Bufón
Cartaz de Escola de Bufóns (1996) de Ollomoltranvía
Carteis de "Escola de Bufóns" (1996), de Ollomoltranvía. Neste espectáculo, ademais do equipo habitual contabamos con Luis Tosar e Goldi.
Orixes do bufón na Antigüidade
Empezamos co tema do bufón.
A base que empregaremos neste tema é o traballo que o ex-alumno Tito Asorey realizou para esta asignatura hai anos. O traballo é excelente, así que pedinlle permiso para utilizalo nas aulas.
En primeiro lugar convídovos a que vexades dous videos relativos ao bufón na Antigüidade
Os bufóns na Idade Media e Barroco
IDADE MEDIA
Este é o aspecto típico do bufón de Corte na Idade Media. As súas cores características eran o amarelo e o verde: as cores dos loucos e dos condenados á picota. Levaban tamén unha carapucha imitando ás orellas do asnos, rematada con cascabeis e unha especie de cetro coroado cunha cabeza de boneca, coñecida como marotte. Os bufons, eran o espello grotesco do Príncipe: en lugar de cetro real levaban a marotte, e en lugar de coroa levaban o seu gorro caracteristico. O seu deber era divertir aos seus amos, pero ás veces tamén eran conselleiros reais.
Conservamos os nomes de moitos bufons famosos porque aparecen nas contas de gastos dos reis. Unha listaxe de bufóns tédela nesta mesma web, no documento Locos, enanos, negros y gente de placer que tuvieron los Austrias. Ás veces tiñanos en moi alta estima. Exemplo disto é o caso del Duque de Berry, cuxo cadáver no seu funeral foi conducido ata a tumba polos seus bufons vestidos de loito. Outro exemplo podedelo atopar na famosa escena da caveira de Hamlet, cando este pasa por un cemiterio e parase a falar co sepultureiro que o informa da morte de Iorick, bufón da Corte e amigo da infancia do Principe Hamlet. Enton toma a caveira na man mientras di: "Ai! ¡Pobre Iorick! ¿Qué se fixo das tuas brincadeiras, dos teus pinchacarneiros, os teus cantares e aquelas piadas que animaban a mesa con alegre estrépito? Agora, xa non da para que rias nin da tua propia deformidade...".
Na Idade Media existían dinastías de bufons, dado que o oficio pasaba de pais a fillos. Tamén existiron bufóns nos conventos, ainda que foron prohibidos en 789. E bufóns ambulantes, que, ben sos o formando unha troupe, vagaban de cidade en cidade tentando supervivir a base de provocar o riso da xente común.
OS BUFÓNS DE VELÁZQUEZ
En España conservamos os cadros de ananos e bufons que formaban parte da vida cotiá na corte dos Austrias, grazas ao xenio de Velázquez. Tras do Renacemento e a súa elevación moral da beleza, os pintores barrocos xiraron a mirada cara o extraordinario, o extraño, o grotesco, o feo.
Las Meninas é un caso claro de cómo os ananos servían como divertimento e compañía para as xentes da Corte.
Algúns destes bufóns padecian cretinismo e oligofrenia como El niño de Vallecas. O pintor quixo retratalo coma un anacoreta, na soedade da súa cova. O bufón Calabacillas gozaba dunha excelente reputación se atendemos ao salario elevado que percibía. Padecía de parálise cerebral, pero a súa intelixencia era normal.
Fixádevos que ambolosdous visten de verde, unha das cores canónicas dos bufóns.
Don Sebastián de Morra, tiña enanismo, crese que era flamenco e de intelixencia normal.
O cadro do bufón Diego de Acedo foi inventariado como «retrato de un filósofo con un libro en la mano», en consonancia coa idea que mencionamos ao principio dos bufóns que non son so un divertimento, senón que tamén son filósofos e moven á reflexión.
