4. T.O. Xapón
Existen moitas artes escénicas tradicionais en Xapón. Nos so botaremos unha ollada ao Noh, o Kyogen e o Kabuki. O Bunraku xa foi tratado noutro lugar desta web. Por outro lado, existen artes escénicas en Xapón non tan tradicionais, ou que non teñen unha historia tan antiga, como o Takarazuka (un tipo de musical onde so actúan mulleres), o Butoh ou o Rakugo (narración). De entre as máis antigas podemos mencionar a danza-teatro de máscaras Gigaku, a danza-teatro ritual Kagura, a danza-teatro Bugaku ou a danza-teatro Shin Saragaku.
Nohgaku
A combinación de Noh e Kyogen coñécese como Nohgaku. Noh e Kyogen son completamente opostos en idea, tema e expresión,.
NOH vs. KYOGEN
elegancia vs. Vulgaridade
clásico vs. Realista
Dancístico vs. Diálogo coloquial
Poesía vs. Prosa
Estas dúas artes, de calidades opostas, realzan o seu efecto entre si a través do contraste. Ás veces hai programas compostos exclusivamente de obras de Noh ou de Kyogen, pero isto é excepcional.
Desde o período de consolidación o normal é que un programa estándar consista principalmente de obras de Noh, con obras de Kyogen presentadas en medio destas. So se consideraba completo un programa cando existía a combinación dos dous tipos.
Os intérpretes de Nohgaku
Actores(mai-kata)
Shite-kata (principais). Tanto no Noh coma no Kyogen ao personaxe principal se lle chama Shite
Tsure-kata (secundarios. Tsure quere dicir acompañante). En Noh o secundario é o Waki. En Kyogen é o Ado.
Ji-utai-kata (coro)
Músicos (hayashi-kata).
Fue-kata (frautista)
Kotsuzumi-kata (tambor pequeno)
Otsuzumi-kata (tambor grande)
Taiko-kata (tambor de piso).
min. 0:00 NOH: Aoi no Ue. Nesta peza a celosa Rokujo--que enviara un espírito para posuír á muller rival, Aoi-- enfróntase a un monxe budista que tenta salvar a súa alma.
min. 1:16 KYOGEN: Boshibari (Atados a un pau). Dous criados atados a un pau polo seu amo teiman en beber dunha cunca
No ano 1338 d. C. o teatro “Noh” convértese de ser unha diversión popular, a unha forma complicada de drama.
Presentado nun escenario sinxelo sen ningún decorado especial, a obra adoitaba ser, como o é hoxe, un romance histórico no que se combinaban a música do tambor e frauta coa danza, fermosos atavíos, diálogo poético e pantomima simbólica.
Todo o fundamental no Nohgaku foi determinado na época do dramaturgo Zeami (n. 1363). Basta dicir que a grande maioría das máis de 200 obras de Noh no repertorio activo no século XX foron escritas orixinalmente ou adaptadas de obras anteriores durante este período por Zeami e os seus contemporáneos e sucesores.
Desenvolvemento dunha obra de teatro Noh
Unha xornada completa de Noh consta da posta en escena de cinco obras, entre as que se intercalan tres farsas cómicas que serven de contrapunto e relaxan o ambiente. Cada unha das cinco pezas correspondense con cada unha das cinco categorías de obras segundo o carácter do personaxe principal.
Comeza a representación. Acomodamonos nos coxíns. O escenario case baleiro dá unha sensación de pulcritude e sinxeleza. Dous axudantes levantan con coidado a cortina do extremo da ponte.
Os dous tamborileiros levan unha cadeira pregable e colocanse nos lugares asignados, mentres o frautista e o instrumentista sentan no chan ao xeito xaponés.
Pola pequena porta corredeira fai a súa aparición o coro. Tras duns momentos de silencio, o frautista dá as notas iniciais e comeza a obra. Aparece o Waki, movéndose con lentitude cerimoniosa, e acaba colocándose no seu posto de observación, xunto á columna que leva o seu nome.
