Panorama dos Espectáculos da Oralidade

Concepto de espectáculos da oralidade

Por espectáculos da oralidade entendemos aqueles que están baseados fundamentalmente na palabra falada, pero que non son espectáculos dramáticos, senon máis ben liricos ou épicos. Unha forma intuitiva de entender este tipo de espectáculos é asocialos á xograresca.

Con esta definición excluimos dos espectáculos da oralidade aos monólogos teatrais, que, como o seu propio nome indica son teatro, ou sexa, entran dentro do ámbito da dramática (non da lírica, nin da épica). Vexamos algúns casos de E. da O.:

O xograr Darío Fo en Mistero Buffo.

En Galicia Misterio Cómico foi representada por Celso Parada en máis de trescentas funcións por Galicia e en xiras por Brasil e Arxentina.

Un monólogo teatral (por exemplo, Cinco horas con Mario), non se pode asociar ao xograresco. No entanto, hai monólogos, como algúns de Cándido Pazó, que son espectáculos da oralidade.

Un monólogo como Novecento é máis épico que dramático.


Un recital de poesía está baseado na palabra falada, con elementos líricos: os poemas.


O Stand Up está baseado na palabra falada. Pode ter elementos de bufón, de poesía, de canto, etc. É xograresco.

Les Luthiers está baseado na palabra falada, con elementos líricos (canto e música).

Nos cantautores e nos chansonniers é máis importante a palabra que a música. E as letras adoitan contar unha fábula ou historia.

Narración Oral

Paula Carballeira

Trazos distintivos nos espectáculos da oralidade

Como acabamos de ver, o seu trazo fundamental é a excelencia na palabra oral, e o seu trazo distintivo respecto do teatro é o seu carácter non-dramático, isto é, que non hai encarnación de personaxe. Outros trazos comúns a estes espectáculos adoitan ser:

  • O seu carácter unipersoal (xuntamos enlace á tese sobre os espectáculos unipersoais). Aínda que non todos os espectáculos unipersoais son espectáculos da oralidade, todos gardan certa relación con esta: pensemos nos malabaristas (jugglers), nos minstrels, nos bufóns, no bululú, etc. Por outro lado, os E.O. non necesariamente son unipersoais.

  • A improvisación. Os erros entran dentro do posible, e non van á contra do espectáculo, senón que reforzan o seu carácter improvisado.

  • Non hai cuarta parede. Hai un diálogo co público e ás veces hai participación do mesmo no espectáculo.

  • Fragmentación. É inhabitual que se trate dunha única fábula que se extende ao longo de todo o espectáculo. Habitualmente son espectáculos contedores (coma o circo ou as variedades) polo que unha parte importante destes espectáculos son as ligazóns.

  • As ligazóns ou enganches entre un número (un poema, unha canción, un conto, etc.) e o seguinte.

  • As convencións relativas á narración, ao seu carácter épico. Por exemplo, as fórmulas empregadas para o inicio e o cerre do espectáculo, ou a presenza nos espectáculos de poesía dun atril, algo que tamén se da nos espectáculos de narración orientais.

  • Non hai escenografia, vestiario, máscaras ou iluminacion. So memoria e imaxinación.

  • Adoitan ser espectáculos cun investimento (produción) escasa ou nula.

  • Son moi acaidos para cabaret e café teatro. E son polivalentes no relativo aos espazos: Poden facerse na rúa ou nun teatro, nun pub ou nunha acampada, etc.

  • A sua habilidade extracotiá -a palabra- é accesible para calquera. Non é necesario aprender dun mestre ou nunha escola. O resto das habilidades extracotiás que poda haber (tocar instrumentos, cantar, mimo, etc.) non precisan un nivel de excelencia.

Narración oral e stand up: convencións e trazos diferenciais

En acertada definición de Carlos Blanco, o Stand Up é un xénero no que, de cada tres frases, dúas son chistes.

