Narración 

Oral

Fotografía do II Encontro de Narración Oral Galega arredor da estatua de Álvaro Cunqueiro

Avelino González

Video con improvisación e participación 

Cándido Pazó

 Autor, director de escena, narrador oral e actor 

Paula Carballeira

No ano 2006 o CDG produciu A cabana de Babaiagá, un proxecto de música e narración oral con Paula Carballeira

Celso Sanmartín

Poeta, contador. Comezou facendo recollidas na Residencia na que traballa.

Noción de Narración Oral

Pablo Albo (preámbulo de los estatutos de AEDA): "Se entiende por narración oral la disciplina artística que se ocupa del acto de contar de viva voz, usando exclusiva o primordialmente la palabra, en un contacto directo y recíproco con el auditorio. La narración oral hunde sus raíces en la tradición de contar historias y en la actualidad convive con ella aunque en un contexto escénico."

Esta definición pode servirnos como guía: dinos que é unha arte, e que o trazo diferencial é o emprego primordial da palabra en contacto recíproco co público. Fálanos das súas orixes antropolóxicas e do seu momento actual como arte escénica.

Como con calquera outro fenómeno humano,  podemos abordar a narración oral dun xeito estreito, ou, polo contrario, dun xeito amplo e inclusivo. Ambos son correctos, todo dependerá das premisas de onde partamos. 

Quedarán fora desta noción estreita de narración oral os espectáculos de animación á lectura (neste sentido afirma Pablo Albo que  “no debe haber sesiones de cuentos para que la gente lea. Debe haber sesiones de cuentos para que la gente escuche”) e aqueles espectáculos que incorporan personaxes dramáticos (do tipo a bruxiña dos contos e outros).       

Trazos característicos da Narración Oral

Sen dúbida a palabra como elemento primordial é necesaria, aínda que non necesariamente ten de ser oral (pensemos na linguaxe de signos). Cando Pablo Albo di “en contacto recíproco co público” supoñemos que fai referencia a que é un acto presentacional, performativo, ou para dicilo doutro xeito, que é o oposto a unha representación na que se da a dualidade escena/público, actor/espectador. E que ademais se rompe a cuarta parede. Non obstante, nos vimos en Marrocos narración oral na que  o público limitábase a escoitar, e non había interacción co público, do mesmo xeito que pasa no teatro occidental. E seguía sendo narración oral. Tamén teño visto ese tipo de narración oral en España. Por outro lado, romper cuarta parede non é privativo da narración oral: dase adoito no teatro de sala, no teatro de rúa, no teatro de títeres, no cabaret, etc. En relación a que teña que ser de viva voz, baste lembrar a nosa experiencia como narrador en varios programas de radio e televisión que se emitían en diferido. Ou as gravacións en youtube durante os anos da pandemia.

A sesión de Narración Oral


A narración oral habitualmente desenvólvese nunha sesión, e non no marco dun espectáculo. Mentres que os espectáculos teñen un título, refírense a unha proposta concreta, teñen unha duración, hai unha sinopse, un cartel e un programa de man que inclúe aos autores, os adaptadores, etc. , a sesión, polo contrario, non ten un título, senón que é unha sesión de contacontos do narrador. O propio narrador ás veces non sabe que contos vai contar. Foi sintomático que na sesión colectiva de Mondoñedo do ano 2019 houbo moitos que non proporcionaron o nome do conto que ían contar porque simplemente non saberían que conto contarían ata o momento de ter de contalo. Non o podían saber ata que valoraran o espazo e o momento. Penso que esta é a única arte do espectáculo na que sucede isto: na ópera, o circo, a danza, o mimo, os títeres sempre hai título, cartel, etc.