Entra o Shite e realiza a súa parte recitada, cantada e danzada, con apoio do coro e a orquesta. Os instrumentistas tocan e executan os seus peculiares berros. Os asistentes Koken axudan ao actor principal en escena. O Kyogen terá entrado sixilosamente e teráse colocado no seu lugar, á espera da súa intervención.
Cando acabe a obra, tras da longa danza final do Shite, o actor principal sairá de escena e non volverá para recibir os aplausos. Os últimos en marchar serán o coro e a orquesta e todo volverá a o silencio.
5 categorías de obras
Son dramas breves (entre trinta minutos e dúas horas)
I- Obras de apertura ou deuses
Obras xeralmente en dous actos, no primeiro dos cales o personaxe principal –Shite- que é en realidade un deus, ocúltase no corpo dun humano. No segundo acto coa utilización dunha máscara e o cambio de traxe, revela a súa verdadeira natureza.
II-Batallas ou Guerreiros
Estas obras falan da alma dun guerreiro morto en batalla. Case todas as obras nesta categoría son de dous actos coas características mencionadas no anterior grupo.
III-Mulleres ou obras de perrucas
O nome débese a que nesta categoría os personaxes principais son mulleres, polo cal os actores -todos homes- levan perruca. Moitas destas obras se refiren a espiritus de mulleres ou a espiritus de arbores representados no papel dun personaxe feminino.
IV-Lunáticos
A esta categoría tamén pertencen obras Shushin (obsesión), Genzai (vida presente), e en xeral obras que non entran dentro de ningunha das outras categorías. Hai obras coñecidas como Kyojomono (mulleres tolas) tamén coñecidas como Kyoranmono (obras de tolemia).
V-Pezas finais ou demos e animais
A este grupo pertencen obras con personaxes sobrenaturais como demos, trasnos, etc. Aínda que se considera que a maioría dos personaxes teñen algo de malévolo, é responsabilidade do Waki ou personaxe secundario acougalos. Estas obras teñen usualmente un final feliz, cando se logra que o espírito nalgún tipo de estado de desesperación atope a paz. A música e danza son xeralmente as máis rápidas no repertorio.
Rito, arquetipo e simbolismo
Estas historias son reflexo dun mundo interior. Porque dentro de nós tamén hai un deus, un demo, un tolo, un monxe, un guerreiro ou unha muller namorada.
A maxia da arte recolle elementos diversos, dispares, ás veces estraños, e os relaciona formando un conxunto armónico que nos transmite unha mensaxe do mundo das ideas.
A arte Noh é cerimonial porque nel todo está medido, reglamentado en base a unhas normas, ao igual que na Natureza. Nada se deixa ao azar, todo ten as súas causas e os seus fins.
As máscaras do Noh
min 2:00 Hai máis de 250 tipos de máscaras Noh, e das máscara Noh orixinais hai 60 tipos. Nesta web temos fotografías de máscaras.
Os orificios para os ollos da máscara son moi pequenos, o campo de visión do artista é moi limitado cando usa a máscara. En consecuencia, o deseño simple do escenario e o uso de hashira (columnas) axudan a que o artista coñeza a súa localización durante unha actuación.
Cambios na expresión...
...das máscaras...
...en función da inclinación
Depende do intérprete imbuír a máscara de emoción. Unha das técnicas utilizadas nesta tarefa é inclinar lixeiramente a máscara cara arriba ou cara abaixo. Co terasu (inclinado cara arriba) a máscara parece estar a sorrir ou rindo levemente. Mentres que o kumorasu (inclinado cara abaixo), produce un lixeiro ceño engurrado e pode expresar tristeza ou pranto. Basicamente, ao usar movementos diminutos, o intérprete pode expresarse de maneira moi completa.