Efectivamente, o stand up é básicamente un contador de chistes ao xeito norteamericano. As súas orixes están no vaudeville e na revue de principios de século XX. Se ben a figura do xograr procede da cultura africana (os minstrels) e ten a súa orixe en E.E.U.U. cara 1830, o contador de chistes que basea a súa arte na palabra está baseado no humor xudío que se desenvolverá con forza a partir de 1900, e que tomará un novo impulso nos anos ´60.

Hai moito escrito sobre humor xudío. Unha das súas características principais é o self-deprecation (auto-desprezo) que é moi notorio no monologuista de stand up Woody Allen. O auto-desprezo conxura o perigo dos límites da comedia: rir dun mesmo é autocrítico, e non resulta ofensivo para o público. Se contamos un chiste de tipo xudío (aínda que non sexamos xudíos) como se nos tivera pasado a nos mesmos non resultará ofensivo. Inversamente, se contamos o mesmo chiste como algo que lle pasou a outro (a un xudío, ou a un xitano, ou a un negro, ou a un galego, etc.) será un tipo de humor racista e baseado no desprezo cara ao outro.

De todas maneiras, o auto-desprezo e o emprego do humor xudío non é unha garantía de que o noso humor vaia entrar dentro do políticamente correcto: o cómico xudío Lenny Bruce (1925-1966) -un dos referentes da moderna Stand Up- foi detido varias veces por fomentar a inmoralidade e a obscenidade nos seus monólogos.

Persoalmente, custame pensar que haxa etnias mellor dotadas para o humor. Tampouco creo que a xente de esquerdas teña máis sentido do humor ca os de dereitas, nin outros tópicos similares.

En España existen unha serie de tópicos sobre rexións máis ou menos dotadas para o humor que so sirven para etiquetalas dun xeito simplista. Por outro lado, en Galicia existe moita xente pensa que a palabra retranca é unha palabra galega: non o é. O DRAE defínea como "Intención disimulada, oculta", e é palabra usual do español. De feito, o humor manchego que é o que ven trunfando desde hai anos en España (Carlos Mota, Joaquin Reyes e outros) tamén é coñecido como retranca manchega.

Desde un punto de vista do bufón, o humor ten que ter ferrete para interesar ao espectador, pero buscando a fórmula para que este non se sinta ofendido, porque se se ofende caso non rirá (e non será humor). Colocarse nunha posición inferior e apelar ao autodesprezo son formas de garantir que o riso non se lle conxela na cara ao público, como ben sabían os discapacitados que facían de bufóns, os galegos e manchegos que nos presentamos como ignorantiños ou os xudíos que se presentan como torpes e neuróticos.

Noción de Stand Up

Podemos distinguir dúas tendencias no Stand Up comedy: unha máis alternativa e contestataria e outra máis convencional, máis asimilable ao contachistes de vodevil. Pero ambas comparten o mesmo ámbito: O Café concert, o pub, o cabaret. De feito, ata que chegou o fenómeno do Stand Up a España no ano 2001, existían cómicos como Gila ou Tip e Coll con guións intelixentes, políticos e arriscados que actuaban nos mesmos espazos que contachistes máis convencionais como Eugenio e tamén outros como Arévalo que facían humor sobre gangosos. Non existía un circuito de humor alternativo.

Stand Up alternativo

Ignatius Farray, establece a seguinte cronoloxía para o Stand Up alternativo:

Nace en USA en 1970, e no Reino Unido en 1980. Xurde de cómicos de esquerdas, contestatarios e antisistema. É unha alternativa aos contachistes máis estándar, máis de vodevil.

Eddie Murphy, Steve Martin, Robin Williams, Woody Allen… son os seus propios guionistas. Empezan a súa carreira artística no Stand Up e, será isto o que lles dea acceso ao cine de Hollywood.