Xa no século XX, Michel de Ghelderode escribiu pezas de teatro tendo como base este gusto da dinastía dos Austrias polos seres grotescos e deformes, como Escola de Bufons ou Escorial.
Nesta época dabase importancia á procedencia destes personaxes físicamente alternativos, sendo moi afamados os loucos españois ou os ananos polacos. En canto ás mulleres, tiñan moita sona as mulleres barbudas. De moitas delas temos tamén retratos, como o de Brígida del Río, obra de Juan Sánchez Cotán, que era exhibida por doce moedas . Caso aparte, a causa da grande beleza do retrato e da impresión que causa ao ser observado é Retrato de Magdalena Ventura, pintado por José de Ribera.
Outros cadros de mulleres barbudas son o retrato de Antonietta Gonsalvus, atribuído a Lavinia Fontana, que fora acollida de pequena polo rei francés Enrique II, y mostrada como un espectáculo. Á morte do monarca pasou a ser propiedade de Alejandro Farnesio, duque de Parma.
Otro caso de mujer barbuda de esta época barroca es el de Barbara Urselin, que era música e así se nos mostra no retrato que pintou Isaac Brunn en 1653. Se casó con Michael Vanbeck, que a continuóu mostrando como un espectáculo por toda Europa.
Os príncipes regalabanse os bufons entre sí, tanto os “monstruos” reais como as suas representacions artísticas.
Unha ex-alumna, Uxía Algarra, dame noticia do interesante tratado Monstruos, enanos y bufones en la Corte de los Austrias, do que proporciono enlace.
Nel dise que "hay en la bufonería, como en todo, su juventud, su madurez y su decadencia. Su juventud podemos decir que comienza en el siglo VI, para España, con aquel muchacho llamado Mirón, mimo del rey suevo de Galicia"
Jacob Cornelisz van Oostsanen, Laughing jester, c 1500
******************
Locos, enanos, negros y gente de placer que tuvieron los Austrias en la Corte desde 1563 a 1700.
De José Moreno Villa
******************
Alas, poor Yorick! I knew him, Horatio, a fellow of infinite jest, of most excellent fancy (Hamlet)
*******************

Enlace a pdf do psiquiatra Jerónimo de Moragas, onde se analizan os trazos característicos dos Bufóns de Felipe IV retratados por Velázquez.
********************
El niño de Vallecas, de Velázquez
Cambios coa caída do Antigo Réxime
Joseph Borulawski, anano polaco
Co cambio de época (paso do Antigo Réxime ao mundo burgués e pre-industrial), o ananos verán modificado o seu status, non o seu rol. En poucos anos pasaron de viviren entre luxos, a teren que ganar o sustento amosando as súas habilidades diante dun público moito menos opulento e requintado.
As memorias do anano Joseph Boruwlaski teñen o interese de evidenciar este cambio de tempos. O traumático que foi para el e para os seus iguais o paso de divertir a reis e nobres, os seus benfeitores, a sentir a humillación de ser un espectáculo burlesco para a plebe, exhibíndose a cambio de diñeiro.
Reseña de Francisco Martínez Bouzas das Memorias de Borulawski publicadas en galego
Século XIX: O freak show
O XIX é a idade de ouro dos espectáculos en Occidente: Constrúense teatros en todas as cidades para a burguesía, teatro de ópera e teatros para o pobo. Hai unha eclosión de xéneros teatrais. Tamén é o século do vaudeville o o cabaret, do circo, do ilusionismo e dos touros.
Hai unha continuidade cos bufóns barrocos e medievais no sentido de que suscitan curiosidade morbosa e interese científico. Seguen interesando as deformidades físicas e os seres humanos de razas exóticas Pero tamén hai diferenzas: non se lles recoñecen valores positivos (ser sabios ou ter unha percepción interesante da vida), son considerados seres infrahumanos. Isto redunda en que no circuito dos freaks xa non terá cabida unha persoa cun corpo normativo. Os corpos normativos con mentes bufonescas irán parar ao circuito do vaudeville.