Excerpt from the Noh play 'Kuroduka'
Aqui vemos unha obra de teatro Noh explicada. No teatro Noh non hai conflito entre os personaxes, porque en realidade non se trata de contar unha fábula (dramática) senón de trasladar unha emoción extrema (lírica): a dun amor eterno, a dunha muller traicionada que segue a matinar niso mesmo morta... En realidade as historias que se contan son moi simples, non son complexas.
atrezzo
Kyogen
As representacións kyogen, son como entremeses divertidos ou cómicos entre os actos do teatro noh e son de curta duración. A sua principal finalidade é ensinar unha moralexa baseada en principios budistas. Algunhas das historias teñen un carácter sarcástico e se centran en Taro, un tipo de personaxe humilde pero moi astuto quen sempre se mofa dos seus amos e de a aristocracia.
A maioría dobras de Kyôgen son curtas, entre vinte e trinta minutos de duración, e requiren de tan só dous ou tres actores. O tratamento do tempo é usualmente moi simple. Os eventos se desenvolven no presente, e é raro que un personaxe mire ao pasado, como si ocorre en Noh.
As máscaras de Kyôgen, das cales hai preto de vinte variedades, se usan para personaxes moi vellos ou feos, deuses, demos, animais ou espíritos. En Kyôgen unha esposa enfadada pode botar a súa cabeza cara atrás e cara adiante e pisotear enrabexada ou rir a gargalladas, e un amante rexeitado pode saloucar ruidosamente: isto é xusto o oposto ao modo de expresión do Noh.
O personaxe principal nunha obra de Kyôgen, ao igual que en Noh, é coñecido como shite, pero o personaxe secundario é chamado ado (o que contesta), e o terceiro, cuarto e quinto personaxes son coñecidos como ko (pequeno) ado, tsure (acompañante), ou tomo (amigo).
Algunhas obras requieren dun grupo de actores: os invitados a unha reunion de poesía, un comité de aldeanos, ou moitos cogumelos; a estes se lles coñece como tachishû.
O Kyôgen ten a súa orixe no século VIII coa importación do Sarugaku, un tipo de entretemento chegado de China que incluía acrobacia, historias cómicas e maxia.
Asociado xeralmente aos templos, Sarugaku daría orixe a dúas formas un tanto diferentes de representación, por un lado as pezas cómicas coñecidas como Kyôgen e por outro, o teatro ritual Noh.
Obras de Kyogen
Hai 260, clasificadas dacordo ao personaxe principal
Waki: é unha obra tipo louvanza que se presenta logo dunha obra Noh das mesmas caracteristicas (Waki Noh). O Shite ou personaxe principal é usualmente un deus.
Daimyo: historias de señores feudais que aparentan ser poderosos pero que ao final resultan ser estúpidos e sen moita influencia.
Shomyo: señor feudal menor, tamén coñecidas como "Taro-kaja mono" no estilo Izumi, debido a o nome do servinte.
Muko: sobre recen casadas e os seus problemas pola inexperiencia.
Onna: muller casada cun home débil.
Oni: demos que non producen medo e que en cambio poden producir pesar.
Yamabushi: monxes ascetas que habitan nas montañas e que se cre teñen poderes especiais pero que ao final non resultan ser máis que seres humanos comúns.
Shukke: monxes estupidos e ignorantes, ou inmorais.
Zato: sobre persoas cegas, deformes ou eivadas.
Atsume: pezas de diverso caracter que non poden ser clasificadas en ningunha das categorías anteriores.
"Unha experiencia de Kyogen"
"Respecto a o kyôgen, estivo mooooi ben. A obra máis interesante foi "Kusabira” que trataba dun pobre home ao que lle están crecendo unhas misteriosas setas xunto á súa casa e por moito que as arrinca, saen máis novas.
Chama a un yamabushi (monxe que vive nas montañas e que chamaban para exorcizar ou exercer de curandeiro), para tratar de exorcizalas, e para a súa desgraza aínda saen máis, ata que por fin, xorde unha gran seta velenosa que en realidade é un "oni" (un demo) que trata de comelos. A praga de setas polo escenario era moooi divertida!! JAJAJAJAJAJAJA.
