizanse coas mans e os dedos. No cristianismo tamén podemos atopalos na iconografía dos Cristos e Virxes, aínda que moito menos desenvolvido.

Orixes do Teatro na India

Á dereita temos a figura dunha bailarina nas ruinas de Mohenjo-daro, pertencente a unha cultura presente na India hai 5000 anos. Por outro lado, hai evidencias de danza da mesma época en China ou en Exipto. En España hai pinturas rupestres de danzarinas de 10.000 a.C.

A formalización do Kathakali é do século XVII. As danzas que deron orixe ao Kathakali son as danzas Tirayattam, de rituais tántricos en honor á deusa Bhagavati; as danzas Pambu Thullal, de cerimonias de adoración ás serpes; as artes marciais dos Nayars; e o Chakiar Koothu (xa moi parecido ao Kathakali) e máis o Kudiyattam (un unipersoal que ás veces podería ser asimilado ao stand-up), dous dos estilos máis antigos de dramatización.

O Bharatanatyam era unha forma de danza xa consolidada entre os séculos VI a IX d.C., como mostran as esculturas de templos desta época. É a tradición de danza clásica máis antiga da India. Foi prohibida polo goberno colonial británico en 1910, pero la comunidade india reivindicouna co resultado de que acabou sendo un sinal de identidade da India por todo o mundo.

Natyasastra

O Natyasastra é o texto dramaturxia da India, que data de entre os séculos II a.C. e II d.C. Todas as danza-teatro clásicas toman as normas definidas no Natyasastra, e comparten os tres elementos básicos:

  • O nritta (danza pura, onde os movementos do corpo non expresan nada nin teñen significado algun),

  • o nritya (expresión, xesticulación cando o actor canta) e

  • o natya (drama).

Ademais existen dúas categorías de movementos que todo bailarín debe dominar, sexa cal for o seu sexo: o tandava (aspecto masculino e vigoroso da danza) e o lasya (lado elegante e feminino).

Outros conceptos: navarasa (sentimentos) e mudra (linguaxe de signos e xestual)

Outra división do teatro-danza hindú: danza interpretativa e danza pura.

Unha Teoría da Recepción

O teatro: un pracer compartido

“A emoción compartida co público produce rasa ou pracer estético”

Experiencia artística e experiencia estética

BHAVA: emocions transitorias que expresan os actores. Experiencia artística.

RASA: emoción estética que recibe o espectador. Experiencia estética

Cada Bhava correspóndese cunha Rasa: Os tratados procuran descubrir os medios apropiados para espertar os diferentes bhava e rasa.

Distinguen oito rasa: o rasa amoroso, o cómico, o patético, a cólera, o heroísmo, o terror, o noxo, o maravilloso e as veces agregan a serenidade e o afecto. Estes estados fundamentais da alma aparecen acompañados de trinta e seis armónicos, que lles comunican a diversidade da vida.

A teoría do dhvani (resonancia): a indeterminación

A teoría do dhvani (resonancia) profundiza aínda máis estas investigacións. Afirma a superioridade da suxestión sobre a expresión clara e atribúe a este poder de suxestión a esencia mesma da poesía.

Os estratos históricos da recepción

Por outra banda, diferentes sentidos suxeridos poden evocarse un ao outro como unha serie de ecos que dialogan. Así o sentido claro dun poema se aureola con halos cada vez máis distantes e desdibuxados.

A relación co poder

Na India estimábase moito esta literatura erudita de adornado estilo. Os autores gozaban dunha situación social privilexiada. Os soberanos entregábanse de boa gana aos exercicios poéticos Así, as grandes capitais convertíanse en centros literarios, sendo Cachemira o centro máis brillante da literatura sánscrita a finais do s.IV.

A arte como forma de coñecemento

As partes do teatro son:

  • a palabra falada,

  • a canción,

  • a mímica,

  • o sentimento ou a emoción.

A arte conduce á esencia divina por medio da intuición non da razón. E faino a través dos sentidos.