Os antecedentes estarían no vodevil de finais do século XIX, e tamén nos monólogos emitidos pola radio nos anos 30, con Jack Benny, Fred Allen e Bob Hope.

A España chega no ano 2001, e nace do revés que no mundo anglosaxón: non desde o alternativo, senón como un producto prefabricado, pensado para trunfar (industria cultural). Contrátase a actores famosos que non escriben textos propios, senón que traballan sobre textos de outros guionistas. Posteriormente as cousas cambiarán, e empezará a haber actores non necesariamente famosos que escriban os seus guións.

Enlace a post-humor

Stand Up


  • Escenografía: Muro de ladrillo (urbano), pe de micro e micro, taburete, vaso largo

  • Fórmula de inicio: El otro día estaba yo en el Metro...

  • Iluminación: teatral, canón de seguimento, penumbra nas butacas, brillo.

  • Espazo: Pub, teatro. O cabaret, entendido como local onde se pode consumir unha bebida mentres se asiste a un espectáculo, é o local tipo. Local pechado, mesas, patio de butacas.

  • Temas: Vida cotiá. Nunca mitos nin lendas. Costumismo, sátira, o mundo paradoxal de Piedrahita (Nunca os fijasteis en...)

  • Suxeito protagonista: cóntase en primeira persoa

  • Tempo: Presente

  • Ámbito: entretemento, vida cotiá (o continxente)

  • Xénero: No Stand Up hai moitos máis homes ca mulleres.

  • Público: xente nova.

  • Momento: A noite. Ou á tardiña. Nunca antes das 20:00h

  • Estilo: Clowning. Hai unha énfase no ritmo, no tempo. O importante é o performer, é o cómo.

  • É un xénero estadounidense, coma o slam, o cine ou o musical.

  • A diferenza da narración oral, non hai elementos poéticos.

Storyteller


  • Escenografía: Nada. Ou libros (é literatura oral)

  • Fórmula de inicio: Había unha vez...

  • Iluminación: Nada. Mesma luz na escena e no público

  • Espazo: Biblioteca, aire libre. É improbable que se permita consumir bebidas durante a contada. Tamén se da en pubs, pero non é tan habitual. Espazos circulares ou semicirculares, sentados no chan, arredor do lume.

  • Temas: Mitolóxico. Se é tirado da vida cotiá, habitualmente encerra algún significado profundo. Lendas, mitos, a morte.

  • Suxeito protagonista: cóntase en terceira persoa (excepción: eu mentiroso)

  • Tempo: pasado

  • Ámbito: etnografía, antropoloxía, mitoloxía (o transcendente)

  • Xénero: Na narración Oral hai moitas máis mulleres ca homes.

  • Público: Público familiar

  • Momento: O día. Boa parte das contadas desenvólvense pola mañá. Ainda que tamén se conta de noite, pero non é habitual.

  • Estilo: Épico. Pode haber partes clown, pero en xeral a énfase está na musicalidade, e non tanto no ritmo. O importante é o que se está a contar. O performer é un transmisor.

E. da oralidade en Galicia: Narración, Poesía e Stand Up

Stand Up

Existen cómicos de stand up galegos, pero traballan principalmente en Madrid. Algúns dos máis salientables son Luis Piedrahita, Miguel Lago ou Rober Bodegas. Tamén se da a fórmula de actores populares que eventualmente traballan Stand Up en Galicia, como Luis Zahera, Touriñán ou Manquiña. O circuito de Stand Up en Galicia é limitado, pero da para que existan empresas privadas como Etiqueta Negra, de Sarria ou Rababiero, da Coruña, que veñen explotando un circuito comercial en galego, tanto de Stand Up (Noites de Retranca) como de Contos (Contos na Lareira).

O caso de Carlos Blanco é diferente: transita entre o Stand up e o contador de chistes tradicional, do mesmo xeito que, por exemplo, Pepo Suevos, polo que o seu ámbito de traballo en Galicia é máis amplo.