O espazo

A narración oral dase en todo tipo de espazos, pero ten querencia por un espazo tipo hemiciclo ou anfiteatro.  En calquera caso, así como o circo clásico ou a ópera teñen  asignado un espazo escénico específico, a narración oral non o ten. Pero  si que se da nun espazo maís ou menos ritual (ás contadas arredor do lume nas acampadas), ou cotián (arredor da mesa da comida, arredor do contador de taberna) ou está presente no imaxinario (arredor da lareira). Sempre arredor, como sucede nun hemiciclo.

En Galicia desenvólvese habitualmente nas aulas, nas bibliotecas, nos pubs e nas Casas de Cultura, e en eventos e actos culturais puntuais (pregóns, feira do libro, Xacoeo, librarías, etc.).

Non é habitual que se desenvolva ao aire libre, como si sucede en Bos Aires, polo que nos ten contado Campanari, ou no Retiro madrileño ou nos países árabes. De todas formas si que se pode dar en espazos pouco convencionais: Por exemplo Cándido Pazó ten contado no comedor de Citroen, e tamén en comedores en Madrid, do mesmo xeito que Dario Fo ten contado a historia dunha tigresa e outras historias para os operarios da FIAT. 

Todos os narradores orais galegos teñen anécdotas sobre os sitios máis raros onde teñen contado. Velaí unha pequeña mostra de lugares insólitos: Nun Bingo, nun corredor que conducía a uns baños, na barca de paso cruzando de Galiza a Portugal, nun cemiterio, nunha mina, nas oficinas do governo en Mexico, nunha comisaria en Colombia, baixo unha marquesina do bus, nun Centro de Saúde, nun campamento de desprazados pola violencia cerca de Barranquilla (Colombia), nunha rotonda, no salón dunha casa para unha familia, nun tren, nun ascensor, nun parking subterráneo...

min 2 María da Pontragha

Contacontos infantil, xuvenil e adultos. Colabora en Luar.

Soledad Felloza

Actriz, contadora, escritora e dramaturga. Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica (Galicia).

Vero Rilo

Educadora infantil en Galicia e Portugal, de aí procede a súa profesión de contadora. 

Ana Carreira

Narradora oral, actriz e dramaturga. Impulsora do grupo Ubú Teatro 

Qué non é Narración Oral


En Galicia, dentro do colectivo, formulouse a cuestión de se deben de incluirse os espectáculos de maxia. Supoñemos que dependerá de se a énfase do espectáculo está na maxia ou na narración. Tomemos o caso de Luis Piedrahita: é mago e monologuista (stand-up) con igual nivel profesional en ambos. Podería, se quixer, empregar a maxia e os recursos do stand-up indistintamente nun espectáculo. A súa adscripción a un circuito de monologuistas ou a un circuito de maxia dependerá do peso que teña unha ou outra arte. 

Para incluir no colectivo a unha narradora debemos comezar por reparar en como se presenta públicamente: se se presenta como narradora, en principio, diríamos que é unha narradora. Se se presenta como maga, non. E se se presenta como narradora e finalmente o espectáculo non é de narración oral senón de maxia, é moi probable que teña un problema con quen a contratou e máis co seu público.

O colectivo de narrador@a orais en Galicia inclúe propostas (contacontos para bebés, contacontos tabernarios, animación á lectura, etc.) que poden ter intereses diferentes e mesmo opostos, o mesmo que pode suceder noutros colectivos: pensemos no ballet e a danza contemporánea ou no circo clásico e o novo circo. Por exemplo pode xenerar polémica interna que estean no mesmo colectivo contador@s que defendan unha visión moral da narración oral, pedagóxica e platónica, xunto con outros que defendan un enfoque transgresor, catártico e máis aristotélico. Pero independentemente dos diferentes intereses, hai unha serie de trazos comúns que indicarán a pertenza ao colectivo.

En relación á nosa visión sobre a Narración Oral, o contexto determinará que historias contaremos, cómo o faremos, a duración, a actitude dos ouvintes e a sua implicación. Igual ca no caso anterior, se contamos historias de sexo e violencia nunha residencia de monxas da terceira idade pode que teñamos problemas. E se contamos historias de paz, amor e ilusión nun After-hours, o mesmo.