No século XXI segue a existir esta mesma curiosidade científico-morbosa. Proba disto é que o Libro Guinness de Récords segue a ser o libro con copyright máis vendido do mundo e os que alí aparecen ben poderían estar no Freak show do século XIX ou nas Cortes do barroco. Por exemplo: "a persoa máis tatuada do mundo", o home máis baixo do mundo (54,6 cm), e a persoa viva máis alta (2,51 m). Estes son datos do ano 2025. Tamén hai profusión de bufóns nos late shows de tv, algúns deles cun certo prestixio de sabios (augures, adiviñadores, etc.)
Tamén hai unha continuidade da actualidade co Antigo Réxime en relación á subcultura freak: Os bufóns televisivos tamén se recoñecen entre si. Son conscientes de que o seu non é só un xeito de gañarse a vida. Tamén é un xeito de vida.
Periodización do freakshow: 1840-1940.
O Home Elefante: paradigma de ser humano sensible explotado cruelmente como fenómeno de feira
Os zoos humanos que se ofrecían nas Exposicións Universais participaban igualmente do interese científico-morboso
P.T. Barnum, modelo de emprendedor
P.T. Barnum (1810-1891). Comezou a súa carreira publicando un xornal de noticias falsas titulado “O Heraldo da Liberdade”. Tras dun periodo na cadea por estafas varias, comezou a sua carreira no show business exhibindo unha anciana negra á que facía pasar pola tata de George Washington. Cando a xente se decatou de que era imposible que a anciana tivese 161 anos, difundiu o rumor de que era unha autómata, e o público acodiu en masa para comprobalo. E cando morreu a velliña, montou unha autopsia pública, pagando unha entrada cara, nun local de espectáculos para 1500 espectadores. Este comezo xa da unha idea da súa capacidade para facer diñeiro espectacularizando a realidade e montando un relato falso, pero atractivo. Como él dicía, “ao público non lle importa ser enganado, se recibe a cambio entretemento para esquecer os seus problemas”. Aos 55 anos, en 1865 foi elixido deputado, e dez anos máis tarde, foi votado como alcalde de Bridgeport.
Os teóricos marxistas a partir de 1950 reflexionarán sobre os conceptos negativos de industria cultural e sociedade do espectáculo. Barnum foi na práctica quen creou todo iso, 100 anos antes. E segue a ser un modelo positivo en USA e en Occidente en xeral, como podedes comprobar na película O grande showman (2017).
...
En 1842 abriu en Broadway o Museo Americano Barnum nun edificio de cinco andares. Era unha combinación de teatro, museo científico, museo de cera, zoolóxico e Freak Show. Podiamos atopar nel dioramas, instrumentos científicos, escenas bíblicas con figuras de cera, animais desecados, un circo de pulgas, animais exóticos vivos, magos, ananos, xigantes e grupos de minstrel.
Podemos consideralo o principal pioneiro de Broadway.
Barnum entrou no negocio do circo aos 60 anos de idade. En 1870 – logo de que lle ardera tres veces o seu museo de excentricidades – montou un circo ambulante, que incluía un freak show. O espectáculo presentouse por todo EEUU transportándose nun ferrocarril de 80 vagons. Este circo foi chamado "The Greatest Show on Earth" chegou a presentarse tamén en Europa.
Os freaks de Barnum incluían aos irmáns siameses Chang e Eng (que son a orixe da palabra siameses referida aos xemelgos unidos polo corpo), ao anano Tom Thumb que actuou en Inglaterra diante da raíña Victoria, e que foi convidado á Casa Branca por Abraham Lincoln trála súa boda e a Zip, un pinhead que non obstante non padecía retraso mental. William Henry Johnson (Zip) era de New Jersey, pero Barnum creou un relato para él, como adoitaba facer. Explicaba á audiencia que fora atrapado dunha tribu de "elos perdidos" descuberta en África e que se alimentaba con carne crua. Zip era mostrado nunha gaiola onde se aferraba aos barrotes y berraba. Posteriormente chegou a facer números cómicos e actuar en pezas de teatro. Estímase que morreu aos 80 anos e que gañou cartos toda a sua vida, adaptándose ás evolucións do negocio freak: do museo ao circo ambulante, pasando polo teatro e performances en solitario.