Narración Oral (do artigo de Paula Carballeira no nº351 de Primer Acto Cuento, luego existo)

A posibilidade da Narración Oral en Galicia como actividade profesional nace en 1994, cunha actuación de Quico Cadaval no Teatro Galán (a sala da compañía Matarile) de Santiago. O éxito da súa proposta, sinxela e complexa á vez, fixo que se demandasen sesions de narración oral en bares, bibliotecas, centros sociais, institutos, universidades, etc. Ante a grande demanda, xurdiu a oferta e en 1997 xa existen circuitos regulares de contacontos, e se organiza o primeiro Festival Internacional en Santiago. Así nolo conta Paula Carballeira:

El interés que despertó la narración oral en sus orígenes se alimentó con la programación regular de sesiones de cuentos en un local de Santiago de Compostela: el pub Atlántico, un referente en la historia de la narración oral gallega, no sólo porque su apuesta por los cuentos nos permitió crear repertorio a quienes empezábamos, sino porque animó a que surgiesen nuevos narradores y narradoras y permitió que el público gallego conociese grandes profesionales de otras culturas. Desde allí se organizó el “Primeiro Encontro Internacional de Contadores de Contos” que tuvo lugar del 12 al 25 de mayo de 1997 por toda Galicia. En aquel encuentro participábamos, además de quien escribe, Quico Cadaval, Cándido Pazó, Xosé Luis Bernal “Farruco” y Ana Cristina López “Ana Mirinda” (gallega afincada en Madrid), pero además contaba con una amplia red de colaboradores, entre los que se encontraban Jorge Coira, Luis Tosar, Víctor L. Mosqueira y Xepe Casanova. El cierre del Encuentro, en la sala Nasa, otro referente, esta vez de salas alternativas, reunió a las narradoras y narradores gallegos, a los que se sumó Santi Prego, con los invitados en esa ocasión: Roger Colom (México), Felipe Fernando (Colombia), Tim Bowley (Inglaterra, con la gallega Casilda Regueiro como traductora y cómplice), Marissa Amado (Perú), Magdalena Labarga (Canarias)y Junior Sampaio (Portugal).

El éxito de este Encontro inauguró una época feliz para la narración oral en Galicia, ligada al pub Atlántico. Se fueron sumando otras narradoras y narradores como Ana Carreira, Avelino González, Celso F. Sanmartín o Ricardo de Barreiro, que siguen manteniendo viva la narración oral como la principal o una de sus principales actividades profesionales. Más tarde llegarían Pepo Suevos o María da Pontragha, y, con un amplio recorrido profesional fuera de nuestras fronteras, Charo Pita y Soledad Felloza, promotora del festival de narración oral “Atlántica” con sede en Santiago de Compostela, que va por su cuarta edición (...)

En el año 2013, el área de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Vigo crea el Centro de Interpretación da Oralidade, donde se imparten cursos de regueifa y narración oral que permiten un acercamiento y una recuperación de estos medios de expresión oral (...) no somos muchas las mujeres que contamos para público adulto. Podríamos considerar que todavía queda algo de la herencia cultural de que el ámbito femenino es el relacionado con la educación y la infancia, el del día, y el ámbito masculino es el de los lugares de ocio, el de la noche.

Poesía Oral Escénica

Nos principios do teatro profesional galego (mediados dos anos 1970) prácticamente todas as compañias tiñan algún espectáculo de poesía no seu repertorio. É significativo que unha compañia como Teatro do Atlántico teña producido cinco espectáculos de poesía. O máis recente é De abrentes e ocasos. Recital de poesía galega contemporánea, de 2018. Outro caso significativo sería o de Chévere que en 1998 montou o espectáculo A rutina é o deber de todas as criaturas baseado no libro de poemas de Manuel Cortés do mesmo título. O teatro que investiga en novas linguaxes, como pode ser Anómico Teatro, é un tipo de teatro que combina performatividade e poesía.

