4. Romanticismo e Nacionalismo

O Novo Réxime e a Ópera

Coa Revolución francesa e a Revolución industrial chega no político o remate do absolutismo e o comezo das sociedades democráticas; e no económico a sustitución definitiva do feudalismo polo capitalismo.

Na ópera, necesitada de moito capital e medios de produción para o seu desenvolvemento, veremos a progresiva independencia de compositores e intérpretes respecto ao mecenado da aristocracia e a Igrexa. O novo destinatario era o público, preferentemente da burguesía. A maior liberdade creativa terá como contrapartida a inseguridade economica: Anteriormente dependían dos mecenas, pero agora estarán sometidos aos vaivéns do éxito ou o fracaso.

A nivel temático, o romanticismo destacou a individualidade do ser humano e as súas accións heroicas, fronte aos deuses mitolóxicos do barroco. 

A ópera romántica destacou tamén polo seu gusto folclorista e a utilización de temas baseados na historia e mitoloxía propias do país, con preferencia por ambientacións medievais (bardos, trobadores) ou de lendas populares. Tamén haberá unha tendencia cara o exotismo, transcorrendo a acción en lugares como Ceilán... ou Sevilla: 'Don Giovanni', de Mozart, O 'Barbeiro de Sevilla' de Rossini, as 'Vodas de Fígaro', de Mozart, 'Fidelio',  de Beethoven, Carmen' de Bizet... Hai en total unhas 150 óperas ambientadas en Sevilla, algunhas delas entre as máis representadas do mundo.

En Italia, o Romanticismo tivo un compoñente marcadamente populista e nacionalista, e a ópera foi un medio de reivindicación política para a unificación da península, que tería lugar en 1870. A ópera neste momento expresa as ideas de unidade, liberdade e patriotismo polas que loita Italia durante este século. 

Giacomo Meyerbeer, foi o operista más representado do século XIX, e, non obstante a sua presenza posterior é practicamente inexistente. Se ben non foi o inventor da “grand opèra” en cinco actos, foi o principal representante da mesma, que hibridaba armonía xermana, refinamento francés e melodismo italiano. Efectivamente, Jakob Liebmann Beer (o seu verdadeiro nome) pasou por tres etapas na sua biografía: a alemana, a italiana e a francesa. 

Meyerbeer comprendeu que o público post-revolucionario xa non era a aristocracia, senón a burguesía, e necesitaba estímulos diferentes aos dramas mitolóxicos da 'tragedie lyrique'. A cambio, propuxo reflexionar sobre a historia recente, cunhas temáticas máis políticas.

A ópera era agora un negocio de risco no que os empresarios investían moitos cartos. Incorporou a luz de gas regulable e outras innovacións para propoñer un gran espectáculo na dramaturxia, na posta en escena, na melodía e no interese político-social da trama. Tamén era necesario contar cunha crítica favorable e ter a claque ao seu favor. O xefe da claque, Levasseur, coñecía as óperas previamente para poder aplaudir e estimular ao público nos momentos axeitados. Cobraba por ese traballo, e achegaba consellos aos compositores.

As suas óperas requerían repartos complexos e custes de produción elevados para resultar atractivas comercialmente. Por este mesmo motivo agora non son moi representadas. Por outro lado, tivo inimigos como Wagner, que no seu ensaio 'O xudaísmo na música' critica explicitamente a Meyerbeer e a Mendelssohn.

"Ballet das monxas" min 1:30´

O tutú

Na ópera romántica Robert le Diable (1831), de Meyerbeer, aparecerá por primeira vez o TUTÚ no "Ballet das Monxas". Nesa escena o protagonista vai procurar unha ponla marabillosa nas ruínas dun antigo convento. Alí resucitan unhas monxas libertinas, alzándose dos seus cadaleitos, lideradas pola súa abadesa, Helena; xuntos organizan unha bacanal para obter a ponla de Santa Rosalía.

Filippo Taglioni coreografou "A Silfide" (Ballet de 1832) para a súa filla Marie. Foi o primeiro ballet no que BAILAR EN PUNTAS tiña unha razón estética e non era so un truco acrobático. Marie acurtou as súas saias para mostrar o seu traballo de puntas.

O libreto foi escrito polo tenor Nourrit, que fixera de "Robert" na ópera Roberto o Diaño de Meyerbeer, unha ópera que contara con Marie Taglioni no Ballet das monxas. 

"A sílfide": As puntas

As puntas

Bel canto

Rossini e a inspiración

<<Nada aguilloa tanto a inspiración como a necesidade [...]. Compuxen a obertura da Gazza Ladra o mesmo día da estrea, no propio teatro, onde me encerrou o director, onde estaba sometido á vixilancia dos utileiros, que tiñan orde de ir botanto o meu texto pola xanela, páxina por páxina, e á dos copistas que esperaban abaixo para transcribilo. Se non había páxinas, tiñan orde de guindarme a min mesmo pola xanela. Estiven mellor no caso de O barbeiro. Non compuxen unha obertura, en cambio elixín unha que estaba destinada a unha ópera semiseria chamada Elisabetta. O público mostrouse satisfeito.>> Rossini, Memorias

Rossini (1792-1868) foi o iniciador da ópera romántica europea

No video vemos O Barbeiro con máscaras de commedia dell´arte.