Posicións dos pes

16 no chan e 16 no aire

Maneiras de camiñar

  • DAMA anda con pasiños curtos,

  • HETAIRA abanease,

  • PARVO camiña co calcañar e coas dedas cara arriba,

  • MENDIGO arrastra os pes,

  • CORTESAN maxestuosamente

Codificación do movemento

  • 24 hasta mudras (coas mans),

  • 13 movemientos de cabeza,

  • 7 movemientos de cellas,

  • 6 de nariz,

  • 6 de meixelas,

  • 9 de colo,

  • 7 de queixo,

  • 5 peito,

  • 36 movementos de ollos

Kathakali: textos

  • Os textos permiten moita flexibilidade aos actores para improvisar. Están baseados en lendas procedentes de textos sagrados como o Mahabharata. Actualmente tamén se adaptan argumentos de Shakespeare ou do cristianismo.

  • Duración: un espectáculo tradicional empeza de madrugada e chega ata o solpor. Algunhas obras duran varios días. Os espectáculos hoxendía son máis curtos.

  • Espazo: o escenario está baleiro. Os músicos están á esquerda do público. Antes dos micrófonos os vocalistas estaban en primeira liña de escena, para poderen ser ouvidos polo público.

  • Os performers son so homes, que cando é é preciso visten de mulleres. Actualmente tamén hai performers mulleres.

  • Noutras danzas –no bharatanatyam, por exemplo- pasa o contrario: son fundamentalmente mulleres.

  • Os textos son cantados por musicos. Os actores-bailarines traducen estes cantos en xestos, movementos e expresións. Os ritmos provistos por un par de tambores, producen os efectos sonoros durante a representación e enfatizan o comportamento dos personaxes.

  • "Máis que libreto, o kathakali baséase nunha complexa partitura musical, poética e coreográfica. A narración da historia se desdobra en, por unha banda, os versos executados polos cantantes, e por outro, a xesticulación e danza dos actores que nunca pronuncian palabra algunha. Así, a partitura do kathakali é unha urdime de signos codificados que se entretecen para contar unha historia do xeito máis vigoroso e creativa posible", escribe o investigador Antonio Prieto.

  • Repertorio: Existen máis de 500 obras de Kathakali, a maioría escritas antes do século XX. Habitualmente preséntanse unhas 50.

Na literatura e na arte da India, en xeral, aparecen o feo e o deforme. A angustia da vellez e a acechanza da morte relaciónanse co sentido do destino humano, e todo isto se transparenta nos mellores autores.

Algúns dos textos do Bharathanatyam, do Kathakali e outras danzas están escritos en sánscrito. O sánscrito é unha lingua litúrxica no hinduismo e no budismo. Aínda que hoxe en día é un dos vintedous idiomas oficiais da India, o seu lugar na cultura da India e do sudeste asiático é similar á do latín e o grego en Europa.

Kathakali: maquillaxe e vestiario

Das danzas clásicas, o Kathakali é o que ten un código de maquillaxe máis elaborado.

Este código serve para identificar os personaxes arquetípicos: deuses, demos, santos, animais e demaís personaxes.

Hai sete tipos básicos de maquillaxes. Os personaxes reflicten a teoría das personalidades da filosofía hindú. Existen o sattva (bondade), rajas (paixón), e tamas (escuridade). Estes tres principios están presentes en todas as cousas e persoas, é a proporción a que é diferente. O xogo entre estes características e a combinación dos códigos de cores, liñas e deseños do maquillaxe e vestiario definen ao personaxe.

Os personaxes son perfectamente recoñecibles polo público grazas á súa maquillaxe e vestiario, e elevan aos performers a un nivel por riba dos mortais.

Cara verde con beizos vermellos é próprio de personaxes nobres e sabios como Shiva, Krishna e outros.

A maquillaxe thadi (barbas) pode ser de tres tipos: Chuvanna thadi (barba vermella), Vella thadi (barba branca) e Karutha thadi (barba negra). O máis feroz e cruel é o Chuvanna thadi. Empregase para os demos e para certos reis que son crueis e revirados. O actor brúa ou berra para expresar certas emocións. E para meterlle medo ao público.


Vella Thadi (barba branca). Representa un ser divino, nun estado de conciencia superior e virtuoso. O cara verde da dereita tamén é barba branca.

Minukka. Son personaxes femininos nobres e virtuosos

Kathakali cos músicos e vocalistas detrás.

A presentación do personaxe é moi característica no Kathakali, e non se da tanto no resto das danzas.

Os personaxes preséntanse no Kathakali de diversas maneiras: con efectos especiais; a través do público, conducido por portadores de fachos; aparecendo progresivamente detrás do telón (típico de personaxes con intencións malvadas).

