5. Ópera expresionista+Glass

Século XX: Do expresionismo de Berg ao minimalismo de Glass

Expresionismo: noción

O expresionismo é un movemento artístico xurdido en Alemaña a principios do século XX, en concordancia co fauvismo francés. 

O expresionismo investiga na deformación da realidade para expresar de xeito subxectivo a Natureza e o ser humano. É un movemento moi político. Da prioridade aos sentimentos por riba da descrición obxectiva da realidade. É unha arte intuitiva e persoal.

Podemos atopalo en diversos ámbitos artísticos:  artes plásticas, arquitectura, literatura, música, cine, teatro, danza, fotografía, etc.

Temas do expresionismo

TEMAS NON AMABLES: Soedade, miseria. Reflicte a amargura da Alemania prebélica e do periodo de entreguerras. Caracterízase polas suas cores violentas.

TEMAS PROHIBIDOS: o morboso, o demoníaco, o sexual, o fantástico, o pervertido. 

Expresionismo na Música

A música expresionista buscou a creación dunha nova linguaxe musical, liberando a música, sen tonalidade, deixando que as notas flúan libremente, sen intervención do compositor.  Arnold Schönberg creou o dodecafonismo, sistema baseado nos doce tons da escala cromática (as sete notas da escala tradicional máis o cinco semitonos), que se utilizan en calquera orde, pero en series, sen repetir unha nota antes de soar as outras. Así se evita a polarización, a atracción a centros tonais. 

No video vemos un exemplo contemporáneo de música atonal e violenta.

Expresionismo en teatro

Opónse ao naturalismo, renunciando á imitación do mundo exterior. O principal representante é Brecht. En España poderiamos considerar expresionistas os esperpentos de Valle Inclán. A un nivel xeral dessenvolveráse no teatro político marxista e o cabaret. Tamén no teatro alegórico á maneira do teatro medieval ou dos autos sacramentais, pero deixando de lado a temática relixiosa. Os xéneros medievais da farsa ou do auto sacramental serán empregados no teatro expresionista. 

Non lle interesa o personaxe psicolóxico, senón o personaxe como símbolo. Son tipos que encarnan determinados roles sociais, nomeados pola sua función: pais, nais, obreiros, soldados, mendigos, comerciantes, etc. Os protagonistas adoitan ser seres angustiados, solitarios, torturados, isolados do mundo, marxinados. O sexo representaba violencia e frustración, a vida sufrimento e angustia.

A iluminacion e a escenografía expresionistas son moi características:  experimentais, xogando coas sombras, contrastadas, concentrando a luz nun  personaxe ou nunha parte do espazo. Esta estética será adaptada posteriormente ao cine expresionista alemán. 

Máis sobre expresionismo en teatro en As Vangardas/Historia do teatro

Kurt Weill, colaborador de Brecht en diversas obras

Pierrot Lunaire (Schönberg). Entre os músicos expresionistas destacaron Arnold Schönberg, Alban Berg y Anton von Webern

Oskar Schlemmer: Ballet triádico que conxuntaba teatro, música, escenografia e coreografia. 

Expresionismo na ópera: Wozzeck

A ópera expresionista desenvolveuse en paralelo á música atonal ideada por Schönberg. A gran ópera do atonalismo foi Wozzeck (1925), de Alban Berg, baseada na obra teatral de Georg Büchner, ópera de complexa estrutura musical, experimentando con todos os recursos musicais dispoñibles da vangarda, do atonal, da música popular e da música sofisticada de contrapunto disonante.

Trata dun demente que se ve angustiado por imaxes paranoicas, e a música vólvese tamén demencial, expresando de forma simbólica o interior dunha persoa exasperada. Ao mesmo tempo é unha crítica social á condición da pobreza e da miseria.

En 1938, os nazis inauguraban a mostra de arte dexenerado, Entartete Kunst, e a exposición Entartete Musik (Música dexenerada), onde atacaban a música atonal, o jazz e as obras de músicos xudeus.

Lulu de Alban Berg

A ópera consta dunha serie de escenas da escabrosa e indomable vida de Lulú: Desexo erótico, ciumes, prostitución infantil, lesbianismo, cambios de status social a través do matrimonio, e morte a mans de Jack o destripador en Londres

Xa no prólogo o domador dun circo convida os asistentes a visitar o zoolóxico do circo, onde poderán ver exóticas feras, entre elas unha grande e velenosa serpe que non é outra que a propia Lulú, reflexo da primeira muller, Eva.

Schulhoff

Compositor checo, xudío, comunista e antibelicista. A súa sinfonía No. 4, foi composta en 1936 e dedicada aos combatentes da Guerra Civil española, contén un poema titulado "Morrer en Madrid". 

A súa ópera Flammen (Chamas) estreouse no antigo en Brno en 1932. É unha nova versión do rito de Don Juan, con elementos do xudeu errante, e influído polo surrealismo baseado nas teorías freudianas.

Morreu nun campo de concentración nazi. Mesmo alí deu composto a Sinfonía o. 6 da Liberdade, que é o seu testamento musical.

 No video a sonata erótica (1919) composta na súa etapa dadaísta.

Ullmann

O emperador da Atlántida, ou o rexeitamento da morte é unha ópera con música de Viktor Ullmann e libreto de Peter Kien. Composta en 1943 nun campo de concentración onde ambos eran prisioneiros. Non chegou a ser representada, á vista de que as autoridades nazis viron na figura do emperador un retrato satírico de Adolf Hitler e censurárona. Os autores morreron en  Auschwitz. A ópera non se estreou até o 16 de decembro de 1975

Minimalismo de Glass (non é expresionismo)

Underground de Nova Iorque

O minimalismo

A música minimalista xurde nos Estados Unidos. Está baseada en lentas transformacións, e na reiteración das frases musicais en pequenas unidades.

Este movemento comezou na década de 1960 como un movemento underground, e expandiuse até convertirse no estilo máis popular da música experimental do século XX.

Ritmos repetitivos, non hai trama,  libertade de improvisación de actores e cantantes

Philip Glass

Colaborou co tamén minimalista, Robert Wilson (director), con quen realizou a ópera experimental Einstein on the Beach

A pesar da súa fama, o seu recoñecemento como compositor non é unánime; cuestiónase a súa obra por empalagosa, superficial e falta de rigorosidade.

A finais dos anos oitenta e principios do noventa, a Met encarregoulle dúas  óperas, baseadas na vida de Cristóbal Colón The Voyage [1990], e de Vasco dá Gama (White Raven) [1991].

Philip Glass fala de teatro experimental (2012)

"Wilson, por suposto, foi un dos grandes innovadores da escena. Pero a ópera segue sendo un xénero moi conservador, a xente fai o mesmo de sempre. Hoxe o teatro é moito máis convencional que antes. Cando vou ver cousas de teatro experimental decátome de que, lamentablemente, non teñen sentido da historia. Repítense os mesmos experimentos que fixemos hai 20 anos. E iso é un gran problema"

hyp://cultura.elpais.com/cultura/2012/04/23/actualidad/ 1335193056_124828.html