Máscaras, teatro e parateatralidade en Galicia
Está páxina está baseada no traballo de Paula Gavilán para a materia Historia das Artes do Espectáculo II, titulado Máscaras, teatro e parateatralidade en Galicia que mereceu unha calificación de sobresaínte.
O traballo indaga na parateatralidade de Galicia e na posibilidade de crear un Teatro de Máscaras actual, así como nos intentos durante o século XX, por parte de distintas personalidades e compañías, de crear un novo teatro galego de máscaras.
Tras varias semanas estudando na ESADg sobre o Teatro Oriental (de Xapón, Bali, India, etc) vimos como todos tiñan ou ben máscaras ou ben maquillaxes tradicionais que respondían a séculos de historia, o que me fixo cuestionarme: como cambia a función da máscara no teatro occidental?, existe un teatro de máscaras tradicional en Galicia?
...
Respecto á cualidade máxica da máscara, non penso que esta desapareza, senón
que se transforma. Do mesmo xeito que se podía pensar que un espírito entraba no corpo
de quen portara a súa máscara, poderíase considerar que ocorre o mesmo coas
personaxes que interpreta un actor.
...
En algúns países como Xapón existe un teatro de máscaras que
se remonta a séculos atrás de tradición, pero en Galicia esto non ocorre. Para comprender o
panorama actual de teatro de máscaras galego é preciso remontarnos ao século pasado.
Anos 20´: Castelao e Otero Pedrayo
Filgueira Valverde (1975) explica no prólogo da primeria edición de Teatro de
Máscaras de Otero Pedrayo que Castelao, nunha viaxe a París, coñeceu un tipo de teatro
no teatro ruso La Chauve-Souirs de Nikita Balief, que describiu como “a estilización de todo:
parola, mímica, música, pintura, danzas”. De este teatro sacou numerosas ideas, que foron
as que impulsaron a escrita do Teatro de Máscaras xunto con Otero Pedrayo. Castelao
pretendía iniciar un novo teatro, onde os recursos escénicos fosen primordiais e no que “os
actores paralizan os xestos en máscaras”. Querían facer un teatro galego e moderno, un
“Teatro da Arte” amparado na creación paratearal galega (Lourenzo Modia, 2012),
realizando uhna renovación estética a través dunha síntese das belas artes. O Teatro de Máscaras constrúese sobre a plasticidade, o movemento e a sonoridade. De todos xeitos,
Teatro de Máscaras publicouse sen chegar a ser revisado ou adaptado por Castelao debido
a que foi desterrado a Extremadura no outono de 1934. A pesar dos seus esforzos, este
novo teatro non se chegou a consolidar en Galicia.
Anos 70´: Teatro Independente
Co xurdimento do Teatro Independente o actor
despraza ao autor e a expresión corporal cobra moita máis importancia; por outro lado,
volven formas expresivas como o folclore e a parateatralidade, a arte do pobo, a música, as
festas, etc. Neste aspecto, Galicia é unha
Antroido era unha compañía creada en 1974 encabezada por Roberto Vidal Bolaño,
quen tiña moi presentes a cultura, sociedade e tradición galegas nos seus textos e nas súas
creacións, o cal se plasma nas montaxes desta compañía (Real Academia Galeca, s.f.).
Troula é outra compañía indepediente nacida en 1977 que abogaba pola profesionalización
e independencia do Teatro,
Actualidade do T.M. en Galicia
Actualidade
A pesar da evolución do Teatro Galego e dos esforzos de Castelao por crear un
“Teatro do Arte” baseado no parateatral; así como posteriormente do Teatro Independente e
compañías como Antroido e Troula, este non acaba de desenvolverse de todo. Actualmente
en Galicia non existe un Teatro de Máscaras que responda a unha tradición galega. Ben é
certo que si existen distintas compañías, varias aínda activas, que teñen realizado
espectáculos con máscaras. Trátase de compañías como Chévere, Sarabela, Caramuxo,
Nauta, etc. Ademais, ao longo dos anos téñense realizado distintas obras no CDG con
máscaras, aínda que non abundan; por exemplo, entre 1984 e 2004 realizáronse menos de
dez. (C.D.G. 2004). De todos xeitos, o teatro de máscaras que se pode dar
esporádicamente en Galicia non se sustenta en ningunha base tradicional, senón que máis
ben bebe de distintas culturas ou xorde como algo novo; cada espectáculo é unha nova
invención de máscaras segundo os intereses da compañía ou da equipa artística, pero non
responden a unha tradición existente.
