Poética de Aristóteles

Que é unha poética?

Tratado sobre as regras que observan un xénero literario ou artístico, unha escola ou un autor.

Poéticas do teatro: 

As poéticas poden ser descriptivas e analíticas (Aristoteles), ou prescriptivas e moralizantes (Pinciano), ou académico-filosóficas, ou proactivas como recetarios. 

Características xerais da Poética de Aristóteles

O modelo detectivesco

Qué é a poesía?

O termo poesía ven de poiesis que quere dicir facer. Diaz Tejera (724) nos di que a poetica é un saber encol da acción, do facer, pero non como un saber artesán, senón como un saber que afecta á educación do home libre na arte da palabra e da súa medida métrica.

Tatarkiewicz (22) afirma que nun principio a poesía non existía separada da danza e a música. As artes na etapa antiga divídense en


A poesía é unha necesidade natural do home, é expresión da súa natureza.

A poesía era por tanto expresión dos sentimentos, seguindo a Arístides Quintiliano, acción e non contemplación. Está vinculada aos ritos e

sirve para apaciguar ou aliviar os sentimentos, para purificar as almas: "Practican a poesía-música-danza cando están alegres, cando están melancólicos ou no estado de embriaguez ou extase."

Texto e espectáculo: O certo é que para os gregos a traxedia estaba máis próxima á música (que comprendía a arte dos sons e a danza) que á poesía épica. (Tatarkiewicz, 33).

A POESÍA e a  MÚSICA 

POESÍA = ARTE (arte visual)


POESÍA # ARTE (arte visual)



A Beleza na Grecia clásica

O concepto de beleza, tal e como o coñecemos hoxe non existía para os gregos. Hoxe a beleza é un produto estético, un artefacto que podemos percibir e que xurde da da creatividade do home.

Os gregos tiñan un concepto de beleza:

A beleza para nos non é algo matemático (pensemos na arte contemporánea), nin algo ético.

A beleza en Grecia é moi importante, moi estudada e sistematizada. Pero non lle daban gran valor aos obxectos belos, de feito tíñanos asociados á súa relixión e non á súa vida.

IMPORTANCIA DA ESTÉTICA GREGA NA HISTORIA DA ESTÉTICA OCCIDENTAL

Os gregos crean a Gran Teoría Matemática que chega ata o Romanticismo.


As dicotomías de estilos sempre inclúen ao clasicismo:


A arte sepárase unha e outra vez da forma clásica pero sempre volve a ela.

Poética de Aristóteles

A Mímese

Definición de Mímese (Fernando González Muñoz): abstracción dunha forma a partir da materia na que está encarnada na realidade factual, e a súa representación por medio dunha materia diferente: verbal, p ex.

En Aristóteles a mímese consiste no proceso de construir a fábula. É o proceso que realiza o poeta tráxico, construindo unha trama nova a partir do vello contido mítico (José A Sánchez en Dramaturgias de la Imagenpx 17)

Evolución do termo Mímese (en Tatarkiewicz, 300)

• Do recoñecemento: do contraste da representación co modelo ou co orixinal

• Da reconstrución da realidade pola nosa parte

• Do pracer da propia composición (simmetría)

Categorías da mímese

As categorías da mímese están en función dos medios empregados, dos obxectos imitados (personaxes) e dos modos (dramático/épico)

Descrición da comedia, epopea (novela) e traxedia

Verosimilitude e Verdade

A mímese, por tanto, é coñecemento (valor epistemolóxico).


O políticamente correcto:

Aristóteles distingue entre a corrección poética e a corrección política. En relación á primeira, o poeta pode inventar sempre que sexa coherente co argumento (non se debe á fidelidade histórica)

A verosimilitude é unha racionalidade interna da obra. Podemos chamarlle coherencia.  Hai unha loxica na dramaturxia e tamén unha abstracción da realidade. Escribir=ordenar a realidade.

A realidade pode non ser verosímil e, inversamente, o inverosímil pode ser crible (os sucesos máxicos de Harry Potter, p. ex.)

A verosimilitude é teleolóxica (Fernando González, 19): os sucesos son admisibles se contribúen a acadar o fin do poeta ou do personaxe. O efecto inesperado debe suceder por necesidade, non por casualidade.

Partes da traxedia 

min 10:25

Elementos fundamentais: argumento, personaxes, pensamento (o que se conta: co obxectivo de demostrar, refutar e emocionar) e expresión (cómo se conta: recursos de estilo literario).

Elementos accesorios: música e posta en escena.

Personaxes (caracteres)

O poeta non representa seres humanos, senón accións. Por tanto, os personaxes deben caracterizarse máis polo que fan (accións), que polo que din (declaracions explícitas) ou polo que son (roles estereotipados)

Caracteristicas do heroe tráxico:


A Fábula

Elementos estruturais da fábula/mecanismos

o Peripecia-xiro: cambio da acción en sentido contrario

o Lance patético (a emoción): acción destrutora ou dolorosa q causa magoa e horror por medio da dor ou da violencia

o Anagnórise- recoñecemento: cambio da ignorancia ao coñecemento

Clases de anagnórese

• Por sinais (cicatrices)

• Fabricadas polo poeta-polo morro (Filomela contalle o sucedido bordándoo nunha tela)

• Polo recordo (vendo un retrato)

Siloxismo (chegou alguén parecido a min, pero ninguén é parecido a min senón Orestes, logo chegou Orestes)

Polos propio feitos, con verosimilitude: cando o argumento da peza conflúe hacia a anagnórese.