 Coma sempre, haberá que establecer un balance entre a transgresión (e a agresión) que exercemos sobre o público e a nosa integridade física e mental. 

Festival Atlántica

O Festival Atlántica baséase nunha programación de contadores de historias; as mañás e as tardes os contadores achéganse ao mundo dos nenos. No serán é o momento do debate, da reflexión, do diálogo e dos obradoiros de formación para os propios profesionais da narración oral. Na noitiña contadores paseantes amosan a pequenos grupos as historias que latexan nas cidades, viaxando no espazo e no tempo coas narrativas que agacha a historia de Compostela. En chegando a noite os bares énchense de palabras na programación para adultos. 

Recursos e contadores doutros países

Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España. 

Web moi completa con material teórico interesante

Associació de Narradores i Narradors. 

Proxectos interesantes como Contos en prisión ou Contos no Hospital

Imprescindible: Conta o alcalde, o policía municipal, contadores internacionais... toda a cidade emborcada no evento.

Galicia Encantada.

 A web que mantén Antonio Reigosa. A Galicia imaxinaria: mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras.

Portugal: António Fontinha

Reino Unido: Tim Bowley

Editorial adicada á publicación de contos de narrador@s orais profesionales ou tradicionais. Libros para ler, libros para escoitar.

Breve historia da Narración Oral


...

Segundo Mary Gould Davis citada en El arte de narrar cuentos, a arte da narración comparte antigüidade coa danza ou o canto.

Poderiamos falar dun sistema estético complexo: Pensemos nas tribos primitivas nas que o narrador, se apartaba da colectividade para contar as súas historias creando unha primeira intención espectacular. A este espectáculo primixenio hai que engadir a transmisión de conciencia histórica e os fins educativos. Exemplo disto son, segundo Javier Zamudio, A Odisea ou A Ilíada que pertencen á historia oral aínda que despois fosen levados á escrita por Homero ou tamén os ritos relixiosos, os cánticos ou os rezos.

Antecedente da narración oral é a xograresca da Eolia en Grecia ou dos escaldos de Escandinavia. Fálase mesmo de escolas de narración durante a época de expansión romana: os ollams de Irlanda e os bardos de Gales.

En China hai constancia da existencia da narración oral desde o século VI a.C. No seculo XI xa era unha arte profesionalizada, e en 1587-1670 coñecíase a existencia do famoso contador Liu Jingting que desenvolvía o seu oficio seguindo as teorías dun mestre, é dicir xa era unha arte codificada. En Xapón, a día de hoxe, o narrador Sanyutei Ryukaku, de quen ofrecemos video da actuación máis abaixo comezou na narración en 1985 como aprendiz de Sanyutei Enraku V. Outro dos seus discípulos é Sanyutei Enraku VI.

Seguindo a Marina Sanfilippo podemos falar da dimensión de animación á lectura que se implantou coa hora do conto nos Países Escandinavos e en EEUU. Garzón Céspedes recoñece  esta procedencia e a súa transcendencia teórico-práctica na Cuba dos ´70 na que se funda La peña de los juglares cunha clara intención de sistematizar a arte de contar. Garzón Céspedes viaxou polo mundo ensinando as súas técnicas de narración oral escénica con variable éxito.

En Inglaterra e Francia comezaría a actividade a principios do século XX. Neste último país se engadiría unha funcionalidade lingüística ao usar a narración en francés para a promoción da lingua. A isto refírese tamén o narrador galego Candido Pazó na Galicia dos ´90 citado por San Filippo ao “empeño pola normalización lingüística (que) fai que todo o que teña que ver coa palabra e os seus diversos usos cobre unha gran relevancia.”