Actualidade da parateatralidade en Galicia
teatro ritual, si existe unha ampla tradición de
máscaras en fenómenos parateatrais galegos. Concretamente o Entroido, o Corpus, e
outros eventos folclóricos, que contan cunha amplísima historia que se remonta séculos
atrás. (J. Montañés, s.f.) Son fenómenos que son distintos en cada cidade onde se
16
celebran, e que se aprenden de xeración en xeración, dentro da cultura dos pobos, máis
que como algo profesional.
Dentro destes fenómenos pódese falar de teatralidade pois, por exemplo, todo no
Entroido ten que ver co teatro: os diálogos, as parodias, as máscaras, os disfraces... todo
isto se relaciona cun ambiente de teatro relacionado coa festa e o rito. Ademais, son ben
coñecidas as máscaras do entroido galego: os peliqueiros, as pantallas, os choqueiros, os
felos, os cigarróns, os boteiros... Cada unha típica de diferentes localidades, aínda que
destaca especialmente o entroido de Laza, Xinzo de Limia, Verín, Maceda... que son
coñecidos en toda a Penísula e atraen moitas persoas interesadas ano tras ano.
No caso co Corpus Christi, este conta con procesións que son todo un espectáculo
parateatral, pois dipoñen de bailes, actores, entremeses, carros adornados, decoracións
urbanas pola rúa, máscaras, xigantes, cabezudos, a Coca, etc. (J. Montañés, s.f.).
Especialmente destacan os xigantes e cabezudos, que nos últimos anos se foron
recuperando e restaurando cada vez máis, por exemplo a asociación Volandeira de
cambados, que no ano 2008 recuperou a tradición dos papamoscas; ou a asociación de
Sarria: Crearte, que restaurou no 2012 algúns xigantes e un cabezudo, e a maiores
elaborou outros cabezudos novos para as festas de San Xoan. Actualmente estas figuras
están presentes en máis dun centenar de localidades galegas (J. Montañés, s.f.). No
tocante ás máscaras do Corpus, están por unha banda as que representan aos Santos e
Apóstolos, e por outra hai un grupo de máscaras burlescas ou diabólicas que realizan
piruetas e travesuras.
Reflexión final
Do mesmo xeito que actualmente se está a producir unha renovación da música
galega, con cada vez máis xuventude creando música en galego e adaptándoa ou
mesturándoa con sons máis actuais, pode ocorrer o mesmo co teatro. Sería abraiante ver
un espectáculo de grandes dimensións que mesturase a música, os instrumentos, os canto
tradicional, o baile, os traxes tradicionais de distintos fenómenos folclóricos, as máscaras,
xigantes, cabezudos, títeres, etc, galegos. Poderíanse mesturar de distintas formas, ou ben
adaptalos á actualidade ou ás innovacións que pode ofrecer a tecnoloxía, a distintos
espazos a maiores do teatro, etc. Por outra banda, é interesante o feito de que estes
elementos poidan utilizarse tanto para o teatro máis convencional como para crear un teatro
danza ou mesmo un teatro circo ou teatro de rúa. En calqueira caso, sería unha marca
propia, unha seña de identidade.
Ademáis do interese artístico e estético que tería un teatro así, penso que tamén
sería unha boa forma de manter e perpetuar no tempo a cultura e o idioma que estiveron no
seu tempo castigadas e censuradas. Realizar unha renovación teatral deste estilo pode
axudar a fuxir desa imaxe de vello e antigo, que aínda perdura mesmo entre os propios
galegos (especialmente os máis novos e nas zonas máis urbanas), e que non é máis que
un prexuízo. Levar por España (e mesmo por fóra de España) un teatro así sería un xeito de
reivindicar, exhibir e defender a nosa cultura, así como de presentar e dar a coñecer algo
18
que nos representa como pobo. Do mesmo xeito que o Entroido en Galicia, por exemplo,
desperta un interese a nivel nacional e incluso internacional, o teatro podería tomar o
mesmo rumbo.