En Galicia sempre houbo un bo nivel de producción poética e tamén de recepción da poesía oral. Pioneiros nas performances poéticas foron o grupo poético Rompente, creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón. A partir dos anos 1990 apareceron un grupo de poetas galegas comprometidas que tamén realizaron propostas performativas como Paula Carballeira ou Lupe Gómez.

Para aprofundar máis temos www.poesía.org (arquivo de poéticas contemporáneas na cultura) ou o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo.

En Galicia hai varios encontros de poesía oral, como por exemplo o Festival de Poesía no Condado, con máis de 40 anos de percorrido, “Mulleres de carne e verso” do clube de lectura das bibliotecas da Coruña, en San Sadurniño o Recital de Poesía en feminino “Mulleres do rural”, ou o Certame Galego de Poesía Erótica Recitada en TRianxo.

Un fenómeno poético recente é o Slam, no que teñen destacado poetas e dramaturgas galegas coma Esther Carrodeguas ou Carmen Conde. No Slam de poesía os participantes -unha media de 20 en cada evento- suben por quendas ao escenario, onde teñen tres minutos para performar os seus versos. Un xuri elixido ao azar entre o público asistente decide quen pasa á seguinte ronda. O formato conta cun circuito a nivel español.

Silvia Penas/Cintadhesiva

Mercedes Peón/O Leo

Esther Carrodeguas

Carmen Conde

Slam

O slam é un torneo entre poetas que nace en California nos anos 80. Varios poetas enfróntanse recitando. Non se trata dun duelo, senón que moitos recitadores se enfrontan ás valoracións do público: algúns chegan a unha fase seguinte, e así conséguese un finalista. Ten unhas normas básicas internacionais:

  • Debe de ser un micro aberto (todo o mundo poden participar, agás por límite de persoas).

  • Os textos teñen que ser propios.

  • Non se permite utilizar música, nin accesorios, nin disfraces.

  • O tempo límite son 3 minutos.

A característica principal do slam, é que os poetas interpretan a súa poesía normalmente feita para a oralidade e ensaiada na casa: lista para servir a un público. Hai competicións locais, nacionais e internacionais en numerosísimos países, con grande éxito de público e sobre todo, unha lexión de poetas adictos ao slam. O formato, precisamente polo que ten de competitivo, achégase máis ao público en xeral que calquera outro recital poético.

Rompente

Reixa lembra que o que unía os membros do grupo "foi unha concepción da poesía como unha forma de intervención. Isto supuña darlle moito valor a como editar os poemas e tamén a como os pór en escena. Fixemos unha serie de actos que chamábamos espectáculos poéticos audiovisuais, hoxe serían performances. Alí púñamos diapositivas, música... Lembro unha intervención do grupo no parque de Castrelos, en Vigo, con motivo do Día das Letras do 77 ou 78. Tíñamos unha escenografía deseñada por Antón Patiño e Menchu Lamas, un púlpito e un megáfono para recitar, lembro aquilo como especialmente grato". De xeito semellante, os recitais-espectáculos de Rompente percorreron, entre 1976 e 1983 o país rachando convencións. Disfraces, dramatizacións, improvisacións... todo se incorporaba ao discurso poético nun momento en que a cultura bulía.

Os membros de Rompente participan no desenvolvemento da movida viguesa e comparten escenarios e proxectos con artistas coma Julián Hernández, futuro membro de Siniestro Total, que achegou a música a moitos dos espectáculos do grupo. Aínda que é ben coñecida a posterior carreira musical de Antón Reixa cos Resentidos, tamén Romón participou en iniciativas deste tipo como o grupo "Los ratones de Vigo" e mesmo compartía coche coa xente de Siniestro Total no accidente que lle deu nome ao grupo. A inquedanza multimedia do grupo levounos mesmo a levar un programa de radio, "Rompente Radio Esquimal".