Estas fotos fixenas antes de comezar a obra, se vos fixades é o mesmo tipo de escenario que o nôh, unha pintura dun piñeiro e tres ponlas de piñeiro que marcan no hanamichi os tempos a os actores:
Escenario
O pobre yamabushi (monxe)
A praga de setas
Máscara dunha seta
min 19:00 Tutorial de Kyogen
min1:00 Formas de camiñar: o criado, o aristócrata, a muller,
Bōshibari
O amo vai a unha vila veciña por negocios e ten medo de que os seus criados, Taro and Jiro, beban sake, así que decide atalos un co outro.
Taro ata a Jiro, co truco de pedirlle que lle amose o xogo da garrota. Logo o amo é quen ata a Taro e marcha.
Taro and Jiro discuten cómo roubalo sake e finalmente dano bebido. Cantan, bailan e chega o amo e atópaos bébedos. Ponse detrás deles e reflíctese a súa cara na copa. Os criados sorpréndense de velo na copa, pero pensan que é unha ilusión. O amo enfádase e golpeáos violentamente. Eles tratan de escapar e o amo corre tras deles.
Do Kabuki feminino ao onnagata
1603-1629: Kabuki feminino
A historia do kabuki comezou en 1603, cando Izumo non Okuni, unha miko do Santuario Izumo, comezou a realizar un novo estilo de danza dramática. As executantes femininas interpretaban tanto os papeis femininos como masculinos en situacións cómicas da vida cotiá.
Este estilo fixose popular dun xeito case instantáneo, tanto así que ata se lle pediu a Okuni que fixese a súa interpretación fronte a a Corte Imperial. O kabuki naceu como un conxunto de drama e danza executado por mulleres, unha forma moi diferente da súa encarnación moderna. Os membros masculinos da audiencia podían requerir os servizos das actrices que estaban dispoñibles para a prostitución.
Por esta razón, o kabuki era tamén escrito como 歌舞妓 (prostituta cantante e bailarina) durante o período Edo.
1629-1652: Mozos masculinos kabuki
En 1629 as mulleres foron expulsadas dos escenarios co suposto propósito de protexer a moral pública. Algúns historiadores suxiren que o goberno estaba preocupado, dado que a popularidade do kabuki dramatizaba a vida cotiá (en vez do pasado heroico) e daba a coñecer escándalos recentes, algúns dos cales involucraban a oficiais do goberno.
Posto que o kabuki xa era tan popular, os actores novos masculinos tomaron o lugar das mulleres. A tensión foi posta máis no drama que na danza. Estas actuacións resultaron igualmente obscenas, e moitos actores estaban tamén dispoñibles para a prostitución (ata para clientes homosexuais). De vez en cando explotaban as liortas, en ocasións para requerir os favores dun novo actor, levando ao shogunato a prohibir tamén as actuacións de actores novos en 1652.
Despois de 1653: Homes kabuki
Desde 1653, só homes maduros podían realizar kabuki, e este converteuse nunha forma sofisticada e altamente estilizada chamada yaro kabuki (Kabuki de homes). Esta metamorfose de estilo estaba influenciada polo teatro cómico kyogen, que foi moi popular neste tiempo.
Ata moi recentemente os roles interpretados no kabuki eran executados só por homes. Os actores que se especializaban en interpretar papeis de mulleres eran coñecidos como onnagata ou oyama.
1673-1735: O período Genroku
Durante a era Genroku o kabuki prosperou. Os teatros onde se levaban a cabo as funcións kabuki foron formalizados durante este período, así como moitos outros elementos de estilización. Determinaronse os diferentes tipos de personaxes convencionais. Durante este período estiveron asociados os teatros kabuki e o bunraku, e cada un influiu no desenvolvemento do outro.
O famoso dramaturgo Monzaemon, un dos primeiros dramaturgos profesionais do kabuki, produciu varios traballos influintes, aínda que a súa peza máis coñecida, Os amantes suicidas de Sonezaki, foi escrita para executarse no bunraku. Esta e outras obras causaron imitacións de suicidios na vida real polo que o goberno prohibiu as obras sobre suicidios dobres de amantes en 1723.
