M. Tco/E. Cuestion

O estado da cuestión consiste na procura e análise das referencias existentes sobre un tema

ESTADO DA CUESTIÓN: preguntas

O estado da cuestión consiste na procura e análise das referencias existentes sobre un tema: bibliografía, páxinas web, audiovisuais, entrevistas, etc.

No estado da cuestión respondemos ás seguintes preguntas:

– Qué libros, artigos en revistas, material de internet hai publicado sobre o tema a investigar?

– De qué tratan –brevemente expresado- cada un deses materiais atopados?

– Van na mesma liña de investigación que eu pretendo?

– Utilizan a mesma metodoloxía que eu propoño?

– O obxecto de estudo é idéntico ao meu?

– O universo de estudo é idéntico ao meu?

Exemplo de Estado da cuestión

Ferrol na configuración do sistema teatral galego. A programación teatral na tempada 85-86 

(de Paco Oti. Ocupa seis páxinas)

Un marco teórico / marco conceptual é o grupo central de conceptos e teorías que un utiliza para desenvolver un argumento

O marco teórico é posterior ao estado da cuestión. 

Para establecer un fundamento teórico e para formular o argumento global é necesario previamente realizar unha revisión da literatura existente.

O fundamento teórico sustenta a pregunta central do estudo e expón o razonamento e argumentos do investigador cara á procura da evidencia que lle dea resposta á pregunta e/ou hipótese. Require unha exhaustiva revisión da bibliografía.

MARCO TEÓRICO: preguntas

Establecemento de relacións (identificación das relacións entre as variables : unha variable é unha característica que pode variar -a idade, o sexo, o status, por exemplo-. ) 

¿Que se sabe e como o explicaron? 

¿Os resultados son conclusivos? 

¿Cales son os fundamentos da pregunta?

¿Como se explican e argumentan as posibles respostas á pregunta?

¿Cales son os supostos? ¿Cales son as relacións entre as variables? ¿Cales serían as hipóteses de traballo?

Exemplo de fundamento teórico

(extractado de Laboratorio de emocións. Autor: Julio Fernández)


Diferenza marco teórico/estado da cuestión

Estado da cuestión

Marco Teórico

Exemplo: estado da cuestion/ marco teórico

En A configuración do sistema teatral galego (1882-1936), de Manuel Vieites

Estado da cuestión

É a revisión da bibliografía existente sobre a historia do teatro galego nese periodo, desde estudos específicos como os de Tato Fontaíña ata outros máis xerais referidos a España ou Europa.

Marco teórico

É o desenvolvemento dunha lectura sistémica do teatro, relacionando conceptos da teoría de sistemas coa teoría teatral e observando a pertinencia da súa aplicación no caso galego.