Obxectivos
Qué son os obxectivos?
Os obxectivos son aquelas metas que debemos acadar para poder responder á nosa pregunta de investigación. Orientan o desenvolvemento da investigación para evitar que nos perdamos nun ‘mar de coñecementos’.
A súa formulación comeza cun verbo en infinitivo de acción.
Debe expresarse unha única acción en cada obxectivo.
Preguntas:
– Qué se desexa conseguir?
– En canto tempo? Cando?
– En qué ámbito ou entorno?
– En qué grao ou cantidade?
ACCIÓNS E OBXECTIVOS en teatro e investigación
Unha acción é unha performatividade (física, de palabra, de presenza...) que procura un obxectivo específico. Do mesmo xeito que na vida cotiá estamos constantemente performando na interacción social, tamén en escena o facemos.
Físicamente posible de realizar
Divertida (para o actor)
Concreta
Poder contrastarse (obter unha reacción) con outras persoas
Non ser errática
Non presupoñer ningún estado físico ou emocional
Non ser manipulativa
Ter un límite
Ir na mesma dirección que o guión
...
Físicamente posible de realizar: Na investigación teórica non podemos obter información de primeira man sobre a ópera chinesa. Pero si podemos establecer unha comparativa entre a ópera chinesa e a ópera occidental. Do mesmo xeito, non podemos obter información de primeira man sobre o que implicaba vivir en Francia no século XVII (non existe o túnel do tempo), pero si que podemos comparar os figuróns de Moliere cos nosos contemporáneos, por exemplo.
Divertida (para o actor). Ou para o investigador teórico. Ten que ser algo que realmente nos apeteza facer, senón convértese nunha tortura.
Concreta. Unha acción clara e concreta, un obxectivo concreto convidan á acción.
Obxectivos xerais e específicos
Obxectivo xeral: Debe explicitar o que se espera lograr co estudo en términos de coñecemento. Debe dar unha noción clara do que se pretende describir, determinar, identificar, comparar e verificar (nos casos de estudos con hipóteses de traballo).
Obxectivos específicos: Son a descomposición e secuencia lóxica do obxectivo xeral. Son un anticipo do deseño da investigación.
Exemplo de obxectivos
Clima e Teatro de Rúa. A adversidade climática como factor non determinante na programación de espectáculos ao aire libre.
(de Lola Correa)
Obxectivo xeral:
Analizar climaticamente os distintos festivais de rúa do Estado español para contemplar a posibilidade dun festival de rúa en Galicia.
Obxectivos específicos:
1. Elaborar unha gráfica relacional entre clima e desenvolvemento doutros festivales dentro do ámbito ibérico.
2. Desenvolver un estudo da evolución de ditos festivais ao longo do tempo, baixo a influencia -de existir- do factor climático.
3. Identificar outros factores que inflúen na existencia de festivales de teatro de rúa (culturais, económicos, etc.)
4. Establecer as conclusións que nos permitan prever as condicións que determinen un futuro e posible festival.
Exemplos de obxectivos xerais
MAL
Dar a coñecer ós dramaturgos galegos e fomentar a representación das súas obras. (inclúense dúas metas)
Tendo en conta a situación do teatro en Vigo, promover a creación dunha asociación que englobe ao colectivo teatral.
BEN
Potenciar a representación de textos dos dramaturgos galegos.
Promover a creación dunha asociación que englobe ao colectivo teatral vigués.
Exemplos de obxectivos específicos
MAL
Aumentar considerablemente a matrícula de alumnado da ESAD.
Aumentar o uso do galego nun prazo breve.
BEN
Incrementar nun 20% a matrícula de alumnado da ESAD para o curso 2011- 2012.
Fomentar o uso do galego entre o alumnado da ESAD durante o presente curso.
Taxonomía para a formulación de obxectivos
Procesos cognitivos →
Coñecemento: Recuperación de información
Comprensión: Integración significativa
Aplicación: Utilización en una situación nova
Análise: Segmentar en compoñentes
Síntese: Combinación nun todo coherente
Avaliación: Expresar xuízos de valor
→ Verbos de acción
Describir, definir, identificar, recoñecer, etiquetar, listar ...
Interpretar, ilustrar, predicir, extrapolar...
Aplicar, amosar, utilizar, relacionar, explicar, inferir, construír ...
Analizar, identificar, distinguir, detectar, categorizar....
Combinar, xeneralizar, organizar, tirar conclusións, derivar, deducir...
Decidir, elixir, seleccionar, criticar, defender, comparar, contrastar...
Verbos para obxectivos xerais
analizar efectuar orientar calcular enumerar planear
categorizar establecer presentar
comparar avaliar probar
compilar examinar producir
contrastar explicar propor
crear expor reconstruír
definir formular relatar
demostrar fundamentar replicar
desenvolver xerar reproducir
describir identificar revelar
diagnosticar inferir situar
discriminar mostrar taxar
deseñar opor valuar
Verbos para obxectivos específicos
advertir determinar indicar
analizar designar interpretar
basear descompor justificar
calcular describir mencionar
cualificar discriminar mostrar
categorizar distinguir operacionalizar
comparar establecer organizar
compor enunciar rexistrar
conceptuar enumerar relacionar
considerar especificar resumir
contrastar estimar seleccionar
deducir examinar separar
definir explicar sintetizar
demostrar fraccionar suxerir
detallar identificar terminar