A mediados do século XVIII, o kabuki deixou de ser o favorito da época, e o bunraku tomou o seu lugar como a primeira forma de entretemento escénico entre as clases sociais baixas. Isto se debeu en gran medida ao xurdimento de varios dramaturgos bunraku exitosos nese período. Deronse poucos desenvolvementos no kabuki ata o final de ese século, cando comezou a rexurdir.
Kabuki despois da Restauración Meiji
O enorme cambio cultural que comezou en 1868 tras a caída do shogunato Tokugawa, a eliminación da clase samurái, e a apertura de Xapón cara os produtos e ideas de occidente contribuíron a acender a faísca que marcou o rexurdimento do kabuki. A cultura loitaba para adaptarse e os actores esforzaronse por aumentar a reputación do kabuki entre as clases altas e adaptar os estilos tradicionais aos gustos modernos.
Moitas casas kabuki foron destruídas por bombardeos durante a Segunda Guerra Mundial, e as forzas de ocupación prohibiron esporádicamente as execucions de kabuki despois da guerra. Non obstante, no ano 1974 a prohibición foi levantada, e as funcións comezaron unha vez máis.
O kabuki na actualidade
No Xapón moderno, o kabuki segue a ser o máis popular dos estilos tradicionais de drama xaponés, e os seus actores estelares aparecen con frecuencia en papeis de cine e televisión. Por exemplo, o ben coñecido onnagata Bando Tamasaburo V apareceu en varios papeis en diferentes obras (non kabuki) e películas; en ocasións en papeis femininos.
Algunhas compañías teatrais actualmente utilizan actrices nos papeis onnagata, e a Ichikawa Kabuki-za (unha compañía de só actrices) foi formada despois da Segunda Guerra Mundial. No 2003, erixiuse unha estatua de Okuni preto do distrito de Pontocho de Kioto.
O kabuki atopase na lista de obras Mestras do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade da Unesco desde o 24 de novembro do 2005.
Okuni (1578-1613)
vestida de samurai
Existen moitas fontes primarias de documentación sobre Okuni, como pinturas, debuxos e diarios.
Iwai Hanshirō V (c.1815)
Hanshirō era estrábico. Foi extremadamente popular na súa época, gañando un salario récord. O público dicía del: "Ollos que valen ouro"
Bando Tamasaburo V
Este é un video de compilación cunhas palabras previas de Mishima. Neste outro video de 4 min fala sobre o Onnagata. O que vemos no Kabuki é unha construcción masculina, a idea que o home ten da muller.
(dunha serie de docus dobre kabuki de 30min c/u)
Músicos e tramoistas en escena e á vista.
5:16 cámbia de roupa detrás dunha tea.
6:45 bota teas de araña e desaparece.
De vez en cando soan as tabliñas.
8:00 aparece polo coro
9:55 desaparece pola fiestra
11:05 o suppon visto desde backstage
19:05 epicidade: len e narran
20:20 carras
23:23 hanamichi
Docu en español (50min)
Actores dun grupo aficionado de kabuki viaxan todos os anos a Tokio para ver compañías profesionais e aprender máis.
30:50 representación de aficionados
Ningyōburi (puppet acting)
Neste tipo de actuación emprégase a técnica do bunraku pero non con títeres, senón con actores.
00-2:31
Unha escenificación ao xeito do kabuki no que os actores imitan ás marionetas e o texto é dito por outros actores que "dobran" aos que actúan.
HidakagawaIriaiZakura
Unha famosa peza de bunraku na que os movementos do onnagata Tamasaburo imitan a unha marioneta.
Conta a historia de Kiyohime, namorou dun monxe peregrino, pero o monxe rexeitouna a favor do templo. Kiyohime transformouse nunha serpe para perseguilo. Neste video vemos cómo Kiyohime cruza o río Hidakagawa coma unha serpe para perseguir ao seu amante.
Onnagata de Lindsay Kemp (1h23´)
Lindsay Kemp dirixiu o espectáculo Ziggy Stardust para David Bowie. Estudou pintura, ballet e mimo, con Marcel Marceau.
