Para Cunningham o movemento nace do xesto cotián, perdendo o seu carácter de xesto utilitario.
No verán de 1952, John Cage organizou un evento de teatro colaborativo no comedor do Black Mountain College. A denominada "Peza de teatro número 1", está considerada como o primeiro Happening. Nel participaban Cunningham (danza), Tudor (piano), Olson (poesía), Rauschenberg (pintura e DJ) e Cage que falaba sobre budismo. "Os espectadores non podían ver directamente todo o que pasaba. Era unha complexidade de acontecementos que os espectadores podían afrontar segundo cada un elixise” (Cunningham).
Nas súas aulas de composición coreográfica xunto ao compositor John Cage, animaba aos alumnos de danza a crear a súa propia música con instrumentos de percusión.
Cada xesto dá a impresión de ser froito do azar. Toma posesión do espazo mediante a execución de xestos simples e naturais.
Descarta totalmente a idea de que a danza sexa a narración xestual basada na literatura ou na mitoloxía. Cre na "Danza absoluta".
Elabora unha técnica baseada en tres conceptos clave:
Torso e Pernas: forza e flexibilidade.
Conciencia Espacial: implementar múltiples cambios de dirección dentro dunha soa frase.
Precisión rítmica
A partir de 1969 recoñécese a Cunningham como o investigador de formas máis importante do noso tempo. A nova forma de danza por el inventada acéptase como a máis natural de todas as formas de expresión corporal.
Cunningham crea os Events en 1964 como xeito de presentar as súas coreografías fora dun espazo escénico tradicional. Son anacos das súas coreografías que pertencen a obras máis antigas e tamén ás máis recentes. Lévanse feito máis de 800 Events por todo o mundo. Comezan preparando extractos das coreografías e finalmente adaptanse ao espazo concreto onde se van representar.
En gran parte dos seus espectáculos o director musical era Cage. Viviron xuntos desde 1945.
Entrevista. No min 0:30 preguntanlle sobre o seu proceso de traballo, consistente en crear o movemento e a danza de xeito separado, para finalmente xuntalos ou "coexistir" como di Merce.
No min 2:00 temos un esquema do primeiro happening: "Theater piece1". Tamén falan do Black Mountain College, unha escola experimental que foi berce de moitos artistas de EEUU
Trailer do documental sobre Cunningham. (dura 1:20´)
Beach Birds for Camera (1993), do canal Merce Cunningham Trust
No video: Esplanade (1975) do canal Paul Taylor Dance. Paul Taylor, inspirado pola visión dunha nena que corre para coller un autobús, creou unha obra baseada no movemento dos peóns. Se Jasper Johns e Robert Rauschenberg (pintores) usaban "obxectos atopados" como botellas de Coca-Cola e bandeiras estadounidenses, Taylor usará "movementos atopados" como estar de pé, camiñar, correr, deslizarse e caer.
Traballou con Merce Cunningham do que adoptará o uso do azar como provocador de estimulación coreográfica. Con Martha Graham descobrirá o sentido teatral na danza.
Entre outras innovacións utiliza como acompañamento sons novos: latidos do corazón, timbres, ruído do vento. Tamén introduce elementos insólitos en escena: un can, unha bicicleta, viste ao bailarín en traxe de rúa.
No video Noumenon (1953). Nikolais está considerado o pai do Teatro-Danza (a súa compañia era a Nikolais Dance Theatre) e tamén pai do Teatro Multimedia.
Foi compositor, pintor, escultor, poeta, filósofo e coreógrafo. Nas súas creacións vincula os efectos da iluminación, dos sons e das liñas xurdidas polos movementos do corpo.
Unha das características máis salientables de Nikolais consiste en compoñer formas que se alonxan do específicamente humano. Disimula as liñas corporais baixo a roupa que el mesmo deseña. Esta forma toma vida mediante un sofisticado xogo de iluminación.
Os bailaríns precisan un adestramento específico e consciente da transformación do seu aspecto físico.
No video mostran a xenealoxía do expresionismo alemán en EEUU, que remataría con Murray Louis (min 2:47)
Murray Louis foi o alumno máis brillante de Nikolais, pero desenvolveu o seu propio estilo de danza e a súa coreografía.
Recolle de Nikolais as súas técnicas escénicas. Utiliza os accesorios, a iluminación e a escenografía característica do seu mestre. Non obstante, en Louis o movemento corporal será o elemento dominante das súas coreografías.
Ten unha maneira moi particular de tratar o movemento, que consiste en sometelo a unhas interrupcións imprevistas e logo facerlle tomar unha dirección inesperada.
Judson Dance Theater (1962-1964): colectivo de danza, compositores e artistas visuais.