San Filippo en Revista Galega de Teatro (2002) reflicte a ausencia de narradores italianos a mediados do XX pola desaparición dos dialectos italianos que sustentaban a tradición. A partir da reivindicación das culturas rexionais apareceu a partir dos setenta novas voces tamén preocupadas pola dimensión pedagóxica dos contos. O xénero xograresco desenvolvido por xente do teatro como Darío Fó deu pulo á oralidade aínda na clandestinidade. Nos 80 a oralidade acadou un novo estatus ao converterse en motivo de investigación filolóxica no eido da oralidade literaria. Quizais sexa por isto que en Italia haxa unha preocupación por encadrar a narración oral como xénero dramático, e por iso alí fálase de Teatro Narrazione.

Cristina Mirinda en RGT (2002) fala do rexurdimento do Storytelling en EEUU en 1973 cun alto nivel de organización e asociación. Xa en 1998 reciben un grande apoio económico a través do mecenazgo que apoia a formación ou a conservación da tradición oral, case sempre en bibliotecas. No mesmo artigo Mirinda (2002) menciona a adhesión que se está mostrando en Australia e Nova Zelanda a esta faceta.

En Inglaterra ao espazo da biblioteca súmase, do mesmo xeito que en España o bar,  o pub como escenario para a narración.

En todos estes países da cultura angloxasona é común a preocupación que o movemento do storytelling ten polo seu recoñecemento social, pola sua financiación, e os problemas de definición, repertorio, dereitos de autor, etc., tarefas, en definitiva, que tentan crear unha infraestrutura colectiva en defensa dunha vella arte actualizada.

Seguindo a análise que Brigitte Arnaudies en RGT (2002:13 e 14) fai da Carta Magna sobre a arte dos narradores, en Francia a  finais dos sesenta en Francia houbo unha consolidación de actividades arredor dos contos nas bibliotecas que salientaban o carácter educativo e pedagóxico da tradición oral. Trataríase dun momento de reflexión e posta en común. Posteriormente, nos 80 aparece unha nova xeración de narradores do país aos que se engaden narradores inmigrantes que enriquecen o panorama do conto. Esta pode considerarse a segunda xeración que cambia o espazo espectacular e as orixes dos contadores que proceden do mundo do espectáculo. Comeza un momento de festivais e cursos de formación apoiados por institucións dos que emerxe unha nova xeración no que a presenza das mulleres é elevada. 

Non é estraño que debido ao carácter académico e sistematizador da cultura francesa aparecese a Carta Magna Nacional dos narradores orais, documento que recolle unhas prerrogativas que rexen á profesión. 

Xa a partir dos 80 e 90 os modos dos narradores franceses serán asimilados polos narradores españois ou os cuenteros latinoamericanos, sobre todo cubanos e arxentinos, que combinaron escena e animación á lectura promovida polo mercado editorial.

Segundo Paula Carballeira en RGT (2002:8), coa profesionalización do narrador oral aquela hora do conto guiada por mestras e bibliotecarias de finais do XIX en Europa  e América cobraría unha nova dimensión como actividade que se sustenta por si mesma.

En África segundo o artigo de Boniface Ofogo na RGT (2002:18) nos anos 70 e 80 podía escoitarse en Camerún un programa de radio “Ó carón do lume” de gran difusión da tradición oral, contos, lendas, fábulas e mitos. No seu caso converter unha tradición social herdada en oficio provocou estrañeza nos que alimentaron a súa identidade como narrador.  

DIFICULTADES E NOVAS REALIDADES 

En Francia, como xa mencionábamos, os narradores redactan unha Carta Magna en defensa da súa arte. Nos países anglosaxóns os storytelling asócianse para preveren problemas financieiros, para reclamar prestixio social, para definir o repertorio ou para reclamar un espazo para a súa arte. 