A maquillaxe tarda en facerse entre 2 e 5 horas. Existen uns maquilladores (chottikakaran) e tamén se maquillan os propios performers. Durante o proceso, os performers aproveitan para meditar, encarnar o personaxe ou durmir.

min 13: vestiario

Kathakali: trazos característicos

  • O Kathakali posúe: nritta (danza técnica), nritya (expresión) e natya (drama), con predominio do aspecto tandava (viril).

  • Esixe gran dominio da musculatura corporal, axilidade e forza.

  • Destacan posturas rectangulares, grandes saltos e movementos amplos e vigorosos.

  • A segunda posición en demí-plié é moi aberta cos pés ben separados un doutro, apoiándose na parte externa da planta.

  • O aspecto expresivo está tan desenvolvido que se considera a culminación da arte dramática en danza, e os xestos das mans son dunha riqueza extraordinaria.

Mudras

Os performers falan nunha especie de lingua de signos. As palabras do personaxe exprésanse a través dos mudras (signos coas mans), e as emocións a través do movemento dos ollos, da cara e do corpo

En principio había seis mudra, coa intención de facilitar a comprensión dos distintos momentos da vida de Buda mediante xestos precisos. Os mudra aparecen na estatuaria, na pintura do hinduísmo, na sanación e na práctica da oración.

Os de arriba son mudras combinando as dúas mans

Existen 24 mudras básicos ou xestos das mans. Da combinación destes mudras básicos saen 470 símbolos diferentes.

Estes son algúns mudras e os seus significados, que son múltiples.

Os mudra manteñen as mesmas posicions en todos os xéneros, pero teñen nomes e usos distintos.

No Bharata Natyam hai vinteoito

No Kathakali existen veinticuatro.

jnana mudra: concentración, meditación

Os mudras son tamén unha parte importante no ioga como recurso de sanación, xa que a espiritualidade, o corpo e as artes escénicas están relacionados na mesma filosofía.

enerxía pránica, enerxía vital

Navarasa (emocións) co corpo

Hai nove navarasas que sirven para amosar o estado emocional. É moi importante amosalos cos ollos, como vimos no video máis arriba, pero tamén se amosan coa posición do corpo.

Amor (shringaara), asombro (adbhuta), alegría (haasya) valor (veera), ira (roudra), medo (bhayanak), noxo (bibhatsa), compaixon (karuna), paz (shaanta)

Trazos comúns e diferenzas na danza hindú

Todos os xéneros teñen relación coa mitoloxía, coa filosofía, coas crenzas espirituais da cultura hindú, coas influencias mogoles, e, en tempos máis recentes, coa influencia da tradición islámica. Todos os estilos execútanse cos pés descalzos, e na maioría empregan os ghungroos (cascabeis nos nocelos) para aumentar o ritmo nos pasos. A base teórica esta en todos os casos no Natyasastra.

Con todo, cada un dos estilos clásicos reflexa as tradicións particulares da súa rexión. Por exemplo, no Manipuri non empregan cascabeis nos nocellos, os pasos son leves e pegados ao chan e técnicamente é máis doado ca outras danzas.

Algunhas diferenzas entre as danzas:

MANIPURI

O vestiario e o uso do veo son un elemento diferenciador

KATHAKALI

Posturas rectangulares, grandes saltos e movementos amplos e vigorosos

BARATHANATYAM

Pernas flexionadas. Acento nos mudras ou formas das mans.

KATHAK

Pernas rectas. Acento no traballo do pe. Levan cascabeis nos nocellos para aumentar o ritmo nos pasos

Dramaturxia do Teatro Hindú

O teatro-danza na India é unha síntese de todas as formas artísticas da tradición hindú: desde a escultura ata a música, pasando pola literatura ou a pintura, de todas recolleu diferentes elementos e con todas mantén un maior ou menor parentesco desde a xa citada codificación establecida no Natyasastra.

Bharatanatyam

Históricamente os bailarins do Bharatanatyam foron mulleres, aínda que agora empeza a haber bailarins homes, un fenómeno excepcional e non exento de controversia. Vinit Bhamare en Just dance (2014) asegura citando do Natyasastra (I.44) que "..o traxe debe ser atractivo e fermoso e que o sentimento erótico (Sringara) está na súa base. Non pode ser representado axeitadamente polos homes. So as mulleres poden practicalo correctamente". Con todo, veremos que a tradición flúe, e xa en 1936 adestrábase a bailaríns homes, como veremos máis abaixo.

