2. Xéneros fronteirizos

Visión xeral sobre algúns dos xéneros musicais que non son exactamente ópera: Zarzuela española, Singspiel alemán, Opéra‐comique francesa, Opera‐ballet, Ballad Opera, Musical inglés e estadounidense, Mascarada, Xénero chico e xénero grande, Xénero ínfimo, Opereta, Ópera bufa, Dramma giocoso, Dramma per musica, dramma in musica, Ópera de peto.

Trazos comúns: música (orquesta, solistas, coro y director); poesía (por medio do libreto); artes escénicas (teatro,  ballet, danza); artes escenográficas (pintura, artes plasticas, decoración, arquitectura); iluminación e outros efectos escénicos; maquillaxe e vestiarios.

Exemplo de xéneros fronteirizos, hibridación e mistificación: dun xeito provocador, Enrique Mejías García, musicólogo da Universidade Complutense de Madrid, titulou o seu libro: Offenbach, compositor de zarzuelas. A tese de Mejías é a de que zarzuela, ópera bufa, ópera comique e opereta veñen sendo a mesma cousa, e que se levan nomes diferentes probablemente se deba ao nacionalismo historiográfico. Asi, afirma o seguinte:

Entre 1855 e 1905, en España estreáronse máis de medio centenar de zarzuelas con música de Jacques Offenbach, así como numerosos pastiches, secuelas e parodias das súas obras. Con todo, a diferenza do que ocorría neses momentos, por que hoxe ninguén se atrevería a considerar como zarzuela unha opéra-bouffe tan popular como A bela Elena?

Mascarada

Teatro de Corte que presentaba historias alegóricas con música e danza

Ben Jonson foi o principal escritor deste tipo de espectáculos. Na Inglaterra do século XVII, pero tamén se deu en Italia e Francia. A Tempestade de Shakespeare inclue un interludio tipo mascarada.

VIDEO: Masque_for_the_marriage... 

FlorimeneMovie.mov

Florimene

Florimene (1635) foi unha comedia pastoril francesa representada polas damas da Raíña, con mascarada final composta para celebrar o aniversario do Rei. 

Na animación do lado vemos os cambios escenográficos que o escenógrafo Íñigo Jones empregou en Florimene. 

Zarzuela

É un xénero exclusivamente español.

As primeiras zarzuelas escribironas Lope de Vega e Calderón.

As zarzuelas do século XVIII eran estilísticamente parecidas ás óperas italianas.

No século XIX é cando colle pulo a zarzuela e se define por escenas cómicas ou de contido sexual que adoitan ser cantadas a dúo.

Abunda o xénero costumista ou rexionalista.

Xénero chico e Xénero grande

Despois da Revolución de 1868, España entrou nunha crise económica. O Teatro Variedades de Madrid tivo a idea de reducir o prezo do espectáculo e a duración da representación. Unha función teatral viña durando cuatro horas e reduciuse a unha hora. Foi o que se chamou teatro por horas. 

A innovación tivo éxito e os compositores de zarzuelas adaptaronse ao novo formato creando obras curtas. Ás zarzuelas dun so acto se lles chamou Xénero chico e Xénero grande ás zarzuelas de dous, tres actos ou máis.

Xénero ínfimo

A principios do século XX chamaráse Xénero ínfimo ás revistas

Son obras musicais máis lixeiras que a zarzuela con temas sexuais, pícaras e letras de dobre intención. En case todas hai "cuplés". Unha destas obras foi La Corte de Faraón, baseada na opereta francesa Madame Putiphar.

Igualmente, o xénero ínfimo correspondíase máis ben cun tipo de espectáculo fragmentario e de variedades, mentres que La Corte del Faraón presenta un argumento completo. 

Opereta

Teatro musical, animado e satírico, cuns argumentos inverosímiles e disparatados. Consta de diálogos falados entre os que se intercalan cancions, e bailes como o cancán. Centros fundamentais de produción: Londres e París. Época: 1850-1939.

As operetas vienesas presentan un argumento serio  sentimental e a danza representativa é o vals. En España La Corte del Faraón está considerada unha opereta.

A partir da Segunda Guerra Mundial a opereta fusiónase co Teatro Musical Americano. West Side Story, por exemplo está considerado unha opereta. Neste sentido amplo, poderiamos considerar que a opereta chega ata os nosos días.