Botaron a andar uns "Boletíns" dos que só chegaría a saír un número. Iso si, ben cheo de polémica, xa que no Día das Letras dedicado a Manuel Antonio, a portada reclamaba "¡Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio!" Avendaño, no seu artigo, lembra con entusiasmo que "os recitais enchían os auditorios as casa de cultura, as aulas universitarias e os paraninfos dos institutos", e sinala que a miúdo encontraban un público composto por mozos do máis moderno que accedía con eles por primeira vez á poesía en galego. Rompente é unha referencia inescusable á hora de falarmos de grupos que, anos despois, tentaron de novo a aventura de levar a poesía ao ámbito máis popular, como foron Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte.

Estrutura do Stand Up

Na actualidade hai moitos libros e titoriais sobre Stand Up. Pablo Pérez afirma neste video que en cinco minutos debe haber dez chistes. Hai que armar chistes, non historias. Se contamos unha historia deberemos partila en cinco momentos graciosos. A estrutura básica dun chiste é premisa (a parte non graciosa, que ten de ser clara, breve) e o punchline. Se o material non ten punchlines, non é stand up comedy.

Oralidade tradicional en Galicia

  • Programas da TVG como Alalá ou as recollidas que Mercedes Peón levaba a Luar lograron conservar en video moita da tradición oral. Alalá ten 200 programas colgados no seu canal de youtube.

  • Ghastas pista. Espazo no que compartir eventos e información relacionada coa música folk galega (tamén teñen aquí cabida grupos de calquera estilo que fagan música EN GALEGO, así como concertos de grupos folk na Galiza)


Video que vincula a regueifa co rap e con outras expresións universais da oralidade tradicional coma os Griots.

Como facer as Coplas para os maios

www.regueifa.org

Sitio da Asociación ORAL de Galicia creado coa intención de abrir unha ventá a todas as persoas interesadas na improvisación oral rimada. Canal de youtube da Asociación Oral

min. 0:42 Mercedes Peón poñendo en contexto aos regueifeiros

min. 8:37 Os regueifeiros non dan marchado de escena :)))

min. 3:52 Presentando a Felicia, que toca un instrumento que estaba prácticamente desaparecido. Os expertos din que xa se tocaba na Idade Media

"Os Fillos de Pepa a Loba"


Romance de cego

Outras tradicións e fórmulas

Stand Up, Slam, storytelling, Rap, Blues son termos americanos que marcan tendencias na industria cultural.

Kamishibai

Durante a depresión dos anos ´20 en Xapón era un reclamo para vender chuches aos nenos. O narrador desprazábase en bicicleta, sacaba o teatriño e comezaba a narrar el conto deslizando as láminas no soporte de madeira.

Griots

Son unha síntese de cantante e poeta ambulante, depositarios da tradición oral dos seus pobos. Malia que os griots deben memorizar sen erros moitas cancións e tradicións populares, teñen a habilidade de traducilos a contextos contemporáneos.

Mohammad Motamedi Ensemble (Irán) cantando poesía clásica persa, no Ciclo de Músicas Contemplativas 2011 (Santiago de Compostela)

El Silbo Vulnerado

Compañía de juglares de poesía en escena, sirviéndose de las formas clásicas del actor-recitador. Desde 1971

Jorge Drexler: Poesía, musica e identidad

Improvisación en décimas, por Jorge Drexler y Alexis Díaz Pimienta

Cantautores poetas: Zeca Afonso, Leo Ferré, George Brassens, Jacques Brel, Leonard Cohen, Bob Dylan, Serrat, Patti Smith, etc.

Facundo Cabral

Cantautor, poeta, escritor e filósofo arxentino. Autodefinído como "vagabundo first class"

repentistas nordestinos

Lightnin' Hopkins - The Blues

Semellanzas e diferenzas entre un bluesman como Lightning Hoopkins e os repentistas nordestinos do Brasil