Isto último lévanos a relativizar unha vez máis o fenómeno do freak e do bufón. O propio Charles Sherwood Stratton (O Xeneral Tom Thumb) realizou a súa primeira xira con Barnum por Estados Unidos á idade de cinco anos, cantando, bailando e facendo de Cupido ou de Napoleón. Aos 17 anos trunfaba en París na obra de teatro Polgariño, aínda que desde os sete anos viña sendo protagonista de melodramas de grande formato baixo a dirección de PT Barnum. Stratton gañou moito diñeiro: posuia unha casa na zona de moda de Nueva York e outra casa especialmente adaptada nas illas Thimble, así como un iate. Cando Barnum tivo dificultades financeiras Stratton rescatouno, e posteriormente convertironse en socios comerciais.
Algúns freaks de Barnum
O Home Elefante, de David Lynch
Zoolóxicos humanos: a historia olvidada do racismo científico. Documental de 55 minutos
Reportaxe de 8 minutos sobre a película Freaks
Clasificación dos freaks
Wall e Clerici afirman que o espectáculo de freak se divíde en tres grupos principais: os de creación propia (Self Made Freaks), os profesionais do circo e os nacidos freaks. Dous dos tres grupos son creados libremente polo individuo. Constrúen cambios corporais impactantes nos seus corpos, ou crean acccións que captan a atención do público. O grupo natural, non optou por nacer coas condicións corporais diferentes do esperado. Exemplos dos Self Made Freaks son aqueles que se distinguen polas súas tatuaxes ou modificacións corporais. Exemplos de profesionais do circo na súa vertente freak son os fakires, traga-espadas, contorsionistas, etc. Entran na categoría do "máis difícil todavía".
FREAKS VS. FRIQUIS
O que entendemos por friqui poderiamos definilo, seguindo a RAE, como aquelas persoas que practican desmesurada e obsesivamente unha afición pintoresca ou extravagante. Normalmente esta afición relacionase coa informática, a banda deseñada, o anime xaponés, os filmes e series de ciencia ficción e fantasía, pero o termo pode estenderse a calquera gusto descomedido. Normalmente asóciase a un carácter introvertido ou difícil de relacionarse con persoas alleas á súa afección e a unha indumentaria non convencional (wikipedia). A grande diferenza cos freaks é que estes forman parte do mundo do espectáculo extracotiá, mentres que os friquis pertencen ao ámbito da vida cotiá. E o punto de unión entre é que ambos buscaron unha comunidade que os acepta e se compromete coa súa diferenza.
Freaks e arte contemporánea
Hai conceptos na arte contemporánea que si pertencen ao ámbito do espectáculo ou habitan nas fronteiras do mesmo (na performance, na arte contemporánea) como o da nova carne (Cronemberg e outros: a transformación e/ou perfeccionamento do propio corpo), o corpo obsoleto (Orlan, Sterlac: o concepto do corpo modificado polas máquinas, a cibercultura), a arte abxecta de Julia Kristeva ( “aquilo que perturba unha identidade, un sistema, unha orde", "aquilo que non respecta os límites, os lugares, as regras, a complicidade, o ambiguo, o mixto", "os excluídos, os que se separan, os que non recoñecen as regras do xogo".
Outros expoñentes da Nova Carne e Arte Abxecta:
HR Giger
David Lynch
Clive Barker
Joel-Peter Witkin
Pipo del Bono achega novas perspectivas no ámbito do espectáculo sobre a discapacidade e a diferenza.