Tamén na península a tendencia á profesionalización do oficio de contar detecta certas dificultades que os estudios sobre o tema deberían deterse a estudar co fin de solventalos:

Segundo Pazó estes nomes “non son sinónimos, abranguen campos semánticos non necesariamente coincidentes, remiten a diferentes usos, estilos, tradicións, matices...” Unha das dificultades da denominación é a confusión de programadores e público que confunden a narración oral para adultos cos monólogos do clube da comedia, ou os que entenden o termo contacontos como narración para nenos.


A Narración Oral en Galicia no século XXI

Conscientes do fenómeno que a narración oral tiña nos últimos tempos na Revista Galega de Teatro publicaron un número en xuño do 2002 dedicado aos contacontos, controvertido termo co que deron voz a figuras relevantes desta vella arte nova de contar historias como José Campanari titula o seu artigo. Algunhas destas voces foron as galegas Paula Carballeira, Cándido Pazó, Cristina Mirinda ou foráneos como o mencionado Campanari , Boniface Ofogo ou Magdalena Labarga. 

Paula Carballeira en RGT (2002:6) describe como empezou no oficio de man de Quico Cadaval, figura relevante no inicio da narración oral como espectáculo en Galicia. 

O mesmo Cadaval nunha mesa redonda no I Congreso de Narración Oral de  Mondoñedo contaría a súa experiencia como espectador dun espectáculo de Narración Oral que Alejandro Tosatti fixera na Sala Nasa en 1992. Deste xeito descubriu como unha actividade que realizaba espontaneamente en sociedade podía tornarse en escénica. Seguindo con Paula Carballeira, esta recoñecelle a Cadaval o valor de recuperar a figura do contador de historias e o fenómeno da escoita colectiva. Tamén se refire a tres conceptos importantes para o desenvolvemento da narración oral en Galicia: a regularidade das contadas, o asociacionismo (creouse a Asociación de amigos do conto) e a proliferación de espazos para espectáculos para adultos nos que o Pub Atlántico tivo unha importante función dinamizadora. A formación tivo moita importancia pola faceta profesionalizadora do narrador. De feito, analizando a súa experiencia, Paula recoñece o carácter amateur dos seus comezos cando desenvolvía a súa afección por escribir historias e contalas a nenos. Dentro da formación podemos recoñecer o mestrado do arxentino José Campanari, por un lado, e por outro a escasa pegada que deixaron as ensinanzas de Garzón Céspedes en Galicia. 

Por último, Paula sinala que "actualmente en Galicia podemos abordar unha listaxe ampla de contadores que mantendo as peculiaridades propias de cada artista teñen unha especial aceptación no mundo da narración foránea que os propios axentes da cultura descoñecen. Podemos citar nomes como: Paula Carballeira, Patricia Vázquez, Quico Cadaval, Santi Prego, Cándido Pazó, Charo Pita, Avelino González, Ricardo de Barreiro, Pepo Suevos, Celso Sanmartín ou o galego de adopción José Campanari entre outros."

Narración oral profesional en Galicia: precursores

Joselín (gravación de 1929)

Joselín foi un ídolo de masas en Buenos Aires, guionista de cine en Madrid, supervendas discográfico en Galiza, España, e Argentina, cos seus vinte e tres ‘contos galegos’ gravados. 

Min 7:44. Álvaro Cunqueiro colaborou semanalmente (309 intervencións) en "Radio Nacional de España". Desde 1956 a 1981 na sección Cada día tiene su historia e noutras. 

Nestoutro video, no min 0:51, Cunqueiro fala sobre a literatura oral galega

Carlos O Xestal

Moi popular nos anos ´70 e ´80 polas súas actuacións en romarías e polas súas gravacións en cassettes.

Farruco

Humorista, contador, actor, performer/instalador, cronista non-oficial de Compostela

do min 8 ao 4:50. Antes e despois hai charleta

O Koruño, por Quico Cadaval: instruir deleitando. Especie de Stand Up á galega: no canto de parede de ladrillo, temos cantería, no canto de vaso largo, temos un botellin. E o koruño non é unha xiria de N.Y., senón da Coruña

Manolo Chaboleiro na Illa de San Simón por Quico Cadaval.