Verdi, o nacionalismo

Os seus primeiros éxitos están relacionados coa situación política que se vivía en Italia, xa que as súas óperas servían ademais para exaltar o carácter nacionalista do pobo italiano. O Va pensiero (coro dos escravos da ópera Nabucco) é unha especie de himno alternativo italiano.

Isto vese neste video no que Mutti interrompe o transcurso da ópera para reivindicar a cultura e protestar polos recortes, convidando a toda a sala a cantar co coro.

min 0:00 o coro canta

min 8:45 Mutti convida ao publico a cantar co coro  

Puccini, o verismo

É un dos veristas, tendencia na ópera que achega maior realismo afastándose do bel canto.

Madame Butterfly (1905): En Nagasaki, a principios do século XX, unha rapaza xaponesa casa cun americano. A rapaza é rexeitada pola súa familia por casarse cun estranxeiro. O americano desaparece por tres anos, mentres a moza, que xa tivo un fillo, sigue a esperar por el.

No 3º acto, o americano regresa ao japón acompañado pola súa nova esposa norteamericana e alí decátase de que Madame Butterfly ten un fillo seu. Esta, presa dunha enorme dor, suicidase.

O nacionalismo

O nacionalismo na música comeza en Rusia con Glinka (1836), e continúa co grupo do Cinco -Borodin, Rimski-Korsakov, Balakirev, Cui e Mussorgski-. Seguiron na mesma liña os checos, nos que destacan Dvorak e Smetana; Chopin e as suas mazurcas e polonesas; Liszt coas suas Rapsodias húngaras, e posteriormente Kodaly e Bartok; Sibelius, autor de Finlandia, e Grieg coas danzas folklóricas norueguesas. En Inglaterra, doutra banda, destaca a música de Elgar. En Estados Unidos, teriamos que falar da influencia do jazz na música, o que confire ao seu nacionalismo un carácter peculiar. Gershwin, neste caso, sería un dos mellores exemplos xunto a Copland. España e hispanoamérica tamén, con  Falla, Albéniz, Granados oo Turina, e xa na música para a escena coa inmensa produción e representación de zarzuelas. Lembremos que falamos dunhas 11.000 zarzuelas en España e 5.500 en Latinoamérica, e que no primeiro ano do que temos estatísticas, 1866, houbo 2.980 funcións de zarzuela (hoxe non chegan ás 150). 

Wagner (1813‐1883)

Wagner, que nace ou mesmo ano que Verdi, crea a obra de arte total, na que a música está ao servizo dá acción dramática. Como Gluck, Wagner foi casi exclusivamente un compositor dramático.

Durante o barroco e o clasicismo o único xénero alemán que xurde é o singspiel, que é popular e menor. A ópera alemana non xurde ata o romanticismo. Mozart non é tipicamente alemán, xa que ten caracteres italianos (As vodas de Fígaro), ou ben compoñia un tipo de singspiel máis desenvolvido (A frauta máxica).

Político e polemista

Wagner foi un artista político e tiña unha idea da ópera como unha arte destinada a transformar o mundo e non como mera diversión. Quixo convertir a ópera en "unha obra de arte do futuro".

Foi compositor, escritor, teórico, polemista, director, xerente e administrador de teatro. Sufriu o exilio político, tanto voluntario como forzado, e participou nas barricadas revolucionarias de Dresde en 1849.

A partir de 1:18min

Bayreuth

En Bayreuth a orquesta queda oculta, procurando un espectáculo ilusionista que será un antecedente do cine. O director pode ser visto desde o escenario, pero non desde a platea e os palcos. Isto non se xeneralizou, e hoxe en día a orquesta adoita estar en lugar visible.Wagner será o primeiro que apague as luces no patio de butacas

Ata a chegada de Wagner o público non estaba a escuras no teatro. Isto é moi significativo da relación co público no XIX e en séculos anteriores. O público vese, non existía a cuarta parede, o actor vía ao público e o público viase entre si.

Cabalgada das Walkirias

Características Ó. Wagner

Algunhas óperas: O buque fantasma, Tannhäusser, O anel dos Nibelungos (O ouro do Rin, A Walkyria, Sigfrido, O solpor dos deuses), Lohengrin, Tristán e Isolda, Os mestres cantores de Nuremberg, Parsifal. 

Tannhauser

Tannhäuser e o torneo de trobadores do castelo de Wartburg está baseada en dúas lendas alemás: a lenda do cabaleiro Tannhäuser e o «concurso de canto do Castelo de Wartburg».

Os temas principais da ópera son a loita entre o amor sacro e profano, e a redención a través do amor, tema dominante en gran parte da obra de Wagner.

Existen catro versións da ópera; a versión de París, (a terceira) é a que se adoita interpretar con máis frecuencia. 

Versión de París

Wagner emprendeu unha revisión da ópera para a súa representación en París no ano 1861. Foi obrigado a inserir un ballet, de acordo coas tradicións dese teatro. Wagner aceptou esa condición consciente da importancia do seu triunfo nesa cidade, pero en lugar de incluílo no segundo acto, tal como era tradicional, elixiu o comezo do primeiro acto onde se integraría dramáticamente co resto da obra, representando o mundo sensual de Venus a través dunha bacanal.

A estrea desta nova versión foi un fracaso. O público máis influinte do teatro chegou, segundo o seu costume, no segundo acto, onde se adoitaba inserir o ballet da grand opéra, e manifestaron ruidosamente o seu descontento porque o ballet xa pasara no primeiro acto.