Ilusionismo
(Duración: 1:19´. O resto é conversa cos alumnos)
Durante a aula presencial iremos parando o video e ilustrando algúns puntos.
Ramón Mayrata
Ramón Mayrata é escritor, poeta, novelista, especialista na evolución e interpretación cultural do ilusionismo e guionista de espectáculos como por exemplo La Vía Láctea (1993), espectáculo do Mago Antón inspirado nas comedias de maxia.
Para este tema do Ilusionismo non se me ocorre nada mellor que colgar este video dunha conferencia súa na RESAD, convidado por Ana Contreras, que foi anteriormente compañeira nosa na ESAD-Galicia.
Así que vou calar xa. Escoitemos as palabras dun sabio (un sabio moi divertido).
Ilusionismo: a maxia coma arte escénica
As mesmas técnicas de maxia aplícanse ao
ESPECTÁCULO e s chámanse Ilusionismo
VIDA COTIÁ e chámanse estafa, psicoloxía de ventas, diplomacia, etc.
RELIXIÓN e chámanse milagres
CIENCIA e chámanse tecnoloxía
O mentalismo xenera moitos conflitos éticos: hai espiritistas que arruinan ás persoas, outros que pretenden poñer en contacto aos familiares de falecidos en atentados ou en guerras cos seus mortos, incluso hai quen crea unha relixión.
O próprio Xesus puido ter sido un mago: os milagres dos Evanxeos como converter a auga en viño, levitar ou multiplicar os panes son trucos escénicos de ilusionismo. Durante a súa vida a Xesus considerouselle básicamente un facedor de milagres.
Algúns dos mentalistas que son honestos dedicanse a desenmascarar aos deshonestos (o caso de Randi con Uri Geller). Outros, como Houdini, empezan sendo deshonestos dedicándose ao espiritismo e logo convértense en desenmascaradores. Aínda que Houdini sempre creu na vida despois da morte.
A maxia outorga poder, e por tanto ten implicacións éticas. A maxia é a suma de tecnoloxía e misterio, ambos trazos característicos do poder.
O Ilusionismo, polo contrario, defínese como un espectáculo: é a maxia feita xogo e engano consciente.
Oficio de Ilusionista
Neste vídeo de Timadores al descubierto con Luis Piedrahita podemos ver a relación do ilusionismo coa ciencia e a tecnoloxía. Tamén a relación coa maxia e coa relixión (co milagro), xa que toda tecnoloxía é maxia ata que descubrimos o seu fundamento (sería o caso de Herón de Alejandría).
A maxia outorga poder, e por tanto ten implicacións éticas. A maxia é a suma de tecnoloxía e misterio, ambos trazos característicos do poder. O Ilusionismo, polo contrario, é a maxia feita xogo e engano consciente sen máis risco para o espectador que a diversión, a beleza e a reflexión.
Diferentes formas de facer os xogos
Técnicas de mentalismo
Na vida cotiá empréganse técnicas de ilusionismo constantemente. O sector da vida cotiá onde mais se da é o do comercio, no que se usa o efecto Forer ou efecto Barnum, que é un principio psicolóxico universal polo que se acepta como retratos únicos o que so son esbozos xerais de personalidade. Nisto é no que se basean os horóscopos, as lecturas de mans e as adiviñacións psíquicas. Cando os vendedores fan preguntas aos clientes para salientar a súa exclusividade apelan a este recurso. Na lectura en frío é fundamental este recurso.
A desaparición da negativa: “es moi impulsivo, non serás aries?” Se digo que non, o mentalista acerta, e se digo que si, tamén. “Mmmm. .. Julia. Non será da túa familia?”. Se responde que si, acertei “xa, iso me parecía”. Se responde que non, tamén: “non, non é membro da túa família. Pero é unha persoa moi achegada”
O sesgo selectivo: tendemos a lembrar os acertos do mentalista e esquecer os erros. Isto dase tamén na política: o votante tende a esquecer os erros do seu partido.