Na presentación dun libro en Barcelona.

O morto por Quico Cadaval

Deixamos aquí o enlace a un interesante traballo que relaciona a narración oral como fenómeno antropolóxico, co storytelling (entendido como unha técnica de marketing e, como diría Christian Salmon, de formatear as mentes), e coa terapia e a medicina narrativa.

Está ben escrito e contén bibliografía abundante. A autora e antropóloga e debuxante de comics.

Claves ou tips para narradores


Prácticas (de Gianni Rodari en Gramática da Fantasía)



Prácticas (tipoloxía absolutamente persoal)


Xogos de improvisación narrativa 1

Xogos de improvisación narrativa 2

A continuación deixamos os xogos do Match de Improvisación Narrativa “Lo que viene me conviene”, propostos por Aurora Maroto e outros, e que se levaba a cabo en Madrid. O  que nos interesa é que os xogos propostos son un adestramento interesante e divertido para contadores.  

XOGOS

JUEGO 1 > Binomio Fantástico para 1 jugador en 5 min.

- Se dan una emoción y un objeto escogido al azar de las tarjetas que ha rellenado el público. Ambos deben ser determinantes en la historia.

- El jugador tiene que incorporar una palabra escrita por el público cada 45 seg. (5 palabras >1 palabra/45 seg). Las palabras las va diciendo el maestro de ceremonias.

JUEGO 2 > PILO para 1 jugador en 5 min.

- A partir de los Personaje / Intención / Lugar / Objeto que ha escrito el público en las tarjetas se tiene que elaborar una historia.

- Las palabras dadas deben tener el peso correspondiente, es decir, el personaje debe ser protagonista, la intención nuclear y el lugar y el objeto determinates.

JUEGO 3 > Historia traducida para 2 jugadores en 3 min.

- A partir del título inventado y el idioma sugeridos por el público hay que inventar y contar una historia que será traducida al español.

- Un miembro de la pareja cuenta en el idioma inventado y el otro traduce.

- La traducción debe incluir los gestos en el relato, que tiene que estar acorde con el título.

JUEGO 4 > Improvisación sobre cuento popular / tradicional para 2 jugadores en 5 min

- A partir de una historia conocida y un lugar indicados por el público, hay que contar esa historia ubicada en dicho lugar. (p.e. los tres cerditos ubicados en el Bronx). El objetivo es mantenerse lo más fiel posible al argumento de la historia.

- Al minuto 1:45 se introduce un personaje, a los 2 min. 15 seg. hay un cambio de narradora, a los 2:45 min. se introduce un objeto.

...

El maestro de ceremonias posicionará la mano abierta arriba cuando queden 45 seg. para finalizar. Los 10 últimos segundos se cierra el puño. El objetivo es terminar la historia durante los 10 últimos segundos, es decir, mientras el puño está cerrado. 


Dura 6 min. Perfectamente podería ser un conto galego tradicional ou da picaresca española: O meniño Sadakichi está comendo fabas furtivamente na cociña. O seu amo atópao, rífalle e mándao facer un recado. Pero cando Sadakichi marcha o amo síntese atraído polas deliciosas fabas e comeza a comer nelas. Non quere que Sadakichi o atope e decide agacharse. O lugar que elixe é o cuarto de baño. Entón Sadakichi volve do recado, e vai dereitiño á pota para seguir comendo fabas. Non quere que o amo o atope e decide agacharse no cuarto de baño...

Rakugo

Narración oral xaponesa.

A narración oral é un fenómeno universal: dase en todas as culturas e deuse en todos os tempos. 

O rakugo ten un carácter cómico e lixeiro: traballan as anécdotas humorísticas, combinando as referencias cotiás xunto con outras de séculos de antigüidade. 