É un estilo de baile extremadamente preciso, cun enorme repertorio de movementos de mans para expresar estados de ánimo e expresións. Coma nas esculturas das que toman as súas posturas, sempre danzan cos xeonllos flexionados. É un estilo moi esixente para o bailarín.

O corpo é visualizado como feito de triángulos, un encima e outro debaixo do torso. Está baseado nunha distribución equilibrada do peso do corpo e nas posicións firmes das extremidades inferiores. As mans cortanse nunha liña, para flotaren arredor do corpo, ou para tomar posicións que exalten a forma básica. O espazo e o movemento percíbense ao longo de precisas liñas geométricas, acentuados por un fráxil traballo de pés.

Son característicos os Padams ou poemas sobre heroes e heroínas.

O Bharatanatyam ten a súa orixe na rexión Tamil Nadu, no sur da India, e é tamén a danza nacional da India. Acompáñase habitualmente da música clásica Carnatic.

A palabra Bharatha ven de Bhava (emoción), Raga (música), e o Tala (ritmo), mentres que Natyam quere dicir drama. As dúas palabras combinadas describen o que é esta danza. O movemento, o mimo e a música teñen igual importancia en Bharatha Natyam. Tamén é un rito e un acto de devoción.

As funcións de Bharatha Natyam son representadas ben por unha artista a soas, ben por un dúo, ou ben como grupo. Pero o Bharatanatyam propio é unha danza a soas, con dous aspectos, lasya (graciosas liñas e movementos femininos), e tandava Ananda Thandavam (a danza de Shiva), o aspecto masculino, dun xeito idéntico ao Yin e ao Yang na cultura chinesa.

Estatua dunha Apsara do Estado Madhya Pradesh, India. Século X.

As apsaras

As bailarinas celestiais, as apsaras, das que hai múltiples representacións en esculturas e escritos bailan a versión divina do que se coñece como Bharatanatyam.

Unha deidade hindú é unha hóspede venerada no seu templo/domicilio, a quen se lle ofrecen unha serie de servizos relixiosos chamados Sodasa Upacharas (dezaseis hospitalidades) entre os cales están a música e a danza, conforme establece o Gandharva Veda.

Moitos templos hindús mantiveron tradicionalmente aos músicos e bailarinas.

Apsaras na base do pedestal Tra Kieu, século X

Simbolismo espiritual

O Bharatanatyam é poesía en movemento. Considerase a celebración do universo eterno a través da celebración da beleza do corpo material.

min 1.05 Bharatanatyam como danza do lume

Danza de lume

O Bharatanatyam está considerada como unha danza de lume (a manifestación mística do elemento metafísico do lume no corpo humano). Na India enténdese que existen cinco elementos, que se corresponden con cinco estilos de danza (un para cada elemento: lume, auga, terra, aire e éter). Por exemplo, a danza Odissi representa o elemento da auga, e a danza Mohiniattam, o elemento do aire.

Os movementos dunha bailarína de Bharatanatyam deberían asemellarse aos movementos dunha chama.

Nataraja Shiva baila a danza cósmica de creación, destrucción e liberación sobre o corpo inclinado de Apasmāra, o demo anano da avidya (= ignorancia ou falla de percepción espiritual).

O bailarín cósmico

Na mitoloxía hindú o universo enteiro é a danza do bailarín supremo, de Nataraja (un dos nomes de Shiva), tamén coñecido como o bailarín cósmico.

Temos aquí a encarnación e a manifestación da enerxía eterna en cinco actividades:

  • Creación, verquer, revelación(panca-kriya):;

  • Mantemento ou duración (sthiti);

  • Destrucción ou o retirada (smhara);

  • Encubrimento, ocultando a esencia trascendental detrás do aparatoso vestiario (tirobhava);

  • Favorecemento, outorgando a gracia (anugraha).

Decadencia e renacemento do Bharathanatyam

Entre o século X e o século XIX os reis locais invitaron adoito ás bailarinas do templo (devadasi) a que bailasen nas súas Cortes, e así crearon unha nova categoría de bailarinas –rajanarthakis- e modificaron a técnica e os temas das danzas. Unha devadasi ten que satisfacer a súa propia alma entregada ao deus, pero a danza dos rajanarthaki non era máis que entretemento.