Lectura en frio: no sentido de que se carece de información previa sobre o suxeito. É a que usan os mediums e os videntes. É importante cometer erros. A idea é a de que o sexto sentido, igual que os outros cinco, debería ser falible. No mundo das vendas existe a porta fría e a chamada fría.
Na maxia trátase de ser enganado, no mentalismo trátase de ser comprendido. As persoas tenden a crer que o mentalismo non é truco, que é verdade. Iso é perigoso, porque dalle un poder ao mentalista case ilimitado se este non ten problemas éticos.
As forzaxes de naipes (ou como di Tamariz, un milagro laico): inducir ao espectador para elixir unha determinada opción.
Lectura en frío e marketing
No marketing e nas técnicas de vendas empréganse moitos recursos do mentalismo, por exemplo nas vendas a porta fría, ou na vendas por telefono. Algúns destes recursos son:
O lapping (a desorientación) mediante o discurso verborreico, as preguntas aparentemente innecesarias pero útiles para desubicar, as fórmulas estabelecidas como dicir por favor tres veces, decir o nome do cliente outras tres veces, non usar o imperativo.
O obxectivo é sacar a máxima información do cliente para poder utilizala em favor da venda.
O clowning: as anécdotas, as bromas, os erros provocados…
A urxencia: “aproveita esta oportunidade!”
Escoitante, eles te comprenden: “por suposto”, “entendo”, “sí”…
Igualmente empréganse no marketing moitos recursos da arte dramática, como explicamos no tema da Vida Cotiá, da sección Teorías do Espectáculo.
Apollo Robbins e a misdirection
Mellor unha boa cobertura que ser un hábil prestidixitador
O Lapping (desorientación) non depende do lugar ao que se estea mirando. Pódese estar mirando directamente á man que escamotea sen detectar o engano, porque se está pendente de outro movemento ou de outra acción.
Exemplos de recursos de misdirection: as axudantes com vestidos sexis, a explosión dun papel flash, as pombas voando, dicir o nome do espectador, os movementos sacádicos (breves e lineais), responder preguntas (es diestro ou zurdo?)
Polo contrario, se queres que o espectador siga o teu movemento se debe trazar unha traxectoria curva (coma no melodrama).
Da mesma maneira que no Ilusionismo é máis importante ter unha boa cobertura que ser un hábil prestidixitador, tamén na vida cotiá é máis importante ser un bo vendedor que ter un bo produto.
Na comedia podemos prescindir da distancia estética.
Distancia e ilusión na maxia e na vida cotiá
O cine precisa de ilusión. No cine non debe importar se o actor está a tocar de verdade o piano. Ou se o exterior do set está a miles de kilómetros do interior. Non se pode evidenciar o truco. Non pode haber distancia estética.
Na maxia (como no cine ou na vida cotiá) trátase de invisibilizar a túa arte. Ser quen de invisibilizar a habilidade propia require de moita habilidade.
Na interpretación naturalista tamén se trata de invisibilizar a técnica.
Sabemos, por Erving Goffman, que a vida cotiá é unha performance, pero como público necesitamos crer que non o é, suspender a incredulidade. O mesmo sucede no cine.
O espectáculo de maxia é ilusionista. Non pode haber distancia estética.
Son raros os espectáculos de maxia con distancia: Existen demostracións de neurociencia (nas que se amosa o truco), TEDX de maxia, e o caso de El Hormiguero, e históricamente houbo casos de magos que se presentaban como científicos e non como adiviños advertindo de que o que ian ver non era maxia senón unha demostración científica que ten explicación racional, pero en xeral o Ilusionismo é ilusionista.
Neste video podemos ver como Tamariz (licenciado en Físicas) lle tira proveito ao seu personaxe de toupeira
- Cuánto mayor EMOCIÓN dentro de la magia, más fuerte es la magia.
- La EMOCIÓN puede ser, a veces, INTELECTUAL. Pero sólo a veces. El enigma, el ¿cómo habrá sido?, el “parece imposible y no llego a captar el cómo”, está bien, pero también...