Tamén poderiamos establecer a seguinte ecuación: opereta (argumento xocoso/sentimental) +revista (picante) +cultura afroamericana (na música e danza) = Teatro Musical Americano

Gilbert & Sullivan

Gilbert creou mundos do revés, con situacións absurda levadas ao límite: fadas codeándose con Lords británicos, ligar convertido nun crime que merece a pena capital, gondoleiros que ascenden á monarquía, e piratas que resultan ser nobres aristócratas. 

Sullivan desexaba compoñer pezas realistas e contidas, que se tomasen en serio, o que ocasionaba conflitos permanentes con Gilbert. Ademais Gilbert satirizaba aos ricos e poderosos cos que, polo contrario, Sullivan pretendía relacionarse. 

Offenbach

Foi ignorado nos seus comezos pola Opera-Comique. 

O seu éxito comezará con La reine des îles (1855), unha peza na que un contrabaixista naufraga nunha illa de caníbales e da que, tras varios encontros perigosos, fuxe utilizando o seu contrabaixo como barco.

Offenbach decidiu producir as súas obras no seu propio teatro (un teatriño pequeno alugado) e abandonou a idea de velas na Opéra-Comique.  Théâtre des Bouffes-Parisiens, que aínda existe.

Comedia-ballet

O trío formado por Molière, Lully e Beauchamp creou este xénero mesturando música, danza e drama nunha acción única -ao contrario que a opera-ballet, que se centraba máis na música.

A comedia-ballet baséase en sucesos contemporáneos con personaxes da vida cotia. O matrimonio adoita ser o tema central.

Singspiel

Tipo de ópera popular alemana. 

As formas musicais son máis simples, que na ópera, as arias menos complexas e os recitativos son falados.

Parente da opéra comique, da ballad‐opera e da zarzuela.

Mozart compuxo varios singspiel: Bastien und Bastienne, O rapto no Serrallo ou A frauta máxica

Querella dos Bufóns

Conflicto intelectual e artístico que durará todo o século XVIII, entre os partidarios da öpera italiana (que introducía á ópera bufa) e os da francesa (que a través da Academia defendía unha ópera de heroes e mitos)

A representación en París de “La serva padrona” (1733) de Pergolesi foi o detonante. Foi tomada como unha “blasfemia musical”. A controversia enfrontou a Rameau (ópera bufa) e Lully (òpera seria), fervente defensor da tradición da música francesa (ainda que era italiano)e apoiado polo Rei. Con Rameau, que estaba apoiado pola Raíña) aliñabanse Rousseau, Diderot e D’Alembert. Estes eran partidarios de italianizar a ópera e dun enfoque cotián e sinxelo, onde o cómico estaba permitido.

Paradóxalmente podemos engadir que os partidarios da opera italiana defendian o regreso a Monteverdi (Gluck) e os da ópera francesa defendian a continuidade da opera comique.

A partir deste momento foron moitos os compositores que alternaron óperas serias con otras de carácter bufo, como Mozart, Rossini, Donizetti e Verdi, que rematou a súa carreira coa última ópera bufa: Falstaff, estreada en 1893.

La Serva Padrona (a criada patroa) estrenouse en Nápoles en 1733. Inicialmente era un intermedio da ópera seria de Pergolesi “Il prigioner superbo”. Pero o “intermedio” superouna en popularidad, pasando a ser unha das óperas mais representadas do seculo  XVIII. Son so tres personaxes: unha criada, o seu señor e un criado doutra casa. 

Este conflito atinxiu tamén ás orixes da Opera Comique.

Opera comique

Xurde a principios do século XVIII e abordaba tanto temas ficticios e marabillosos, como temas históricos. Xa a mediados don século XVIII e no XIX (a súa idade de ouro) caracterizarase por tratar temas da vida cotiá e referirse á actualidade. Non é necesariamente cómica.

Diferénciase da Grand opéra porque se dirixe a un público popular, e tanto as producións como o prezo das entradas son menos costosas. As producións presentábanse no Teatro Nacional de la Opéra-Comique.

Aínda que e un xénero xenuinamente francés, a súa orixe está na expulsión por parte de Luis XIV dos actores italianos de París en 1697, a petición dos actores franceses. Alguns comediantes italianos quedaron en Francia, e transformaron a commedia dell'arte con éxito, o que provocou novamente a ira dos actores franceses, que conseguiron prohibir que estas compañías ambulantes falasen no escenario y actúen en varios actos. Os italianos inventaron outro novo espectáculo paródico, cantando temas coñecidos, populares ou de ópera, con novas letras. A querella dos bufóns continuou durante todo o século XVIII.

Ópera Bufa

Desde principios do século XVIII, introduciuse en Nápoles nas óperas serias e durante os intermedios, os intermezzi, que eran farsas breves de dous actos.