Fabula simple ou complexa

o Acción simple: non hai peripecia nin agnición

o Acción complexa o cambio de fortuna vai acompañado de peripecia, anagnorese ou ambas


No e desenlace

o No: comprende desde o principio ata o momento anterior ao cambio hacia a felicidade ou desgracia

o Desenlace: desde o principio  do cambio ata o fin (sen recurrir á machina)


A catarse

No libro VIII da Política, Aristóteles refírese á catarse ou purificación pola música. Ou sexa, ao efecto que a música, que comunica sensacións e emocións exerce sobre os que a escoitan. 

En relación ao teatro, hai un paralelismo co alivio e o pracer que sentimos no cine cando nos conectamos emocionalmente á película.

Podemos sentir mágoa polas desgracias padecidas por alguén que non o merece (por exemplo nun melodrama),  ou horror perante a inminencia de males destrutivos (por exemplo nunha pelñicula de terror).

A catarse na comedia dase a través da risa (Cf. o chiste como liberación de impulsos reprimidos: Freud)

O concepto de mímese como expresión do mundo interior vincula á catarse coas raíces que o espectáculo ten no rito e na festa. A catarse asóciase fundamentalmente á experiencia teatral, pero  podemos falar de catarse referida a calquera espectáculo, deportivo, artístico ou de risco. De feito, hoxendía a experiencia catártica é máis doada de apreixar e ser percibida nos espectáculos extraartísticos ca nos artísticos, xa que estes últimos apelan con frecuencia á nosa parte intelectual desbotando o seu carácter irracional, intuitivo e atávico. Casos do futbol dos especta´culos de risco, etc.


Concepto de beleza en Aristóteles

Definición de Beleza (en Metafísica): o que prace por medio da vista e do oído

Condicións formais, criterio, reglas:


A regra da unidade de lugar e tempo tivo posteriormente unha interpretación demasiado estrita

O que di Aristóteles é que "as partes dos acontecementos deben ordearse de tal xeito que que se suprime ou descoloca unha parte, alteraríase e dislocariase todo. Aquilo cuxa presenza ou ausencia non significa nada non é parte algunha do todo" (ou sexa: o que non suma, resta

Aristóteles vs. Platón

Universalistas os dous: a idea de beleza é universal común a todas as persoas

Diferenzas

Poética e impro

Partimos en ambas dos mesmos principios que Aristóteles:

O material que hai apartir daqui é prescindible para explicar o tema. O importante está no PDF de arriba.

A segunda parte perdida da Poética: A Comedia

Non se sabe de certo se Aristóteles deu escribido un segundo libro ou non. En tratados da Idade Media acerca das obras atópanse adoito referencias a este segundo libro. Por outro lado, este libro II da Poética é o que na novela de Umberto Eco O nome da rosa causa a morte de varios monxes.

Juan Mayorga | Poética y Teatro

Poética de las Artes: diálogo con Juan Mayorga

Herramientas para el análisis de las poéticas teatrales. Jorge Dubatti. 2h interesante: hai que buscar os anacos.

Serie de videos sobre poeticas teatrais (non son moi concretos)

Pequeno Organon contado en liguaxe de signos: interesante. Empeza en 0:50. Texto completo do Pequeno Órganon

Serie de 17 videos sobre poética e teatro.

Min 2:20-7 Pasíon polo oficio

Poética do teatro posdramático

Enfrontamos aquí ao teatro da posmodernidade (Lehmann) co teatro da modernidade (Sastre)

Lehmann: Poética do teatro posdramático

Unha poética de Alfonso Sastre

Do Decálogo de Alfonso Sastre para acompañar su drama «Ulalume»

2.- Mi profecía es que volverá a haber en el mundo «occidental» un Drama digno de aquella tradición literaria que fue desde Sófocles a Bertolt Brecht pasando por Shakespeare, Ibsen, O’Neill y Pirandello.

4.- Habrá un Drama que volverá a intervenir en la vida social y en la historia del pensamiento.

5.- Un Drama que volverá a ser un juego peligroso, o sea, una actividad poética.

6.- Un drama que volverá a ser una actividad política, naturalmente crítica de la política profesional y sus corrupciones; o sea, un teatro crítico.

7.- Un Drama que volverá a ser una seria y divertida investigación (exploración) de la realidad.

9.- La historia del Drama, pues, no ha terminado; y ello por la misma razón por la que la posmodernidad empieza a ser hoy una antigualla. 

ALFONSO SASTRE

Serie de 8 videos da UNED sobre T. Posdramático

Bibliografía

DIAZ TEJERA, Alberto (1988): “Aristóteles” en Historia de la literatura griega. Madrid, Cátedra.

TATARKIEWICZ, W (2002): Historia de seis ideas. Madrid, Tecnos-Alianza.

TATARKIEWICZ, W (1991): Historia de la Estética (TI): Estética antigua. Akal.

GONZÁLEZ MUÑOZ, F. (1999): “Introdución” en Poética, A Coruña, Bahía.

ARISTÓTELES (1999): Poética, A Coruña, Bahía

GARCÍA BARRIENTOS, J.L. (2001): Cómo se comenta una obra de teatro. Madrid, Síntesis.