- La EMOCIÓN puede ser ESTÉTICA, pero entonces debe ser sólo acompañante de la EMOCIÓN PRINCIPAL o ESENCIAL.
- La EMOCIÓN ESENCIAL y ESPECÍFICA de la MAGIA es la EMOCIÓN DEL MISTERIO.
- EMOCIÓN DEL MISTERIO es la que se siente ante lo desconocido, enigmático o intrigante, incomprendido, incomprensible, o imposible. Y quizás estas sean las gradaciones o diferentes peldaños de la escala de la EMOCIÓN DEL MISTERIO.
Habilidade e torpeza
Na vida cotiá, no comercio, na política é necesario que a ficcionalización e o engano non parezan artificiais, que non se note que houbo un adestramento, que resulten “naturais”. Calquera despregamento evidente de habilidade, por fugaz que sexa, resulta letal nunha actuación de maxia, porque da ao publico unha razón para non crer. Tamén sucede na vida cotiá, e por suposto, no mundo dos timos.
Na maxia non se trata de alardear de destreza, trátase de crear un efecto que é unha violación total das leis do universo. Trátase de ser un mago, non un malabarista.
No nivel da corrupción é necesario acadar a excelencia, porque ao non haber pacto ficcional (espectáculo) ou legal (comercio) podemos poñer en perigo a nosa integridade física ou pódennos meter na cadea. Así temos que existen suplantadores (curas, médicos, o Pequeno Nicolás, o play-boy de Marín, etc.) cun alto nivel de excelencia na ficcionalización. Isto dase tamén nos trileiros. Os trileiros son uns magos excelentes, pero o mellor truco deles é que o público xamais chegue a sospeitar que son magos. Traballan en equipos con outros actores, igual de finxidores coma eles.
Porque funciona o trile, sendo tan antiguo e tan coñecido? Pola psicoloxía do timo. Para todo o que desexamos, existe un timo. Os esquemas do timo son universais e seguen o modelo do trile. Estimulan a nosa avaricia, e cando as persoas se volven avariciosas convértense en manipulables. A xente quere crer. As persoas necesitan ser comprendidas, escoitadas, valoradas. Necesitan crer que os seus desexos se poden facer realidade. De igual xeito funciona a publicidade enganosa, a consulta dun adiviño telefónico, os rumores falsos, etc.
Nas artes do espectáculo en xeral non se aplauden as horas de práctica, senón o peza resultante desas horas. Nesa peza mestra que é o engano – sexa ilusionismo, interpretación dramática ou estafa - temos que conseguir que todo pareza fluido, mesmo un pouco torpe. Tamén os malabaristas saben que deben deixar que caia algo polo menos unha vez durante a función, porque isto fai que a actuación pareza moito máis difícil, consegue que o suspense vaia en aumento ata o final. É a lóxica do malabarista.
Se algo caeu, pode volver a cair. É o que podemos chamar efecto strip tease: a necesidade de ver que vai suceder despois. Se nada cae, resulta mecánico e carece de interese. Isto está relacionado co efecto “sábeo de memoria, por tanto non me interesa”, que sucede cando imos ao teatro e escoitamos recitar o seu papel ao actor.
O espectador demanda unha verdade que nace nese momento, e nace con urxencia, con necesidade de que sexa crida.
Teatro de Maxia
Ilusionismo de tremoia
Teatro de Maxia e Comedias de Santos
O teatro de maxia era fundamentalmente un Ilusionismo de tremoia no que as pezas eran de asunto máxico (a partir do século XVIII) e milagreiro anteriormente, baixo o nome de Comedias de Santos.
Xa no teatro medieval existen elementos de maxia no teatro, e no século XVII aparecerá a Comedia de santos con efectos de tremoia (aparicions de anxos e demos, etc.) e unha escenografía aparatosa e espectacular.