Xurdiu dunha clase de composición realizada no estudo de Merce Cunningham, impartida por Robert Dunn , un músico que estudara teoría musical experimental con John Cage. Formaban parte del Yvonne Rainner, Steve Paxton, Lucinda Childs, Trisha Brown e outros.
Utilizaban fotografías, documentos o acción cotiás como base.
Utilización de acumulación como principio compositivo.
Coa participación de artistas plásticos, enriqueceron a linguaxe da danza.
Con 15 anos, foise estudar co coreógrafo Kurt Joos, onde Pina adquiriría as bases da danza expresionista alemá que serían a base da súa entón incipiente carreira. Con 19 anos gañou unha bolsa para continuar os seus estudos na Juilliard School de Nova York. Nesta segunda etapa formativa, Bausch tivo como profesores a José Limón e a Paul Taylor.
En 1972 asumiu a dirección do Wuppertal Opera Ballet, que máis tarde ela mesma rebautizaría como o Tanztheater Wuppertal Pina Bausch. En 1976 sepárase por completo das convencións do ballet clásico, introducindo un método de ensaio no que xera preguntas aos seus bailaríns, e crea unha coreografía baseada nas súas respostas, que ven reflectidas tanto no físico como no verbal e visual da peza, que inclúe textos falados e música clásica e popular.
...
Composición de coreografías a partir de palabras nun proceso comunicativo verbal, de reflexión subxectiva. Elaboranse consignas verbais, dende as que se parte cara o traballo: “Animar. Quitarme as mans de encima. Bailar agarrado (dous homes). Hola señorita. Xogos sexuais. Alucinar. Noxo. Agardar a alguén. Son o teu querido tío. Por favor, léveme. Carai, mira a ese daí. Masaxe con música. O que quere, ten. Mami. Un neno orfo ten medo. É que en realidade, debería durmir máis. Preparativos para a pelexa. Exercicio sobre a prostitución, etc."
A palabra evoca o movemento e garantiza unha imaxe cargada de experiencia.
A palabra ten que ser dramática: pecha conflitos non resoltos.
Ambiguedade do espazo
Os espectáculos xorden das palabras, pero non voltan a elas.
PINA - "Seasons march" clip - amazing movie for Pina Bausch by Wim Wenders!
Tanztheater Wuppertal Pina Bausch - Masurca Fogo - Trailer
Interesante: opinión dos adolescentes sobre Pina
Pina Bausch - Cafe Müller
Abreu comezou a bailar tarde para a media. Aos 18 comezou os estudos de ballet clásico para logo formarse en danza contemporánea con Carmen Werner. Premio Nacional de Danza 2014
Clip do Seminario "O corpo próximo", da coreógrafa y artista visual Olga Mesa en Chile.
Características de Olga Mesa:
Exploracións poéticas da presencia e da ausencia
Integración do video e a palabra.
A partir do min 1:30 (o anterior non é La Ribot)
Características de La Ribot:
Cruce entre Música, artes plásticas, danza e acción
Pezas brevísimas
"No ámbito profesional privado, o 99% da danza que hoxe se produce en Galicia é contemporánea" (Jacobo Sutil, director de AGADIC)
Fundada por Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, bailaríns que pertencían ao Ballet Galego Rei de Viana.
Picando no enlace diríxenos aos 25 membros do PAM e aos seus 20 proxectos. Picando en cada nome ou cada proxecto diríxenos á súa web
PIcando no enla ce lévanos ás 46 compañias rexistradas. Picando en cada compañia coñeceremos a compañia e as pezas que ten en cartel
Inclúe:
Bailes de Xigantes e Cabezudos
Danzas do ciclo anual
Danzas relixiosas
Danzas guerreiras
Danzas do ciclo da vida
Jotas, muiñeiras e
Abondante bibliografía
Festival Internacional de Danza para Paseantes en Compostela creado por TEATRO GALÁN e MATARILE.
O interese deste Festival Internacional consistía en sacar a danza á rua, e dirixila a un público non habitual. Era un festival ao aire libre, onde ao longo do día realizabase un mínimo de cinco representacions en diferentes espazos da ciudade. O escenario era o propio marco arquitectónico da ciudade. Non se trataba de montar escenarios na ruá, senón de usar a rua como espazo para la representación, a pedra de Santiago.
Era un encontro directo entre e espectador/paseante e o creador/intérprete sen intermediarios. Era un punto de encontro e unha festa, un acontecemento extraordinario na cidade.
Na súa última edición acadou unha audiencia de 16.000 espectadores, cun público que acudia específicamente a Compostela para asistir ao festival, entre os que se encuentraban programadores doutras cidades e prensa especializada.