Viviu e traballou en España a partir do ano 1979.
Recursos escénicos no Kabuki
O escenario e o teatro para representar kabuki comezou sendo unha imitación do do teatro Noh. Cara a finais do século XVIII alcanzou a súa forma e construción final.
As características máis importantes do escenario son o hanamichi (lit. camiño ou pasarela das froles) e o escenario xiratorio.
O Escenario xiratorio: Ademais de ser un recurso que permite virar partes de a escenografía, o escenario circular (ou xiratorio) ten unha gran importancia xa que facilita o cambio de escena sen pechar a cortina e é usado en ocasións para enfatizar o contraste entre unha e outra escena.
Exemplo de escenario xiratorio
Por exemplo, na famosa obra Yotsuya Kaidan (A Historia do Pantasma de Yotsuya) hai unha escena na que Oiwa, a esposa dun malvado guerreiro deformada polo veleno con que o seu home pretende matala (ela aparece máis adiante como un pantasma), agoniza na súa casa, que ten unha cor pálida e aparencia desolada. É alí onde Oiwa morre, torturada polo veleno e chea de rancor hacia seu esposo. A o mesmo tiempo na luxosa mansión dun rico señor, en marcado contraste coa patética morte de Oiwa, o seu esposo está deleitándose coa comida e a bebida nun cuarto iluminado, ao tiempo que fai os arreglos cunha fermosa muller que pronto se converterá na súa esposa. Usando unha e outra vez o escenario xiratorio faise o cambio desde un recinto de aparencia tráxica ata un lugar de diversión, todo isto mentres a cortina esta aberta. Grazas a este recurso escénico a morte de Oiwa e o seu profundo resentimiento son debuxados nunha forma máis marcada.
O Alemán Max Reinhard (1873-1943) e o ruso Vsevolod E. Meyerhold (1874-1942), productores e pioneros do movemento antinaturalista, impresionaronse ao ver o escenario xiratorio do Kabuki e o introducirono no teatro occidental. Na actualidade hai un número de teatros en occidente equipados con este tipo de escenario.
Coro e Músicos
A dereita do público hai unha plataforma levemente elevada chamada yuka, onde se ubican os tayu (narradores de gidayu) e os intérpretes de shamisén. Aínda que non ocorre en todas as obras de Kabuki, nas obras adaptadas do Bunraku podense escoitar textos adicionais ao mesmo tempo que os diálogos dos actores. Estas liñas adicionais comprenden descricións do lugar e o estado psicolóxico dos personaxes, e son recitadas en terceira persoa polos tayu.
Maquillaxe
O kumadori é a maquillaxe máis característica do Kabuki, aínda que se utiliza so para un tipo de personaxes que aparecen nun estilo concreto (o Jidaimono, un xénero histórico, que ten un estilo Aragoto, ou sexa, violento e dinámico). Orixinalmente, o obxectivo consistía en salientar os vasos sanguíneos e os músculos da cara. Son trazos grosos de cor vermella, aínda que tamén poden ser azuis ou castaño. Enlace á enciclopedia xaponesa do kabuki, do Consello das Artes do Xapón
Actuación
Os Kata. Cada xesto dos actores ten un sentido, é parte do código. O exemplo máis recoñecible é cando un actor realiza unha pausa e permanece inmóbil, convertido nunha estatua, para presentar así ao personaxe.
Máis recursos escénicos
Aparte da escenografía mesma existe ademais unha serie de elevadores de diferente tamaño que están ubicados no propio escenario, e sobre o hanamichi se atopa un elevador pequeno, o suppon.
Para obras que inclúen danza ás veces constrúese unha plataforma temporal para os intérpretes de shamisén e os narradores a cal se coñece como hinadan ou yamadai.
Existen tamén algúns dispositivos para usos espectaculares, tales como o carro xiratorio sobre o cal se monta un actor e é usado en ocasións como cando se require a aparición dun espírito.
Outra diferenza co Noh é a presenza dunha cortina. Na actualidade úsase unha cortina similar a a occidental (doncho) en obras que inclúen danza ou en obras contemporáneas Kabuki.