A nivel de cultura popular tamén hai achegas no cine e televisión: El Langui, Pablo Pineda, Campeones...
Promo do 999 eyes freak show: Freakshow no século XXI
O seu espectáculo non so está baseado na exhibición pasiva de determinados freaks, senón que son ao mesmo tempo magos, músicos, actores ou cómicos
Jim Rose do 999 eyes freak show: A polemica australiana
Para Rose, a diversidade corporal é unha cualidade positiva nun mundo que tende cara á uniformidade. O seu é un show divertido, aparentemente sen aquela miseria das feiras decimonónicas.
Orlan, artista e performer que usa o seu corpo como medio para facer arte. Neste caso gravando unha operación de cirurxía plástica sobre o seu corpo. Con Sterlac é impulsora da idea do corpo obsoleto.
Stelarc formula a súa teoría sobre a "arquitectura evolutiva" do corpo humano e as posibilidades da tecnoloxía. Neste video, presentando unha terceira orella que implantou no seu brazo.
Gurruchaga canta "Garras Humanas" no programa infantil de TVE La Bola de Cristal
Cronenberg é o profeta da "Nova Carne": a posibilidade de redeseñar o propio corpo
Olivier de Sagazan, arte abxecta. A este performer tivemos ocasión de velo na Mostra de Teatro de Ribadavia.
HR Giger, deseñador de Alien e doutras figuras do lado escuro
Pica no enlace para ver o video
Algúns dos freaks que aparecían na televisión dos '90
Pippo del Buono. Este espectáculo vímolo tamén en Ribadavia.
O circo Queer. Jenniffer Miller é unha muller con barba. Artista de circo, escritora, profesora, malabarista, tragadora delume.
O bufón contra o sagrado
Entendemos por "sagrado" por tanto aquilo sobre o que non se admite discusión. Deste xeito, da mesma maneira que o crente sabe que deus existe, o nacionalista sabe que o seu país (Galicia, Bosnia, España...) é unha nación. Non ten sentido debater sobre estas cousas, porque non hai dúbidas, hai certezas. Son sagradas. Non se poden facer bromas sobre iso, non podemos rir do sentimento dun nacionalista ou dun crente. Por tanto son un bo estímulo para un bufón.
O sagrado depende do contexto: no entorno dunha escola de teatro, onde a maioría dos asistentes non se preocupan demasiado por Deus nin pola relixión, estes non son sagrados. Pero nese contexto, e tendo en conta o perfil do estudante de teatro, o que si poden ser sagrados os conceptos da chamada "guerra cultural", como por exemplo a raza, o xénero, os abusos sexuais, o animalismo, a inmigracion, o transxenero, etc.
O bufón atenta contra o sagrado https://www.youtube.com/watch?v=0Dt8ZFihbno. Poñamos alguns exemplos:
Shin Chan
O sagrado no contexto do sobreprotexido publico infantil ocidental e da tradicional sociedade xaponesa:
O autor do manga infantil Shin-Chan describese así mesmo na película como "un dibuxante de cómics ao que lle gusta ir ao baño e as mulleres delgadas". [non parece moi adecuado no contexto dun manga infantil]
Shin Chan adora aos travestis, nalgunha ocasión mimetizase con eles e isto é unha crítica á sociedade nipona
Á sua nai, Shin Chan chámalle vella, fea, monstruo do cu gordo, dille que non ten tetas, e, en xeral diríxese a ela con moi pouco respeto.
Caiga quien caiga
O sagrado na Transición: o Rei Juan Carlos, personaxe intocable.
CQC foi un programa de TV de preguntas incómodas. Entrevistaron a Camilo José Cela preguntándolle se seguía opinando que o premio Cervantes estaba cuberto de merda como afirmara cando aínda non llo deran. Pero non pasou nada. O programa seguía a ter baixa audiencia. Pero cando Pablo Carbonell conseguiu que o Rei puxera as gafas distintivas do programa o programa pasou a ser un éxito.
