Se mo vas contar de memoria, preferiría que mo deras por escrito
O espontáneo, o vivencial e o xogo
Se mo vas contar de memoria, preferiría que mo deras por escrito
O espontáneo, o vivencial e o xogo
NOGA (Narradores Orais Galegos) encargoume un obradoiro práctico, que ofrecera ferramentas para descubrir formas de habitar os contos, confiando nos recursos propios de cada narrador.
Esta é unha proposta de obradoiro para para traballar un relato que non nace da memorización, senón da experiencia de quen conta, da investigación, da improvisación e da capacidade de estar presente no momento.
O teatro ensáiase, porque se traballa cun texto de ferro e con marcas
Os contos adéstranse. Coma o deporte, os chistes ou a improvisación teatral.
Improvisación aplicada á narración oral: o xogo, as estructuras, o erro criativo
Ferramentas de actores: o aqui e agora, as vivencias do contador, a investigación, a memoria física, os cinco sentidos, os personaxes e descricións tirados da vida real.
Mimamos que collemos unha corda
Mimamos o xogo do xogatira por parellas
Xogo un xogatira real
Comprobamos que no xogatira real hai gañador e perdedor
Comprobamos que no xogatira de ficción trátase de xogar todos: non hai gañadores nin perdedores. Na ficción, tan divertido é perder coma gañar
Por parellas de novo, pero esta vez temos que facer o que creamos que lle vai gustar ao noso compañeiro. Se el quere gañar, déixao gañar, e se quere perder, tira del. Fagamos felices aos nosos compañeiros
Poñemos un estudante pequeniño a facer un sogatira contra todos os outros.
'Se fósedes o publico, quen quereriades que gañase?
Associació de Narradores i Narradors.
Proxectos interesantes como Contos en prisión ou Contos no Hospital
Imprescindible: Conta o alcalde, o policía municipal, contadores internacionais... toda a cidade emborcada no evento.
Galicia Encantada.
A web que mantén Antonio Reigosa. A Galicia imaxinaria: mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras.
Binomio fantástico.
Hipótesis fantástica. (¿qué pasaría se ...?)
Prefixo arbitrario: des (ordenador) bis archi tri vice sub semi (pollo) super micro mini maxi. Listar en columnas paralelas prefixos e sustantivos.
Erro criativo: Furcias de seguridad del estado, pirómide, armerio, elefonte...
Perversión de fábulas:
O binomio fantástico con fábulas:
A ratiña presumida e internet (busca mozo nos chats)
As fábulas do revés: a ratiña desastrosa, o xigante xeneroso.
"Continuación" da fábula: Otraxe novo do emperador: O neno foi encadeado, todo o mundo vestía así por decreto. Acabaron morrendo de pulmonía.
Ensalada de fábulas: O rei nú.
Quecemento: palabras encadeadas "como ti dis X, eu digo Y"
Polinomio fantástico
Prolitos: que é un PROL? Con +/- cambio
Story spine en 5 posicións
Iniciais
A continuación deixamos os xogos do Match de Improvisación Narrativa “Lo que viene me conviene”, propostos por Aurora Maroto e outros, e que se levaba a cabo en Madrid. O que nos interesa é que os xogos propostos son un adestramento interesante e divertido para contadores.
XOGOS
JUEGO 1 > Binomio Fantástico para 1 jugador en 5 min.
- Se dan una emoción y un objeto escogido al azar de las tarjetas que ha rellenado el público. Ambos deben ser determinantes en la historia.
- El jugador tiene que incorporar una palabra escrita por el público cada 45 seg. (5 palabras >1 palabra/45 seg). Las palabras las va diciendo el maestro de ceremonias.
JUEGO 2 > PILO para 1 jugador en 5 min.
- A partir de los Personaje / Intención / Lugar / Objeto que ha escrito el público en las tarjetas se tiene que elaborar una historia.
- Las palabras dadas deben tener el peso correspondiente, es decir, el personaje debe ser protagonista, la intención nuclear y el lugar y el objeto determinates.
JUEGO 3 > Historia traducida para 2 jugadores en 3 min.
- A partir del título inventado y el idioma sugeridos por el público hay que inventar y contar una historia que será traducida al español.
- Un miembro de la pareja cuenta en el idioma inventado y el otro traduce.
- La traducción debe incluir los gestos en el relato, que tiene que estar acorde con el título.