Teatro de Maxia: O xénero teatral máis espectacular e popular
Nos séculos XVIII e XIX veremos como El mágico de Salerno e outras obras de Teatro de Maxia chegarán a ter precuelas e secuelas coma as películas do cine actual. A comparación do Teatro de Maxia co cine efectista non é azarosa: por un lado ambos son fenómenos moi similares, e. por outro, o cine de efectos foi creado por Mèlies, que era o mago que rexentaba o Teatro de Robert-Houdin.
La pata de cabra, estreada en 1829, foi a obra máis representada durante a primeira metade do XIX. Zorrilla infórmanos de que 72.000 pasaportes foron visados para entrar a Madrid con esta lenda: "Pasa a Madrid a ver La pata de cabra».
Os críticos neoclásicos protestaron pola falta de verosimilitude, e a comedia de maxia foi prohibida en 1788 e de novo en 1799. Segundo Moratín eran «piezas desatinadas y absurdas» que pensaban máis na tremoia ca na filosofía ou na estética.
Na tempada 1795‐96, cinco comedias de maxia, deron ingresos similares a 32 comedias do Século de Oro. As obras desenvolvíanse en lugares exóticos como Rusia ou Persia.
Cando a Coresma prohibe as representacions, o público segue a ver os espectáculos de maxia que se anuncian bajo distintos nomes: ascensions de globos aerostáticos, demostracions de física e matemáticas (prestidixitación), etc.
Habilidade e discapacidade
Outro dos nomes da maxia é a prestidixitación (dedos rápidos), que implica habilidade coas cartas e coa manipulación de obxectos. Non obstante,
Un dos mellores cartomagos (card mechanic) foi manco
O mellor cartomago do mundo -co permiso de Juan Tamariz- é cego. Chámase Richard Turner. Non desenvolveu as suas capacidades malia as súas discapacidades, senón grazas a elas.
Ilusionismo, a súa importancia para o estudante de arte dramática
No conxunto das artes do espectáculo, o ilusionismo comparte co teatro o trazo esencial de ser un engano consciente. Algo que non sucede nas outras artes escénicas. Do mesmo xeito que sucede coa arte dramática, o ilusionismo necesita dun espectador que coñeza as convencións e que teña a actitude adecuada.
O acto comunicativo é esencial no Teatro e no Ilusionismo. Tanto ou máis importante é o receptor (o público) ca o emisor (o artista).
O ilusionismo comparte coa ópera ser os principais impulsores das tecnoloxías do espectáculo, do que acaban beneficiándose as outras artes.
O ilusionismo comparte co circo a importancia en ambos da beleza e da poesía, e o seu poder simbólico. En ambos casos non abonda coa exhibición de habilidades.
O Teatro de Maxia foi un xénero onde confluiron as tematicas de maxia e a tremoia teatral.
O ilusionismo como modelo da sociedade do espectáculo. As fronteiras entre o engano legal e o engano ilegal son difusas: entre a banca legal e as fraudes bancarias, entre o comercio e a estafa, entre ligar e ser un donjuán (que engana para obter un beneficio ilícito), entre a política e a corrupción. En todas estas actividades empréganse os recursos do sesgo selectivo, da necesidade de ser comprendido, da lectura en frío. En todas elas opera a lóxica do desexo de consumo, de ser amados, de poder.
Algúns erros frecuentes na dramaturxia do Ilusionismo, tamén nos permiten reflexionar sobre erros de dramaturxia que se poden dar no circo, no teatro e noutras artes do espectáculo. Por exemplo:
A pulsión por mostrar habilidade, por querer impresionar. Porque pode provocar que o espectador se distancie respecto do espectáculo e non empatice con él. As máquinas non cometen erros. As máquinas son aburridas. Errare humanum est.
Poñer o foco no ego, cando o foco debe estar no espectáculo. Igual que no contacontos o contador debe situarse detrás do conto, no ilusionismo o mago debe situarse detrás do xogo. O mago tamén debe estar fascinado e asombrado co xogo.
Penn and Teller : desvelan o truco, pero fracasan no seguinte número e volve a haber misterio
Bob Arno: experto investigador en criminoloxía e mago na especialidade de carteirismo