O cuarteto de Chinnayya (1798 - 1832), contribuiu a conformar o Bharathanatyam na súa actual forma. Co apoio do rei rey Maratha Serfoji II de Thanjavur aprenderon os matices da música carnática de varios mestres do seu tempo. Logo mudáronse a Travancore e alí foron patrocinados polo Maharajá Swati Tirunal. Os descendentes destes catro irmáns formaron unha xeneración de profesores da danza de Bharatanatyam.

En 1850 toda a India pasou a formar parte do imperio británico. O inglés sustituiu ao persa - instaurado polos mongoles - como lingua oficial. Con este proceso o sánscrito perdeu moita influencia, estimulándose o uso das diferentes linguas vernáculas vivas. A influencia inglesa manifestouse coa aparición dun teatro novo diferente do clásico. Este teatro é decididamente social e nacional, como, por exemplo en “Kulina-kulasarvasva” (1857), escrita en bengalí, que trataba oproblema da poligamia desde un punto de vista social. Dinabandhu Mitra publicou en 1860 “Nil Darpan”, onde describe a explotación nas plantacions. En 1873, Girish Chandra Ghose, autor, actor y director de escena, funda o primeiro teatro público en Calcuta.

As novidades en todos os terreos estiveron estreitamente ligadas á loita política e reflectiron as súas sucesivas fases: primeiro, entusiasmo polo occidental; logo, reconstrución romántica do pasado da India; a partir de 1936, un espírito crecente de crítica social; e, despois da independencia, un forte apoio público ás artes tradicionais, unha vasta esfera de expresión individual e a crecente influencia das formas populares, desenvolvidas e difundidas por medio do cinema.

Cando o poeta indio Rabindranath Tagore (1861-1941) recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1913, recoñecíase deste xeito a súa asimilación das influencias occidentais combinada co espírito indio, en formas que podían ser tamén comprendidas noutras partes do mundo. O impulsor da danza india na segunda década do s.XX foi Rabindranath Tagore, na súa escola en Bengala. Foi imitado por outros, en Madrás e en Travancor.

Noutras partes de Asia, certas tradicións ancestrais conservaron a súa integridade, como as danzas de Bali e Xava, porque apenas tiveron contacto con Occidente.

A filosofa, activista e bailarina Rukmini Devi Arundale (1904 - 1986) introduciu as representacións grupais baseadas no Bharatanatyam. Algúns estudosos opinan que Rukmini Devi conduciu ao Bharatanatyam a unha forma de arte puritana, eliminando o Sringara (elementos evocadores do erótico, tales como movementos da cadeira e do peito) o que foi criticado por representantes da cultura tradicional, que consideraban que esta reforma era como “botarlle un verniz sobre o ouro”.

Algúns estilos que se desenvolveron foran exotéricos, mentres que outros, como o estilo Melattur consiste principalmente nos elementos antigos e esotéricos interpretados nos templos. A bailarina Balasaraswati (1918 - 1984) procedía de músicos e bailaríns patrocinados desde o século XVIII pola Corte de Thanjavur. Balasaraswati comezou a súa formación cando tiña catro anos cun membro da famosa familia do cuarteto de Thanjavur, e acabou revolucionando a música e a danza tradicionais do Bharatanatyam. Mantivo relacións con Martha Graham y Merce Cunningham, realizando residencias artísticas e de docencia no Jacob´s Pillow (a escola de Ted Shawn e Ruth St. Denis).

O desenvolvemento do Bharatnatyam polo tanto foi rodeado pola controversia, de feito foi criticado tamén que mulleres Brahmin, se apropiaran de certas tradicións das devadasi desaciociándoas doutros aspectos das prácticas das devadasis.

En 1936 Rukmini Devi Arundale fundou unha escola para ensinar música e arte indios. Ela foi unha das primeiras profesoras que instruiu a algúns homes na danza, xa que, ata aquel momento, era bailada exclusivamente polas mulleres, mentres que os homes, chamados Nattuvanars, ensinaban Bharatanatyam sen bailalo.

Actualmente, os bailes de Bharatanatyam non se fan no interior do templo senón en festivais. Na cultura popular, adaptouse ás películas populares e programas da TV.