JUEGO 4 > Improvisación sobre cuento popular / tradicional para 2 jugadores en 5 min
- A partir de una historia conocida y un lugar indicados por el público, hay que contar esa historia ubicada en dicho lugar. (p.e. los tres cerditos ubicados en el Bronx). El objetivo es mantenerse lo más fiel posible al argumento de la historia.
- Al minuto 1:45 se introduce un personaje, a los 2 min. 15 seg. hay un cambio de narradora, a los 2:45 min. se introduce un objeto.
...
El maestro de ceremonias posicionará la mano abierta arriba cuando queden 45 seg. para finalizar. Los 10 últimos segundos se cierra el puño. El objetivo es terminar la historia durante los 10 últimos segundos, es decir, mientras el puño está cerrado.
min 3:35. O Quyi divídese en tres categorías principais: narración de historias, canto de historias e chistes ou brincadeiras, que á sua vez subdividense nunhas 350 clases.
Con este nome se entende de xeito xenérico a narración oral en China. Hai constancia da súa existencia desde o século VI a.C., pero foi coa dinastía Song (960-1279) cando a narración de historias froreceu como espectáculo público con artistas profesionais. Nesta época xa se coñecen variedades do quyi coma o guzici (versos con acompañamento de tambor) e o zhugongdiao, que aínda existe actualmente, e consiste nunha mestura de literatura, canto e música. Distintos libros desta época dan conta do desenvolvemento do quyi, coma Paisaxes e Amenidades da Capital, por Nai Deweng, e A Capital do Leste: Soño dun Espléndido Pasado, por Meng Yuanlao.
Hai moitas modalidades de narración de chistes, pero a máis coñecida é o xiangsheng. É unha das formas máis populares do quyi.
Dentro do xiansheng, a forma máis antiga é o dankou xiansheng, un unipersoal que consiste sobre todo en bromas e historias humorísticas. No chu xiansheng, ou “diálogo cruzado” interveñen dúas persoas, denominadas respectivamente duogen e peng. Cando hai un que fala máis e o outro so intervén, é un subestilo que se chama yitouchen (“forte por unha banda”), e ao tema do que tratan chámaselle zhougen. A narración e o diálogo chámanse guankouhuo, mentres que as imitacions de ópera e cantos reciben o nome de huhuo. A terceira forma de xiansheng, na que interveñen tres ou máis persoas, chámase qunkou xiansheng. Das tres formas, a segunda, o “diálogo cruzado", é a máis popular.
Os temas son principalmente de lendas, romances históricos ou contos fantásticos. Pero hai algúns que se limitan a glosar con grande lirismo a beleza escénica da zona (exemplos destes serían os cantos chamados Paseo por un cadro ou a Visita Nocturna á Cova das Sete Estrelas). Existen variedades como a chamada zouchang (i.e. cántase mentres se camiña).
Os narradores chineses de historias baséanse nun control meticuloso de patrons rítmicos prescritos e de recursos auditivos, do mesmo xeito ca os actores da ópera chinesa ou outras artes maiores coas que comparten unha longa historia de interrelacions e fontes comuns.
(información tirada de Introducción a la historia de las artes del espectáculo en China)
Yeats contaba que en Irlanda os narradores traballaban a mantido: andaban polos camiños e se os acollian nalgunha casa podían pasar varias noites contando e durmindo no palleiro ata que seguían camiño. Un contador podía ter cento e pico contos largos (de máis de unha hora) en repertorio e sobre 300 breves (15-20 minutos).
El etnólogo Mathias Murko, comprobó a principios del siglo XX que los cantores bosnios musulmanes dominaban treinta o cuarenta cantos orales; algunos más de cien y otros incluso hasta ciento cuarenta. Los cantos podían durar siete u ocho horas, y se necesitaban varias noches completas para recitarlos enteros.
Cuando Murko preguntó a qué edad empezaban a aprender, le contestaron que tocaban el instrumento ya en brazos de sus padres y relataban leyendas desde los ocho años. Había niños prodigio, pequeños Mozart de la narración. Uno de ellos recordaba que a los diez años acompañaba a su familia a los cafés del bazar, donde absorbía todos los cantos; no podía dormir hasta haber repetido las historias escuchadas y, cuando se dormía, quedaban guardadas en su memoria.
El infinito en un junco, de Irene Vallejo
[Comparto estes apontamentos por se a alguén lle foran de utilidade. Téñase en conta o que reza este epígrafe: son só uns apontamentos, non compoñen unha técnica, e son persoais, ou sexa válenme a min, e se cadra a outro non lle valen]
Importancia da charleta, dos enganches. A sesión ten de respirar por aí.