Últimamente estánse dando representacións de rakugo en inglés, nos teatros yose de Tokio, sobre todo en Asakusa. 

Nos debuxos de abaixo vemos o xeito tradicional de presentación.

min 3:35. O Quyi divídese en tres categorías principais: narración de historias, canto de historias e chistes ou brincadeiras, que á sua vez subdividense  nunhas 350 clases.

Quyi

Con este nome se entende de xeito xenérico a narración oral en China. Hai constancia da súa existencia desde o século VI a.C., pero foi coa dinastía Song (960-1279) cando a narración de historias froreceu como espectáculo público con artistas profesionais. Nesta época xa se coñecen variedades do quyi coma o guzici (versos con acompañamento de tambor) e o zhugongdiao, que aínda existe actualmente, e consiste nunha mestura de literatura, canto e música. Distintos libros desta época dan conta do desenvolvemento do quyi, coma Paisaxes e Amenidades da Capital, por Nai Deweng, e A Capital do Leste: Soño dun Espléndido Pasado, por Meng Yuanlao.

Xiansheng

Hai moitas modalidades de narración de chistes, pero a máis coñecida é o xiangsheng. É unha das formas máis populares do quyi.

Dentro do xiansheng, a forma máis antiga é o dankou xiansheng, un unipersoal que consiste sobre todo en bromas e historias humorísticas. No chu xiansheng, ou “diálogo cruzado” interveñen dúas persoas, denominadas respectivamente duogen e peng. Cando hai un que fala máis e o outro so intervén, é un subestilo que se chama yitouchen (“forte por unha banda”), e ao tema do que tratan chámaselle zhougen. A narración e o diálogo chámanse guankouhuo, mentres que as imitacions de ópera e cantos reciben o nome de huhuo. A terceira forma de xiansheng, na que interveñen tres ou máis persoas, chámase qunkou xiansheng. Das tres formas, a segunda, o “diálogo cruzado", é a máis popular.

Os temas son principalmente de lendas, romances históricos ou contos fantásticos. Pero hai algúns que se limitan a glosar con grande lirismo a beleza escénica da zona (exemplos destes serían os cantos chamados Paseo por un cadro ou a Visita Nocturna á Cova das Sete Estrelas). Existen variedades como a chamada zouchang (i.e. cántase mentres se camiña).

Os narradores chineses de historias baséanse nun control meticuloso de patrons rítmicos prescritos e de recursos auditivos, do mesmo xeito ca os actores da ópera chinesa ou outras artes maiores coas que comparten unha longa historia de interrelacions e fontes comuns.

(información tirada de Introducción a la historia de las artes del espectáculo en China)

Narradores tradicionais en Europa

Yeats contaba que en Irlanda os narradores traballaban a mantido: andaban polos camiños e se os acollian nalgunha casa podían pasar varias noites contando e durmindo no palleiro ata que seguían camiño. Un contador podía ter cento e pico contos largos (de máis de unha hora) en repertorio e sobre 300 breves (15-20 minutos).

El etnólogo Mathias Murko, comprobó a principios del siglo XX que los cantores bosnios musulmanes dominaban treinta o cuarenta cantos orales; algunos más de cien y otros incluso hasta ciento cuarenta. Los cantos podían durar siete u ocho horas, y se necesitaban varias noches completas para recitarlos enteros.

Cuando Murko preguntó a qué edad empezaban a aprender, le contestaron que tocaban el instrumento ya en brazos de sus padres y relataban leyendas desde los ocho años. Había niños prodigio, pequeños Mozart de la narración. Uno de ellos recordaba que a los diez años acompañaba a su familia a los cafés del bazar, donde absorbía todos los cantos; no podía dormir hasta haber repetido las historias escuchadas y, cuando se dormía, quedaban guardadas en su memoria. 

El infinito en un junco, de Irene Vallejo