Nos papelis bufos, as estrelas eran os barítonos e baixos (que tiñan pouco personaxe nas óperas serias), as sopranos graciosas e novas e algún tenor tamén novo.

Os argumentos eran críticas de costumes da vida cotiá.

Os personaxes tiñan a voz axeitada para a súa idade: unha soprano e untenor eran a parela de namorados, os baixos ou barítonos eran os pais ou criados, etc.

Dramma giocoso

Tamén xurde a mediados do século XVIII en Italia, dentro da tradición da ópera napolitana, principalmente a través de Goldoni.

As únicas obras deste xénero que ainda se representan son as óperas de Mozart con libreto de Lorenzo da Ponte: Don Giovanni de 1787 e Così fan tutte 1790. Non obstante, Mozart rexistrou estas obras no seu catálogo como operas buffas.

Dramma in/per musica

Obra dramática escrita específicamente co propósito de ser musicada, noutras palabras, un libreto para ópera. No século XIX despois de que as reformas de Gluck remataran co predominio da ópera seria houbo óperas serias tardías de Rossini se titularon "dramma in musica"

Paride ed Elena (1770) de Gluck, Armida (1779) de Salieri, Idomeneo, rei de Creta (1781) de Mozart y Otello (1816) de Rossini.

BIBLIOGRAFÍA sobre Zarzuela

Alier, Roger: La zarzuela, Ediciones Daimon, Madrid, 1984. 

Amorós, Andrés (ed.): La zarzuela de cerca, Espasa Calpe, Madrid, 1987. 

Casares Rodicio, Emilio: 


Deleito y Piñuela, José: Origen y apogeo del género chico, Revista de Occidente, Madrid, 1949. 

Doménech Rico, Fernando (ed.): La zarzuela chica madrileña: La Gran Vía, La verbena de la Paloma, Agua, azucarillos y aguardiente, La Revoltosa, Castalia y Comunidad de Madrid, Madrid, 1998. 

Espín Templado, Pilar: El sainete del último tercio del siglo XIX, culminación de un género dramático histórico en el teatro español, Epos Revista de Filología, III, Madrid, 1987. 

Huerta Calvo, Javier (dir.): Historia del Teatro Español. Tomos I y II, Gredos, Madrid, 2003. 

Mejías García, Enrique: Offenbach, compositor de zarzuelas. Instituto Complutense de Ciencias Musicales (ICCMU). 2022. ISBN: 978-84-8945-799-7 Editorial: Instituto Complutense de Ciencias Musicales (ICCMU) Nº páginas: 507

Mejías García, Enrique: máis libros e PDF sobre zarzuela en: https://ucm.academia.edu/EnriqueMej%C3%ADasGarc%C3%ADa 

Nieva, Francisco: Esencia y paradigma del género chico, (discurso leído en abril de 1990, en su recepción pública, por el Excmo. Sr. Don Francisco Nieva), Real Academia Española, Madrid, 1990. 

Sánchez Sánchez, Víctor: Teatro lírico español, 1800-1950 (ópera y zarzuela). Madrid, Cuadernos deMúsica de la Universidad Complutense, 2005

Romero Ferrer, Alberto: La literatura del Género Chico: hacia una bibliografía crítica, Draco, Revista de Literatura Española, Madrid, 1990.

–(ed.) : Diccionario de la Zarzuela. España e Hispanoamérica, ICCMU, Madrid, 2002.

–El Género Chico. Introducción al estudio del teatro corto de fin de siglo, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz, Cádiz, 1993.

Talavera, Juan Carlos: Sobre la historia del teatro musical español:  la zarzuela y sus alrededores. Madrid, 2012.  Universidad de Mayores de Experiencia Recíproca. https://umer.es/wp-content/uploads/2015/05/n75.pdf 


Zarzuela (La) en España e Hispanoamérica. Centro y periferia, 1800-1950. Actas incluidas en Cuadernos de música iberoamericana, nos 2 y 3, Madrid: SGAE, 1996.

PODCAST

La zarzuela, por Diego Requena. DOMINGOS A LAS 19.00 HORAS. RNE. El espacio dedicado a la lírica española ahonda en el género desde sus orígenes, con obras que van desde la época de Calderón de la Barca (uno de sus creadores), hasta los últimos títulos clásicos del siglo XX, de maestros como Sorozábal, Alonso, Moreno Torroba o Guerrero. No faltan en este programa las revisitaciones de títulos olvidados o de registros sonoros de gran valor histórico. https://www.rtve.es/play/audios/la-zarzuela/




.