Mofa e Befa
Tribos de bufóns: ionquis, discapacitados, inmigrantes ilegais, etc.
O mesmo que sucedía no freak-show se desenvolven en mundos paralelos. O grupo dalles seguridade nunha sociedade hostil. Crean os seus códigos, a súa xiria á marxe da sociedade.
“Prefiero mi nueva condición de monstruo a las de mujer u hombre, porque esa condición es como un pie que avanza en el vacío y señala el camino a otro mundo”, escribe. “Sé que he convertido mi cuerpo en una sala de exposición”.
El texto Yo soy el monstruo que os habla ha mutado a ser un monólogo colectivo pues es leído por cuatro voces, aparte de la de su autor. Víctor Viruta, Andy Díaz, Bambi y Jessica Velarde son las personas que, desde el pasado lunes, están trabajando en la obra. “Hay una proximidad histórica de las personas que fuimos expulsadas del espacio público y que fuimos empujadas al espacio teatral”, indica Preciado.
Traballo de Fin de Grao 2019-2020 na ESAD-Galicia da alumna Uxia Algarra Cajide. O traballo profundiza no significado do bufón a nivel global, analizando tres entornos: o dos bufóns rituais, o dos bufóns de Corte e o dos bufóns escénicos. Finalmente sintetiza os trazos comúns existentes nestes bufóns para acadar unha definición do arquetipo, tanto a nivel sincrónico como diacrónico.
“A ambición de indagar nestas figuras estivo presente durante todo o curso pasado a raíz dun traballo de investigación realizado para a materia Historias das Artes do Espectáculo, no que se procuraba explicar a necesidade de paiasos nun campo de refuxiados. Alí foi onde me atopei por primeira vez coa esencia do bufón. Nas entrevistas realizadas con fins académicos, moitos paiasos afirmaban sentirse paiasos na forma pero bufóns no fondo.
Creo que me fixen cunha ferramenta potente. E o máis importante: levo comigo as ganas de seguir pescudando na materia bufonesca.”
Uxia Algarra
Bibliografía
Enlace a artigo extenso sobre a historia do bufón e o bufon contemporáneo: https://www.jotdown.es/2022/02/el-privilegio-del-bufon/
Tese sobre os bufóns: https://ru.dgb.unam.mx/bitstream/20.500.14330/TES01000236437/3/0236437.pdf
...
Bogdan, Robert. Freak Show: Presenting Human Oddities for Amusement and Profit. Chicago: University of Chicago, 1988. Google Scholar. Web. 04 Oct. 2015.
Circus tent. Digital image. Google Images. N.p., n.d. Web. 19 Oct. 2015.
Dictionary.com. Dictionary.com, n.d. Web. 13 Oct. 2015.
Eagley, Madeline. "Circus Interview." Online interview. 28 Oct. 2015.
Freak show with skeleton. Digital image. Google Images. N.p., n.d. Web. 19 Oct. 2015.
Pednaud, J. Tithonus. The Human Marvels. N.p., 2014. Web. 05 Nov. 2015.
Schwarzschild, Edward L. "Freakery." Google Books. New York University Press, 1996. Web. 05 Oct. 2015.
Sears, Clare. "A Dress Not Belonging." Project MUSE. The Johns Hopkins University Press, 2015. Web. 05 Oct. 2015.
"Sword Swallowers Assoc Int'l (SSAI)." Sword Swallowers Assoc Int'l (SSAI). N.p., n.d. Web. 03 Dec. 2015.
Taylor, James. "Sideshow Terminology." Shocked and Amazed. N.p., 13 Aug. 2010. Web. 05 Nov. 2015.
Wall, Kim, and Caterina Clerici. "Welcome to Gibtown,the Last 'freakshow' Town in America." Theguardian. Guardian News and Media Limited, 15 Feb. 2015. Web. 05 Oct. 2015.