Prácticas de títeres e obxectos

Teatrino de sombras

[videos de Juan Carlos Gutiérrez Camacho]

Na serie de 3 videos que está a continuación veremos as tres partes de que consta un teatrino de sombras: a pantalla, as figuras e a luz. 

A pantalla/teatrino tamaño folio ten a vantaxe de que cada participante pode levala para a casa cando remate o obradoiro. A desvantaxe é que so pode manipular unha persoa (dous poden, pero apretados). As figuras sen articulación permiten que o manipulador poida manexar dúas figuras a un tempo (unha/duas articulacións implican que so se poida manexar un títere de cada vez, xa que este requeriría as dúas mans). 

É interesante construir tamén un castelo/casa, un sol/lúa, unha árbore, etc. Ou sexa elementos fixos ou paisaxes. Neste video temos algunhas suxestións

En Occidente actualmente os temas adoitan ser infantís e dramatizados. Pero oO teatro de sombras en Asia está directamente relacionado coa morte. As figuras tradicionais son de pel de cabra e outros. A curación da pel crea unha conexión directa entre a arte e a morte. O teatro Karagöz dise que foi creado co obxectivo de resucitar a dous bufons, Karagöz e Hacivat, executados cando traballaban na mezquita de Bursa, Turquía" (Enciclopedia Mundial das Artes da Marioneta). Os títeres orientais representan demos, deuses e heroes e son cantados/contados por un narrador.

Titiriteiros como Gioco Vita, tentan recuperar en Occidente ese vínculo entre a espiritualidade e sombras.

Na película Perfect Days de Wim Wenders fan mención á palabra xaponesa komorebi, que se utiliza para describir o xogo de luces e sombras que aparece cando os raios de sol se filtran a través das follas das árbores.

Existen tres formas distintas de sombras: con títeres e obxectos, o teatro que só utiliza as mans (sombras chinescas) e as sombras corporais. Gioco Vita combina as tres formas neste espectáculo.

Pantalla

Elementos: caixa de cartón, tesouras, cuter, folio, pegamento, grampadora

Figuras

Sen articulacion, con articulación, con celofán de cores. 

Buscar plantillas en internet. Temas: Halloween, contos, etc

Luz

Luz difusa (cunha bombilla): se alonxamos o obxecto da pantalla as contornas difumínanse

Luz nítida (cunha lanterna): sempre está nítido e permite primeiros planos

Efectos: filtros, mover a luz, etc.

Títeres proxectados sobre a parede cunha lanterna con títeres de dedos.

O emprego de velas e lume

Un periódico para manipular unha soa persoa. 

Outro video do mesmo


Curso obxectos con Bobes

[buscar no drive curso obxectos]

TRABALLO CO QUE LEVAMOS NA NOSA MOCHILA


TRABALLO CON CADEIRA

Primeiro: exploración das posibilidades da silla. A silla e o noso corpo, a silla no espazo, etc.

Segundo: Crear unha partitura coa silla. Encontrar cinco momentos coa silla e enfialos nunha partitura en bucle, na que despois do movemento quinto, regresamos ao movemento primeiro.


TRABALLO CUN FOLIO1

Posibilidades expresivas que ten o folio, sen alterar o folio (regra), ou sexa, sen crear enrugas, rompelo, etc. 

TRABALLO CUN FOLIO2

A proposta agora é a contraria do anterior: alteramos o papel, doblamos, enrugamos, rompemos, etc. Non hai partitura.

TRABALLO CUN FOLIO3

Proposta: “O meu refuxio cando eu era un neno”. Contar isto cun folio. É necesario partir dun folio en branco para empezar a crear a historia. Ou sexa, non reciclar o folio anterior.


DRAMATURXIA COS OBXECTOS QUE SELECCIONAMOS NA NOSA CASA

A partir de aquí o traballo consistiu en crear unha dramaturxia cos obxectos privados que cada un trouxera da casa. Desbotando algúns (menos é máis), mostrando aos compañeiros, limpando a proposta.

Impros Gyula Molnar

Teatro de obxectos épico

O traballo de La Chana (ver video) no que conta un romance ou unha historia presentando obxectos. Obxectos con historia: As Crebas


 Teatro de obxectos figurativo

 traballo de Larraitz. 

Exemplos de...

min. 2:53 novas miradas sobre os obxectos

min. 7:36 dramatizacións

min. 10:56: disneyficación e figuración

Manual cinema

Consiste en contar unha historia con sombras a través de  retroproyectores. La historia sucede en la pantalla empleando únicamente sombras y combinando personas y objetos. Se precisan tres retroproyectores trabajando consecutivamente.

Una idea interesante del trabajo de este video es la de trabajar en base al expresionismo alemán

Modelo de curso en 12 sesións

Trátase de tomar unha lenda coñecida e prestixiosa (Polifemo, ou calquera outra da Odisea; da Biblia, do teatro grego, etc.) e fragmentala en 4 partes para que 4 equipos a monten. 

Esta é a crónica dun curso de sombras

"han elegido un tema que le va como anillo al dedo: La leyenda del Laberinto y el Minotauro. Después de los cuatro primeros días, nuestra obsesión es usar el idioma de las sombras para contar una historia, para transformar la historia en una dramaturgia que nos permita plantear escénicamente nuestra historia mitológica: El Laberinto del Minotauro.

En esta segunda fase, a partir del quinto día, comenzamos a ver los temas que contiene el mito y realizar unas figuras con formas contemporáneas. Decidimos formar varios grupos y hacer la historia completa del mito, en cuatro episodios diferentes. Uno de los grupos serían los narradores que conectarían los cuatro episodios. En total cuatro grupos de participantes, más otro grupo que sería el de los narradores. 

En cuanto al espacio, decidimos contar la historia del Laberinto aprovechando los espacios de estancias de dentro del monasterio y de afuera, al aire libre, para que el público tenga la sensación de que están atrapados en el Laberinto y sientan la presencia del Minotauro en todo el monasterio."

MODELO PARA OUTROS CURSOS:

Podemos tomar este modelo (teoría+montaxe dunha peza) para traballar cos titeres de follas de xornal, con sombras, con impro, etc.