O xesto poético: as elipses poéticas, a suxestión vs. a ilustración.
A palabra poética.
Que a palabra resulte suxestiva e sonora.
Coidado coa linguaxe vulgar.
Se perdes a primeira frase, perdes o conto. Ten de ser intelixible.
A reiteración, as pausas
Expresividade na linguaxe: Símiles, metáforas.
Outros recursos: a canción, o humor.
Instruir deleitando
Importancia da técnica corporal e da técnica de voz: que se entenda, non quedar afónico, non tensar o corpo...
Apropiación do conto. Segundo Garzón Céspedes o procedemento consistiría en:
1º Separar en principais. e secundarios (os sucesos, os personaxes, as descripcións)
2º Construir o esquelete do conto, a sucesión de sucesos. Para isto, fixarse nos verbos
3º Visualización interna do conto
Técnicas de creación de contos (no final desta páxina, na sección prácticas).
O repertorio: O conto literario, o conto popular, o conto maravilloso, a anécdota, as fábulas, o romanceiro, o conto-chiste, as lendas urbanas, os xéneros (terror, Camiño de Santiago, a visita guiada, fundacionais...), cívico (cuestións de xénero...), moralizante (costumista), pedagóxico (animación á lectura), etnográfico (oficios, romance de cego...)
A motivación. É difícil traballar cun material que non nos interesa ou motiva. A escolla do repertorio parte dunha motivación interna, que posibilita a reinvención como proprio dese material.
Escollemos nos o conto ou é o conto o que nos escolle a nos? No sentido de que, aínda que nos pretendamos crear un repertorio concreto (sobre cuestions de xénero, por exemplo), en realidade é ao lermos ou escoitarmos un conto cando temos unha intuición, un flash. Entendemos ese conto e necesitamos contalo.
O público. A relación co público é moi similar á que se da no cabaret:
É importante non morrer de éxito (non estirar a sesión indefinidamente)
Non sabelo de memoria (a non ser que o interesante sexa xustamente iso)
Mirar ó interlocutor. É un diálogo, non un monólogo. Non hai espectadores, senón interlocutores
A improvisación: incorporar o que está a suceder nese momento.
A participacion (coma no cabaré: participación si, diálogo cun espectador, non)
Templar: "Ajustar el movimiento de la capa o la muleta a la embestida del toro" (ou do túzaro)
Ter ganas de comunicar (coma no clown)
Crear unha atmosfera (lùdica, ou misteriosa, ou picante...)
Xogos/sensiblilización: ensinar a aplaudir, a escoitar...
O conto como xogo
Contada colectiva por parte do publico
Talento. Contar é un talento, o talento de el buen conversador.
Non hai regras.
Pode haber personaxes e diálogo ou non,
Pode ser totalmente improvisado, ou totalmente de memoria, ou mixto.
Podese empregar so a voz, sentado tranquilamente (o mestre que conta), ou ao contrario: de pe con movemento.
Podense utilizar obxectos que ilustran (o abano de Carmen), obxectos que disparan o conto (os de Portillo), obxectos que protagonizan o conto (O colariño de Andersen), obxectos de prestidixitador ou papiroflexia (o barco que se converte en camiseta), títeres, etc
Garzón Céspedes afirmaba que non existen historias paralelas, contamos unha historia única. Fronte a isto estaría a narración rizomática propia de Cándido Pazó, e outras.
Incluso a propia idea de que a narración oral consiste en contar unha historia con puntos de xiro, sen descricións e cun desenlace rápido, bate frontalmente coa práctica de contadores senlleiros coma Campanari, que basea a súa arte xustamente na descrición e non conta historia ningunha.
O conto de taberna
O outro (brillantines)
Anécdota persoal real (after shave, pico en Nova Iorque)
Eu mentiroso:
A escunchada (piscina de raias)
Empezar sentando unha convención fantástica (eu unha vez subín ó sol...)
Mestura da realidade e ficción (globos-lua)
O conto chiste
Literario
Literal (O colariño)
Moi literario (cuando se despertó el dinosaurio todavía estaba allí)
Poesía (Nas leiras do firmamento tremen de medo e tristura as estrelas no momento en que o luar coitel famento vai comezar a seitura)
Manipulado (Memoria)
Histórico (Instruir deleitando: Xoan Tourón)
Lenda (Santo Domingo)
Filosófico (Contos Sufís)
Marabilloso (Todo puede ser)
Improvisado con técnicas de impro ou con técnicas de Rodari