Yotsuya Kaidan
(a historia xaponesa de fantasmas máis famosa)
5:45 no Kabuki comiase e bebiase na sala durante o s. XIX. A día de hoxe existe o Taishu Engeki (Kabuki de masas) que é unha especie de revista ou vaudeville . Tamén o Noson Kabuki (Kabuki rural) que carece de escenotécnica
8:27 reaparece colgada no chunori como fantasma
12:25 elevador xigante (s.XIX)
Escenotécnica
Begin Japanology Kabuki
12:52 escenario xiratorio
14:22 perspectivas ilusionistas
15:40 escenario xiratorio (s.XVIII)
16:16 levántase o tellado
20:55 Repertorio contemporáneo: Aida
24:45 Mecanismos sen electricidade
Outros xéneros teatrais
Queremos recordar que existen outros xéneros aparte dos xéneros máis coñecidos do teatro xaponés. Existen xéneros de recente creación coma o Takarazuka (1911), outros máis recentes coma o Butoh (1945) e outras recentísimas coma o teatro 2.5D (2015).
Tamén existe o Shingeki (teatro feito á maneira occidental, a partir de 1906, presentando as obras dos clásicos gregos, de Ibsen, de Chekov, Tennessee Williams, etc. cunha interesante historia política). Neste sentido é interesante o que di Yoshi Oida: Yoshi estaba preocupado porque él ía ir a traballar a Europa con Peter Brook. Os actores xaponeses que facían teatro moderno trataban de imitar aos europeos. El pensou en preparar algún material europeo tamén. Pero un amigo díxolle que lle era mellor ir alí coma un actor xaponés “nunca, nunca, baixo ningunha circunstancia, menciones que interpretaches Hamlet en Xapón. Riranse de ti”. Yoshi viu a idea clara: “se un actor estadounidense viñese a Xapón e dixese que fixera un papel importante nunha obra de Kabuki, os actores xaponeses non o tomarían en serio”.
...
Na outra man, tamén subsisten xéneros coma o Gigaku (s. VII) ou a danza Kagura, da que probablemente proceda o Noh.
O takarazuka, ao contrario que o kabuki, é representado exclusivamente por mulleres. Todas as actrices son solteiras. Segundo a profesora Lorie Brau, o otokoyaku representa ao home idealizado pola muller que non ten necesidade de dominar, o home "perfecto" que non se da atopado no mundo real.
En 1911 a compañía de ferrocarril Mino Arima abriu un centro de entretemento na pequena poboación balnearia de Takarazuka, que era a derradeira estación da liña de trens. Takarazuka é unha vila dedicada ao entretemento popular.
Teatro 2.5D
Chámaselle 2.5D porque se sitúa entre a realidade 2D do manga, os animes e os videoxogos, e a realidade 3D do teatro. Aínda que o espectáculo máis coñecido é Hyper Projection Engeki Haikyuu (2016), o concepto non só se refire a musicais, senón tamén a representacións teatrais de comedias e dramas. Máis de 100 animes ou mangas foron adaptados ó teatro 2.5D en menos de 3 anos. Utiliza recursos de video mapping ou cinema ao vivo pero tamén os biombos móbiles ou os kakuro (asistentes de escena) tradicionais do teatro xaponés.
(no video vemos a Ohno dirixido por Hijikata). Creado en 1950 por Kazuo Ohno e Tatsumi Hijikata, que, conmovidos polo fatídico bombardeo de Hiroshima e Nagasaki, comezan na procura dun novo corpo. Durante esa década, as imaxes dalgúns sobrevivintes cos seus corpos queimados e cos globos oculares rebentados enchían as rúas. A primeira obra butoh foi Kinjiki, de Hijikata, que exploraba o tema da homosexualidade e terminaba coa morte por asfixia dun polo vivo entre as pernas do actor. Noutra das súas obras Hijikata bailaba cos ollos desorbitados, unha saia rosada e un pene metálico de grandes proporcións atado ao seu pubis.